Na rede, a Base de Datos Dicionario de Termos Literarios, do Centro Ramón Piñeiro
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (http://www.crpih.es/) informa de que puxo recentemente na rede a Base de Datos Dicionario de Termos Literarios ( DiTerLi) dirixida polo Equipo Glifo (Anxo Abuín, Fernando Cabo, Arturo Casas, Blanca-Ana Roig, Anxo Tarrío e Darío Villanueva).
BD DiTerLi é unha obra en proceso de elaboración que tén redactadas unhas dúas mil voces (das letras A ao L, fundamentalmente) referidas ao ámbito do literario, nun senso amplo: dende as correspondentes á Poética e Retórica clásicas até aqueloutras que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación emerxentes.
BD DiTerLi permite a navegación por hipervínculos e ofrece unha ampla bibliografía, así mesmo hipervinculada coa redacción das voces. O acceso é libre e o procedemento de solicitude de licencia sinxelo e rápido.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
7 comentarios:
Acabo de entrar na web do Centro Ramón Piñeiro e levei unha alegría tremenda. Na sección de "Publicacións" pódense baixar en formato *.pdf moitas delas. Por fin vexo que as cousas están a cambiar nese centro de investigación, ao permitir o acceso a estas obras a moita máis xente. Gustaríame que fixesen coleccións de textos literarios do XIX e inicios dos XX esquecidos: por exemplo, as noveliñas LAR e Céltiga, e algunhas das publicadas na revista Nós. Isto é patrimonio de todos os galegos. Tamén agradecería obras útiles que, por razóns longas de expoñer aquí, non lles interesa ás editoras publicar: dicionarios bilingües de galego (-inglés, francés, alemán), ferramentas informáticas en galego, etc.
Os compoñentes do GLIFO, todos amigos fraternais, son un orgullo para a investigación literaria en Galicia. Coma sempre, neste país as cousas boas pasan desapercibidas. Gracias, amigo Valcárcel, por sacalas á luz.
O Dicionario é unha gran cousa. Alguén sabe se saíu xa o terceiro tomo en papel? Dígoo porque o segundo chega ata a letra h.
non cheguei ao seu convite casariano...outras cousas distanciáronme do ordenador e da escrita, pero vexo que foi exitoso. os meus parabéns pola iniciativa ;)
Será unha ferramenta estupenda para os interesados nas artes da poética. Parabéns aos integrantes do equipo Glifo e a todos/as os sabios do Ramón Piñeiro.
Será unha ferramenta estupenda para os interesados nas artes da poética. Parabéns aos integrantes do equipo Glifo e a todos/as os sabios do Ramón Piñeiro.
Para María de Mallou: aínda estás a tempo de colaborar na homenaxe casariana (que moi probablemente se recolla logo en libro): se o fas non deixes de darme a referencia necesaria.
Publicar un comentario