Do fracaso patente do comunismo Sigo coa autobiografía de
Eric Hobsbawm. Militaba xa ós quince anos no comunismo, nunha organización estudantil de Berlín. O que co tempo sería un dos grandes historiadores marxistas británicos, en andaina común con
Christopher Hill, E.P. Thompson, Victor Kiernan e outros, afirma en Años interesantes que aqueles meses en Berlín “
fixeron de min un comunista para toda a vida, un home cuxa vida perdería o seu significado sen o proxecto político ó que se consagrou como estudante” e este era a Revolución de Outubro como grande esperanza do mundo. Así viviron o comunismo moitos intelectuais e centos de miles de persoas en toda Europa no século XX: un proxecto de vida que servía para explicar todos os riscos da realidade social. Con case 90 anos Hobsbawm recoñece que “
aquel proxecto fracasou de xeito patente” e, ademais, “
estaba condenado a fracasar”. Recoñece tamén os graves erros dos comunistas alemáns na República de Weimar “cando ós ollos da Internacional Comunista os socialdemócratas pasaron a ser “
socialfascistas”. Coa chegada de Hitler ó poder precisamente os comunistas foron as primeiras vítimas en ingresar nos primeiros campos de concentración do Terceiro Reich. (
Andoliña, 5 xaneiro, cunha nova imaxe de Chagall).
15 comentarios:
En alemania como en españa fracasou en primeiro lugar pola división fraticida entre os chamados a dirixir a revolución e a república. Sin un grupo de dirixentes leales entre si é imposible, xa non facer a revolución, nin tan siquera gañar unhas eleciones a unha comunidade de veciños.
Contemplado dende os anos 70, o fracaso da revolución alemana podería explicarse nos termos que expuxeches, Anónimo. Contemplado dende hoxe, habería que dicir, que foi mellor así. De ter saído victoriosa, o máis probable é que caise en mans do Bloco soviético e que tivésemos un sistema totalitario máis. Nada garante que K. Liebknecht e Rosa Luxemburgo fosen quen de organizar unha sociedade que combinase por igual comunismo e libertade.
non te fies dos conceptos que se manexan para definir rexímes como o de "totalitario", querido anónimo. O que mandou o aforcamento do dictador Sadam é un demócrata e republicano, concepto cos que ninguen discute pero que na sua praxe poden levar o aniquilamento dun pobo sin piedade, como é o caso de Irak. A min no me importaría que o sistema político galego que desexo fose considerado, incluso polo noso bloger Marcos, como totalitario, se nel existise mais igualdade e mais fraternidade e ningún imperialismo. Un saudo.
Se mesturamos nun "totum revolotum" (dise así?) o pasado e o presente, nunca entenderemos nin o pasado nin comprenderemos o presente.
Ás veces, algunhas posturas primariamente antiimperialistas o que fan é, querendo tirar só a auga suxa da palangana, tirar tamén o neno que estaba dentro.
Pois non sei se se escribe asi o do "totum". E verdade o que dis de "as veces" pero a proba do algodon dus sistema político, o meu entender, e o imperalismo, que tamen se poder chamar cooperación, ayuda humanitaria, defensa dos valores democráticos, levar a libertade e democracia, etc,..Por certo, sr.Valcarcel, de que páxina obten esas pinturas do meu admirado Chagall?
Que entende exactamente por "imperialismo"? Podería precisar algo máis o concepto?
Non. Dise "Totum revolutum".
Dentro da auga suxa da palangana do imperialismo non está un neno.
Está un aborto.
Grazas pola aclaración, xa eu dubidaba de que o puxera ben. A segunda parte do que dixen, non a entendeu vostede.
Lendo este debate propiciado por "Años interesante", procuro unha cita do vello comunista Hobsbawm que aparece na súa "Historia del Siglo XX". Está a falar da crise sufrida pola democracia liberal (non hai outra)nos anos de entreguerras, aprisionada polos (si) totalitarismos fascista e comunista:
"Ninguén prediciu nin esperou que a democracia se revitalizaría despois da guerra e moito menos que ao principio dos anos 90 sería, aínda que fose por pouco tempo, a forma predominante de goberno en todo o planeta. Para os que neste intre analizan o ocorrido no período comprendido entre as dúas guerras mundiais, a caída dos sistemas políticos liberais é unha breve interrupción na súa conquista secular do planeta. Por desgracia, conforme se achega o novo milenio as incertidumes que rodean á democracia política non parecen xa tan remotas. É posible que o mundo estea entrando de novo, lamentablemente, nun período no que as súas vantaxes non parezan tan evidentes como semellaban entre 1950 e 1990".
Coa democracia empeza a pasar algo así como coa cultura: hai xente que se empeña en desvalorizala, en quitarlle toda importancia e mesmo en diminuíla diante dun totalitarismo ben entendido e "non imperialista"(?).
Para min isto é un síntoma máis das feas fauces da neo-barbarie que vén, que xa está chegando.
Estimado leituga: Hai palabras totem como libertade, democracia, parlamentarismo, e moitisimas mais que son intocables para alguns de vos. Hai outras como miseria, desiguladade, propiedade privada, millons de persoas mortos por fame, e tamen demasiadas palabras mais que son manexables, ponderables, utilizables e circunstanciais....
O imperialismo é segun o dicionario: "Teoría e práctica socio-política que xustifica o dominio dun estado ou país sobre outros" e dentro da verba "xustifica" hai moito, demasiado onde encontrar argumentos. Xa hai moitos anos que existe un único totalitarismo basado na democracia parlamentaria e, a aqueles que non entren dentro dos seus intereses económicos, xa todos sabemos o que lles pode pasar, se non que llo digan a corda que aforcou a Sadam. A outros que lles fan o xogo a grande democracia que alguns defendedes, (¿que outra cousa hai os preguntades para xustificaros?) pois a eses democratras dirixentes como os saudies, indonesios, guatemaltecos, nixerianos, sudaneses, indios, etc, non so non penduraran dunha corda se non que disfrutan da temporada de inverno nos Alpes nalguns lugares que, eu polo menos non lograrei ver nin de cerca, salvo que, claro está, esta democracia me relage unha primitiva que para eso estamos nun mundo perfecto. Hai alguns que ainda seguimos preferindo o desorden a inxusticia. Saude.
Coido que o Anónimo anterior cae nunha falacia argumentativa ao contrapoñer liberdade, democracia, parlamentarismo vs. miseria, desigualdade, propiedade privada, fame.
O asunto daría moito para debatir.
De falacia argumentativa, rien de rien. Estamos afalar de imperialismo e indiquei que varias democracias parlamentarias, entre elas a española, levaron a miseria, a fame, etc, o Irak e a outras partes do mundo, meu rei. Ainda que olomejó non é certo.
É moi certo, usuario anónimo.
Eu tamén fago miñas as palabras tótem da paleoesquerda antiliberal(nalgo había que coincidir): miseria, desigualdade, fame. O que non entendo, agás dende actitudes neo-bárbaras é que a existencia desas realidades conleve a descalificación da democracia e propicie ambiguas opcións por totalitarimos ben entendidos e non imperialistas. Iso si que é preferir a inxustiza á desorde. A inxustiza, a escravitude, a represión e a mentira institucionalizada.
Falacias, obviamente:
a) Dado que algunhas democracias apoiaron a guerra imperialista de Irak, ergo: todas as democracias son imperialistas.
b) Dado que as democracias non impiden que haxa miseria, fame e desigualdade no mundo, ergo: as democracias fomentan a miseria, a fama e a desigualdade no mundo.
Falacias argumentativas, si, por suposto.
Publicar un comentario