Os revisionistas, engadido á nota anterior (dalgúns "peixes" locais)E digo eu que personaxes como Pío Moa, que se debe estar facendo de ouro cos seus libriños, antes de amosarnos a súa santa intransixencia neoliberal non estaría de máis que pedisen desculpas (perdón xa sería moito pedir) polo seu pasado e militancia terrorista no GRAPO, por exemplo. E asómbrame, a min, quizais tamén a vostedes, a capacidade de reviravoltas dalgúns personaxes da escena pública e do mundo intelectual. Falaba esoutro día con Ramón Luís Acuña de
César Alonso de los Ríos, xornalista que no seu momento dirixira
La Calle, semanario máis que próximo ós eurocomunistas e que actualmente escribe en
ABC e mantén posturas políticas de extrema dereita.
E o mesmo vale para algúns "peixes" locais. Algúns colaboradores de Libertad Digital, por exemplo, teñen pasados tamén sorprendentes: velaí o profesor
Xosé Vilas Nogueira, un dos redactores das Bases Constitucionais no seu día (dun nacionalismo máis que radical e intransixente daquela), que andaba Galicia adiante presentando o seu libro sobre o Estatuto de 1936 (tamén no Liceo ourensán), libro que ademais se usaba como base para a crítica política dos nacionalistas ó Estatuto do 36 ("Estatuto nunca máis, Bases Constitucionais", lembran?). E por eses pagos, aínda que no seu caso dende as lindes do eurocomunismo (PCG), andaban tamén un
Pedro Arias, ben coñecido polos seus artigos e participación nos faladoiros televisivos (TVG) ou o mesmo
Miguel Cancio, sempre moi antinacionalista, pero non sabía eu das súas últimas viraxes: esoutro día nunha entrevista en
El Correo Gallego defendía a Jiménez Losantos.
A lista é moi ampliable, por suposto, vostedes terán moitos máis nomes. Supoño que todo isto é normal nos sistemas democráticos, aínda que a min, pobre inxenuo, cústame un pouco entender cambios tan radicais, ás veces dende a extrema esquerda ata a extrema dereita.
17 comentarios:
"Autonomía nunca máis,
bases constitucionais" (popular)
Vilas Nogueira... uhm... pero ese dixo nunha recensión publicada en Grial aló van case vinte anos que el de noviño nunca fora nacionalista... só federalista piñeirán... vaia, o deste tipo foi un pinchacarneiros en forma de groba de dromedario
Os personaxes haichos de varias castas:
- os que se acomodan ao que vai vindo (e así nunca se equivocan): levemente comunista ou decididamente “ché” onte, piñeirista despois, fraguista pasado mañá, nacionalista nunca e hoxe neo-galeguista da nazón de Breogán. Especie: poñede vós os nomes. Hainos a patadas. Lema: galego por nación, español por devocion, etc, etc.
- os galeguistas do regionalismo bien entendido e de Galicia nai e señora. Especie: augustos, tororas, solpores e ex-realidades galegas. Resultado: Fraga, ese hombre. Estes, polo menos, non mudaron.
- os psociolistos, socialistas avant-la-lettre, do clube de amigos de Paco de La, la arruga es bella, el estado jacobino e hoxe reconvertidos en neo-fraguiáns a rebours (aínda que durante moitos anos soproulles o vento popular a favor).
hai outras tribos máis…
Que non matinaría Celso Emilio vendo esta fauna…
Para ampliar o panorama da flora e fauna do país, e xa que está ben dotado para a descrición, tamén estaría ben -e sería moi orixinal- que nos amosase unha "galería de tipos nacionalistas" (desde os "clásicos" até os "modernos"), que habelos tamén os hai, amigo Marcel. Aquí hai de todo, como en botica.
Hai álgúns máis: Gabriel Albiac pasou de maoísta a tertuliano da COPE. ¿E que me din de Pedro Luaces, ex-secretario xeral da UPG? Creo que este non foi nunca piñeirista... Aínda que, se cadra, o señor Swann nos poida ilustrar sobre algún ignoto contacto do ex-guieiro nacionalista reconvertido ao cacharrismo con esa malévola, sutil e ubícua secta... Así, todo tería unha explicación axeitada e como é debido.
Sobre revisionismo di o grandísimo Borges (quizá el mesmo revisionista de si mesmo) a propósito do poema Rosas, do libro Fervor de Buenos Aires (1923)
ROSAS. Al escribir este poema, yo ignoraba que un abuelo de mis abuelos era antepasado de Rosas. El hecho nada tiene de singular, si consideramos la escasez de la población y el carácter casi incestuoso de nuestra historia.
Hacia 1922 nadie presentía el revisionismo. Este pasatiempo consiste en “revisar” la historia argentina, no para indagar la verdad sino para arribar a una conclusión de antemano resuelta; la justificación de Rosas o de cualquier otro déspota disponible. Sigo siendo, como se ve, un salvaje unitario.
Velaí o poema de Borges ao que fai referencia Arume dos Piñeiros, un experto "borgólogo" polo que se ve:
ROSAS
En la sala tranquila
cuyo reloj austero derrama
un tiempo ya sin aventuras ni asombro
sobre la decente blancura
que amortaja la pasión roja de la caoba,
alguien, como reproche cariñoso,
pronunció el nombre familiar y temido.
La imagen del tirano
abarrotó el instante,
no clara como un mármol en la tarde,
sino grande y umbría
como la sombra de una montaña remota
y conjeturas y memorias
sucedieron a la mención eventual
como un eco insondable.
Famosamente infame
su nombre fue desolación de las casas,
idolátrico amor en el gauchaje
y horror del tajo en la garganta.
Hoy el olvido borra su censo de muertes,
porque son venales las muertes
si las pensamos como parte del Tiempo,
es inmortalidad infatigable
que anonada con silenciosa culpa las razas
y en cuya herida siempre abierta
que el último dios habrá de restañar el último día,
cabe toda la sangre derramada.
No se si Rosas
fue sólo un ávido puñal como los abuelos decían;
creo que fue como tu y yo
un hecho entre los hechos
que vivió en la zozobra cotidiana
y dirigió para exaltaciones y penas
la incertidumbre de otros.
Ahora el mar es una larga separación
entre la ceniza y la patria.
Ya toda vida, por humilde que sea,
puede pisar su nada y su noche.
Ya Dios lo habrá olvidado
y es menos una injuria que una piedad
demorar su infinita disolución
con limosnas de odio.
É moi interesante repasar as listas de persoas "eliminables" que os golpistas do 23-F fixeron para Galicia ( eu vina en "sihomesi" )e comprobar o troco radical dalgúns daqueles personaxes. Nela aparecen o Moa, o Vilas, o Arias e o Cancio.
O tempo é a mellor peneira que coñezo. Ao cabo a ganga escorrenta e o que queda é a mena. Se eses bos peixes acabaron onde acabaron, dando pinchacarneiros de 360 graos, era porque as súas ideas non eran coherentes xa daquela. Ou sexa, eran incoherentes entón, e o seu verdadeiro ser revelouse co tempo.
O revelador é que todos estes personaxes cambiaron "para mellor", é dicir, elevaron o seu estatus, conqueriron poder, etc. Coñezo poucos casos que quedasen igual ou peor.
Os casos máis interesantes, con todo, son os camaleóns. Adáptanse a todo. Algúns destes chúfanse de seren auténticos galeguistas. Sono, de quita e pon.
Líbreme deus de defender e, menos aínda, de estar de acordo con eses "peixes". Mais non creo que eleveran o seu estatus nin que conseguiran poder.
O máis que conseguiron é estar algo máis na palestra e algúns euriños -poucos, non se vaia crer que os medios son xenerosos pagando- polas súas colaboracións xornalísticas.
A cousa é así de pobre.
Eu defendo o dereito de todo o mundo a cambiar de opinións e maneiras de pensar, o cal non quere dicir que todos eses cambios me parezan serios ou intelectualmente respetables. Pero rexeito as moralinas e os sermóns "eticistas", tan fáciles, sobre estas cousas. Prefiro o discurso cómico, que creo que lle vai magnificamente a un personaxe como Cancio, que xa daquela era un tipo ben atrabiliario. A min faime gracia que Cancio pasase de exercer de apóstolo do nudismo español (con Pedro Arias de co-piloto), perseguido polos areais do Barbanza polo cura de Baroña armado de caxato, a ser ese atristurado defensor dos valores morais da familia cristiana e da Nación española sempre en perigo no que se converteu hoxe. A cousa xa sería para esmendrellarse se nos enterásemos de que o artífice da súa conversión á verdadeira fe foi o cura párroco de Baroña...
Por certo, non podo deixar de agradecerlle a AP-C que colocase aquí ese impecable e abismal poema de Borges. Todo ese libro primeirizo, "Fervor de Buenos Aires", ás veces pouco considerado, fai de Borges un poeta extraordinario, de fonfura e calidade igualada por moi poucos.
Eu non lle son moralista, nin predico para as masas. Simplemente constato que a honestidade intelectual e a coherencia son valores que non todo o mundo practica.
Cancio e algunha desta xente creu que cando chegase o socialismo con rostro humano ao poder ían ver recompensados os seus anos escribindo panfletos publicados pola USC sobre a alienación da xuventude e saíndo en bólas na tele. Mais como hai pouco para repartir (e en Galicia aínda menos) e moitos agardando colocacións, non chegou para todos e el quedou fóra. Non foi, polo tanto, o sociólogo do psoismo, nin escrbiu el impaís sobre "la movida madrileña", nin enristrou trece ou catorce ensaios sobre o sexo tántrico, o yoga e a literatura sicalíptica.
Teño máis querencia polos que fan unha evolución no seu pensamento que é coherente co que xa facían, e que ademais non o utiilizan para enriquecerse ou alcanzar máis poder. Algúns destes foron verdadeiramente perdedores.
E falando de dereitas e de esquerdas. Que curioso que case ninguén desdes peixes pasase da dereita a esquerda? Non lles chama a atención?
Agora recordo o amigo Verstringe, de Fuerza Nueva a un PSOE izquierdoso. Sen contar todos os falanxistas que pasaron ó PC. Non teño tempo agora. Pero aí deixo unha proba.
Sempre que se considere eso pasar da dereita á esquerda. Ollo.
No Ourense de antes da morte de Franco boa parte do Frente de Juventudes (falanxistas que eran profesores de Educación Física nos institutos da cidade) pasaron a militar no Partido Comunista: cousas curiosas, non?
O proceso de evolución das dereitas á esquerda (mesmo extrema) ten algún exemplo tamén curioso no País Vasco, arredor de HB, como algún xuíz do que non lembro agora o nome.
A viraxe da dereita a esquerda só é posibel mediante a conversión. En cambio da esquerda a dereita é por reversión. O de dereitas que se convirte, realmente xa era de esquerdas antes, so lle aconteceu unha revelación.
Hai cambios que causan escándalo, e por eso provocan a violencia mimética do público, mais cambiar, cambiamos todos, porque o simples proceso de adquisición de coñecimento resulta icomprensibel sen variacións, rechazos, negacións e pasión por abrir o mundo ao novo. Vostede mesmo Marcos, hai anos militaba naquel BNPG, e agora está perfectamente instalado no liceo ou en connivencia coa politica cultural da diputación, cousa que eu non lle critíco, porque todo cambia tamén as institucións. Eu distinguiría a apostasía dos cambios mais ou menos congruentes.
Jimy de Rairo
Perdoe, querido amigo Jimmy de Rairo, pero non lle vou aceptar esa última comparación. Creo que nada ten que ver o que di vostede co post que eu coloquei. Primeiro, porque a miña ideoloxía, no Liceo ou noutro lugar, non variou como a dos "peixes" que sinalamos: segue sendo a mesma, nun 75 por cento, que a que tiña cando militaba no BN-PG, e a mesma, nun 90 por cento, que a que mantiven despois no PSG-EG, con maior protagonismo político. Non cambiei a miña ideoloxía para traballar no Liceo, porque de traballo cultural se trata e non doutra cousa (discutible, como todo, na súa eficacia). E o da connivencia coa política cultural de deputación é falso: teño moitas críticas que facerlle, tamén nese plano, a esa institución. Outra cousa é que poida saír a miña foto na presentación dun ciclo do Liceo que financia a Deputación, pero iso nada ten que ver: non sexa tan simple como para confundir iso cunha lexitimación. Porque, se así fose, cada vez que Touriño, Quintana ou quen sexa saia asinando un acordo con Baltar, tamén habería que falar ca citada "connivencia". Non si?
Peixes como Pio Moa, son apóstatas, termo que eu non lle aplico a vostede, por supusto. De 75 a 100 hai 25, de 90 a 100 hai dez. Cambio cunha congruencia que vostede explica, non me entenda mal. porque non o escribin, so tento mesurar, matizar, con todo o meu respeto.
No caso de Pedro Arias eu atopo un certo resentimento. Eu non lle atopo explicación: na mesma escrita, mesmo entre liñas, sempre hai un latente axuste de contas. Non sei contra quen, pero é notorio. O máis patético é a súa crítica cara os socialistas sobre as radicais carencias do país, xusto dous días despois de que Fraga ou Aznar deixaran o poder. A mín me da que perdeu o sitio e nono da atopado: mentres tanto, tira de forofo fanático filispín.
Sobre Cancio, tanto ler Le Monde no Azul ten que desgastar moito. E, por suposto, sen facer teses: eso é para funcionarios e el sempre che foi libre coma un uccellone.
Publicar un comentario