NO ACTUAL SISTEMA ECONÓMICO, OS TRABALLADORES SON IRRELEVANTES
Entrevista ó sociólogo Richard Sennet, La Vanguardia, 20-12-06
-Que fai un sociólogo como vostede nun asunto como este?
- Hai décadas impúxenme a tarefa de analizar a situación dos obreiros neste mundo cambiante. Quixen entender as consecuencias humanas e culturais destas transformacións. E o principal cambio quizais sexa que o factor tempo, na relación entre empregados e empregadores, variou por completo. Xa non hai traballos para sempre.
- Cal é a súa conclusión?
- Pois que, no actual modelo económico, os traballadores son irrelevantes. Canto máis avanza a globalización, máis o son. A globalización minguou o efecto de recursos como a folga. Agora, cando un empresario ten problemas nun lugar, traslada a súa empresa a outra parte e asunto resolto.
- Asunto resolto?
- Verá, a globalización non é o único factor que conforma este estado de cousas. Hai outros. Por exemplo, a sobreabundancia de obreiros ou profesionais preparados, titulados universitarios, iso permite ós empregados elixir. Doulle outro: o progreso tecnolóxico, que permite adelgazar plantillas.
- Supoñamos que a empresa se vai a outra parte. Pero os obreiros quedan no seu sitio. Que pasa con eles?
- Aí está a cuestión. Moitas empresas se deslocalizan. Outras se adelgazan. En todo caso, o problema é global. Incluso nun país como Xapón, onde os empregos eran de por vida, este hábito saltou feito anacos nos últimos dez anos. Xa hai xaponeses que se plantean emigrar. Creo que a solución pasa por fórmulas que agora se están empezando a explorar. Traballos compartidos, por exemplo. Ou novas orientacións para os proxectos sindicais, que quizais deban facer menos énfase nas reivindicacións salariais e máis en cuestións sociais. Ou, tamén, con novas responsabilidades dos gobernos ante o mundo laboral.
- Que queda da democracia cando o groso dos cidadáns son irrelevantes?
- Queda menos. E iso é preocupante. Pero o que me preocupa en primeiro lugar é saber cómo se pode manexar esta situación de perda de valores que os traballadores antes sustanciaban no desempeño do seu emprego. Cando os traballos son inestables e a sensación de inseguridade é constante, convén encontrar métodos para devolver a autoestima ós traballadores. O orgullo profesional que puideran ter antes viuse moi afectado por esa sensación de inutilidade, de irrelevancia, que lles provoca o novo sistema. Antes preguntábaslle a un obreiro quén era e respondíache contándoche o que facía. Iso xa non funciona así. Ó privárselles do seu valor laboral se lles roubou a súa identidade. Están desconcertados.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
6 comentarios:
O fin do traballo para toda a vida, xa foi analisado brillantemente hai anos por Jeremy Rifkin. O mais salientabel de Sennet é a analise dos síndromes que producidos na nova situación laboral, como o síndrome da artesanía, esa necesidade que temos a xentede facer algo ben, nun mundo laboral que pide que o traballador non se implique seriamente no seu posto de traballo. Sennet no seu recente libro The "Culture of the New Capitalism" fai unha brillante analise do que nos agarda no futuro inmediato. Unna pasaxe especialmente lúcida, é aquela na que citando a Georges Soros, refirese a que na dura, fraxil, e fragmentaria cortiza de relacións que acontece neste novo capitalismo tendese aceleradamente a sustituir a comunicación pola transación.
Outra aportación moi recomendabel de Sennet é o seu estudio sobre o fenomeno narcisista nas sociedades de consumo contemporaneas.
Coincido con vostede Marcos no interés por este autor.
Un saudo.
Esquecíaseme
son Marcial
Marcialg
"esa necesidade que temos a xentede facer algo ben", di Marcialg. Pois non será escribindo con corrección e claridade, meu.
Pois non
o cal non quere dicir que vostede non me entenda
marcialg
As cousas mudaron desde que, como din moitos vellos homes de negocios, o principal obxectivo non é lograr un beneficio sustentábel (a chamada pervivencia económica da empresa) senón dar valor canto antes ao accionista. Parece noxento mas ocorre que para que a empresa suba en bolsa anúncianse á prensa despidos masivos.
Isto vese mesmo nas hipocresía das palabras: o antigo departamento de Persoal é agora o departamento de Recursos Humanos. Ou sexa, que os empregados somo unha commodity mais, como o papel da impresora.
O último libro de Sennett está publicado en castelán por Anagrama, co título "La cultura del nuevo capitalismo". Incide nos mesmos asuntos dos que xa falara en "La corrosión del carácter" e en "El respeto". Como se trata dunhas conferencias reunidas nun libro, a exposición é máis sintética, pero tamén máis sistemática e global que a dos libros anteriores. É unha excelente introdución a este señor, polo que sinto non pouca devoción, e polo tanto ao estadio actual das relacións laborais e os valores asociados a estas nesta fase do capitalismo.
Publicar un comentario