Máis cidades literarias (6)
Contáronme que na exposición conmemorativa da Real Academia Galega na Coruña estaba exposta unha bandeira do Celta, como mostra da galeguidade que impregnou a sociedade daquela época. E contáronme que, ante certas suspicacias, moi logo houbo que colocar ó seu carón outra bandeira do Deportivo. A anécdota, se non é certa, semella verosímil, así que, despois de falar da Coruña literaria, tócalle agora a quenda ó Vigo das nosas letras. Cidade á que, dende logo, ninguén lle pode discutir máxima veteranía literaria: en versos inmortais foi a máis cantada polos trobadores medievais da ría de Vigo.
Nos últimos anos, a cidade viguesa deveu nun fecundo topoi da memoria urbana máis comprometida. Entre outras, velaí
A rúa do noxo (1977), de Eliseo Alonso, viaxe nos anos da fame polo barrio da Ferrería;
Peito de vimbio (1988), de Álfonso Álvarez Cáccamo;
Amor de tango (1992), de María Xosé Queixán, evocación dende o comezo do século XX ata a represión bélica;
Panificadora, de Xosé Cid Cabido, premio Blanco Amor 1994;
Cemiterio de elefantes (1994), de Fran Alonso;
Os ollos do rei de copas (1994), de Xurxo Sierra Veloso, ou
Os xenerais de África (1999), de Vítor Vaqueiro (na imaxe).
2 comentarios:
Tamén Manuel Forcadela ten en varias novelas a Vigo de escenario.
Certo, paideleo. Esta listaxe é só indicativa, non pode ser exhaustiva, e escapánseme moitas obras. Conste que Forcadela fixo de Vigo o centro de moitas das súas novelas: p.ex. as da serie negra "Sangue sobre a neve" (1990) e as continuacións "Barato,barato" (1991)e "Fóra de xogo" (1993). Pero tomo nota para futuras referencias. Graciñas.
Publicar un comentario