Os delirios (e A.Muñoz Molina) seguen dando que falar...
(un artigo de Alfredo Conde en El Periódico: artigo completo)
En España, mucho más en su centro, es decir, en esa geografía mental recién citada, "el delirio no ha sustituido a la racionalidad o al sentido común" desde hace unos pocos años, sino más bien desde hace ya unos siglos. Los delirios de grandeza nunca fueron periféricos. En nosotros, en los excéntricos, en los habitantes de esa otra geografía del espíritu, no nacieron tales delirios. En su excentricidad, Galicia, por ejemplo, no "se agranda por las anchuras atlánticas de la lusofonía y por los confines de niebla de los reinos celtas". No lo hizo nunca. Hablo de lo que sé. Otros excéntricos podrán decir de ellos y de sus propias y mentales geografías del espíritu.¿Será el delirio centralista, ese sempiterno, extremado y tan español delirio de grandeza, el que ha generado toda esa reacción que Antonio Muñoz Molina señala con tan grande acierto, en no pocos de los párrafos de su reciente artículo en El País, como con tan desafortunada mezquindad en no pocos de los restantes? Ciertamente "el delirio niega la realidad, pero puede tener efectos devastadores sobre ella". Su artículo es una prueba. Es cierto que en España "no queda nadie o casi nadie que simpatice de verdad con el fascismo o con el comunismo, y sin embargo se oye con frecuencia (...) facha y rojo". Pero no es mentira que el espíritu autoritario, se diría más, el ánimo totalitario que educó nuestro sentimiento, en vez de nuestra razón, acostumbrándonos a pensar por los demás, perfectos imbéciles incapaces de articular por sí mismos ninguna otra verdad alternativa, todavía está vigente. ELDELIRIO no está en la periferia, de ser cierto todo lo que afirma el ilustre autor. No lo está, contra la evidencia por él planteada. No está en la corteza, sino en lo que los gallegos llamamos a cerna, en la esencia. Ahí está el delirio. Es ahí en donde hay que combatirlo. No en sus manifestaciones, sino en sus orígenes; en sus causas, en el núcleo central del problema, no en sus efectos. Pensemos España juntos, de una vez, colectiva y democráticamente. Los excéntricos también pensamos.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
13 comentarios:
ANDOLIÑA martes 6 febreiro
DELIRIO CONTRA AS PERIFERIAS
Marcos Valcárcel
A xeración de poetas españois dos 50, á que pertence Caballero Bonald, tivo moi boas relacións cos escritores cataláns daquela hora. Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera houbo un importante encontro de escritores españois e cataláns. Os autores galegos tiñan as portas abertas en “Papeles de Son Armadáns”, a revista de Cela que se editaba en Palma de Mallorca: alí escribiron Celso Emilio, Manuel María, Casado Nieto, Neira Vilas e moitos outros poetas e ensaístas galegos. Son só tres datos escollidos: hai moitos máis semellantes, en diferentes épocas e contextos políticos.
Despois de 30 anos de democracia, uns poucos menos do Estado das Autonomías, o panorama cambiou e quizais non para ben: intelectuais que se din progresistas asinan na prensa madrileña artigos furibundos para denunciar temas tan absurdos como un suposto “imperialismo” das culturas periféricas. Velaí un recente artigo de Muñoz Molina en “El País” que, chamado a denunciar delirios, cae el mesmo nun absurdo delirio contra as periferias. É tan difícil de entender dende o centro (político) a pluralidade lingüística e cultural das diferentes comunidades das Españas? Por que?
O outro día vendo "Cuéntame" lembrei unha actitude vital que había no centro de España naquela época, non só de respecto pero tamén de admiración coa súa periferia. O festival de Raimon, L'Estac e Lluis Llach, Maria del Mar Bonet ou o Raimón... por non dicir, barrendo para casa, o folky triunfante de Un canto a Galicia de Julio Iglesias ou o Tren de Andrés do Barro.
Chegou a transición, chegaron as autonomias... e a cousa foi para atrás... Sen dúbida temos debemos ter algo de culpa, pero en distinta medida. Cando o PP saca de himno e bicolor, faino con mala intención. O españolismo rancio -eu que me considero español- gañou a partida, unha vez máis. Non fomos quen, entre todos, de deseñar a nova casa común... Se cadra en parte tamén pola miopía dos nacionalismos periféricos desexosos de reproducir estadiños coa saúdade do nunca conseguido estados nación do XIX, en vez de afrontar os retos do s.XXI noutras claves máis modernas, superadoras daquelas situacións.
Pero evidentemente, eles, entre eles Muñoz Molina, bótase ao monte... coa vella idea xacobina de que a reacción fala bretón...e o progreso francés.
Será posible facer algo? ¿Temos alidados os que queremos unha España máis moderna e diversa, entre a España monolingue, esa da que Rafael Ninyoles dicía ser o territorio máis ideoloxica e agresivamente monolingüe de Europa?
¿Aquel José Sacristán que defendeu a Raimon no Estadio das Ventas enfrontandose a un público canibal e analfabeto cando a homenaxe a Miguel Angel Blanco, tería hoxe continuador, con ese par que lle el botou? Tou preocupado. Bastante preocupado. Non sei que Galicia, España,Europa e mundo lle quedará aos fillos. E a medida que un se fai vello, pensa máis nestas cousas.
Aproveito o comentario de etxeoquehai para facer un apuntamento sobre Andrés Dobarro, a nova canción (galega), Raimon e, de paso, Joan Manuel Serrat. Non sei se estes temas lles interesan, pero aí vai. Cádrame moi ben porque estes días estou a escoitar a Do Barro e a Serrat.
Ao contrario que etxeoquehai, eu non estou tan certo de que existise esa mesma actitude positiva da que fala desde os propios cantautores galegos e cataláns cara a xente coma Do Barro e Joan Manuel Serrat. A propia tolerancia tiña que empezar na casa. Aínda hai poucos días escoitei unha entrevista a un dos membros da nova canción galega na que se seguía a apuntar, e estamos no ano 2007, a que Do Barro era un "produto" que facía canción non comprometida, mentres o deles era boísimo e tivo moita repersucións, etc, etc. Sen comentarios.
Joan Manuel Serrat foi mal visto durante uns anos na propia Cataluña porque era un cantante bilingüe. Velaquí unhas declaracións que fixo nunha entrevista de hai uns anos. Fala de Lluís Llach e de Raimon:
"Si yo canto en catalán y en castellano es porque he nacido en un
medio obrero y no he tenido la suerte de nacer en el seno de una
burguesía que me hiciera hablar el catalán desde mi infancia como han
hecho todos esos cantantes catalanes tan puros que me critican tanto.
Que no es lo mismo ser hijo de un lampista que hijo de un médico como
Llach (...)"
Raimon (...) que es un cantante al que admiro muchísimo, y que habla ahora de tolerancia, era un tipo muy intransigente cuando estaba en la cresta de la ola, que descalificaba a todo dios con palabras durísimas si no seguían la misma pauta de
conducta que él.
Ten razón Marcel Swann: En todas partes cocen fabas!
Eu creo que o artigo de Muñoz Molina, que é un escritor de esquerdas, non pode considerarse representativo do que pensa a maioría da esquerda española, nin sequera da madrileña, arredor da cuestión da "España plural" ou, en versión nacionalista, do "Estado plurinacional". Tampouco nego que si é representativo dun sector que segue a ter relevancia e que non poucas veces formula críticas serias e ben argumentadas sobre os chamados nacionalismos periféricos. O malo do artigo de Muñoz Molina é que, como apunta Marcos Valcárcel, cae de cheo no "delirio" que pretende denunciar.
Pero eu creo que esas posicións xa estiveron máis estendidas do que están hoxe. De non ser así, sería imposible que o PSOE, maioritariamente e con escasa oposición interna, asumise e defendese a "España plural", mesmo arrostrando polémicas tan complicadas e erosivas como a que se produciu arredor do Estatut de Cataluña. É certo que hai sectores do socialismo nos que pervivie un espírito xacobino que mira con desconfianza calquera particularismo ou diferencialismo, sobre todo se procede de territorios ricos, pero xa digo que, despois de moitos anos de debate, hoxe a balanza inclínase un pouco máis cara ao outro lado.
Pero o verdadeiramente preocupante nestes momentos non é a esquerda, senón a dereita, que día a día, e coas pertinentes actualizacións, teima en parecerse cada vez máis á dereita "nacional" da Guerra Civil. A manifestación do pasado domingo en Madrid, iso si que foi un delirio, e supoño que Muñoz Molina tamén estará de acordo nisto. Hai polo menos catro ou cinco millóns de españois convencidos de que o PSOE e ETA pactaron en secreto, coa axuda de sectores da Policía, a matanza do 11-M para que Zapatero accedese ao poder e, a cambio, lle concedese a ETA as súas peticións. Todos os días o diario "El Mundo" e a Cadena COPE insisten e machacan estas teses autenticamente delirantes, que son actualmente admitidas como evidentes por moitísima xente. A irresponsabilidade absolutamente cega e radical destes dous medios impregnou xa definitivamente á direción do Partido Popular. Non hai un Acebes de extrema dereita e un Rajoy centrado. Non: Rajoy é tamén un perfecto insensato que prefire poñer a tremar as claves de bóveda do Estado Democrático e mesmo a unidade de España con tal de minar o prestixio persoal de Zapatero e, con el, unha parte decisiva da base electoral que levou ao PSOE ao goberno. O novo episodio que estamos a vivir estes días arredor do Estatut de Cataluña, co Tribunal Constitucional no epicentro do problema, é unha proba espeluznante da irresponsabilidade "nacional", excluínte e guerracivilista á que chegou esta xente. O asunto é gravísimo: instrumentalízase politicamente o Tribunal Constitucional -ata agora sen mácula- para conseguir a ilegalización dun texto aprobado polo Parlament de Catalunya, polas Cortes Españolas e polo pobo catalán en referendum. Non só lles dá o mesmo o descrédito do Tribunal Constitucional, senón que tampouco parecen pensar nas consecuencias que unha decisión nese sentido podería ter en Cataluña e que mesmo podería chegar a unha declaración de independencia por parte do Parlament.
Dende 1975 non houbo nunca én españa unha dereita tan irresponsable, mesquiña, ideoloxizada e antidemocrática.
A contrafío do que di o Leituga.
A actitude política actual do PP (cos corolarios de manipulación -pero menos- da xudicatura, descualificación de iniciativas gobernamentais parellas ás súas cando gobernaban, defensa numantina do indefendible...) probablemente produciría noutras latitudes un serio desgaste electoral. No Estado Español, ende mal, non se dá tal circunstancia: en moitos dos seus territorios o sal groseiro fainos estar na disputa, e non sei eu se baixando.
Pregunto eu: cinco millóns de habitantes ou de votantes? Porque a cousa é considerablemente diferente. A min paréceme claro que unha porcentaxe considerable da poboación española asume as posicións que aquí se denominan "xacobinas" e que eu, en clave máis cercana, interpreto como remanente do sentimento imperial ou, se se quere, nacionalismo español. Parece que unha gran porcentaxe da base social do PP comparte tal vivencia; e eu coido que tamén unha parte moi importante do PSOE, por moito que aquí haxa matices: o fenómeno PSC (visto con certa hostilidade desde outros ámbitos partidarios), o que quede da "visión federal", minorías internas como as que operan no PSOE de aquí...
Debo ser sincero: xaora, Zapatero é mel lembrando a Aznar; non teño eu claro, así e todo, en que quedaría a "España plural" logo dunha lexislatura e media con maioría absoluta. Obviamente, gañou unhas elecións coas que ninguén contaba (seica o Blanco de Palas si), e isto ten que conferir un ascendente interno notabilísimo; como a estrela decaia, comprobaremos tamén se esas maiorías internas que manifesta o Leituga son reais ou os Bono demostran peso determinante.
Desexaría eu que fose certo iso: Muñoz Molina, expoñente dunha posición minoritaria na esquerda (se o é) española. Ignoro, con todo, se os muñoces, redondosterreros ou mikelesbuesa -xa sei que o das "vítimas" é caso particular- non serán máis ben os que dan a cara polo grande continxente que espera o seu momento.
Por certo: as comiñas en "vítimas" non pretende desmentir o concepto nin o sufrimento. Expresa distanciamento fronte á manipulación política.
Agora ben: por que hai tanta xente anti nacionalista? Están todos equivocados? Non lles explicaron ben as cousas? Algunha responsabilidade, digo eu, terán os partidos nacionalistas por non seren capaces de atraer ao electorado ás súas posicións.
Aínda que lendo eso de que o que non está pola españa plural é o "remanente do sentimento imperial" empezo a comprender a razón. E eso que a mín o da españa plural faiseme obvio.
Pois a min o da "España plural", ata o de agora, paréceme un concepto demasiado etéreo, tal e como está formulado. Produce un sentimento innegable de alivio en comparanza co que traen os outros; pero para ser considerado un modelo ou proxecto estratéxico fáltalle moita substancia explícita, máis da que pode ser percibida ou concretada nunha lexislatura. Resulta unha das cousas que me fai ser renitente con respecto ao Zapatero: lanza expresións de gran potencialidade en atractivo ("Alianza de Civilizacións" é outra), pero non se lles acaba de albiscar a materia; se cadra, non o nego, a intención é ir construíndo a casa e elaborando os planos durante a construción.
Anti-nacionalistas? Nos territorios onde máis abundan, os obxectos de fobia non se presentan ás eleccións. Eu en Galicia, por exemplo, non penso que a maioría da xente sexa anti-nacionalista. Iso si, a maioría da xente non vota partidos de obdiencia galega e moita dela sente desapego ou desconfianza con respecto a eles. De quen a culpa ou, máis ben, a responsabilidade?: a principal, obviamente, dos fracasados no seu intento de suscitar confianza; hai outras, xaora, non de escasa proporción e onde aos habituais -e non desmentidos- argumentos do mediático e o histórico habería que lles engadir factores probablemente ata ignotos; entre as causas de tal descoñecemento estarían a preguiza e mediocridade analítica, cousa que tampouco non diría ben de nós (falo agora como nacionalista, aínda que non partidario).
Hai algún termo que proe; eu, con todo, non os evito, igual ca outros para nada se privan de trasladar o seu menosprezo en relación coa área de pensamento político na que -humildemente, supoño que sen excesiva bagaxe- me sitúo. O Reino de España xa foi imperio, este durou catro séculos e a intelectualidade española probablemente máis lúcida tomou conciencia de que rematara hai menos de cento dez anos; o réxime político que gobernou o Estado ata hai pouco máis de trinta aínda afirmaba a vocación imperial. Non me parece nada doutro mundo que tal ideoloxía aínda posúa remanentes. A min parécenme notorios.
Eu, sinceramente, non vexo moitos remanentes dunha ideoloxía "imperial" española. Creo que unha das poucas cousas boas do franquismo (se se quere velo así) foi desgastar definitivamente esa retórica que xa nos anos 40 soaba falsa e anacrónica.
Creo tamén que os nacionalistas galegos deberían facer un esforzo maior para comprender o nacionalismo español sen ter que recorrer a expedientes como o da ideoloxía imperial. Non digo que deberían comprendelo para ser indulxentes con el, senón por coñecer mellor ao que consideran o seu principal adversario. Pero eu vexo moi pouca ansia no nacionalismo galego por ir máis alá do "Sempre en Galiza" e de outros poucos textos. Non digo que este sexa o caso do señor González, sempre aberto ao diálogo e ao intercambio de aprendizaxes, pero moito me temo, polo que vexo, que si é o caso dunha gran maioría da militancia e tamén da dirixencia nacionalista.
E así como non detecto interese en coñecer de verdade e con rigor o nacionalismo español, pois sempre é máis doado converter ao "outro" nun estereotipo facha, tampouco percibo curiosidade por comprender o feito mesmo do nacionalismo, un fenómeno moi versátil e historicamente cambiante. Esta, segundo creo, é unha das razóns de que se identifique mecanicamente aos nacionalismos periféricos con causas progresistas, independentemente das súas bases ideolóxicas e comportamentos históricos, e á totalidade do nacionalismo español cunha causa próxima ao fascismo ou, cando menos, ao imperialismo. Non entanto, unha simple e rápida comparación entre as figuras de Sabino Arana, Vicente Risco e Manuel Azaña abondaría para sementar dúbidas sobre esas análises de cartón-pedra ás que somos tan proclives.
Un remanente da ideoloxía imperial española sería o de ver con hostilidade -polo menos, sentir incomodidade- ante as manifestacións lingüístico-culturais das "nacións periféricas", sobre todo cando as facemos valer sen referencia explicitamente folclórica e usando a tecnoloxía moderna. Advírtese en moitos cidadáns españois, de forma consciente ou inconsciente, se cadra maioritaria esta segunda (en forma de simple antipatía). É parecido ao que move a aqueles -pouco formados e informados- para os que o PNV é, simplemente, ETA; e os nacionalistas galegos, cousa non moi distinta. Non penso que isto sexa xacobinismo, termo de orixe francesa que designa un concepto diferente; coido que son illotes da conciencia de Imperio.
Ora ben, o resto que di, Leituga, paréceme bastante atinado, porque o que hai aquí é unha hostilidade mutua pouco razoada, a falta de intercambio nin sequera de improperios. Eu non penso que o nacionalismo español sexa necesariamente fascista, pero como me inclúe, necesariamente, en calidade de cousa propia, si o percibo como imperialista. Non penso que as formulacións estritas de Arana -produto, mesmo lingüisticamente, dun tempo no que de raza falaban moitos moitos- sustenten teoricamente o nacionalismo vasco actual; e que lle vou dicir de Risco tocante a nós.
Ora ben, canto a coñecementos ou lecturas sobre nacionalismo, nin o "Sempre en Galiza"; iso eramos os de antes, agora lémoslles aos alumnos da ESO algún extracto e punto. É que a xente pouco le e, desde logo, nin a Rubert de Ventós nin a Gellner. Non saben o que perden, mesmo en termos de humor; pero, xaora, tampouco non é mal exclusivo da casa nosa.
Estou en xeral de acordo con vostede, amigo González. Pero, en xeral, eu non vexo esa especie de "tirria" ou de actitude suspicaz e negativa por parte dos españois mesetarios ou sureños cara aos galegos. Máis ben ao contrario: caémoslles ben, aínda que non exerzamos de Xan das Bolas nin vaiamos de pobriños. Nin sequera vexo esa actitude contra os vascos, que sempre representaron -ata ETA- no imaxinario colectivo aos "españois nobres e primitivos" por excelencia. Outra cousa son os cataláns, contra os que arraigaron moitos prexuízos e cos que existe unha relación de rivalidade e desconfianza bastante máis extendida.
En canto ao nacionalismo español, sigo pensando que o Imperio lle queda moi lonxe. É máis: penso que o Imperio nunca foi sentido como propio, ao contrario do sucedido con Gran Bretaña, polas clases populares.
Se non de imperialismo, creo que. en cambio, si se pode falar de "castelanismo" e dos mitos e actitudes asociados a esa sensibilidade. É outro debate.
A rivalidade Castela-Cataluña está xa no "Poema de Mío Cid", se será cousa vella... Esa percepción histórica sobre vascos e galegos é notoria, Leituga, pero eu matizo: iso mentres non se fai valer a propia persoalidade lingüístico-cultural de maneira plena.
Cóntolle dous detalles: Primeiro, nós (eu e a familia), o ano pasado, pola Catedral Vella e Museo Catedralicio de Salamanca, falando galego en ton normal; un home manifestando o seu agravio perante o feito, con alusión explícita a "estos nacionalistas", probablemente outra -non acabamos de sentir ben- de "para venir a estos sitios hay que tener cultura" e marcha airada coa súa parella, con quen falaba en todo momento. Iso si, ela dicíalle: "No tienes razón. Hablan entre ellos".
Segundo, os foráneos de orixe molestos porque seus fillos estuden galego e en galego; citaríalle casos particulares, pero probablemente non lle farán falta exemplos.
Son comportamentos extremos, pero expresións de malestar e incomodidade menos patente -por discreción ou outras causas- aínda que notoria son así mesmo frecuentes. Obviamente, a situación non é a que era, pero o reflexo mediático -e éxito en vendas- da oposición á normalización lingüística e pleno exercicio da oficialidade é así mesmo elocuente.
E Castela era a cabeza do imperio, non en balde, non sen efectos. Como aquel tivo tamén o seu extremo bufo, e unha longa decadencia, a súa axioloxía aparece bastante decaída, se cadra enmascarada. E da palabra, xaora, xa ninguén se lembra; cando se substitúe a aguia imperial polo touro de Osborne... que lle vou contar.
Por iso falo eu de remanentes.
¿E que lle ve vostede de "imperial" ao touro de Osborne, señor González? ¡Coitado touro! Non me poderá negar que é un icono (non sei que me dá poñer "icona") moi logrado. Facer del un símbolo imperialista paréceme excesivo, sobre todo tendo en conta que os que fan del uso prioritario son rapazolos futboleiros que case sempre acaban decepcionados e co touro entre as pernas polos resultados da Selección.
E con respecto ás cuestións lingüísticas, pois hai de todo. Eu coñezo xente mesetaria e sureña e moitos madrileños aos que non lle molesta en absoluto, máis ben ao contrario. E tamén vivín algún caso similar ao que vostede narra. Cada un podería contar casos nun sentido ou noutro e teríamos que acabar concluíndo aquilo da botella medio chea ou medio baleira. Pero, se quere que lle diga a verdade, eu nunca tiven necesidade de chegar ata Salamanca para percibir actitudes prexuizosas e mesmo intolerantes cara ao uso do galego: nin sequera me fixo falta saír de Vigo. E tampouco me fixo falta falar con casteláns ou andaluces ou murcianos: abondoume sempre cos galegos.
Os prexuízos e a intolerancia lingüística non son un mal específico dos españois da estepa. Non forman parte da xenética de ningún pobo. Son actitudes xeradas de forma case natural polos nacionalismos, sexan estes centralistas ou periféricos, estatais ou sen estado, conservadores ou progresistas. Porque supoño que non me negará vostede, amigo González, que tamén en Galicia se dan entre algúns nacionalistas esas actitudes cara aos castelán-falantes. E dirá vostede que estes últimos casos poden estar xustificados pola situación "non normalizada" do galego. Pero eu creo que hoxe os prexuízos e as intolerancias lingüísticas non están xustificados en ningún caso. E aínda menos en base a criterios normalizadores, pois non hai nada máis anormalizador que non deixar que cada un se exprese na súa lingua.
Publicar un comentario