Da crise do libro e da lectura: literatura para diabéticos? (Bieito Iglesias)
Bieito Iglesias ve “amnésico e infantil” o lector deste século (a nova en Galicia Hoxe)
Escritores galegos, lusos e latinoamericanos divídense ante o futuro do libro en papel e confían nas esperanzas de novos soportes como o electrónico
O escritor galego Bieito Iglesias A incerteza que provoca xa non só o cambio de século senón as novas tecnoloxías, sitúan o libro ante un futuro incerto. Unha crise que está, en gran parte, en mans dos lectores que poden dar pulo ou acabar co sector editorial. Por iso, os escritores convidados onte ao debate "O perfil do lector do século XXI" dividíronse entre os defensores da permanencia do libro en papel e os que confían no libro electrónico.
O debate, que se insire dentro do I Encontro Internacional de Escritores "De pedra e de palabra" en Compostela, estivo moderado polo xornalista galego Xesús Fraga, e tivo como principal protagonista o escritor ourensán Bieito Iglesias que describiu -cunha boa dose de retranca- o lector do século XXI como "anticanónico, interactivo, diverso, espacial , amnésico, velocista e infantil", cualificativos para o que considerou un "proceso inexorable". Ao ver do narrador, "o mercado non pode tolerar que haxa libros nos andeis das librerías durante anos". A isto engádese que o lector "non tolera a xerarquía" e por extensión, tampouco unha "concepción elitista da literatura".
Porén, o que máis lle preocupa ao escritor desta situación é que "o lector ten pouca memoria, está máis interesado pola imaxe e a sensación, e prefire a literatura breve pola rapidez do seu ritmo de vida". Unha situación que forma parte da "idade dos Titáns e da era da técnica" que caracteriza este século. Neste sentido, criticou os nichos de mercado que levarán a que un día haxa "literatura para diabéticos".
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 13 horas
22 comentarios:
Pois un pouco encaixa co meu perfil de lector. Ultimamente case non teño tempo para ler nada non-técnico e estou a ler libros de contos ou de relatos porque non teño continuidade para rematar unha novela longa.
Non obstante, tampouco é doado facer un bo libro de contos ou de relatos. Hai libros excelentes de curtos (de Suso de Toro, de Rivas, contos de Ánxel Fole, de Dieste, etc...) e hai novelas de máis de mil páxinas, auténticos best-sellers de Carrefour, que son fast food literature.
A novela leva en crise xa algunhas décadas. É coma o teatro...
O que certamente está en crise é a ficción tal e como a entendiamos até agora. Despois do 11 de setembro de 2001, que a propia realidade superou calquera tipo de ficción que ningún novelista puidese soñar. Mais os resultados desa perda de creto da ficción xa comezaran anos atrás. Déronse dúas correntes que creo levan a unha potenciación da "realidade" na obra literaria: 1) os bestsellers mestura de historia e ficción (ciencia ficción histórica, poderiamos dicir) ao xeito de "O Código Da Vinci"; 2) a recreación ficcionalizada de memorias de personaxes historicos: por exemplo, "Arthur e George" de Julian Barnes, sobre un caso detectivesco investigado por A. Conan Doyle.
Na literatura galega está tamén aparecendo esa necesidade de incorporar a realidade na ficción: por ex, a triloxía de Xavier Alcalá.
Que me producen os esforzos narrativos de Rivas e de Toro? Pois poucas ganas de lelos. Por falta de tempo e porque non creo que vaia entrar na historia: NON A CREO, así de simple. A verdade non foi esa cousa idealizada que seguro que me van contar, cos bos moi bos e os malos malísimos (como pasaba en "O lápis do carpinteiro"). Sóame todo a moi previsible. O tema: o de sempre, a guerra civil. A postguerra debe de dar pouco xogo literario.
Bieito Iglesias, xa o dixen noutro post, é o mellor escritor galego. Esa facundia cara o público que recollen todos os xornais debe empregala para armala na literatura galega. Brillante coma poucos, el é o escritor do século XXI. E tampouco hai que darlle tanta importancia ós números: non deixa de ser a típica obsesión polo sistema métrico decimal.
Coincido en parte con Bieito, so que que eu vexo a cuestión como mais estructura, porque para min que ven xusdindo unha nova forma de experiencia estética e artística. Esta nova forma de experiencia sería a expereina da distracción, que ten o seu modelo canónico na experiencia do cinema, unha experiencia perceptiva que xa anticipaba a experiencia da arquitectura. Esta experiencia da distracción, no doble sentido da dispersión e do entretenimento, é unha forma de experiencia oposta a concentrada recepción no recollimento burgués, é a experiencia da mirada fugaz, que pasa incontroladamente dunha imaxe a outra sen se deter, é unha experiencia flotante e fluida, do vistazo rápido, do zapping. No lugar da atención casi relixiosa ante as auténticas obras maestras, temos a mirada distraida das masas, ou do novo individuo da masa, unha obras que invitan a unha experiencia relacional, distraida, conformada segundo o modelo do cinema e donde o valor cultural foi sustraido polo valor exhibitivo. Na experiencia da literatura contemporanea, xa se deu o paso, estamos na experiencia como estamos nos vapores dun baño turco, non concentrados sobre as obras, nin suxetos a programas. A producción e promoción literatia envolven ao lector no seo de dispositivos nos que este ten unha experiencia flotante e fluida que depede a vez das suas intenciòns de artista, do seu percorrido como lector e das intermitencias da súa atención.
Da obra autónoma e orgánica dotada de vida propia, pasouse, ao estilo, do estilo ao ornamento, e do ornamento ao aderezo. Un paso mais, só un paso mais e non queda mais que unha fragancia, unha atmofera, un gas e o mundo da arte disolverase completamente na economia.
Marcialg
Non podo estar máis en desacordo e non creo, nin por asomo, que Bieito Iglesias suscriba esa execración dos tempos modernos. Sobre todo esa acusación ó cinema. O cinema non é un fenómeno homoxéneo. Coma a literatura. Hai cinema interesantísimo e literatura interesantísima que non responde a esas características apocalípticas.
E ainda que así foran, non entendo por qué non poden ser aceptables e ser gustadas cun placer infinito: eu prefiro, e nono digo por escandalizar, ver Febre do sábado noite que ler calquera libro de Galdós, Castelao ou de Manzoni. Serei pouco culto; pode ser, pero tampouco acepto fácilmente as consignas do vello tópico da grande cultura fronte outras formas de manifestación artística.
E ese concepto da "obra autónoma e orgánica de vida propia" eu sinceramente nona vexo. E ben que o sinto. Pero estas cíclicas encíclicas contra o mal estado da literatura (e por riba co cinema como culpable) son tan vellas coma a propia literatura. Unha lectura de Petronio no seu Satiricon sobre a decadencia da pintura pode ser reveladora.
Non puiden atopar texto mellor de Petronio pola internet, pero serve:
A ânsia de riqueza é a responsável por estas mudanças. Nos tempos de antanho, quando a virtude por si só granjeava respeito, floresciam as artes liberais e havia entre os homens grande disputa, de forma a que nada que pudesse aproveitar aos séculos vindouros ficasse na ignorância por muito tempo. Por isso, caramba, Demócrito tratou de espremer o suco a todo o género de plantas e, para não ficar escondida a energia de pedras e arbustos, consumiu a vida no meio de experiências. Eudoxo, por sua vez, encaneceu no cume de um monte altíssimo, com o intuito de compreender os movimentos dos astros e da abóbada celeste; e Crisipo, a fim de preparar-se para a meditação, por três vezes purgou o espírito com heléboro. E no que se refere às artes plásticas, temos Lisipo, que morreu de fome de tão absorto estar no esboço de uma estátua; Míron, que esteve a ponto de insuflar no bronze a alma de homens e de animais, não encontrou continuador. Nós, porém, mergulhados em vinho e no putedo, já não temos ânimo sequer para conhecer as artes tradicionais, antes nos limitamos a censurar a antiguidade, a aprender e a transmitir os seus defeitos. Onde está a dialéctica? Onde a astronomia? Onde o muito avisado caminho da sabedoria? Quem vai agora a um templo formular o voto de alcançar a eloquência? Quem, para atingir a fonte do conhecimento? Já nem sequer aspiram à sanidade do espírito ou do corpo; pelo contrário, ainda não atingiram o recinto do templo e já um promete uma oferenda se conseguir despachar um parente rico; outro, se desenterrar um tesouro; outro ainda, se conseguir chegar com vida aos trinta milhões de sestércios. O próprio senado, mestre de correcção e de bondade, costuma prometer mil libras de ouro ao Capitólio; e para que ninguém hesite em pedir riquezas, tratam de guarnecer até o pecúlio de Júpiter. Em suma: não te admires por a pintura estar em decadência, se aos deuses todos e aos homens parece mais belo um monte de ouro do que as obras de Apeles e de Fídias, esses pobres gregos amalucados.»
Arume, acepta vostede non ver a obra autónoma é orgánica, e di sentilo. Como vai entón xuzgala, e comparala?.
Vostede está instalado nesa experiencia da que eu falo mais arriba, e si non coñece ese tipo de obra obviamente non sabe o que perde, por eso paréceme a min que prefire sabado noite que a Mazoni. Eu comprenderiao se por exemploprefirise o fil do Gatopardo, pero febre...
É un tópico comprender o paso do tempo conforme as tres edades de que falava Vico, o tempo dos deuses, don heroes e dod homes. O ún topico partir sempre dunha idade dourada a que lle sigue un proceso graduado de decadencia. Mais o que digo, non vai nesa liña. Eu refirome a unha fenomenolixa da experiencia, na observo uns cambios. Dentro dos grandes espacios históricos de tempo modificanse, xunto con toda a existencia das colectividades humanas, o modo e xeito da súa percecpión sensorial. Estes modos enque esa percepción se organiza, o medio no que acontecen, están condicionados non só natural, senon tamén históricamente e rente a forma tradicional da percepción, esto , é a percencion concentrada , na lectura en percura de significados dunha obra aurática, na que o receptor buscaba sumerxirse na obra e sumerxir a esta en si mesmo, a modernidade mesma tería desembocado nunha nova forma de experiencia estética adecuada a novas formas de arte xeneradas en grade parte gracias as novas tecnoloxias reproductivas. Obviamente, neste proceso hai aspectos positivos dunha forma de percepción que ser perden, o que non quere dicir que so cabe a decadencia e por tanto nos situemos nesa polémica tan actual da morte de arte. A obra de arte pode xurdin nesta nova forma de experiencia, pero xa non será a obra de arte acompañada dunha narrativa que ata de agora era recoñecibel. Comprende!. É obserbabel a crecente mercantilización da producción artistica, se a mercantilización é completa, entón como diría Heidegger a obra convertiriase nun instrumento e desaparecería toda posibilidade de acontecimento, de "Dasein". A obra non pode ten finalidade, non pode ser instrumento, esto é o que a distingue, e por eso está hoxe en perigo, por eso é tan fificil hoxe discernir o que é arte do que non o é, cousa inimaxinabel no século pasado.
Señor Arume, o que vostede propón no explica nada, con todos os meus respetos.
marcialg
Paréceme moi interesante este debate. Agradezo, moi de veras, as súas explicacións. Tratarei de expoñer as miñas. Entenda que se trata de ocurrencias que van saíndo e non reflexións sesudas que deberían ir en outro formato, con concurso erudito más riguroso.
Eu non propuxen nada. Só dixen que falar de literatura ou de cinema en termos tan xerais é errar a analise. Porque non son manifestacións unitarias. Pode vostede falar dunha obra de arte (consideración por outra parte sometida sempre a discusión) en concreto, pero non pode falar da literatura ou da pintura en termos tan globais. Esquece vostede os problemas referidos ó xénero ou á recepción, por poñer dous dos principais. Vostede renuncia, por exemplo, ó carácter comercial da arte; está no seu dereito, pero non ve entón a arte nunha das súas dimensións esenciais. Pode non gustar e falar como Eumolpo no Satiricón, pero é unha constante necesaria.
Por outra banda, a consideración da "obra de arte" como un ente "orgánico e autónomo", de raigame formalista, non é suficiente. A organicidade dunha obra depende sempre do lector, pero ese lector que actualiza cada vez que le a obra non ten por qué ser o mesmo. A autonomía da obra, celebrada como digo polos formalistas, enfróntase coa versatilidade dos inconcretos lectores que van xurdindo ó cabo dos tempos. Quizáis o que estamos discutindo agora mesmo é a preminencia (pode chamarlle tiranía, se quere) do lector ou da lectura sobre a obra tomada de xeito inmanente. Iso pode non gustar, porque é lábil e movediza e gustamos (eu non, podo asegurarllo) de certezas, pero debemos afacernos a iso. Eso é o que quero dicir con que non vexo esa cousa da "obra da arte orgánica e autónoma, con vida propia". A vida dunha obra (esa experiencia estética da que vostede fala) vive máis alá das súas páxinas ou dos seus soportes materiais: só cando é aprendida recibe ese alento. Mentres tanto ese suposto órgao está máis morto que vivo.
Boa tarde e un saúdo moi cordial.
Moi interesante todo o que comentan. Simplemente déixenme que engada un par de cousas, centrándome no papel do novo lector. É moi curioso comprobar como a narrativa galega, sempre tan raquítica en lectores, se tipo que adaptar (para poder sobrevivir, aínda coas subvencións) a ese novo tipo de lector, que vou definir con estas palabras: novo, urbano e composto en boa parte por mulleres. Na recepción literaria de moitas das obras entran factores, digamos, extraliterarios. Por iso atopamos que algúns autores tratan de crear unha certa aura "mediática" coa que logo vender as súas obras. Se non a crean eles, créanlla algúns críticos e as editoriais (a crítica literaria é un cachondeo de amiguetes: todas as obras son caralludas e que bonito que escribimos en galego).
ALguén por aí mencionou o cinema: o cinema entrou en crise de público a mediados dos anos 70 (a culpa: a televisión), e só foi grazas a un determinado tipo de películas que puido saír adiante: as que ían dirixidas aos rapaces. Aínda hoxe é deste tipo de público do que viven as produtoras de cinema. A sorte da literatura galega xógase, por tanto, nese sector de xente que ten tempo para ler e habilidade para facelo en galego: a xente nova. Son eles os que están a instaurar esa ditadura do mercado da que se queixa Bieito Iglesias.
Ricibo con agrado a súa cordialidade Arume.
Pero eu non renuncio ao caracter comercial da arte, precisamente é ese caracter comercial o que permitiu históricamente a autonomia da arte, ao liberalo de outras servidumes...a relixión, o mecenazgo... precisamente a comercialización da arte permitiu a emancipación do artista e a liberade para entregarse a sua obra. O problema ven da problematica derivada do capitalismo tardio, do neoliberalismo, da sociedade sistémica ou da globlización. Cando os sistemas da economia no seu proceso de complexización con sucesivos subsistemas invaden areas até entón reservadas ao mundo cotidiano, o umwelt, ou mesmo tamén o mundo da vida, e se produce unha colonización, entón o que nun principio foi liberdade, vai transformansoe nunha gaiola de ferro. Eu saliento o perigo, a ameaza que esto supón, o desafío para quen ainda quera seguir falando dende o mundo da vida, unha de cuias expresión privilexiadas é a arte, que ten nel o seu contexto de creación.
Por suposto que o libro vive mais alá das súas páxinas, vive na recepción, pero non esquezamos,que a recépción constituese a partir dunhas espectativas de lectura, e dicir, a suma de comportamentos, coñecimentos e ideas preconcebidas que encontra a obra no momento da súa aparición e gracias a que é valorada. Dende ese horizonte de expectativas depende que a recepción do texto chegue a unha confirmación ao a un defraudamento. Comprender un texto quer dicir comprender a pregunta a que da resposta, vaise constiuindo así un sentido a partir do texto, pero a constitución de sentido non se produce de repente, esto implicaría dar demasiada renda solta aos prexuizos do lector. A constitución de sentido é un longo proceso, caracterizado por un continuo de constituciones e revisións de sentido, algo que nas condicións en que ser promove hoxe a recepción o fai case improbabel. Observese a desaparición paulatina das materias relacionadas coa literatura comprada nas universidases, o feito dunha especialización que reduce o horizonte de expectativas e que se centra en cuestións que pouco teñen que ver coa constitución do sentido e si con intereses corporativistas, localistas, políticos...comerciais.
Un saudo
marcialg
Uf, moita leria pra min.
Tes razón: poñémonos estupendos e non é. Para aliviar estes discursos unha recomendación: o dvd de Saturday Night Fever (je, je) cos comentarios ¡de toda a película! do director, vinte anos despois. Probablemente unha das mellores leccións de cinema (e de cultura) dos derradeiros anos.
pois eu voume a ver "El labarinto del fauno", que acabo de baixar. E logo ao rematar, quádame toda unha sesión de Heidegger e Gadamer en alemán.
Que disfruten je je je... ...
m
"Saturday Night Fever" é unha pelli que ten moita máis "chicha" (mensaxe!) do que podería parecer a primeira vista, así que non sei non sei...
E por que literatura para diabéticos? A que vén iso?
Supoño que polo do azucar, o ecese de azucar, vamos, caña, que hoxe non ten exito a literatura cañera, e si a sin....azucre...cafeina...moralina...literurina..
Febre será moi interesante dende unha observación sociolóxica, mais así podense mirar peiliculas malas, que paradóxicamente poder resultar moi substanciones. Cada cousa no seu momento, non?, mais para min que a obra cando é boa, sostense por si mesma
marcialg
Non sei que tal lle foi con El Laberinto del fauno, pero podo afirmar sen pretensión de escandalizar (e sí de animar e divertir o debate) que Febre pasará á historia do cinema e creo que a de Guillermo del Toro non creo que pase deste nadal, mesmo coa adicional publicidade dos premios Goya ou, por mellor dicir, Tuyamía.
NOTA: A miña recomendación sobre os extras de Febre vai completamente en serio. Aínda que nono pareza.
Non, en serio. "Saturday Night Fever", como outras pelis do periodo 1975-1980, reflicten unha época: a da desilusión polo desastre de Vietnam, o escándalo Watergate e a fin das utopías políticas. Só hai que comparar SNF con "Staying ALive" (o mesmo personaxe en 1983), ou a primeira versión de "Rocky" (1976) coa segunda de 1982, xa co Reagan de presidente.
A historia de SNF é a típica do héroe que se fai a si mesmo, intentando escapar do seu barrio e da súa familia por medio do baile. A historia ten elementos moi interesantes, mestura do vello (o desencanto pola política e a relixión; a crise económica, a suba do prezo do petróleo) e o novo: o hedonismo dos anos 80 (a música, o baile). Que pasaba en España daquela? Pois aquí tamén tiñamos os nosos Tony Manero: alguén se acorda do pasotismo (a reacción da mocidade ante a transición?)? Vistes a película "El desencanto", de Jaime Chávarri?
Eu era entón un neno, pero recordo aquela época (1976-1981) con esta palabra: crise, a todos os niveis. Creo que o ano 1977 foi o ano de maior número de folgas na historia de España. O que veu despois non foi mellor: en Galicia, os estragos da droga.
En fin. Vou pasar unhas semaniñas de vacacións. Se cadra aínda entrou algunha vez no blog. Se non nos falamos, que pasedes unha boa xeira en boa compaña.
Efectivamente, "El desencanto" foi moito máis que o título dunha película: tamén o espírito dunha xeración, ademais dunha cinta maxistral. Daquela había tamén un cine que abordaba a realidade, dun xeito quizais algo senscionalista, pero sacndo á luz temas que estaban ocultos: falo do cine de Eloy de la Iglesia, "El diputado", o mundo da homosexualidade, da política, dos atentados fascistas de Cristo Rey, da corrupción,etc. Quizais non eran grandes películas, cun criterio cinéfilo, pero quizais habería que revisalas como testemuña daquela época confusa.
Eu creo que a película de Chávarri pouco tiña que ver co ambiente. Aquelo era un axuste de contas co pasado, tal vez dos máis implacables que amosou o cinema. Tal vez a palabra "desencanto" foi utilizada, porque gustaba, para expresar unha especie de parálise na renovación e modernización do país. En todo caso, as intervencións dos Panero e Felicidad (qué ironía!) Blanc naquela película arrepían hoxe, neste mesmo ano da memoria. Eso si que era memoria, núa e ferinte.
Concordo son Marcel. Por moitos motivos, SNF é unha película extraordinaria.
Facédeme caso: o nadal é boísima data para ver esa película cos comentarios do director. Poucas cousas poden resultar máis interesantes e reveladoras para comprender o proceso de creación cinematográfica. Xa me diredes.
Publicar un comentario