19 mar 2007


Historia de Europa nas escolas?

Colgo aquí o artigo que J.A.Marina publicou o domingo en El Mundo (debe ser a primeira vez que uso un texto dese "xornal"). Non estou totalmente de acordo co que di (teño as miñas distancias sobre o que se afirma do ensino da Historia en España), pero si acepto a idea central: a necesidade dunha Historia de Europa nas escolas. O problema sería sempre o cómo. Ben, pode servir para abrir un debate, se a alguén lle interesa (Na imaxe, un dos retratos de Rembrandt).

"
La canciller alemana, Angela Merkel, considera que sería muy útil que existiera una asignatura de Historia de Europa en la enseñanza secundaria de todos los miembros de la Unión Europea"
No útil, sino imprescindible. Las narraciones históricas se utilizan cada vez más para robustecer las identidades nacionales. Hay un egocentrismo nacional que impide comprender a las otras naciones, de la misma manera que el egocentrismo individual impide comprender a las demás personas. En el sistema educativo español estamos yendo en dirección contraria a la recomendada por Merkel, fragmentando la Historia hasta extremos ridículos, y por eso nos entenderemos cada vez peor. Pero me temo que si la Unión Europea no elabora una directiva contundente, esa asignatura nunca existirá, al menos entre nosotros. La Historia de Europa, el gran proyecto kantiano de una historia cosmopolita, nos permitiría entender muchas de las cosas que suceden fronteras adentro.
Acaba de aparecer un libro que les recomiendo -«Encyclopedie», de Philipp Blom (Anagrama)- que cuenta una página importante de esa historia común: la elaboración y edición de la Enciclopedia francesa. La cristiandad produce la aparición de los valores laicos. La tensión entre ambos elementos, que ahora vivimos en España, forma parte esencial de la cultura europea, y conviene conocer los terrores de la intolerancia. Estoy leyendo «A history of Europa», de Norman Davies, recién publicada por Oxford. Muestra la complejidad del tema. Pero no hay que matar al mensajero. La realidad es compleja, y quien no lo entienda así es que es un simple.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Vostedes o saberán mellor ca min, e corríxanme se me trabuco, mais no se dá, en gran medida, historia de Europa en 2º e 4º da ESO e en 1º de Bacharelato? Eu tiña entendido que si.

Marcos Valcárcel López dijo...

Supoño que ó que se refire Marina e do que se está a falar por aí é de darlle outro enfoque: Europa como comunidade e non a historia dos países por separado. E ademais proponse unha MESMA HISTORIA DE EUROPA, por riba dos conflictos acumulados na historia, para todos os Estados europeos: algo que creo que xa molesta en Francia e Alemania.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hoxe é imposible pensar os fenómenos desde unha perspectiva nacional, imposible, sexa cal sexa esa nación, con estado ou sen el. Os historiadores, aos que os políticos nunca fan caso, levan moitos anos configurando os feitos máis próximos, cun nivel de estudios cada vez máis riguroso, para poder rescribir e reinterpretar o cadro xeral da Historia de Europa.
Os movementos do particular ao global nos estudios históricos está ben presente en todos eles desde hai tempo. Outra cousa é o que di APC: como se trasladan á sociedade a través do principal medio de transmisión que é a escola ou a formación nos institutos? Os especialistas en Historia europea levan anos escribíndoa: falta pasala aos planes de estudio das secundarias europeas. Eso ha ser o que demanda Merkel.
Que sexa unha historia na que prime o sangue (e de quen) ou a civilización tolerante (e de quen), eso xa é outro cantar.
E, amigo Valcárcel, hoxe no meu blog tamén me deu por EL MUNDO. Haberá que facérmonos ver.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Por certo, o retrato de Rembrandt é extraordinario. Qué barbaridade!

Anónimo dijo...

Será unha historia de Europa politicamente correcta, que subliñe "o que nos une", ou reflectirá tamén as innumberables guerras relixiosas, ideolóxicas, económicas e políticas (incluídas as dúas guerras mundiais), así como o nefasto proceso de colonización en África, Asia e América... para rematar na recente guerra de Yugoslavia?

Anónimo dijo...

O problema que ten Europa para escribir unha súa historia é que, tendo dende a Idade media unidade como cultura, nunca a tivo como ente político, pois a súa a súa existencia e progreso baseouse precisamente na colisión; primeiro entre patrimonios reais e casas aristocráticas, despóis entre o Papado e o Imperio, e ata onte entre estados nacionais. A historia de Europa, queirámolo ou non, é a historia do conflicto entre as unidades que a compoñen. Tal vez fose, sen embargo, posible, unha historia da cultura europea; pero os especialistas dificilmente se poñerían de acordo en temas clave, como a importancia do cristianismo e a súa posterior secularización.

Anónimo dijo...

Que a cousa non é fácil está claro. Pero que os historiadores levan avanzado nas últimas décadas por riba dos intereses políticos tamén. A Historia reconstruída poloa historiadores pouco ten que ver coa manexada nos libros de texto que máis parecen ir na consolidacion de mitos do XIX, mitos románticos que enraicen a nación. Se cadra é posible tamén construírmos eses mitos comúns pero agora desde unha perspectiva máis neutra no naciona.
Rembrant, é noso.
Como a Gioconda, El Greco, Yeats, os contos de Anderssen, Shakespeare, Cervantes, Camoens,Rosalía, Petrarca,Zola... Hai cemento, hai area, hai auga, Remexamos e botemos a planchada...

Anónimo dijo...

Gioconda, El Greco, Yeats, Anderssen, Shakespeare, Cervantes, Camoens,Rosalía, Petrarca,Zola...

A pregunta é: pintaria algo Rosalía (poeta bilingüe, tirando para o galego) nesa historia da cultura/literatura europea? Ou sería unha historia da literatura/cultura das linguas con estado? E sobre todo: quen a escribiría e desde que presupostos? Non saerían ao final páxinas soltas, retazos de historia, sen un fío común?

Marina asiste atónito á fragmentación das historias e culturas particulares. Bota seguramente de menos as grandes narracións históricas españolas, que nos explique qué é iso de España (nostalxia do "noventa y ocho"?).
Eu diríalle que, máis acó da "grande historia cosmopolita" que reclama e tamén para non caer nese "egocentrismo individual" do que fala, habería que tratar de comprender en maior profundidade as pequenas culturas, cheas de creadores como Rosalía, que nunca sairían nun manual de cultura europea.

Anónimo dijo...

É certo, como di Chiño, que a Historia de Europa é, en boa medida, a historia dos conflitos internacionais europeos. Pero é iso, tamén en gran medida, porque unha historiografía marcadamente nacionalista e cunha función lexitimiadora dos Estados-nación, privilexiou, xa dende o século XIX, ese tipo de perspectiva.
Para min unha das preguntas que suscita este debate é se pode escribirse unha historia europea que poña o acento non tanto na continxente historia política -guerras, tratados, anexións, diplomacia- como na historia social e cultural e na historia das ideas.
O que tamén me parece indubidable é que este proxecto é, en si mesmo, un intento de historiografía "postnacionalista" ou "anacional". Todo un desafío intentado xa hai moitos anos, case un século, por Henri Pirenne nun campo de concentración alemán...

Anónimo dijo...

Para o AP-C: A materia de Historia á que alude está en 1º de BAC. Iso si, non sei se para compensar, introduciron outra de Historia de España en 2º de BAC.

Canto ao asunto en si, e moi resumido (estou a aterrar): unha perspectiva europea da Historia, no ensino e os grandes difusores de cultura e coñecemento, amósase como necesaria (vital, diría eu, nun sentido de civilización) desde hai décadas, polo menos na miña particular conciencia e percepción. Tería que ser, penso, ao tempo de liñas comúns e conflitos; de eventos e abstraccións; xenérica (en que medida?, con que substancia?) e nacional.

En todo caso, non debería responder a un proxecto político(da Unión en canto tal) ou discurso único. A diversidade segue e seguirá a ser básica.

Anónimo dijo...

Istes chavaliños das becas Erasmus,son os que están a verse a eles mesmos como EEUUropeos,son os que farán Europa.
¡Europa! ¡La encontré!

O troll ágrafo