Terceira tertulia no Liceo (6 outubro 2006)
Participaron nesta ocasión os contertulios Afonso Monxardín, Andrés Mazaira, Ángeles Castro e a súa amiga (excusas, preguntareille o nome o próximo día), Sonia Torre, Serafín Alonso, Pepe Trebolle, José Paz, Segismundo Bobillo, César Ansias, Felipe Ferreiro, José María Eguileta e este cronista.
O pasado venres falamos da cultura nesta cidade. Neste espazo só pode anotar, de xeito esquemático, algunhas das variables que alí se manexaron, a xeito de diagnose dun estado cultural. Velaí:
1. Calificouse como disparate dedicar o nobre edificio do Banco de España a oficinas do catastro (que poden ir noutro lugar), sacrificando o que debera ser o centro cultural de referencia da cidade.
2. Reclamouse a necesidade de manter para usos culturais os históricos locais que hoxe ocupa a Biblioteca da Deputación
3. Denunciouse a arbitrariedade na designación de responsables políticos nas áreas culturais e ausencia de xestores e persoal técnico axeitado en moitos casos.
4. Criticouse o concepto de “Cultura-Espectáculo”, que leva a erguer contedores culturais sen saber moi ben qué facer con eles nin planificar as programacións estables necesarias.
5. Anotouse a confusión existente entre campos que deberan disterarse con certa autonomía (festas respecto de cultura e cine).
6. Subliñouse a escaseza de infraestructuras prioritarias: poucas bibliotecas municipais, Arquivo Municipal, unha Escola de Música municipal cunha demanda moi superior ás prazas existentes.
7. Salientouse o absurdo de manter a denominación de Museo Municipal para un edificio que non é tal, só unha sala de exposicións, e que carece ademais dunha programación coherente.
8. Reclamouse a necesidade de coordenación entre institucións e colectivos de base, como xa sucede nalgúns campos (Miteu, Casa da Xuventude, etc.) e tamén a desexable relación, tamén coordinada, entre os axentes da cultura pública e da cultura privada (caixas e bancos).
9. Demandouse unha maior programación de actividades para o sector infantil e xuvenil, sen dúbida o público máis agradecido.
10. Anotouse tamén a falla de rendibilidade de eventos que manexan grandes orzamentos para prazos de tempo moi breves, cando podían ampliar as súas programacións paralelas ó longo de todo o ano (Festival de Cine).
E unha pregunta que pairou sobre todos os participantes neste faladoiro:
Interesa todo isto ós cidadáns?
Por qué logo esa apatía dos ourensáns ante moitos dos datos aquí recollidos?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
4 comentarios:
Pois creo que a maioría dos ourensáns pasan bastante do tema... tristemente!!! Espero calgun día troque o tema... ainda que noutros sitios coma por exemplo Vigo ainda é mais penoso!!!
En Vigo todo xira arredor da construcción de centros comerciais!!! En comparación, Ourense segue a ser a Atenas de Galicia!!!
Non creas que están as cousas mellor por Ourense: estiveron en tempos, pero hoxe non. Cultura participativa, nula. Oropeis: Festival de cine, pero o cineclubismo de capa caída e poucos cines para ver algo que non sexa éxitos made in USA. Teatro e música: o que chega de fóra, xa cociñado polas Caixas ou outras institucións. Arte: exposicións frecuentes (sobre todo no Simeón), pero irregulares. O Ateneo parado. Auriense, baixo mínimos. Mantén o tipo o Liceo e moi pouco máis. Do novo Auditorio, chegan cousas pero cociñadas fóra e sen programacións coherentes (o xerente do Auditorio é ó mesmo tempo pedagogo do Concello e profesor no campus, creo que só vai un día por alí...). Etc etc. E a mocidade, moito sinto dicir isto, non é como noutros tempos: eu non vexo formas culturais alternativas. A non ser que lle chamemos cultura ó Botellón e ós centros comerciais.
Perdón, esquecín falar da Casa da Xuventude que merece todos os parabéns, pero omitíno porque sempre falo ben dela e do seu director, bon amigo meu (Benito Losada): é o único núcleo algo participativo da mocidade e ten unha programación xa consolidada de primeira liña: Outono Fotográfico, banda deseñada, deportes, xogos de rol, informática, etc.
Publicar un comentario