RECORDATORIO
Hoxe mércores 28 febreiro, ás 20,15 h. e no segundo piso do Liceo, teremos un novo encontro da Tertulia para avanzar no tema Banco de España: posible constitución dunha plataforma que reivindique o seu uso cultural e vinculado á memoria da cidade auriense.
Xa sabes que estás autoconvocado e que nos gustaría contar coa túa presenza.
NOTA: se non podes asistir e estás de acordo, estaría ben que nos mandases confirmación do teu apoio por este mesmo medio.
UNHA CASA DA MÚSICA NA SERRA
-
FUNDACIÓN LEGAR: unha nova luz na serra
*X. Pérez Mondelo *
Xavier Blanco, músico e luthier, e a súa dona, Martina Ferradás, prenderon
o pasado mes de ...
Hace 4 horas
5 comentarios:
Alí estaremos, claro que si.
Eu xa me pido unha invitación para o viño de inauguración. Desde Vigo, un apoio seudonominal.
Estou de acordo coa decisión que se está tomando, de recurpera-lo Banco de España, para converti-lo nun referente cultural para a nosa cidade.
Tódolo que se faga, para engadir algún espazo máis o que xa hai, rendudará nun beneficio para os cidadáns.
Animo, e adiante que entre todos o vamos conquerir.
Hoxe aparece no "Correo Gallego" a noticia da creación dunha comisión na que figuran representantes do Concello de Santiago, do Consorcio e do Goberno español para avanzar na definitiva cesión do edificio do Banco de España de Santiago, na Praza das Praterías, para Museo da Cidade. Creo que aos amigos ourensáns, ao Concello ou á plataforma que se constitúa, lle podería ser de utilidade recabar información sobre o proceso seguido en Compostela, que finalmente parece que vai ter final feliz. Ademais, o proxecto do que se vén falando neste blog para o edificio ourensán pode ter moitas similitudes co compostelán.
Amigo Leitu,
Mesmo repartimos fotocopias da noticia que dis entre os asistentes á reunión. Evidentemente ese é un dos referentes... Mesmo a fórmula administrativa pode ser semellante... Xa veremos como vai a cousa.
Publicar un comentario