O ruxe-ruxe (Banco de España)
O ruxe-ruxe sobre o tema do Banco de España está a funcionar. Nestes días o xornal La Región fixose eco con amplitude da proposta, xurdida na nosa tertulia do Liceo (e a propósito dos artigos na prensa de Afonso Monxardín, Pepe Paz e outro meu), de buscarlle un destino cultural a este centro patrimonial (quizais un futuro Museo da Cidade). Están xa en marcha algunhas iniciativas para reclamar un fondo debate ó respecto. (Tamén outra proposta, totalmente á marxe desta, que reclama o local como posible ubicación dunha Fundación Quesada).
De momento, semella que están abertas todas as posibilidades e ata Pérez Touriño, presente onte na cidade, apuntou á necesidade de darlle un uso cultural a tan céntrico e nobre edificio:
"Las reacciones no se han hecho esperar. El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, asumió ayer el ‘liderazgo para tratar de recuperar un edificio tan emblemático como o Banco de España para ó servizo da cidadanía’. El jefe del ejecutivo autonómico (socialista al igual que el Gobierno central) destacó ‘a tradición cultural de Ourense e a inmensa riqueza do seu patrimonio’. El candidato a la alcaldía por el PSOE, Francisco Rodríguez, también se ofreció ‘para recuperar este inmueble para outros usos culturais’".
UNHA CASA DA MÚSICA NA SERRA
-
FUNDACIÓN LEGAR: unha nova luz na serra
*X. Pérez Mondelo *
Xavier Blanco, músico e luthier, e a súa dona, Martina Ferradás, prenderon
o pasado mes de ...
Hace 7 horas
13 comentarios:
Un tanto para Touriño!
Sexa por motivos electorais ou polo que sexa, o caso é que é moi positiva súa iniciativa.
Nótase que, en determinadas cousas, Touriño ten asesores que están ao loro do que pasa. E escuso dicir un nome que vostede, amigo Valcárcel, coñece ben. Os meus parabéns tamén para o asesor.
Efectivimante.
Ben asesorado.
Agora a cousa é facer fusión das dúas iniciativas quwe se din.
Desde logo é interesante que Xaime Quesada teña onde expor a súa obra, pero non con exclusividade. Explícome. Xaime, tan ben tratado sempre polas insitucións -exposición en Vilamarín, exposicións organizadas pola Universidade, Caixanova, etc.- é un pintor magnífico, dunha saga espléndida. Fernando, Antonio, e tamén, en menor medida, Xaime Quesada Porto, o fillo de Xaime, teñen que ter un lugar. Acisclo, Xos´ñe Lúis de Dios, Virxilio, sobre todo Virxilio, pero tamén Parada Justel, e Jesús Soria... e Angel Valente, e Blanco Amor, e Vicetne Risco, e Otero PEdrayo, e Carlos Casares, e a fundicion Pereira Malingre, e a tecntonica que permite que haxa augas termais, e a historia dos camiños e das pontes...
Creo, sincerametne, que o edificio pode e debe acoller varias cousas, baixo unha solución administrativa que non é este o lugar... De momento, o que pode facer Touriño e o seu asesor e poñerse a andar e frear a adxudicación das obras. Tomar un tempiño e reflexionar... Moitas xente opina e opina ben. Hai que buscar a forma de facer confluir esforzos. Que non se polarice a cousa, "para Xaime" ou "para a cidade". Ese, obviamente, non é o tema.
Caibe todo o mundo. Saúde
Nese centro cultural os ourensáns terían que reconciliarse coa súa historia, a súa memoria e o seu patrimonio. Sería, como di Etxeokai, o referente tanto de nomes como Virxilio como Valente ou os da Xeración Nós ou Casares e Ferrín. E o referente de Barreiros, e de Franqueira e COREN-Uteco, e da emigración ourensá a Europa e dos nosos arquitectos "modernistas" (eclécticos, din os especialistas) e mesmo da "microhistoria" ourensá (de Xan da Coba ó Capitán Centellas).
E o Cepo e o Paxaro... e O Andrés o músico -onde el vai?-, e o Unha sola... e sobre todo, o Toñito Patata, vestido de Sevillana, recuperador do carnaval...alá nos comezos dos sesenta...
Ourense precisa de políticos comprometidos, que se impliquen na cidade, porque a viven, a sinten e a coñecen. É unha pena que tanto M. Valcarcel, como MOnxardín non se presenten as municipais. Para min dende logo teñen mais credibilidade respecto o seu facer pola cidade que os candidatos progresistas que se presentan.
Jimy de Rairo
Etxo: O Andresiño, se falamos os dous do mesmo batería coido que calza e viste ainda.
Por moito que aprecie un ó asesor de Touriño, ou mesmo a este, deberíamos de tentar ser obxectivos: Touriño non tivo ningunha iniciativa (apc) ..dixo que si a todo ( a unhas seis ou sete cousas nesa mesma mañá en Ourense) si ó que sexa, e o mesmo PP e o mesmo o BNG (estes non o saben moi ben xa que queren duplicar as bibliotecas,estaría a 5 min da nova de S. Francisco) , e o mesmo, Trotiño, e o partido galeguista e.... lembremos o tempo que estamos e non nos deixemos levar pola amizade....
(penso que Ourense debería cambiar de mentor dado o poder que amosa Touriño nas ultimas negociacións en Madrid..)
Home, amigo anónimo, eu espero -polo ben de Ourense e dos meus moitos amigos ourensáns- que o de Touriño non fose só unha promesa baleira e que emprenda os contacto e negociacións pertinentes para lograr recuperar, para uso e disfrute cidadán, o Banco de España.
Por outra banda, quero manifestar o meu pleno apoio á proposta de Jimy de Rairo: Valcárcel e Monxardín alcalde e tenente de alcalde (ou viceversa)! Pero non lles caerá esa breba aos ourensáns, non.
Non pensaba eu mediar neste tema, e quero ben o asesor... pero(a-p-c) a estatística xoga a favor da postura de anónimo.... ... tempo dará e quitará razóns (¿será menor o peso do Director do Banco de España que o da SEPI?)
Eu confío mais na capacidade, para mudar este tipo de decisións, da sociedade civil . De feito, para min, recuperar o edificio do Banco de España é importante, pero aínda mais o sería, chegar a desenvolver unha (chamémoslle rede social - cidadá ou como queirades) capaz de poñer proxectos enriba da mesa e dar as respostas que outros non dan.....
Persoalmente penso que é preciso traballar nunha liña que una a memoria e o futuro (superar os nomes concretos), apostar pola vangarda, dar acubillo á divulgación, á innovación e á investigación .... pensar noutras xeracións.....
Neste tipo de formulacións, penso eu que, mais alá do que cada un pensa, o secreto está en que todos os que participen no debate finalmente apoien un proxecto amplo e rigoroso, e que sexa de todos, evitando que o debate sobre as posibles utilizacións do espazo concreto que agora ocupa a atención faga que ó final solo estean detrás do proxecto aqueles que, a priori, o propuxeron... (son tantos os déficits que seguro sairán moitas propostas e mais de unha moi razoada, rigorosa e potente, e mais.... desta reflexión e moi probable que podan xurdir ideas para outras propostas noutros espazos).
En canto o da alcaldía non está mal... aínda que non sexa unha lista cremalleira.....(Cidadáns polo cambio en Ourense? Sei que xa están as denominacións rexistradas)
A esperanza debe ser o último que se perde, amigo descrido.
Sería simpático.
Ourense, na vangarda tecnolóxica sempre...
A primeira lista electoral que nace dun blog...
Non sería o primeiro caso en que se conseguise que unha entidade estatal cedese un edificio importante en función de alternativas presentadas dende un concello. A antiga sede de Facenda en Santiago, en plena Rúa do Vilar, é agora a sede da Fundación Torrente Ballester; e, en Vigo, a vella subdelegación do Banco de España é a Casa das Artes. Tamén en Santiago, a antiga sede do Banco de España, na Praza das Platerías, está sendo utilizada agora polo Consorcio de Santiago para exposicións, aínda que ofuturo definitivo do local non está claro. O que parece obrigado nestes procesos é que o Concello teña un proxecto e sexa quen lidere a negociación. A equiparación deste asunto de Ourense co da SEPI non é pertinente, pois no asunto de Navantia a propia SEPI está condicionada polo acordo alcanzado hai dous anos coa Unión Europea, que é quen non permite o proxecto de Barreras.
Pois o concello de Santiago ainda fillo folleto falando do Museo da Cidade no Banco de España.Lino eu nun folleto dunha expsociión horrible que houbo alí e que xa nin lembro de que era.
Teño entendido que o proxecto era facelo dependente orgánicamente do Museo das Peregrinacións -que é estatal de xestións transferida, como o Arqueol´xoico de Ourense- e baixo o padroado do Consorcio...
Así o Museo da Cidade centrariase na historia de Santiago mentres que o das Peregrinacións quedaría coa cousa do Camiño...
Pero seica se parou a cousa...¿E logo?
Publicar un comentario