1 feb 2007











Sobre o fracaso do Estatuto (Antón Baamonde)

Antón Baamonde escribe hoxe en El País (ed. galega) sobre o fracaso da reforma do Estatuto de Galicia (e sobre o camiño do Estado das autonomías na transición democrática). E chama a atención, eu creo que con moito acerto, na indiferencia da sociedade galega ante o novo proceso. Temos un tan escaso tecido na sociedade civil, á marxe dos tres partidos maioritarios? Non se ve como propio o devir do país, fóra do carné de militancia de cadaquén? Lembremos as cifras de tremenda abstención do anterior Estatuto (aquel día en que Cunqueiro se avergoñou deste país, "que dimitía do se u destino"). Velaí tedes un anaco do texto (o artigo completo aquí) :

En lo que respecta a Galicia, sin embargo, se ha podido constatar el fracaso del intento. Un fracaso no sólo de sus protagonistas, sino del país. Porque -y esto es quizás lo que no se ha explicado lo bastante- los nuevos instrumentos jurídico-políticos no son un lujo asiático. Si tiene sentido redactar un nuevo texto es por dos motivos básicos: porque si cambian las reglas del juego uno ha de adaptarse a ellas, si no quiere perder posiciones, y porque hace 30 años ni podíamos imaginar ciertos aspectos de la sociedad gallega de hoy.
Que Núñez Feijoo, flamante líder de la derecha local, haya considerado oportuno oponerse a un nuevo Estatuto no es natural. Y tal vez con ello ha sellado ya su destino. No se ve, a la vista de lo que ha sucedido en Andalucía, por qué no podía aceptar la propuesta de texto que los otros dos grupos le habían planteado. Ha primado una visión ideológica, bien asentada en Génova 13.
Ha tenido a su favor la indiferencia social. Los gallegos, y en este defecto ha caído también el señor Núñez Feijóo, no nos hemos destacado por tener una gran visión de futuro. En los últimos años ha primado un sentido del corto plazo. Ha faltado visión estratégica. En vez de atajar los problemas cuando podemos hacerlo dejamos que engorden. El regateo corto, para usar la metáfora futbolística, es la visión del juego que más éxito tiene entre nosotros. Es la visión que corresponde a una sociedad poco estructurada, de elites poco ilustradas y que carece de proyecto estratégico. Aquí, como se sabe, los dos reflejos condicionados básicos son el enchufe y la subvención. Y si durante años los señores Xosé Cuiña y Francisco Vázquez han sido héroes de una parte importante de la población ha sido no por ser inteligentes, sino astutos. Así somos, y temo que por muchos años.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Certeiro, claro e contundente. É imposible estar en desacordo.

Anónimo dijo...

Eso do regateo corto tamén aparece na de Rivas. Se non recordo, incluso mentaba a Luis Suárez como un paradigma extraño para Galicia, mentras o que trunfaba era Amancio, o caneante.
Agora máis en serio. Pode un sentirse de acordo por aquilo da sorna galaica dentro do tópico contra gallaeciam moi reiterado entre nós mesmos. Pero non entendo as causas: podemos ser unha sociedade pouco estructurada, pero non moito menos ca española no seu conxunto; iso de que non hai elites ilustradas é un topicazo que non se sostén; e que carece de proxectos tampouco parece ser certo, porque hai empresas (non me refiro a entes empresariais, senón a tarefas de envergadura e de estratexia) que funcionan razonablemente ben. O do enchufe e a subvención pode ser certo, pero volvo a dicir que non moito máis que en Andalucía ou Extremadura. Eu creo que estamos sempre buscando razóns ao que consideramos básicamente o atraso económico e social (que ven de moi lonxe) de Galicia con respecto ao resto do Estado e sobre todo con respecto a Europa. Eu creo que hai madeira suficiente para facer país, hai trigo, en fin, para facer unhas boas tortas. Hai que facelo ben. Confio, e moito, nas novas xeneracións, menos abrumadas polo peso da historia e por este determinismo (que tratamos de explicar con metáforas futbolísticos porque nono sabemos explicar ben) que sempre está aí para compracer a nosa apostura intelectual, de vello sempre escéptica, se non pesimista.

Anónimo dijo...

Cunhos políticos como os describe Antón, capaces só do regateo corto, pouco ilustrados, incapaces de dotarse de estratexia....que ten de extrano que a poboación se desentenda dos seus negocios?. É o normal. Pero a crise de confianza nos politicos é un fenomeno social ampliamente extendido por todo Occidente.
Este diagnóstico pode escoitarse aplicado sobre os politicos de calquera parte de Europa, de USA... É xa unha pura retórica .
Pero pouco axudamos a sair da crise de lexitimidade da política se os reflexos condicionados seguen a ser, o enchufe, a subención e pasarse a primeira de cambio ao español.
Jimy de Rairo

bouzafria dijo...

Facía tempo que na prensa escrita non lía un artigo tan interesante como o de Baamonde. Pero teño as miñas dúbidas sobre a posible factura que o fracaso do Estatuto poida ter Núñez Feijoo entre os seus votantes. Penso que non vai perder voto algún.

bouzafria dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Eu o que vexo en Galicia son elites que non son ilustradas e ilustrados que non son élite, amigo Arume. A min dáme a impresión de que en Galicia diñeiro e ilustración viven en mundos completamente distintos. E supoño que cando Antón Baamonde fala de "élites" se refir á conxunción desas dúas cousas. E á influencia política, por suposto.

Anónimo dijo...

Pois eu vexo, non sei se Vigo pode ser unha excepción, elites ilustradas. Porque cartos, capital privado para investir hai e xente capaz, con ideas, mesmo de vangarda hai. Sectores coma o do automóbil, da pedra graniteira ou da lousa, mesmo de farmacia, por non entrarmos noutras cuestións como o mundo do téxtil, teñen ás súas beiras xente ilustrada, innovadora. Pode que noutras cidades, máis conservadoras, esas elites das que fala Antón Baamonde vivan do conto enchufista e subvencionador (acredito que para iso Santiago é un bo paradigma). Ademáis, Baamonde é de Vilalba e sabe ben do que fala, cando de elites non ilustradas se trata: é o mundo exemplar para as súas teses. E diso xa falou noutra e ben celebrada columna de EL PAÍS. Eu creo que hai neste aspecto unha fenda tan grande coma a que existe entre o mundo urbano e o rural, entre a Galicia da costa, ao longo da autoestrada, e a Galicia interior, coa excepción das capitais Lugo e Ourense.

Anónimo dijo...

Hai de todo en todas partes, e aquí non somos unha excepción. Mais penso que, entre nós, predomina o que ilustra Baamonde, con todos os matices que queiramos establecer.

Poñamos un caso entre mil. Coñezo a un exitoso empresario do sector da alimentación (cadea de supermercados) que ten un modo de "xestión" (sic.) tan paternalista-autoritario, machista, cutre e irracional, que a incógnita é cómo é que non se vai abaixo todo o seu emporio.

Anónimo dijo...

Esa disfuncionalidade ELite_ilustración, é xeneralizada por todo o mundo, dende que se tende a acelerar a movilidade social. O problema son os remedios, por exemplo os Banqueiros, recurren a ornamentarse con centros culturais, exposicións, nunha sorte de "mecenazgo", que por unha parte, corrixe esa disfunción aparentemente, e por outra parte resulta a longo plazo un investimento de extraordinaria rendabilidade, polas simples ganancias económicas, e polo prestixio acumulado que os situa en mellores condicións para facerse con novos negocios. En fin a imaxe de protector da cultura tamén vende e rendabiliza. O problema é que en Galicia non temos banqueiros, ou uns propietarios de grandísimas fortunas, que teñan uns benficios tan sobrados como para emprender estas políticas (salvo algunha excepción). Este é o problema, que non contamos cunha élite con suficicente poder económico como para investir na súa propia imaxe. Non creades amigos, que por aí fora, or ricos son moito mais cultos e xenerosos coa cultura.
A min dame a impresión que Antón, que o respeto, como intelectual que é, observa dende un punto cego: O complexo, o laio eterno por unha identidade con mancha, e tende a sublimar o "glamour" que identifica fora, sen aplicarlle a deconstrucíon puntillosa coa que as veces semella masoquistamente regodearse nos nosos defectos.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Certamente, Baamonde dá no cravo. Afinou moito como ensaísta nas súas columnas para a sección galega de El País. Claro que non comparto o pequeno ton latriqueiro: se os galegos non se interesan polo seu Estatuto, non se gaña nada con rifarlles. Hai que tentar comprender por que. Claro que aí moitas veces non sempre é primeiro o ovo que a galiña. Como acontecera durante a Transición, o exemplo das elites políticas é fundamental para ilusionar ou non á cidadanía.
E concordo tamén coa afirmación de Leituga 1: as elites non son ilustradas, e os ilustrados non son elite. Claro que algúns ilustrados coinciden coa elite en foros comúns, e poida que non teñan poder, pero si influencia, capital simbólico, posición institucional (que tamén dá prestixio, lembremos a Weber). Outra cousa é que uso se fai dese capital simbólico. Máis dun ilustrado perde o asento (por dicilo finamente) con tal de cear con esa elite pouco ilustrada, pero que xoga moi ben ao golf e vai de compras a Harrod's.

Anónimo dijo...

Entendo que na nosa sociedade aínda persiste moita inercia na desconfianza das elites en xeral. Un sector grande vota do mesmo modo que vai á misa, ou acredita na eficacia do sistema democrático do mesmo modo que na vida eterna. As ideas gárdanas para eles. Desta pasividade viviu o PP e nela se apoia para obstaculizar a mundanza de perspectiva política. Mais isto non fai máis que afianzalos nunha política que os mostra abertamente como son: mentes sen creatividade e grupos de poder que ningún atractivo ofrecen ás novas xeracións, aquelas que non viviron o franquismo e necesitan soltar os lastros que aínda perduran das xeracións anteriores. Grazas debemos darlles aos do PP por agarrarse a unha áncora que necesariamente os levará lonxe da ponte de mando nas rotas que este país xa reclama.

Anónimo dijo...

Ilustración non quere dicir (só)centros culturais, estreas de teatro, exposicións. Ilustración é aplicar o coñecemento científico, racional, ás novas dimensións da política e a economía. Ilustración son proxectos de infraestructuras básicas (u-lo tren de cercanías ou interurbanos eficaces e rápidos entre as principais cidades galegas?), a organización racional (non sometida ao arbitrio dos presidentes colocados) dos portos e aeroportos de Galicia, a reestructuración do territorio sen diputacións distorsionadoras de vontades e cunha vertebración de todo o territorio. E tutti quanti. Esas son cousas de ilustrados, de enxeñeiros, economistas, políticos e, por qué non dicilo, humanistas (das ciencias humanas) que desexan o mellor para o seu país e para os cidadáns que nel viven.
Iso da cultura como exemplo do ilustrado non deixa de ser un escaparate: é a falacia do ilustrado. O ilustrado ("a la violeta") cre que por estar abonado ao auditorio de Santiago e celebrar a boa programación (sempre discutible, claro está) xa ten cumplida a cuota para as súas luces. Mentres, segue a vivir de rendas, a pedir protección porque veñen as ikeas, e a conseguer o pisiño en sanxenxo para o verán.

Anónimo dijo...

Mentres o que perciba a sociedade sexa que o debate é "nación" ou "non nación" non haberá nada que facer. Galicia non foi, é, nin será, a Catauña do Oeste. Para moitos iso é un problema, pero o problema téñeno eles por non gustarlles como é o país. O páis pedirá cambios ou non haberá cambios.

Anónimo dijo...

Escápaseme o debate por falla de nivel propio. Do que chego a entender, resulta que en Galicia hai uns poucos que ven no novo estatuto o Grial (por dicilo rápido, tampouco me fagades moito sangue)e uns moitos que non. Os poucos pensan que os moitos están equivocados, que non son ilustrados, que son acomodaticios, curtos de visión, curtopracistas e outras cousas máis excepto bonitos. Os moitos calan. Pero son máis, moitos máis. Ao mellor os poucos, convencidos de ter a razón, deberían explicarlles mellor as cousas aos moitos. Ou ao mellor os moitos son os que teñen razón. Non sei. Xa digo que me cae grande o debate.

Anónimo dijo...

Certamente a min que a negociación non fose para adiante non me disgustou nada. Observei a completa entrega do BNG, no colo do PSOE. Se o BNG mantivese unha posición mais nacionalista, máis digna co seu pasado, tensaría mais a negociación, e o PP, poideiría acercarse mais ao PSOE. Pero a verdade repito, non me causou ningún disgusto esta ruptura, penso que é mellor agardar, a que o pais desperte un pouco mais e emprender unha negociación desde mellores posicións. Non por esto hai que rasgarse as vestiduras nen plañir meas culpas, nin recoñecer culpas metafisicas na identidade galega, nin lamentarse por non ter unhas elites mais cultivadas, como se por ser cultivadas fosen mellores moral e politicamente.
Por certo, señor da 61, non andaría vostede algo pola 66, eu ando a percura de transeuntes, vagos, vagamundos, empresarios arruinados, musicos tolos, ou frustrados que anden por esa ruta.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Na Highway 61, que é a de Bob Dylan, tamén hai moito do que vostede busca, señor De Rairo.

Anónimo dijo...

pois haber se dou cun atallo, agora vou nun camión de avea, o segundo, dende que partín dos lagos de Chicago.
Jimy de Rairo