Unha opinión de Carlos Fuentes
Unha opinión, sobre a realidade política latinoamericana, de Carlos Fuentes. A entrevista completa ("El Cultural-El Mundo", 7-IX-2006), aquí:
"Chávez es un payaso lamentable”
–¿Qué papel puede jugar el presidente venezolano Hugo Chávez en el futuro de la zona?
–Espero que ninguno. Es un payaso lamentable.
–¿Es, como dice Vargas Llosa, responsable de la radicalización del continente latinoamericano?
–No, porque no es un radical, es un fascista. Es un hombre de extrema derecha disfrazado de izquierdista. Es un engañador. La verdadera izquierda está en Lula, en Michelle Bachelet, en Tabaré Vázquez.
–Pero Castro le cree.
–Castro no tiene más remedio que creer a todo el que le hace caso. Pero Cuba va a tener una transición pronto, con una solución a la china: dictadura con capitalismo.
–¿Será necesaria la intervención de Estados Unidos?
–Ellos no deben meterse en nada. Desde la guerra con España, EEUU ha intervenido de manera fatal en los destinos de Cuba. Si algo le alabo al gobierno de Bush, al que detesto realmente, es que no se preocupa por América Latina, lo cual es muy bueno. Bendito sea. Está ocupado con guerras que ha inventado en Iraq.
UNHA CASA DA MÚSICA NA SERRA
-
FUNDACIÓN LEGAR: unha nova luz na serra
*X. Pérez Mondelo *
Xavier Blanco, músico e luthier, e a súa dona, Martina Ferradás, prenderon
o pasado mes de ...
Hace 23 horas
18 comentarios:
Concordo ao 99% con Carlos Fuentes. (E ninguén pode dicir que sexa un lacaio do imperialismo!).
non acredito nin en Fuentes nin en Chaves.
Nin en ninguén
O mundo está feito unha porquería.
K
A gauche divine ao poder.
a gauche divine xa está no poder
k
Non concordo en todo mas dixo unha ou dúas verdades grandes. Lula ten moito máis de revolucionario do que Chávez, tanto pola súa traxectoria persoal como polo que tenta facer nun país tan complexo e difícil coma o Brasil.
A última intervención paréceme denigrante
Ao longo das décadas denominadas como "guerra fría" se algo fixeron os EE.UU. foi levar a cabo intervencións en América Latina para sacar beneficio propio a través de ditaduras que eles mesmos fomentaban como tapadeiras, e así o seguirán facendo en TODOS os países do mundo onde poidan sacar beneficio metendo cizaña detrás de máscaras que adornan coma se fosen os benefactores do planeta, salvadores mediocres das miserias que eles mesmos sempre fomentaron. Eles son os auténticos TERRORISTAS do que está a pasar. Pero téñeno o "xogo" moi ben montado.
E por que lle parece "denigrante" a intervención de Mendinho? Está no seu dereito a expoñer o seu punto de vista, e cualificalo así está fóra de lugar.
Ai!! perdón!!! Hai un malentendido!!! Referíame a última intervención do Carlos Fuentes!! Ás vecees meto a pata neste tipo de malos entendidos. Pido desculpas.
Como se dixo por aí enriba, Carlos Fuentes non é ningún lacaio do imperialismo e cando el, coa súa talla intelectual e literaria, fai esta afirmación, debe ter bases poderosas sobre as que asentala. Quizais dende Europa teñamos unha visión un algo idealizada dos populismos revolucionarios en Sudamérica...
Si. Tes razón. Non só son terroristas de masas os iankis. Está claro que os gobernos de Sudamérica son tamén moi corruptos, vaia senón! Déixanse corromper polos "magnates do Norte" e a cambio os presidentes do Sur sacan tamén beneficio. Non son cega. Ben vexo a pobreza na que viven neses países cando teñen unhas fontes de riqueza estupendas!
Estou dacordo contigo. Eu polo menos, non teño idealizados aos gobernos de latinoamérica. Sonche bos peixes!
Marcos: Estás nunha adicatoria do meu libro. Agardo verte o mércores na Sala Granell (poden vir María e Eire, bueno, quen queira). Mais senón podes por causas de traballlo, non te preocupes.
Aclarado o malentendido, estaría moi ben que se explicase por que se opina que o di Fuentes é "denigrante".
Foi un erro na lectura. desculpa. Creo que nas miñas intervención de arriba quedou claro que comparto a opinión de Fuentes. Un saúdo
Señorita Moralla: eu oíra moitas veces aquilo de "la donna é móbile qual piuma al vento"... ¡Pero tanto...!
pois si, valcarcel, cando Fuentes o dí, por algo o dirá. Pero eu fíome do noso ministro no goberno de Chavez, ese que, no meu entender escribiu alguns dos mellores versos en galego. Libros fotocopiados que gardo como ouro en pano-Porta aberta-
upgpoemas-. Porque chavez, no só e el, son múltiples organizacións de base que traballan o mellor que poden, imaxino. Claro que un indio militar chusqueiro non da o pego para tanto listo universitario, pero el supo enfrentarse democraticamente e gañar (e de que maneira) non só os fascistas democratas do seu pais si non tamen o pais ese que ainda que o critique, tanto lle gusta o meu tamen admirado escritor. So por iso merece o meu respeto e se ademais Farruco, un vigues coma eu, é o seu ministro, para min, xa está todo dito. Un saudo.
Non se poden xuntar máis tópicos simples sobre o mesiánico Chávez (indio militar chusqueiro vs. listo universitario). Se Chávez fora presidente da Xunta, que diriamos? VAde retro.
Seica Chávez ten un proxecto consistente en que os venezolanos voten no 2010 unha lei que eximiría ao actual presidente de Venezuela de volver ter que presentarse nunca máis á relección. É dicir, sería presidente vitalicio. ¿Alguén sabe algo máis desto?
Publicar un comentario