Incógnita
É o ruxe-ruxe de moitos institutos hoxe. Seica sobramos profesores/as en todas partes. En moitos centros os equipos directivos teñen que facer números de malabarismo cos horarios para evitar os desprazamentos dos numerarios hoxe existentes. Cando hai traslados ou xubilacións, por suposto, esas prazas quedan xa sen cubrir. E o número de alumnos/as, de momento, segue baixando.
E vai a Xunta e convoca 3.125 novas prazas de profesorado; máis que en ningunha convocatoria anterior. E convócanse tamén cátedras. Por que e para que? Onde os van meter? Ulas esas necesidades de profesorado cando case non se crean novos centros nin aumenta a poboación escolar? Alguén ten explicación para esta curiosa incógnita...
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
12 comentarios:
O primeiro comentario: "que non me toque no tribunal".
A verdade é que o do tribunal tamén foi o primeiro que se me veu a cabeza. Imaxino que algunha razón haberá para a convocatoria de tantas prazas.Hai que pensar que nalgúns ámbitos educativos estanse a producir bastantes xubilacións ao que se engade que algunas asignaturas coma o inglés estenderanse aos primeiros cursos xa sin o caracter experimental que tiña e tamén se contempla unha reducción da ratio no ensino infantil o que leva a necesidade de máis profesorado.
A min comentáronme que este curso que vén vanse producir moitas xubilacións. Joaquín Sueiro, decano de Filoloxía de Vigo, nunha recente entrevista en "Faro de Vigo" falaba, se non me confundo, dun 50% do profesorado de Xeografía e Historia.
Tantas prazas, primadas tan descarada como inxustamente para os interinos, sitúan nunha práctica imposibilidade de topar traballo nos próximos anos aos que se están licenciando agora.
Xubilacións? 100 prazas máis para galego, onde os máis vellos andan polos cincuenta?
Dicíame unha vez, moi ben dito, un liberado sindical "nós defendemos os intereses dos traballadores, non a xustiza das súas reivindicacions". Ei-lo nó do choio. Os interinos actuais son os traballadores a que se refería, os cotizantes... Os que non tiveron a sorte de acceder ao interinato, que lles dean por saco.
Unha vez, alá polo inverno de 1994, fun nun tribunal e suspendeu xente cun 10 na encerrona, porque había interinos primados cun exame priemiro non eliminatorio que acabaron accedendo á praza -mediante sinatura de burócratas en Santiago, que non dos uqe iamos nos tribunais, cun 4. Vergoña.
A única posiblidade de limpeza é que o primeiro sexa radicalmente eliminatorio. Menos de cinco, chao.
O sistema de oposicións no eido do ensino é unha carallada que ninguén se atreve a modificar (por razóns que, etc, etc).
A xente dos tribunais (que non me toque, que non me toque... esquecendo, se cadra, que eles tamén foron examinandos).
Os examinandos, sono non das súas competencias coma docente, senón de un cento de temas ("chapatoria" pura), catro nocións de leis educativas (aínda por riba hai que chapalas), e saber presentar uns truquiños de maxia potaxia chamados unidades didácticas.
O sistema debería ser outro. É cada un dos centros os que debería avaliar se precisan de profesorado. De darse tal circunstancia, chamaría aos estudantes segundo a súa nota na carreira, aínda que tamén contarían outros méritos (outra docencia, cursos de formación, etc). O profesor en prácticas debería exercer a súa labor co soldo que lle corresponde, e logo habería de ser o centro o que o avaliase: ¿interésanos? Si: continúa. ¿Non? Pois a buscarse a vida.
Si, xa sei o que están a pensar... O método das oposicións é máis "legalista"... pero é que resulta que se te contratan para calquera empresa privada, non o van facer por medio de ningunha oposición, senón polo teu rendimento.
O dos interinos é impresentable. E que me disculpe quen estea nese caso. Pero creo que neste asunto se está a conculcar o principio de igualdade de oportunidades. A responsabilidade é dos sindicatos, pero tamén da administración que acaba cedendo.
Para confirmar o que vostedes indican –copio e pego- o correo que me chegou, e segundo sei, masivamente a outros compañeiros, supoño que a vostedes tamén:
“Esta convocatoria xorde dun sistema de acceso transitorio que abrangue ate o 2010 coa clara intención de diminuír drasticamente o elevado número de interinos.
As probas, o sistema de realización (nota única, sen exame práctico, etcétera), todo está dirixido a que un grande número de opositores aproben a fase oposición e que sexa o concurso quen asigne as prazas. Se comparades as prazas ofertadas e o número de interinos existentes por especialidade, comprobaredes a relación existente. É dicir, que todas as prazas sexan para interinos. Polo tanto, non vai aumentar o número de profes das distintas familias, a situación seguirá sendo a mesma que agora, so sucederá que moitos interinos pasarán a ser funcionarios.”
Pero non é só o despilfarro de prazas, están chegando camións de ordenadores a algún colexio, onde xa non quedan alumnos nen trazas, e tampouco profesores que os saiban, nin teñan compromiso para manexar. Digo eu, non sería mellor mandar un correo ou un fax aos directores dos centros solicitando unha lista de necesidades de material informático ou afins, e non amontoar material que nunhos anos queda obsoleto polo cambio de tecnología nun plis, plas…
Ou noutros centros, onde as necesidades de equipos están cubertas porque o departamento correspondente ou o equipo directivo fixeron malabarismos de por libre, para dotar de equipos o centro no curso ou curso pasados, e agora bumba, a consellería que chega cunha dotación de máis, e do mesmo, sen preguntar, e se duplica por tanto a tecnología existente. Poidera ser máis funcional en vez dun ordenador máis, pens para tódolos docentes que non chegan a trinta euros…ou será que vende iso de “encher de ordenadores os centros”, non o sei, vostedes opinen…
Ou é que tocan eleccións...
Podería enumerar ainda máis despropósitos...
Por certo, esquecínme, o correo referido non é de ningún suxeito anónimo, é dun sindicato.
O abraiante é que nalgúns centros o director, en corrupta connivencia co profesorado, non quere dividir grupos, porque iso supón maior carga de traballo e horarios máis complexos para os profesores. Esa argumentación de que a COnsellería quere facer grupos máis pequenos vai chocar coa teima de certos directores. Para cándo un estudio de optimización de recursos (non destrucción de postos de traballo) para os centros. O dispendio é galopante.
Por non falarmos da Universidade. Eso xa é o acabouse. Pero para outro día.
Aproveitando que ainda está o fío sobre ensino aberto, que lles parece esta da Voz de hoxe :
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=5639258
Comporto o texto de Leituga 1 palabra por palabra.
Creo que paga a pena pegar aquí a nova á que fai referencia dixomedixome. Pode pasar xa a engrosar o abultado tomo da HISTORIA DO DISPARATE EN GALICIA:
Ocho alumnos faltarán a clase mañana en protesta por compartir el bus con adultos
Las madres de los ocho alumnos que utilizan la línea Buxán-Celeirós-Cambela-Outardepregos-Lentellais-O Bolo para acudir al colegio en esta última localidad se han puesto de acuerdo para que sus hijos no asistan mañana lunes a clase en protesta por la obligación de compartir su autobús escolar con adultos. La Xunta presentó el jueves el proyecto TES+BUS que trata de solventar las carencias de transporte de los municipios con población dispersa utilizando las plazas libres de los autobuses escolares. La línea entre Buxán y O Bolo fue una de las elegidas para probar el éxito de la iniciativa.
Elisa Camino, presidenta de la asociación de padres y madres del colegio de O Bolo, se opone a este experimento principalmente por razones sanitarias, según dice. Los potenciales usuarios adultos del autobús utilizarán ese transporte para sus visitas al centro de salud del municipio con lo que, según asegura, se pondrá en peligro la salud de los pequeños. Camino se ha puesto en contacto con las madres de todos los alumnos que utilizan esa línea para asistir al colegio y han acordado no enviar a sus hijos al colegio el lunes como medida de protesta. Así mismo han enviado una carta a la delegación de la Consellería de Educación en Ourense para informar de la situación.
Los chicos -casi el 50% del alumnado del centro- no irán al colegio mientras las madres no reciban una respuesta satisfactoria a su reivindicación, que no es otra que la suspensión en O Bolo del proyecto piloto de la Xunta.
Publicar un comentario