Caneiro defende con entusiasmo a obra literaria de Camilo José Cela
Copio unha parte da recensión da presentación de Retorno a Iria Flavia, segundo El Correo Gallego:
Precisamente con don Ramón e con Rosalía de Castro vencellou Xosé Carlos Caneiro o "mestre", o "máis excelente dos autores nosos", o "artista", o "eximio, inigualable, inimitable...", un "galego de nación e de alma, noso polo tanto", no que "nunca hai concesións á mediocridade" e que, para o verinés, constitúe o "exemplo máis digno e entregado do que eu considero un literato; o resto, como dicía o príncipe Hamlet, é silencio".
Tan acendida e devota foi a intervención do autor de Ébora que até as palabras de Marina Castaño resultaron tibias na súa glosa do home e do escritor; un perfil no que, como Caneiro, salientou a importancia do vencello de Cela con Galicia e a presenza da paisaxe galega na súa obra, como singularidade literaria e vital. A xeito de conclusión, a mesma idea expresada minutos antes por Xosé Carlos Caneiro: "A obra é o que importa".
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
8 comentarios:
Do libro de Cela tamén escribe hoxe Anxo Tarrío en GALICIA HOXE:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=116561
Non sabía señor Valcarcel, que fose tan entusiasta de Caneiro.
Non quero pensar que estas palabras queiran apoiar o pretendido debate pasado da Sra. Marta Rivera de la Cruz.
Foi unha intervención encendida, vehemente e sinceramente apaixoada. Moi ben construída e moi ben escenificada (pausas, cadencias, subidas e baixadas, olladas ao público...). Aparte disto, nada novo: é ben coñecida, porque el ten insistido nisto moitas veces, a admiración de Caneiro pola obra literaria de Camilo José Cela, algo perfectamente repectable e no que coincide con moita outra xente. Sen ir máis lonxe, con Méndez Ferrín.
A intervención foi por causa da presentación dun libro no que probablemente o señor Valcárcel atope cousas que, estou seguro, lle van interesar.
Puxen este anaco só porque quería que o visen os meus lectores: nada ten que ver co debate pasado da señora Rivera de la Cruz, que creo que está zanxado. E do libro de Cela falei aquí en varias notas e, por suposto, como di Leituga, ten moitas cousas de interese. Noraboa a Henrique Alvarellos por estar a recuperar estes textos xornalísticos, cousa que xa case ninguén fai (agás o Centro R.Piñeiro e algúns libros de Ed.do Castro)
O caso de Cela é ben anómalo. Por iso permite a polémica. A gabanza dos seus méritos parece nalgún exemplo froito da mala conciencia: parece xurdida da necesidade de marcar terreo. Non pasa con outros autores: non é necesario amosar a mesma vehemencia para defender a Cortázar ou a Blanco Amor. Esa intensidade agocha o complexo de gustar dun autor impresentable cunha obra sobresainte. A obra importa, pero os prexuizos tamén.
Sen ánimo de ofender, a min esa polémica de se Cela é moi galego, pouco galego ou nada galego, abúrreme mortalmente. E o de Caneiro tamén (a polémica sobre el, quero dicir).
Ccela era un mal galego e un óptimo escritor
Publicar un comentario