AGORA XA VOTAMOS, QUE FOI O QUE PASOU?
Abro un novo fío para valorar os resultados electorais. O tema ben nos interesa: máis de 300 comentarios en menos de quince días. É chegada a hora (dende as 20 h.) de avaliar os resultados e teñen aquí este foro para facelo e compartir opinións, se así o desexan.
Carta ó meu novo alcalde
Andoliña 29 maio
As eleccións municipais en Galicia consolidan o camiño iniciado nas pasadas autonómicas a favor do cambio político no noso país. Este camiño faise amodiño, de vagar, como se fan as cousas por estes lares. Pero é unha realidade indiscutible: velaí a desaparición do PP no mapa urbano, a perda da Deputación de Lugo, mesmo a baixa de case cen concelleiros nos feudos ourensáns de José Luis Baltar.
Na miña cidade, Ourense, o PP perde o poder despois de moitos anos. Gobernarán, como é lóxico, o Partido Socialista e o BNG en coalición. O medre socialista foi sorprendente, sobre todo porque os nacionalistas estaban antes mellor situados e tiñan moitas esperanzas na candidatura de Alexandre Sánchez Vidal. Pero gobernarán xuntos.
Se entre Francisco Rodríguez e Álex S. Vidal son quen de facer unha xestión honesta e imaxinativa. Se crean novas zonas verdes, amplos parques tan necesarios e espazos de lecer e sociabilidade, sobre todo nos barrios. Se atenden a falta de vivenda protexida e impulsan o emprego xuvenil, poñendo en valor as riquezas naturais da cidade, sobre todo termais. Se apostan pola cultura e polo noso idioma, de seguro terán máis votos, ámbolos dous partidos, dentro de catro anos.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
152 comentarios:
Pois que vostedes o tertulien ben na emisora local.
Eu non sei moito de qeu vou falar...
Non se preocupe, que os demais tampouco.
A ver se veñen dunha vez datos reais, que os das enquisas a pé de urna nunca me deron boa espiña.
Con todo, semella que Corina vai ter fumarse uns canutos esta noite:-)
E que Losada e Orozco van ter que atarse os "machiños".
E Lores tamén.
Esquerda Unida parece que subiu bastante nalgunhas cidades.
(Parabéns, Arume)
A ver se interven aquí xente que opine realmente con fundamento.
As miñas análises son subxectivas, partidistas e fainas alguén que opina desde a distancia.
1.- Non se pode dicir que "gañaron todos" nestas eleccións. O PP non gobernará en ningunha grande cidade galega e, a estas horas, parece que perde o goberno da deputación de Lugo. Con todo, o PP segue a gobernar nalgúns concellos pequenos, onde domina o clientelismo.
2.- Tal e como dixen aquí hai uns días, algunha xente cambiou o seu voto na direción do "poder" (PSOE = goberno do estado e da Xunta). Isto notouse claramente en Vigo, Ferrol e Ourense.
3.-As tan cacarexadas "valoracións dos líderes municipais" non reflicten logo o que logo a xente vota. Algúns líderes, que gobernaron de xeito personalista (Orozco), levaron unha boa lección do electorado. Van ter que pactar e, espero que desta volta o socio non lle vai regalar o apoio. Tamén o sr Azpiazu de Laco vai ter que tragarse o "la la la".
[Fóra disto, alédome moito de que o BNG vaia a gobernar en concellos do interior nas que, até hai moi poucos anos, era impensable que chegasen a ter unha mínima presencia: Melide, Arzúa (onde repite), Vilasantar...
Pois todo parece indicar xa que as dúas grandes cidades do sur de Galicia se encamiñan hacia gobernos de progreso. Ao final a costosa campaña para convencer aos indecisos deu os seus froitos para a esquerda. En xeral todo indica que a maneira de facer política do PP convence cada vez menos a poboación urbana fronte a rural.
A MIÑA PRIMEIRA VALORACIÓN, RECÉN CHEGADO DE FÓRA, en esquema:
(1) O dato máis positivo é a perda cualitativa, moi significativa, do PP en Galicia. Non vai gobernar ningunha das sete grandes cidades.
E perde tres das catro deputacións, seica: ninguén esperaba tanto, creo.
Do resto, pode ter bos resultados en números absolutos, pero non lle permitirán gobernar os concellos máis relevantes do país.
(2) Isto significa que o cambio se consolida en Galicia, cunha posición de mellora maioritaria para o PSdG-PSOE, que obtén uns excelentes resultados.
(3) E en Ourense, soben en concelleiros na provincia o PSdG e o BNG (nalgún cálculo o PP perdería un cento de concelleiros nesta provincia e dous deputados na Dep. Provincial). E, sobre todo, perde a capital da provincia: Poly, o candidato do PP, convérsese en Poly o Breve, como circulaba en rumor irónico por aí. O cambio na cidade é liderado polos socialistas e non polo BNG (8 concelleiros PSOE, 6 bng, 13 pp), para sorpresa de moitos: eu temía algo así, aínda que pensei que quedarían máis igualados (7-7 con máis votos o PSOE).
(4) O BNG ten que reflexionar e a fondo, sobre as súas baixas: estrepitosa en Ferrol e significativas en Vigo, Ourense e Pontevedra. As subas leves en Lugo e A Coruña permítenlle entrar nos gobernos de coalición progresistas destas dúas cidades, pero non poden ocultar que o BNG quedou moi por baixo das súas propias expectativas (e esa tendencia á baixa xa se deu en varias eleccións anteriores).
E como dixen en Telemiño, cando aínda non había máis datos que os sondeos:
de pouco ou case nada valen as campañas electorais; non demasiada incidencia ten a valía ou carisma dalgúns candidatos, cando a onda vén doutro lado (penso en Ourense e no BNG, si tivo incidencia a favor do candidato do psoe en Ferrol, moi ben valorado, dinme).
As tendencias que definiron as enquisas, polo xeral, non ían demasiado desenfocadas.
Penso que o cambio de poder nas deputacións é un dos feitos máis relevantes, alén dos xa reseñados sobre as cidades máis importantes. Parece que so queda o bastión de Baltar en Ourense pero co 98,61% escrutado a deputación de Pontevedra quedaría aínda en mans do PP (14 deputados) por 8 e 5 de PSdeG-PSOE e BNG.
É evidente que, a pesar da perda de maiorías absolutas en Lugo e a Coruña (que eu celebro), o PsdG-PSOE é o partido cualitativamente gañador dos comicios municipais en Galicia: vai haber seis alcaldes socialistas en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Santiago e Ferrol (onde obtivo uns resultados espectaculares). E tamén a pesar de non presentar candidatos moi atractivos (casos de Ourense e Vigo).
É evidente que o BNG só vai poder liderar unha cidade, a de Pontevedra, pero cunha posición moito máis débil do que até agora, pois Lores obtivo un severo correctivo polos votantes. E, por outra banda, o BNG vai estar nunha posición moito máis flebe e subordinada nas outras sete cidades, nas que, coas excepcións de Santiago e de Lugo (parabéns ao amigo González e a X.X. Laxe, no que se aprecia unha gran solvencia), tamén obtivo apreciables correctivos, sendo especialmente chamativo o caso de Ferrol, onde obtivo uns resultados irrisorios.
O PP é o gran derrotado destas eleccións, se ben quizais non en números ou porcentaxes xerais, si no plano cuantitativo, que é o fundamental nestes casos. E o feito de que manteña unicamente unha deputación, a de Ourense, pode indicar o comezo dun declive cada vez máis pronunciado.
Aínda non sei se o BNG baixou en porcentaxe de voto e en número de concelleiros nestas eleccións con respecto ao 2003, pero non o creo.
Aínda que é evidente que teñen que facer moitos cambios, o que vexo é algo que xa teño indicado aquí:
1) É moi difícil para o BNG sustraerse ao turnismo ("bipartidismo"), sobre todo cando o mesmo partido preside a xunta e o goberno do estado.
2) O BNG non lle dá roubado votos nin ao PSOE nin, pola dereita, ao PP.
A miña primeira valoración sería:
O PSdG gañou claramente (en votos e en poder) o PP tivo una derrota doce (as mais perigosas de todas), o BNG perdeu, e a UPG tamén, os sotos, troitiños ... tamén perderon... Touriño reafirmase, Quintana terá problemas (bastantes-moitos)e Nuñez limpa o partido, excepto en Ourense onde Xosé Luís Baltar dirixirá, por últimos catro anos, a Deputación..
Chegados a este punto, e deixando para mais adiante unha valoración máis polo miúdo, penso que é de xustiza recoñecer o tino da aposta do Sr. leituga 1, penso que acertou en case todo, as dubidas de Ourense sen dubida foron máis polos amigos que pola súa info, e de pórlle un pero, solo o faría no tema de Celanova, onde a maioría do Sr. Mouriño estivo moi moi moi xustiña (tamén acertou AVMF e ganaron todos, pero isto era máis previsíbel)
Apertas e a polas xerais...que xa empezan
O símbolo é Muxía: vexan os resultados de Muxía e aí atoparan a explicación dos resultados.
Descrido: eu non vexo que Quintana vaia ter eses problemas dos que fala. O que non quere dicir que non teña que centrar máis o partido.
Moitas veces non gañan nin os mellores, nin os máis preparados, nin os que máis o merecen. E permítanme que poña os exemplos de Vigo e Ourense.
Concelleiros - BNG - Galicia
1991 241
1995 428
1999 586
2003 595
2007 658 (case 100% escrutado)
e subindo... Pouco a pouco. Quen pense que isto do nacinoalismo vai ser "coser e cantar" ou que os resultados van chegar, fronte ao bipartidismo, "facilito y ya", non sabe que esta é unha carreira do moi longo percorrido.
Recén chegado da pérfida Albión, e logo de ollar polo miúdo os resultados, tamén os de vilas e concellos pequenos, concordo en xeral coas reflexións xa expresadas neste foro. Porén, é certo que son uns resultados ambiguos para todos en termos cuantitativos. O PSdG é o máis beneficiado, sen dúbida, mais non na medida en que agardaba, nin fixo valer na proporción en que seria de agardar a súa posición de poder en Galiza e en Madrid. Sobe en moitos concellos e en varias cidades, sobre todo onde aspiraba a ser alternativa, mais non onde gobernaba. O BNG mantense nalgunhas cidades, e noutras baixa, nalgúns casos (Ferrol) de xeito vergoñento. Porén, gaña alcaldías inesperadas, como Mondoñedo, SAn Sadurniño, Melide ou Salceda, ao tempo que perde outras "clásicas", coma Fene ou As Pontes. Nuns casos (Pontevedra) recebe un serio correctivo, malia manterse; noutros, porén (Arzúa, Monforte, Bueu, Poio) reafírmase. En total (sen contar posíbeis ménages à trois con independentes etc., e supondo que habera un pacto global PSOE-BNG) obterá unhas 27 alcaldías. O PSOE andará polo cento delas, ou así. A maioría da poboación será gobernada pola coalición PSOE-BNG.
A falla dunha análise máis fonda, non concordo en que as situacións locais, o perfil dos candidatos, etc., ten pouco que ver. AS disonancias locais só se poden explicar por factores locais. Quizáis no caso das cidades interveña máis o factor sigla, pero tamén semella que, sinxelamene, o mapa electoral galego se encamiña cara a unha meirande normalidade. A normalidade na maior parte de Europa, pero tamén en CAtaluña ou Euscadi, é a variedade e o repartimento de poder. Neste senso, que EU teña resucitado das súas cinzas en varias cidades ten a súa significación. Como o ten que os "cesarismos de palleiro" de Orozco ou ás veces de Bugallo e Lores teñan recibido un toque de aviso por parte dunha franxa dos votantes. Doutra banda, munícipes que semellaban eternos (Armando Blanco, o Rodríguez de Salceda, pero támén Rivera en Fene, etc.) son apeados.
Na miña opinión, atopámonos perante unha consolidación dun maior pluralismo político e electoral: dous partidos cun terzo dos votos máis ou menos, un partido cun cuarto/quinto dos votos, e o resto a repartir. Debería haber algo máis de espazo para cuartos e quintos partidos. Así e todo, é obvio que o PP atura o envite, pero sofre perdas importantes de poder, sobre todo as Deputacións (de confirmarse tamén a perda da de Pontevedra); que o PSOE afianza o seu poder, pero en absoluto poderá aspirar a ser o que é en Castilla-La Mancha e terá que aprender a convivir cos seus socios; e que o BNG non mellora, pero tampouco se afunde nin volve a posicións testemuñais, senón que afirma o seu solo. Esta situación, na que todos semellan ter gañado pero ninguén gaña de verdade, pode ser a máis perigosa para todos eles. Uns se aferrarán (xa o dixo Acebes) á súa capacidade de resistir e mais ás súas vitorias pírricas. Outros, ás súas gañancias de poder e avanzos apreciábeis. Os últimos recorrerán á famosa teoría dos "ciclos do PSOE" e á explicación tan dialéctica de que eran os mellores resultados posíbeis dada a hostilidade de todo o mundo e as infidelidades do PSOE, e mais a presenza mediática de ZP, e seguirán facendo o mesmo. Todos consolidan sectores fideis de electorado. Que Néstor Rego non recibise un correctivo serio dos votantes do BNG en Compostela, por exemplo, despois das falcatruadas perpetradas na confección das listas e a exclusión de Manuel Portas, só lle dará azos para seguir facendo o mesmo durante outros catro anos. E ao seu partido (comunista patriótico) para non facer mudanza en tempos de moderada desolación. A maiores, gáñase poder, aínda que non se medre en votos. Mal agoiro para o futuro....
En todo caso: aledémonos de que o panorama sexa tan variado e de que en Galiza se acabasen por fin os tempos das maiorías absolutas, e sexan cada vez menos os alcaldes que gañan por 8 a 1. Ata en Chandrexa ou en Sobrado as maiorías andan xustiñas.
Sr. M S, tentarei explicar o debuxo que eu vexo (en trazos moi xerais) ó respecto:
Os resultados do BNG situaranse, en termos de votos e porcentaxe, lixeiramente por baixo dos resultados do ano 2003 no conxunto de Galicia (sen ter sido quen, polo de agora, de obter unha rendibilidade electoral clara do seu acceso ó goberno da Xunta). Xa digo que sen entrar en profundidades(para as que haberá tempo):
En Coruña (provincia na que os resultados móvense moi pouco e o PSdG acada os seus resultados menos positivos) queda máis ou menos aí en votos e aínda que sube en Concellos medianos e se consolida en determinados puntos importantes os resultados en Ferrol, e mesmo en A Coruña, xenáranlle unha mala foto e unha percepción de certa perdida.
En Pontevedra baixa no seu conxunto e a sensación d fracaso no Concello de Pontevedra doerá.
En Ourense o pequeno reponte en votos e volver a Alcaldías como Maceda non lle permitirá compensar os desalentadores resultados en Ourense cidade (e a percepción de fracaso); en canto a Lugo aínda que se volva á situación de fai oito anos na cidade e afiáncese Monforte, tampouco saca moitísimo máis...
Neste marco podería xurdir tensións/dificultades para o Sr Quintana tanto no ámbito de goberno como no ámbito do partido. Témome que con eses resultados xurdirán logo ás tensións internas urxindo obter rendibilidade ós espazos de poder na Xunta, deputacións... e ademais o PSdG-PSOE non destensará no ámbito da xestión gobernativa sabendo que é o que gaña....Quintana en hábil e sabe onde quere ir, pero non o terá fácil. Ogallá lle salga ben e ogallá o Sr Touriño lle vote unha man (si non lle cegan os resultados e empeza a pensar que o PSdG-PSOE podería ser o partido máis votado nas vindeiras eleccións en Galicia; sempre e cando gañe ZP claro..).
En canto a de que non gañan os mellores é certo, pero digan o que digan neste xogo non chega con participar. Sen dubida, como espectador, veñen tempos apaixonantes... e que esixen certa lucidez os lideres do BNG e PSdG para xestionar e consolidar o avance do conxunto do bipartito
O grande gañador en votos e en cota de poder nestas eleccións na Galiza foi o PSdeG (coa grande excepción de Losada na Coruña). Tanto o PP como o BNG non poden estar moi contentos e deberían facer un chisco de autocrítica.
Esa é toda a análise que se pode facer. O resto é conversa.
A min o principio tamén parecíame claro que o gañador é o PSdG-PSOE pero, cambiemos o esquema mental mais obvio e entón.... pode ser que si ou pode ser que non...
Si eu fora Nuñez Feijoo o tería claro: Ofreceríalle ó BNG pactar e lle ofrecería, polo menos, o 50% do pode municipal galego (Ourense, Vigo ou Coruña, manter Pontevedra...); e ademais si o PSdG puxérase tonto, a presidencia da Xunta (algo que xa propuxo no seu día Esperanza Aguirre no seu da Executiva federal do PP). Indubidablemente isto poría moi complicadas as negociacións para o PSOE (¿Tería que darlle ó menos Ourense ó BNG?) e ¿Sería o BNG suficientemente valente para asumir riscos e ter vontade de liderar o goberno do país?
Unha das cousas que máis chama a atención é que, como norma xeral, cando o PP ou o PSOE consiguen a alcaldía dunha cidade, tardan moitas lexislaturas en "soltalas" (ou, en compartilas).
En troques, o BNG é incapaz de facer o mesmo, de consolidar as súas alcaldías. Lembremos que no seu momento tivo as de Vigo, Ferrol e Pontevedra.
Agora só lle queda esta última, pero en condicións moi precarias: case unha perda de cen mil votos.
A que se debe esta notoria incapacidade?
1. O PP non perdeu tanto: se contamos o seu éxito en Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, (en Ourense e en Lugo tampouco perdeu moito) a pesar de non tocar poder, consolídase unha boa porcentaxe de voto urbán. Hai que ter en conta a estes votantes para gobernar. Porque se os dos pobos e vilas son, segundo se afirma neste foro, votos mediatizados, os das cidades non o son tanto. E convén analizalos.
2. O PSdeg logrou máis do que en realidade ten: un 30% de votos (10 menos có PP) dalle seis cidades de sete (e Ferrol, sen necesidade do BNG se pacta con EU) e unha vicealcaldía coma a de Pontevedra. Eso é o que ten xogar no centro. Que sen ter a maioría estás en condicións de gobernar o que sexa. Mesmo, se lle fixeran caso a Paco Vázquez poderían gobernar a Coruña co PP e sen o BNG. Aínda que tamén podería gobernar o BNG cos votos do PP: vista desde fóra, a xenreira contra o vazquismo podería xenerar estas alianzas.
3. O BNG é o derrotado, segundo expuxen noutro post, porque elevou antes das eleccións as súas expectativas e queda estancado en número de votos (un 20%). O incremento en número de concellais é para satisfacción económica, pero a efectos de contacto co electorado e de relación entre o proxecto político e os seus votantes o certo é que o BNG non acada maior entusiasmo. O teito vai baixando.
4. Celebro a timidísima entrada de EU na política galega, aínda que noutros feudos é testimonial. Non acaba de atopar unha figura que poida aglutinar un discurso diferenciador do PSOE, salvo en Cataluña, Asturies e, en menor medida, Andalucía.
5. A victoria de Esperanza Aguirre e Ruiz Gallardón en Madrid é moi interesante. As figuriñas que o PSOE puxo alí daban por perdido o partido ou quizáis buscaban unha confrontación entre faccións do PP (soa a demasiado maquiavélico). Pero o certo é que hai unha excesiva diferencia entre PSOE e PP na capital. Que ten, por suposto, repercusión no vertebramento xeral do país que parece ir por un lado diferente (non necesariamente oposto).
6. En clave local, creo que (e xa estou agardando polas verbas de groso calibre) na liorta PSOE-BNG a cidadanía inclinouse claramente polo PSOE. Ventura sería culpable, pero Castrillo (u-lo?) e Toba Girón non foron menos. Máis ben eu diría, á vista dos resultados (maqueados por un candidato simplesmente bó), que son os responsables máximos. E aquí xa espero as ostias. Agardo que o PXOM pase á historia (pero, confeso, non o creo). Quixera facer notar, en relación coa miña primeira impresión, que a media de idade dos concelleiros do PP é bastante inferior á dos do PSOE e do BNG. Convén ir pensando na canteira e na xuventude.
7. En Pontevedra, que vai pasar? Para mín estos son os catro últimos anos do nacionalismo alí: por que hai un trasvase dos votos do BNG ao PP, cando o PSOE amósase invariable?
8. En As Pontes, Vitolo, adeus e moitas gracias. En Mieres, por suposto PSOE-IU-BA-LV, por goleada.
non é por nada, isildur, pero en chandrexa o PP volveu varrer (8 por un do BNG). Pero dos catro concellos das Terras de Trives, o PP só gobernará en Queixa. Trives irá prós independentes (a xente nova, coaligados co PSOE), Río pró PSOE (ex-Independentes) e Manzaneda, posiblemente pró BNG (en coalición co PSOE).
- Para A.P-C: cando o BNG acadou as alcaldías hai 8 anos en Ferrol e Vigo, os alcaldes nacionalistas pagaron a novatada e, sobre todo, as perrerías do PSOE á hora de NON cumprir os seus pactos electorais. E a prensa (non colonial, senón podre) tamén xogou o seu papel.
Outrosí:
- Nestas eleccións, o resultado do BNG en Pontevedra é inxusto, aínda que xa sei que este tipo de valoracións non proceden.
- Para Arume: lendo o seu "post" dá a impresión de que o grande/único derrotado nestas eleccións foi o BNG: "O BNG é o derrotado". Penso que hai que ter en conta o punto de partida (de onde vimos), o proceso aínda recente da Asemblea Nacional, o papel da prensa e o carácter "diñeiro-dependente" de moitos concellos galegos, e os diñeiros véñenlle da Xunta e de Madride, e isto é moi imporante á hora de "capitalizar" os votos. En Ourense e Vigo, o PSOE sacaría maioría absoluta aínda que puxese de candidatos a dous armarios empotrados. Como así foi. Amén.
Coincido moito coa análise que fai Isildur e tamén coas cousas que di Arume: os resultados non foron moi malos para ninguén, pero tampouco óptimos para ninguén. É certo que o PSdeG é o máis beneficiado destas eleccións, pois vai ter alcalde en seis cidades, cogobernar Pontevedra e alcanza -isto si que é histórico- a presidencia da Deputación de Lugo. Vai ter un total de 90 alcaldías, o cal non está nada mal. As victorias en Vigo, Ourense, Ferrol e Deputación de Lugo son os trofeos maiores e os que centraban o si, o non, ou o a medias do resultado socialista. Ao lado desto, pérdese a maioría absoluta na Coruña -agardada- e, sorpresivamente, en Lugo. E en Santiago deixa de ser a de Bugallo a lista máis votada, cando se lle auguraba unha ampla maioría. De maneira que os resultados dos socialistas, sendo bastante bos, quedan un pouco atenuados pola gran resistencia ofrecida polo PP nas cidades.
Foi o que máis me sorprendeu. En xeral, o PP sube en representación nas cidades (pasa de 67 a 75 concelleiros)e gana bastantes votos en Coruña, Santiago e Vigo, cidade esta última onde os votos de Corina privan da Deputación de Pontevedra ao PSdeG. Certamente, non sei se isto lle vai servir de moito a Núñez Feijó, pois a perda de poder real tamén é clara e rotunda: Lalín vai ser a poboación máis grande das gobernadas polo PP. Hai tamén fracasos simbólicos, como os de Nigrán, Muxía, Silleda ou Chantada, que pasarán a ter alcalde socialista.
No lado do BNG, hai tamén datos que se compensan uns aos outros e que poden facer ver o vaso medio cheo ou medio valeiro. Os nacionalistas perden 10.000 votos no cómputo xeral, levan un aviso moi claro en Pontevedra, quedan destrozados en Ferrol, vense rebasados polos socialistas na loita pola alcaldía de Ourense e terán que deixar a alcaldía en feudos xa case tradicionais como As Pontes, Carnota e Fene. Pero, a cambio, van estar presentes nos gobernos de todas as cidades de Galicia (agás, talvez, Ferrol)e alcanzan alcaldías (algunhas por maioría absoluta) en poboacións medias de certa importancia: Arzúa, Bueu, Monforte, Gondomar, Teo...). O dato que mellor exemplifica o carácter ambiguo e mesmo paradóxico dos resultados do BNG son os da cidade da Coruña: perdendo bastantes votos, chega Tello por fin ao goberno municipal, despois de seis intentos. E outro máis: o BNG terá 25 alcaldías, algunhas máis das que tiña, pero nas sete grandes cidades pasa de 43 concelleiros a 34.
Esquerda Unida sobe en votos e obtén un éxito incuestionable en Ferrol. Tamén se mantén ben en lugares como Vilagarcía ou O Grove. Para EU chegou o momento de Yolanda Díaz, quen debe intentar proxectar a súa imaxe fóra de Ferrol.
É unha incógnita o que vai ocorrer con Terra Galega, que se converte no cuarto partido de Galicia. ¿Poderá Xoán Gato expandilo máis alá deses poucos feudos do norte onde consegue boas votacións? Alégranme os resultados de TeGa porque deberán supoñer a liquidación do proxecto en marcha de usurpación e enzoufamento das siglas do Partido Galeguista, indignamente manipuladas por Manoel Soto e Carlos Marcos. Unha das mellores noticias destes comicios é o pasaporte cara á nada que vigueses e coruñeses lle expediron a estes dous pájaros.
En resume, creo que os resultados electorais demostran que PSdeG e BNG están condenados a entenderse, que os dous partidos teñen cotas de poder fortemente consolidadas e que non ten sentido soñar con monopolio ningún no campo da esquerda, aínda que a hexemonía socialista sexa neste momento indiscutible. As eleccións municipais deberán servir tamén para reforzar o bipartito dende presupostos matizadamente distintos aos que se estaban a facer perigosamente habituais.
Finalmente, noraboa aos meus alcaldes amigos: a Mouriño de Celanova, a Lorenzo de Mondariz-Balneario, a Piñeiro de Rianxo. Noraboa, sobre todo, a Paula Fernández, nova alcaldesa socialista de Silleda. E un dato talvez curioso: Amoeiro, o concello onde se erixe o Pazo de Trasalba, vai ter alcalde socialista. Eu fíxome tamén nestas cousas...
Mirando ós pequenos concellos de Ourense eu sinalaría tamén o de Parada de Sil, onde o "sindicalista" Paco Majide dálle a alcaldía ó PSOE. En canto ó razoamento de gurú, o vexo complicado, xa que o PP tería que mudar o seu discurso de toda a campaña no que pedía o voto á lista máis votada, sen dubida a negociación será dura en todos e cada un dos concellos grandes (e tamén en algún dos medios e pequenos) e veremos canto e capaz de ofrecer Touriño (e si se imporá sobre opinións persoais de Caballero ou Losada ou) . ¿Alguén mais pensa que poda non darse un pacto global PSdG-BNG (si este pide, por exemplo, a alcaldía de Ourense?)
Aparte das cifras, que é o que votan os galegos?
Vexamos: Telmo Martín, o facedor de Sanxenxo, o epítome da construcción, ven a Pontevedra e recolle todos os votos (inxustamente, segundo Swann) que outrora ían ao BNG. A oposición a Elnosa, polo que se ve, non dá réditos políticos. Por non falarmos da manifestación por un novo hospital contra a consellería de Sanidade, que tampouco. Iso si: a figura dun capataz de obras engaiola.
Conde Roa, constructor así mesmo, arrebata a maioría en Santiago, onde relucen coma un sol as torres de Salgueiriños. Por pouco non gaña o Poly, con querencia tamén pola canteiría. As posicións definidas contra o ladrillo ou a venta de pisos a granel non acadaron unha resposta significativa nos votos. Eso convén estudialo.
Editorial do Faro de Vigo
Para Marcel Swann:
Esas explicacións, tan de consumo interno e de raigame "avestrúcica", a min non me convencen, sinceramente. Porque todo se reduce a botar balóns fóra: a culpa é sempre dos demais, da prensa, do socio que non cumpre, etc., etc. De aí se infire que se baixan é sempre algo inxusto, consecuencia de que a xente non sabe avaliar o seu gran traballo, etc., etc. E de aí que se sigan comentento os mesmos erros (cales? pregunto) de vitoria en vitoria até a derrota final.
En fin, que eu alégrome de que o PP fose a tomar vento nas principais cidades.
Tan só ver a cara de funeral dalgúns acérrimos (enchufados do PP no concello que non rascan bola, por exemplo), xa é todo un poema.
Quen van perder moito son as cafeterías dos arredores do concello, que se poden quedar sen clientela... ou iso espero. Que poñan a traballar xa á recua de mangantes enchufados!
Para Leituga: ou estou moi errado, ou teño entendido que Amoeiro xa tiña alcalde socialista antes das eleccións. Ou non?
Curiosa a matización que fai Arume hai pouco: escribira eu un Pan por Pan sobre os candidatos do PP constructores (Telmo Martín, Conde Roa, Poly).Con todo o que choveu tiveron grandes resultados, porque ó Poly pouco lle faltou e non tivo moito tempo para rendibilizar a súa imaxe (quizais quen perdeu foi Cabezas, aínda que non fose o candidato). En cambio, si se castigou a especulación e a corrupción urbanística en Nigrán e noutros concellos da costa.
Ah! Xa felicitei esta mañá a Paco Magide, novo alcalde socialista de Parada do Sil: pode ser un excelente alcalde nas terras da Ribeira Sacra, ben fermosas por certo.
Unha pregunta (que xa insinuei onte, de xeito velado, en Tele Miño): a resurreción de EU non ten nada que ver coa caída do BNG nalgúns concellos? Non sería a primeira vez. Lembro que nunha das últimas autonómicas que se presentara Unidade Galega (antes PSG-EG), con malos resultados, pasara xa o mesmo: ó mesmo tempo subira EU. Aínda que son amigos e moi boa xente, creo que é un feito que ten que ver coas culturas políticas: e, en xeral, non vexo en EU moito interese por identificarse dende unha perspectiva galega (nin sequera no idioma, na práctica real). Ou sexa, voto de esquerdas, pero máis desgaleguizado que o do BNG. Poden retrucarme, están no seu dereito (e conste que teño moi bos amigos en EU).
Para Marcos Valcárcel, leituga ten razón, o alcalde de Amoeiro era Manuel Fernández, do PP (e, polo que parece, xa non quería presentarse nestas...) Polo que respecta ó paso de votos do BNG cara EU, penso que aínda que se pida dar en Ferrol, non se cumpre en moitos outros lugares: Ourense, Pontevedra ....
A Magide non o quixo Rodríguez na lista de Ourense, e exiliouse á de Parada do Sil. E agora é alcalde con maioría absoluta. Coido que gañou co cambio.
a resurreción de EU non existe: só subiron en ferrol e son a sexta forza de gz logo de TeGa e PG.
Para degaleguizarse hai que galeguizarse e para mín que os de EU nunca tiveron como propósito xeral prioritario esa cuestión. Agás casos coñecidos. A opción BNG para un que presume de esquerdista unido é sempre conxuntural: se hai algún outro con posibilidades de saír que prime o esquerdismo (ou a variante ecolóxica) sobre o nacionalismo (este mesmo pode non figurar) alí vai.
Para un de EU ese pero desgaleguizante que pon, amigo Valcárcel, sobra.
Pregunta APC polos erros do BNG: voilà os que, con afán constructivo, eu creo cometidos que deberían analizar. As cousas que vou dicir poden ser duras, pero se un partido quere gañar eleccións debe asumilas:
1. Un partido de militancia un tanto sectaria. Dá sempre a impresión de que forma un grupo pechado, alonxado da vida cotián. DEmasiado vencellado ao mundo do ensino e da cultura.
2. Nas cidades ten un serio problema para enganchar fóra dun candidato máis ou menos atractivo. Lores é médico. Esa foi a súa vantaxe. E se non se gaña nas cidades, de nada valen as vilas.
3. A resistencia a votar ao BNG cífrase no 80% dos votantes. Hai que ter en conta sempre a xente que nunca vai votar por un partido. Por qué?
4. A tendencia victimista, de buscar culpables fóra do seu partido, leva á crenza dunha falta de preparación do electorado, do receptor que non entende a súa mensaxe. Pode que non estea ben explicado ou que a mensaxe non é a idónea nun momento determinado.
5. Unha preocupante falta de cadros intermedios que acompañen ao líder, que, neste caso, ao meu xuízo, precisa dunha maior preparación política. A experiencia de goberno é pequena e eso pode ser causa desa escasa formación, sobre todo para gobernar e non para exercer de oposición.
6. A falta dunha vontade política de ser partido de goberno. Parecen preferir un labor de escorta ou de lobby nacionalista que ter a chave gubernamental. Digo parecen, porque sempre dan esa impresión: quizáis deben convencerense a sí mesmos e aos demáis de poderen ser alternativa.
Non entro en valorar outros factores externos, que están, imaxino, no maxín de todos.
Arume escribe dende fóra do BNG. Eu, que pasei moitos anos dentro, teño que darlle a razón en case todos os puntos que el subliña: quizais o único que estea variando nos últimos tempos é o 6. Eu creo que hoxe hai xentes no BNG que queren, e cren niso, ser un partido de goberno, capaz de dar alternativas e xestionar, pero para iso teñen que estar mirando sempre para outros que non o teñen tan claro e que poden crear problemas. E con eses esquemas, é difícil que se acheguen ó BNG profesionais e cadros medios que poidan estar próximos ás súas teses.
En calquera caso, unha primeira conclusión destes incipientes resultados que manexamos é que a carraca monotemática da oposición (a política antiterrorista, as listas de ANV) non conseguiu modificar substancialmente o comportamento do electorado, aínda que si puido contribuír a desalentar unha parte dos cidadáns que preferiu non acudir a votar. Especialmente preocupante é o nivel de abstención en Cataluña, pero quizais teña máis que ver con problemas propios daquela comunidade que coa táctica de crispación xeral a que me estou a referir.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=170921
Non se abriron abismos, X.A.gaciño
Tamén podería ser interesante unha comparanza entre o o que dicían as enquisas hai un mes e os resultados finais. Simplemente na de Anova, que foi recollida neste blog, percatámonos que nin sequera coinciden as tendencias apuntadas. Levo anos tendo unha dúbida: ¿as enquisas amosan a realidade ou queren influir nela?
Resúltame curioso que en todos os comentarios fálese dos partidos como si solo foran unha entidade de interese único e compartido, e polo tento todas as correntes e persoas do partido obteñan os mesmos resultados. Sinto discrepar, a miña visión e que estamos ante un ámbito de moitísimos intereses case unipersoais; aínda que non o recoñecerán, neste terreo cada un dos lideres, medio lideres e candidatos...,en primeiro lugar, pensan como saíu el (os seus intereses particulares) da loita electoral, e logo fai o discurso relativo a como saíu o seu partido (e non sempre coinciden). Pode que o gañador no sexa claramente o PSOE pero si que o é Touriño (semella estar encantado da vida, nunca o tiña visto sorrir tanto) , é o "gran líder" do PSOE ó que ninguén lle fai sombra (desaparecen as baronías territoriais do PS coas maiorías absolutas, e incriblemente os socialistas de Galicia , por unha vez, dan a impresión de teñen un líder (por iso xa arranxou el con Quintana o tema dos gobernos de coalición), aparece un gran "Home de estado"... (Por elo non vexo nada claro que permita que se faga realidade a noticia que interesadamente circulan: "....Precisamente, este último (refírese ó Sr Orozco) podería deixar o concello tras a perdida da maioría absoluta e encamiñarse cara á Presidencia da Deputación de Lugo. É unha posibilidade que se baralla na dirección socialista, posto que a relación entre el e Xosé Anxo Laxe está moi deteriorada...)
Para bouzafría: sen dubida as enquisas cociñadas por partidos e medios de comunicación, pretenden manipular e influír na realidade
Aquí en Vilagarcía de Arousa EU si que experimentou unha subida moi chamativa dobrando os seus apoios moi amplamente. Pasou de 1.080 votos no 2003 a 2.648 en 2007. Dese xeito aumenta os seus concelleiros de un que xa tiña a 3, sendo ademais chave para que un PSOE e un BNG á baixa poidan lograr unha maioría de goberno.
Pediríalle ó amigo David Paz Nóvoa, se é posible, que afondase un pouquiño máis. Como explicas ti estes resultados de EU en Vilagarcía? Responden a un traballo real dos seus militantes na zona nos últimos 4 anos? Medrou aí EU en simpatía e militancia? Ou é froito dunha tendencia á alza xeral, máis que local... Interésame esta resposta.
Para o último Anónimo que escribiu: nada dá tanto carisma como obter moitos votos. E logo non se lembran de Aznar, cando lle sobraba carisma...?
para MV: Si, iso certo, pero dáme a impresión de que non lle pesou nada nin a perda de carisma de Orozco, nin a de Bugallo, nin a de Losada nin o resultado xustiño de Abel Caballero, nin... mais ben todo o contrario (toda un síntoma)
Carisma = Votos = Carisma
Que llelo pregunten a Francisco Rodríguez (PSOE) onte en Ourense cando o aclamaban os sociatas.
O que di este Anónimo non é ningunha parvada. O certo é que, dada a tendencia existente no PSdeG dende sempre a joder ao que está, a perda das maiorías absolutas de Orozco e, sobre todo, de Losada e o "socialismo coruñés" consolidan e reforzan o liderazgo interno de Pérez Touriño.
En relación co de EU en Vilagarcía, e á espera do que nos diga Paz Nóvoa, creo que hai lugares onde seguen a funcionar con forza tradicións electorais. Vexan o do PSdeG na zona dos Ancares, por exemplo, onde gana sempre. En Vilagarcía, EU ten tradición e isto, á marxe de que o fagan mellor ou peor, sempre lle garante un significativo número de votos. En Ferrol ocórrelles o mesmo.
Moitos homes e pouquísimas mulleres vexo nas fotografías do luns dos candidatos das cidades. E a xeneración de 52-60 anos ao poder. Caballero, 60. Bugallo, 53. Rodríguez, 54. O surfeiro Irisarri, 55. Orozco, 60. Lores, 52. Losada, 52. Todos homes. Tamén hai que estudialo.
Era a derradeira oportunidade para gobernar de esa xeración do PSOE en Galiza e aproveitouna: engadamos, Méndez Romeu 56, Touriño vai para 59, Pachi Vázquez (para o parlamento de Galiza naceu no ano 1945, para a Consellería naceu no 54..) será curioso ver cando e como pasan o poder.
Por certo, si non lembro mal Touriño dixo que estaría un máximo de dúas lexislaturas ¿Algún destes novos alcaldes nons aspirará a gobernar ata máis aló da idade de xubilación ¿Non? ¿Algún comprometeuse cun límite de mandatos?
Paréceme que alguén puido empezar a falar antes da conta. Poñamos noutro escenario, a día de hoxe de ciencia ficción pero non 100 % descartable (pola presión dos medios, da parte "nacional" do PSOE, os resultados en Madrid...) O PP déixalle gobernar ó PSOE Canarias, o PSOE ó PP Navarra, o PP ó PSOE León, e así... e ¿Entrarían tal vez Vigo e Ourense no negociado? De ser certa esta ilusión ¿Que diría o PSdG, incluíndo os novos lideres carismáticos? Non pasará (moi probablemente) pero non neguen que sería divertido ver o que pasaba...
O que afirma Gurú creo que, hoxe por hoxe, é moi dífícil. Era unha variable posible noutros tempos, sobre todo con Paco Vázquez aquí. Pero hoxe, cogobernando na Xunta, tal posición sería suicida: se os socialistas entregasen Vigo e Ourense ó PP, os psoes destas dúas cidades desaparecen do mapa. E que diría o BNG dende a Xunta? Non o vexo viable e ninguén insinouou tal cousa (agás, cómo non, Paco Vázquez dende o Vaticano: aló está ben, por certo).
Como nesta casa entra xente de moitos lugares diferentes e tamén de diversas adscripcións políticas, interesaríame que alguén me informase das posturas dos novos alcaldes socialistas arredor do idioma galego e da nosa cultura en xeral. Seguro que hai matices. En concreto, a posición que manteñen ó respecto Irisarri, Caballero (vímolo falando en castelán en TV), Orozco, etc. De Losada, máis ou menos xa sabemos, e Bugallo parece máis aberto a este respecto.
No tema das mulleres, ten razón Arume: ningunha alcaldesa nas grandes cidades e poucas en xeral. Debe haber máis nas vilas. Esta mañá vin no Faro (non o teño agora a man) varias posibles alcaldesas nacionalistas en vilas de Pontevedra e Lugo, creo: p.ex. Clara Millán, en Cangas, ou a de A Bola, en terras ourensás. E debía haber unhas cantas máis...
Paco Vázquez:Deus o teña na groria
Eu creo que por puro pragmatismo (porque creo que fala en español/castelán case todo o tempo) Caballero falará en galego. A Ventura (falador full time da lingua cervantina), o mesmo día da súa elección, desde algúns bancos do auditorio, unha cla, por outra parte, ben entrenada, xa lle mandou uns cantos recados con asubíos e recomendacións non moi amigables. Non creo que Caballero queira pasar por esas.
Por certo, eses da cla esqueceron outras encargas semellantes a Corina durante os tres anos e medio de español rampante na alcaldía, co galego como ornamento ocasional para discursiños ad hoc.
E última: hai que lembrar, porque quizáis as noticias esteán mal plantexadas, que o PSOE e o BNG non recuperan a alcaldía: recollen o que tiraron ao carallo hai tres anos, cun concellal menos.
Informa de la Highway 61 que unha das mulleres máis famosas destas eleccións, porque cáseque causa un accidente de tráfico ao amigo Fragmentos da Galaxia cando a contemplou nun cartel da estrada camiño da praia, a candidata polo BNG en Porto Dosón, dona Ánxela Franco, quedou terceira no seu concello.
Moi boa tarde. De todos os comparecentes, e xulgando polo teor dos comentarios, se cadra o único participante nas eleccións a xornada completa foi un servidor, que onte serviu como apoderado nun colexio lugués, celebrou o que cheiraba e estivo ata as tres da mañá repasando resultados no teletexto.
Dígollelo porque o "baño de realidade" faime renitente ao tipo de avaliacións globais que leo, igual máis acaídas para eleccións lexislativas. En certa medida, unhas eleccións municipais poden ser vistas como colección de fragmentos.
Por exemplo, o repunte político do PP reflota interesantes figuras no perfil ideolóxico e persoal de Feijoo (Conde Roa, García Díez, Negreira) en cidades importantísimas nas que as enquisas suxerían catástrofe; feito enmascarado polo retroceso en ámbito rural e intermedio e a perda de institucións que -agás a Deputación de Lugo- gobernaba pola mínima ou a incapacidade dos rivais para se poren dacordo.
Noutro sentido, o PSOE sobe, pero teño unha certa impresión de que por baixo da propia expectativa. Hai nisto causa e efecto político, pero afloran pezas soltas ben suxestivas, das que cito algunha: baixada elocuente en lugares de turbulenta executoria ou inquietante sombra sobre figuras de rexedor (Foz -onde fracasa sen paliativos, Arume, a teoría do ladrillo-, As Nogais, con estrépito en Ribadeo, o mesmo Lugo...); rendibilización relativa, se ben indiscutible, dalgunhas incorporacións: baixada en Brión, en Chantada... O PSOE goberna en Santiago, en Madrid e non recupera a primacía na provincia da Coruña.
E no Bloque tamén hai fragmentos. Os que quedaron nunha zona, a ferrolá, onde se paga tanto o desencontro orgánico coma algunha política posibilista ou (interprete cadaquén) de exercicio da gobernación (cousa que parte do seu electorado tradicional non asume nin, temo, asumirá como atenuante); o escachizamento de Ferrol ten para min menos impacto que a estraña conclusión das Pontes. Algún outro cadro discontinuo vén do desgaste (Poio) ou ocaso de figuras e lugares (Corcubión, Fene, Carnota) que seguramente pedían relevo de vello e este chegou de parte allea. Doutros pagamentos de débeda gobernativa (Vigo, ao final non totalmente reflotado) ou aos poderes (reais e fácticos) que conectan arma mediática, instancia social e deportiva, brazo sindical e case que fan perder Pontevedra. A emerxencia de Severino Rodríguez, que ten o que posiblemente lle faltou ao Álex para coroar, varre sen contemplacións nunha cidade tan grande coma Vilagarcía (Monforte non é exactamente un "concello medio") e vale de exemplo tanto para os novos munícipes fortes do nacionalismo coma para o mellor da súa lectura global: un número e calidade de alcaldías que dá para moita imaxe e expansión.
Izquierda Unida é o fragmento por excelencia: carente de información sobre o feito arousán, Ferrol é un compendio de desastre bloqueiro e rexurdimento onde, no 1979, tivera o PCG seis concelleiros por sete o PSOE. Falta saber se van ter política para manter, construír e proxectar.
Permitan un desabafiño particular: para o nacionalismo e o BNG ten que ser particularmente positivo e satisfactorio o resultado lugués: o da capital é a vitoria sobre a verborrea e o espellismo (calei moito aquí no último mes); sobre as proxeccións mediáticas e demoscópicas; devolve a esperanza en relación co electorado, ou polo menos na masa crítica que xorde particularmente en ámbitos urbanos: as visitas de ministros, inchables e trenciños, inauguracións cada día durante toda a campaña... resultan non ser, ao cabo, omnímodas. O de Ribadeo demostra que o posto secundario nun bipartito non é garantía de desastre. Os aumentos en Foz, Mondoñedo, Chantada... mantéñenlle a ollada fixa nun PSOE que tiña marcada esta cidade e provincia como marca e arquetipo do propio progreso e a allea decadencia; canibalización, chamáballe algún analista especialmente apurado.
Por certo: Cacharro marchou e levou con el ben vida. Admítense suxestións sobre o novo presidente da Deputación. O vicepresidente xa llelo digo eu, e moito me estrañará confundirme: Xosé Antón Bao, corenta e poucos anos, colega do anfitrión e mais meu, concelleiro electo do BNG nesta cidade desde a que lles falo, bastante sosegado e cun grao de satisfacción ben innegable.
Acepto, contrito, as intelixentes explicacións de anónimo político-cultural e Arume dos Piñeiros sobre os relativamente mediocres resultados do BNG.
En Cataluña, e especialmente en Barcelona, houbo unha abstención tremenda. A xente está moi queimada co mareo do estatuto, con unha oposición que non convence e cun sentimento xeralizado de que "aquí o Estado non invirte e que os cartos se gastan noutras comunidades." En Barcelona tamén hai un sentimento de que isto se está a converter nun parque temático e de que a calidade de vida do "nativo" se está a degradar (prezos, vivenda, transportes, etc).
Sr. Valcárcel, parece que si se falou do tema no PSOE, en Madrid:
"El PSOE baraja todas las posibilidades y no descarta dejar que UPN gobierne en minoría"
Hai datos incontestables verbo da caída do voto BNG nas cidades:
Lugo (+1.132 votos)
Vigo (-11.271 votos)
Ferrol (-6.238 votos)
Pontevedra (-4.988 votos)
A Coruña (-4.027 votos)
Ourense (-2.912 votos)
Santiago (-626 votos)
___________________________________
Suma total das sete cidades: -28.930 votos.
En Vigo resulta ben claro que o BNG é o único pagano do escabroso affaire Castrillo-Toba/Pérez Mariño e da recente folga do metal. Lembremos que a Porro só lle faltaron 2.800 votos para conseguir a maioría absoluta. Santiago Domínguez revélase, con todo, como moito máis presentable e capaz que o dúo calavera que conduciu ao BNG vigués da alcaldía a unha posición subalterna. Mais na base militante do Bloque olívico predominan sectores “fundis” (fundamentalistas), como amosou o affaire Valadés, que lle poden impedir consolidarse como referente.
En Ferrol tivo que pesar, no desastre electoral sen paliativos, a errática política do BNG sobre Reganosa e outros asuntos de política industrial. Ademais de presentar un candidato, disque, só avalado pola UPG & satélites, que era un perfecto descoñecido na cidade e que, para máis inri, seica procedía do PP.
En Pontevedra é máis que posible que Lores se durmise nos laureis e que apostas súas, sen vérenselle resultados inmediatos, como a de Ence e outras, desen unha imaxe pouco construtiva e de xestor pouco eficaz, amén de ter que cometer outros erros que así foron percibidos pola cidadanía (a emulación de Fraga bañándose no río non presaxiaba moito tino). A súa situación é moi precaria para o futuro, pois a pesar de oito anos no goberno municipal, non foi quen de, cando menos, conservar o que tiña. Agora os socialistas van pedir máis parcelas de poder, polo que Lores e o BNG teñen un futuro incerto e moi complicado.
Na Coruña, a falta de renovación que supuxo a enésima candidatura de alguén tan limitado como Henrique Tello –un home que foi do vello aparato da UPG, no se esqueza, aínda que agora vaia de renovador- non ilusionou nin sequera a vellos votantes, aínda que se dea a paradoxa de que pode aceder ao goberno municipal. Circunstancia que, dado como é o “socialismo coruñés”, supón un caramelo envelenado que, a pouco que se descoiden, se lle pode atragantar ao BNG.
En Ourense, animicamente o BNG levou un severo golpe. Álex Sánchez Vidal dábase de alcalde in pectore durante a campaña e Quintana fixo unha forte aposta que non tivo os resultados soñados. A pregunta que xurde aquí é a seguinte: se cun candidato socialista moi mediocre e sen carisma, o PSOE é quen de superar o BNG en votos e concelleiros, que ocurriría se os socialistas presentasen de candidato a alguén “como deus manda”?
En Santiago, a movida interna das listas de Nestor Rego & UPG compostelana non tivo excesivos custes electorais. Aparentemente e polo de agora. Porque cara o futuro é máis que probable que isto lles dea azos aos ínclitos para profundar internamente nunha política de terra queimada que pode conducir ao desastre do BNG a medio prazo.
Lugo é o único lugar no que o BNG salva con gran dignidade os mobles. Partindo dunha situación de desvantaxe avalada polas sondaxes, X.X. Laxe foi quen de facer unha boa campaña e de remontar resultados. Eu escoiteino nun debate na radio e pareceume moi competente e moi serio. O BNG lugués, desta vez, suponse que non fará o primo como en veces anteriores e que aprenderá de erros pasados.
Non me queda máis remedio que engadir un detalliño. O Covelo: sete PP, tres BNG, un PSOE. O mesmiño que había, con callos ou sen eles.
Alégrome, moi sinceiramente, polo entusiasmo do amigo González: razóns ten dabondo para estalo, tal e como conta.
Sobre As Pontes, teño eu explicacións. O anterior número 2 do BNG, Kiko Dasilva, procedente do PSOE nas eleccións do 1999, non se presentaba nestas eleccións, de xeito para mín moi sorprendente. Foi case compañeiro de aulas e home intelixente, sen dubidalo o mellor da corporación: se el fora o candidato de seguro que non perdía.
A Vitolo, o alcalde en funcións, téñolle boa fe: foi o meu surtidor de libros na miña etapa xuvenil e sempre tiven unha boa relación con el: nos veráns sempre parrafamos algo sobre a vida política da vila e sempre me recrimina que non quedara por alí. Pero é home, a pesar do seu indiscutible tirón popular, que suscita xenreiras moi notables, por razóns que nos pobos sempre apuntan a cuestións persoais. Un pouco queimado (dixome no verán pasado que non quería presentarse máis) me pareceu o alcalde. E iso transmítese.
Non coñezo ao candidato do PSOE, pero seica se presentou diante de Joan Clos o outro día para pedirlle papeleiras, gasificadoras e eu que sei máis, aparte do lago artificial que van facer no terreo da mina xa esgotada.
Por certo, o PP, completamente testimonial: impresionante.
Unha boa información, amigo González, pódea atopar nunha das mellores páxinas de carácter social de Galicia, por non dicir a mellor: Amigus
O Bloque segue a ser a estrela dos comentarios políticos neste blog, e non podo dicir, en absoluto, que para o meu disgusto. Penso que se debe, xa o teño dito, ao seu carácter pouco homologable e o pouco previsible, ata o momento, do seu comportamento electoral.
Comparto, AP-C, non poucos dos seus comentarios; así e todo, para efectos de gobernación urbana queda se cadra en mellor posición cá que tiña. Sobre a súa referencia achego sete fragmentos máis: Lugo, Orozco subscribe parcialmente e daquela maneira a proposta de Vázquez ("pode haber acordos co PP"); Vigo, Santi terá que demostrar moito, pero a organización ben debe saber o que lle debe; Ferrol, unha foto (e o número e carácter dos presentes) conta máis ca mil palabras: véxase en Noche en imágenes, a sétima de Ferrol; Pontevedra, Lores poderá ter modos moi expeditivos, pero fáltalle aínda un adecuado recoñecemento desde o ámbito progresista: non só é un precursor da política ambiental en ámbito urbano, e da de "humanización", ten a virtude de non dobrar o lombo en relación na relación cos poderes fácticos; A Coruña, se o Bloque acaba realmente entrando no goberno, a expectación ten que ser máxima: sopésese, por un momento, o que implica con relación aos pasados vinte e cinco anos; Ourense suxeriu no 2003 (co vodevil do actor-candidato frustrado) que o solo electoral do PSOE parece estar ben arriba, e debe facer falta moito carácter (o que posiblemente teñan os candidatos demócratas que gañan en Montana, p.e.) para compensar iso; Santiago, a cero graos: nin frío nin calor parecen afectar o comportamento electoral dun grupo que, así e todo, tampouco non despega e ben podía intentalo.
TEñan boa noite, mañá lereinos.
Amigo González, permítame unha pequena rectificación: En Covelo o PP perdeu un concelleiro en favor do BNG. Supoño que non iremos moi errados se consideramos a evolución deste concello como típica da Galicia profunda: lenta pero progresiva perda de votos conservadores.
PP: Ano 1999: 1.647 votos; 2003: 1.521 votos; 2007: 1.321 votos.
BNG: Ano 1999: 408 votos; 2003: 541 votos; 2007: 561 votos.
PSOE:Ano 1999: 79 votos; 2003: 198 votos; 2007: 192 votos.
Dado que a foto final que reciben os cidadáns dos resultados electorais, como case todo en política, dependen esencialmente das percepcións, penso que podemos asinar case todos que existe unha percepción xeneralizada de que ó BNG os resultados móstranlle algún problema, fracaso e/ou decepción nas que tempo terá de reflexionar (moitas das claves xa quedaron expostas neste blogg), que o PP tivo a perigosa derrota doce (perigosísima diría eu) e que os resultados do PSdG-PSOE reforzan máis ó Sr Touriño que ó propio PSdG(non esquezamos que ademais de que se debiliten as posicións doutros "lideres" do PSdG, foi o Presidente da Xunta o que gran parte da campaña de Ourense. Por certo a-pc, xa dicíamos que as subas do BNG dependen moito dos resultados do PSdG e Ou é un claro exemplo).
E agora ábrese unha nova etapa que determinará en gran maneira a percepción final dos Resultados destas eleccións: As Negociacións.
A nivel estatal estarase a valorar sen dubida, no PSOE, que se fai con Navarra (a presión que recibirá ZP será forte tanto da parte máis españolista como dende o PNV e pode que na negociación entren máis aspectos que as meras cotas de poder a curto prazo...) pero non penso que determinados acordos, non públicos, en Autonomías concretas se trasladen ó ámbito Local. E en en Galicia o BNG tentará que as parcelas de poder ás que acceda tapen os malos resultados en algúns Concellos, e para mostra un botón:
O Sr. Sánchez Vidal que onte, ante a súas malas sensacións, lanzouse a falar antes d tempo, agora di:"
en declaracións á Cadena SER que "la política de pactos en nuestra organización se decide a nivel local y a nivel gallego".Sánchez Vidal manifestó que "hay que mirar lo que pasa en el resto de Galicia". O candidato nacionalista precisou que "no hay mayorías absolutas en varias ciudades y dos diputaciones gallegas, sin mayorías absolutas por lo tanto todo esto tiene que ser motivo de análisis no sólo en los órganos locales del BNG, sino también a nivel gallego".
O BNG xógase moito na negociación das Concellerías das cidades.... segunda parte do partido, alguén xa ten a cabeza nas próximas eleccións...
Por certo non todos gañan sempre: (Declaracións de J.L. Baltar na páxina www da Voz):
"Por su parte, el presidente provincial del PP y de la Diputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, ha admitido que le «cuesta digerir» la pérdida de la mayoría absoluta en la capital y que tampoco está satisfecho «en absoluto» de los resultados en la provincia, donde el PP perdió otras 14 alcaldías.
Baltar ha explicado que la pérdida de la ciudad de Ourense «es para nosotros una asignatura pendiente, ya que siempre pensamos que cualquiera que fuese el resultado en el resto de la provincia, siempre se compensaría con la victoria en la ciudad, y no fue así».
En ese sentido, indicó que en los últimos días de campaña tuvo la impresión de que el PP obtendría en Ourense una mayoría absoluta «holgada». Ahora, «esa pérdida es lo que más me cuesta digerir, porque creo que estoy alejado de la realidad, ya que me pareció que todo iba muy bien en los actos de campaña».
En relación al resto de la provincia, el presidente del PP indicó que esperaba perder dos o tres alcaldías «y fueron muchas más» las que finalmente no obtuvo el PP.
También le preocupa, según dijo, la reducción del margen de la mayoría absoluta en algunos municipios como Xinzo de Limia o Celanova, donde se mantiene el alcalde del PP pero con sólo una veintena de votos más que la alternativa.
«Tengo que estudiar cada caso para opinar al detalle, pero en este momento considero que aunque se conservó la Diputación con mayoría absoluta para el PP, esto no compensa unos resultados que fueron muy a la baja»"...
Xenio e figura aínda nas derrotas/vitorias
Acabo de ler nun xornal dixital, e escoitar na radio galega, que a Touriño xa lle están a saír baróns (e algunha baronesa) a dicirlle que iso de pacta co demo do Bloque, nanai de nanai.
Estamos ante unha estratexia de pactos dos sociolistos... perdón, dos socialistas que queren uns pactos "baratitos"? Ou é que algúns deles queren, definitivamente, pasar á oposición? Porque o BNG aínda non dixo con quen ía pactar e, de feito, en tema de pactos é quen ten menos que perder.
Pois mire, amigo Descrido, a min esas declaracións de Baltar parécenme dun realismo e dunha sensatez sorprendentes. Non anda coa matraca de que "gañamos" e todo iso, tomándonos por parvos, senón que esboza publicamente a súa insatifacción sen ningún rubor. E iso é de agradecer e de admirar, as cousas como son.
Pero non teman, meus amigos, que nin farto de viño me penso pasar ao PP. Por máis que pense que ese xesto o honra.
Respondendo a esa petición dunha análise máis polo miúdo do crecemento de EU en Vilagarcía de Arousa penso que é un feito que se pode explicar como un fenómeno local especialmente vencellado á figura do seu único edil até o momento no concello, Juan Fajardo.
Hai varios factores que poden permitir entender mellor estes resultados:
1) O PSOE e o seu alcalde Javier Gago (grande amigo de Cuíña) levaban gobernando os últimos 16 anos. Parece comprensíbel un certo desgaste do partido que se ven notando con progresivas baixadas de votos nas últimas municipais. Das graves inundacións do pasado novembro non me atrevo a sinalar que efecto puideron ter no electorado.
2) O PSOE, á contra de moita xente da agrupación local, decidiu impoñer un novo candidato, Enrique León (Verín, 1944), ex comisario de policía de Santiago e tamén de Vilagarcía, que aquí non desperta nin moito menos as mesmas simpatías có seu predecesor.
3) A dereita en Vilagarcía leva anos dividida posto que na última derrota municipal do PP escindiuse un grupo que seguiu ao ex alcalde Rivera Mallo (IVIL). Os resultados de onte veñen fortalecer a Tomás Fole (PP) que xa se ve como unificador de todos os votantes conservadores da vila e alternativa de futuro real, cousa que moitos dubidaban.
4) O BNG, que colaborou co PSOE nesta lexislatura non foi capaz de transmitir unha mensaxe renovadora e penso tamén que lle faltaron apoios do partido. Xa nas pasadas autonómicas houbo polémica porque non se contou apenas con eles para facer as listas pola provincia.
5) A chave: Juan Fajardo, o edil de EU na última lexislatura, fixo un labor de continua oposición ás componendas PSOE-BNG-IVIL. A poboación valorou o seu traballo de fiscalización do goberno local. Ademais cómpre sinalar que estivo sempre atento na defensa dos intereses dos veciños en asuntos urbanísticos moi importantes e soubo transmitir a imaxe dun político contundente e crítico co poder. Agora que parece que vai tocalo veremos se segue o mesmo discurso.
Os cartos que ten EU para afrontar unhas elección son 0. Convén telo en conta.
Estou lendo, como un tópico que semella ben achado, que o pp sufriu "unha doce derrota", expresión coa que se quere indicar que non serán capaces de ver o que subxace aos seus datos. Pode ser, pero teño para mín que pode existir unha confusión entre o noso desexo e a futura realidade. É ben posible unha travesía no deserto do partido popular, como tamén se adoita dicir na metafórica linguaxe política. Pero non debemos esquecer que en Pontevedra, Coruña, Santiago e Vigo veñen desde abaixo e que cuns meses máis eu non tería seguras esas alianzas que agora parecen evidentes. É dicir que acaban de amosar poderío recuperado nas cidades e que a política (tampouco unha cousa doutro mundo) de Núñez Feijoo, que hai pouco andaba por san Caetano, tampouco lles foi tan mal. Eu non cantaría victoria (ou derrota do PP) tan doadamente. E, desde logo, o clientelismo do PP pode funcionar (e funcionaba) en feudos vilegos, pero non nas cidades onde o voto está menos condicionado. Non queremos darnos conta. Hai que mudar, pois, o discurso sobre o clientelismo do PP. Ou amplialo a outros clientelismos que agora poden agromar.
Benquerido a.p.c-, si trouxen as declaracións do Sr Baltar aquí (producíronse mentres o Sr Feijoo falaba en Compostela dos seus magníficos resultados), foi porque parecéronme xuizosas e sinceras (el soe selo e iso, entre outras cousas, xoga o seu favor e faille gañar moito nas distancias curtas). Aínda que hai algo que non me cadra, eu sei que el non estaba excesivamente animado durante a campaña, e que non lle gustaba a lista que fixo o candidato a alcalde de Ourense, aínda así tamén lle honra asumir el as responsabilidades. Tamén pode incidir que este dando xa pasos para a sucesión (como xa dixen noutra entrada, penso que esta foi a derradeira vez que se presenta como candidato a presidencia da deputación ourensá).
Como ben di o Sr arume, as derrotas doces son perigosas dende a auto compracencia (e de que se afonde nesta actitude dependerá logo, en parte, que sexa mais ou menos profunda). Para min os dous problema mais graves que debe resolver o PP , que repito para min non saíu nada mal en votos pero si en perda de poder, radica hoxe en día na súa soidade (unido a dificultade de conseguir maiorías absolutas), e na ausencia de mecanismos de poder sobre os que inzar esa maioría de votantes ( de feito si ganase as próximas eleccións xerais do estado as súas posibilidades crecerían enormemente), e non o dubide, o PP volverá a gobernar en Galicia e en moitas das cidades galegas (do que se trata é de saber cando... e probablemente non tardará tanto como tardou o PSdG).
Polo que respecta os resultados de Nuñez Feijoo, penso que tivo uns bos resultados e que sae ben desta (moito mellor que o outro hipotético sucesor, o Sr, Barreiro, de feito xa xubilou a todos os seus opoñentes) e, ó igual que pasa con Touriño, penso que tamén o Sr. Nuñez sae ben e pouco a pouco quedará como único líder no PPdG (como lle saíron tamén ben moitas das súas principais apostas persoais: Vigo, Pontevedra, Coruña, Santiago...). Por certo ¿apostará por Corina como presidenta da Deputación para aproveitar, si é o caso, os posibles erros de caballero-Domíngez?
Si, si, amigo Descrido, non o dicía para retrucarlle, senón para incidir na mesma liña ca vostede, porque intuía, e non me trabucaba, que pensabamos o mesmo.
A "grandeza" de Baltar, recoñecendo o que recoñece, é mil veces superior á do tipiño este do PPdG que está a saír nestes momentos na TVG erre que erre, a piñón fixo.
(E que ninguén pense que son baltariano, eh)
Rectifico: en efecto, en Chandrexa arrasou o PP. Pero unha leitura atenta dos resultados, mesmo nos concellos interiores do Deza, Ourense ou Lugo onde aínda gañou o PP, amosa a súa lenta pero progresiva erosión: onde agora teñen o 55% dos votos hai catro anos tiñan o 60-65%, e hai oito o 70%. Baltar sabe o que di: de non haber un pulo novo, a maioría electoral escorrégaselle (e Baltarín ficará sen herdanza).
Estou de acordo en xeral cos comentarios de Leituga 1, de MV, de APC e de Arume dos Piñeiros. De todos os xeitos, insisto en que o PSdG gañou, pero non arrasou. En relación ao 2003, subiu a penas 2 puntos; o PP perdeu 1,5% e o BNG 0,22%. Obten un aumento considerábel de poder, aínda que recebe avisos en Compostela, Lugo e A Coruña -se ben nesta derradeira a ausencia de Vázquez facía presaxiar unha baixa de votos que volveron ao seu lugar natural, o PP. E nalgunhas vilas e zonas rurais tamén recebe avisos. O mesmo o BNG: serio correctivo nas cidades, mais gañancia neta de poder, e máis ou menos 30 alcaldías.
É un resultado envelenado para todos. Xa que boa parte do blog opina sobre o BNG, penso que esta organización segue sendo quen de operar milagres cunha base militante non moi ampla, e a pesares de caracterizarse por unha cultura política resistencialista e con resaibos sectarios que ben analisa Arume. Que logo dos erros de Rego en Compostela, de presentar a un vello rockeiro como Tello (moi contestado por boa parte da agrupación local do Bloque coruñesa), do desaguisado de Vigo (remedado en boa parte, sen dúbida, por Domínguez Olveira, se non a baixa sería maior, cun Castrillo bis...), e do xa queimado Sánchez Vidal, por non falar do auténtico impresentábel de Ferrol, que o Bloque vaia estar no goberno de seis ou sete cidades semella incríbel. Eu non creo que o PSdG vaia facer caso dos "socialistas nacionais" e, tamén por propio interese, subscribirá un pacto global co Bloque, que terá as súas excepcións ou fricións locais. Sería pouco críbel para o bipartito na Xunta que non se transladase o pacto aos concellos. E visto o resultado en España, ao PSOE non lle ha interesar demasiado regalar posicións de poder ao PP, que xa ten bos fortíns en Valencia, Murcia ou, sobre todo, Madrid.
De xeito que o Bloque non sumará votos, pero acadará poder a pesares de todo. E iso será a peor receita: a perda de poder ou a derrota é o mellor catalizador de cambios internos nunha formación. E a complicada dinámica de funcionamento dos diversos partidos e grupos que conforman a "fronte" non garante a axilidade abonda para acometer mudanzas a tempo. Nin moito menos para abrirse a sectores máis amplos da sociedade, clases medias e profesionais, etc. Hai exemplos do contrario, certo, e hai candidaturas que son excepcións, sobre todo nas periferias dalgunhas cidades. Mais a tónica xeral segue a ser non mudar os problemas de fondo do BNG. E iso é resignarse a ser comparsa imprescindíbel, pero só comparsa, por lustros, no canto de aspirar ao "sorpasso". Claro que este último non garante nada, pois é ben certo que o PSdG xamais pactaría na Xunta se o presidente é nacionalista. Agarden vostedes e xa verán como en Navarra o PSN fai o paripé pero á final non pacta con Nafarroa Bai e IU, e deixa gobernar en minoría a UPN-CDN.
E, last but not least: hai unha razón estrutural de fondo. A sociedade galega non dá polo de agora para moito máis. Hai franxas de votantes do PP non atraíbeis polo BNG, polo menos nas cidades, polas razóns que sexan: sentimento español, desprezo do galego, centrismo... A consciencia nacional propia dos galegos non sobarda o 20%, e eses son os votos que hai. Como construír o proxecto nacional para sobardar ese teito é algo máis complexo que poñer a este ou aquel para encabezar unha lista eleitoral, e levaría a un plantexamento de máis amplo calado por parte dos líderes e intelectuais orgánicos (de os haber, fóra do inefábel Antón Losada) do BNG, que pasase por unha reforma fonda da organización, dos seus mecanismos de cooptación de elites e da cultura política que lle serve de fundamento. Concordo en que hai sectores dentro do Bloque que están por ese proxecto. A cuestión é se deixan escoitar a súa voz e se poden facer algo.
Moi certeira e moi ben fundamentada a análise de Isildur.
En todo caso, hai que felicitar ao señor González pola subida do BNG en Lugo. Ao fin e oa cabo, el traballou por ese incremento de sufraxios e o resultado, xa que logo, tamén lle pertence. Así que parabéns, González!
En relación co asunto da caída do BNG en Pontevedra, que deixou teso a máis de un, paréceme que non se está a ter moi en conta o "talante" (si, o famoso "talante") do señor Lores e, aínda peor, o do seu número 2 e concelleiro de Urbanismo, señor Mosquera. Teño amizade con coñecidos nacionalistas independentes residentes en Pontevedra que, votantes habituais do BNG, desta vez pasaron a apoiar a Teresa Casal. E non porque abandonasen as súas convicións nacionalistas, que seguen firmes, senón polo fastío diante de certas maneiras, mistura de populismo e autoritarismo, de Lores e Mosquera. En suma, que as obras e as reformas importantes, nun concello tan pequeno como Pontevedra, é bo consultalas coa "xente". Da mesma maneira que o razonable é abordar doutro xeito conflitos como o de Elnosa. Un alcalde non pode limitarse a dicirlle que lles vai pechar a fábrica e que todo diós a buscarse a vida por aí, que ese non é o seu problema.
Claro que este trasvase de votos a Teresa Casal só explica unha parte da caída de Lores. Creo que a outra pode buscarse no rural pontevedrés, como se pode constatar se se ten a paciencia de consultar as votacións (Diario de Pontevedra) nas parroquias do extrarradio. Ademais de lograr o voto masivo do centro da cidade (os do PP non se absteñen), Telmo Martín, que é un tipo de maneiras moi abertas e trato moi cordial, fixo unha forte campaña no rural e parece que non lle foi mal.
En relación ao que di Leituga 1 sobre Lores, eu tamén teño unha anécdota ao respecto.
Meu irmán foi, durante varios anos, compañeiro de traballo del. A súa opinión é que Lores é bo rapaz e que é traballador, pero que vai pola vida "cheo de razón" e que é un pouco falabarato. O que, se o traducimos a termos políticos, ven coincidir co expresado por Leituga 1.
Parabéns para o sr. González, tamén. Eu tamén vin na TV a Baltar e quedei sorprendido: por fin, un político que recoñece a derrota e non utiliza unha dobre linguaxe. Como a que usou onte, de forma case inverosímil, Alfonso Rueda na TVG.
Tamén nestes momentos é bo que os políticos teñan sentido da realidade e unha certa opinión crítica. Senón cara fóra, cando menos na súa análise interna. Vexo a maioría das voces que falan en nome do BNG nestes días en exceso satisfeitas e contentas: agardo que, portas adentro, saiban avaliar o carácter crítico dos seus resultados. O BNG gobernará, pero, agás en Pontevedra, sempre en posición secundaria. Como xa se dixo aquí, o PSOE alcaldía que agarra, xa non a solta. O BNG: Vigo, Ferrol, etc?
E, síntoma do preocupante que é a falta de realismo: agora non o dirán, pero sei por fontes moi ben informadas que o BNG ourensán estaba convencido internamente (dicían que tiñan enquisas propias) que ían arrasar, superando en moito ó PSOE. Presumían de información e de seguro non contaron que ata houbo militantes que non votaron polo BNG ou que tacharon o nome do cabeza de lista. Pecharse nun mundo reducido, con vocación de gueto e admirarse mutuamente, pode levar a graves erros de percepción da realidade.
E abundando no que di Valcárcel sobre Ourense, sei de varias persoas que, votando socialista en anteriores comicios, votaron nesta ocasión polo Bloque, porque non lles convencía o candidato do PSOE. E aínda así o Álex non foi quen de conservar o que tiñan.
Alfonso Rueda, o tipiño ese do PP, estivo de vergoña allea onte na TVG co seu raca-raca. Coido que a falta de realismo é máis acusada nos "populares" ca nas demais forzas políticas.
Interesante, aínda que un pouco envurullado, o artigo que sobre o PG escribe hoxe Avelino Pousa Antelo no Correo.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=171322
O mellor, a observación final: "cómpre non tomar os nosos desexos por realidades". E eu pregunto, é que xa nin a ilusión nos queda?
Eu que non teño coñecementos para facer unha teoria sobre os resultados das eleccions e pasada a euforia, só pido que non ocorra o de sempre. O gatopardo tamen pode camiñar polas ruas de Ourense cada vez mais baleira de xovenes.
Ademais pidolle o novo alcalde e os seus concelleiros que fuxan dos sustantivos e dos verbos e fagan unha defensa dos adxetivos. Para comprender esta idea que acudan o artigo do poeta polaco Adam Zagageski. O dito o meu xeito que fuxan das grandes verbas e dos grandes proxectos e que pensen en solucions para evitar a "fuga " de centos de xovenes ourensans en busca do seu futuro por galicia e polo mundo adiante.
Fd: Gustavo Peaguda
Xa dixen que para mín o martes postelectoral era día de repasar parroquias: e veleiquí as de Vigo: triunfo en todas do PP.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3005&pIdSeccion=2&pIdNoticia=138900
A min gostaríame saber que se espera dun alcalde nacionalista e de esquerdas.
Lores en Pontevedra tivo sempre unha posición crara sobre todos os conflictos e problemas históricos da cidade e da comarca.Aínda que tivo actuacións dudosas (como a de chimparse no Lérez)non considero que fose un alcalde populista (quizais ese é o seu problema):non transixeu o maís mínimo no tema de de Ence e Tafisa e mantivo en alto unha loita histórica da esquerda.
Apostou por unha cidade máis habitable e racional,recuperando o centro e avanzando moito no saneamento.E o máis importante e que soupo buscar a financiación necesaria a pesar de ter en contra todos os gobernos (Diputación,Xunta,Estado).
Mantívose ao marxen das presión relixiosas e fixo do concello de Pontevedra un concello laico.
Hai que admitir que no mandato que agora rematou,contou con socios de goberno leais (Teresa Casal)E nese bipartito non houbo conflictos salientables.Somentes pequenos roces pero non de grande calado.Pero o sector do PSOE que non dirixe o partido en Pontevedra,opúxose e criticou abertamente a política municipal e estiveron presentes en moitas das manifestacións (pola permanencia de Ence,etc)
Soportaron as campañas sindicais máis agresivas que se deron en Galicia por parte de CCOO (peches no concello,manifestación contra o BNG en plena campaña electoral,campañas publicitarias pagadas pola empresa,etc)(Pretender que a defensa dos postos de traballo pasa por riba dos intereses de toda a poboación da comarca e o seu medio ambiente e absurdo.Tamén se defenden postos de traballo e se incrementa a economía do litoral galego se se permite a construcción masiva de edifios ou plantas de rodaballo en zonas protexidas).Non sei se habería que pasar por eso.
En Pontevedra sectores sociais e empresariais importantisimos (e non só de dereitas )sempre se manifestaron en contra de Lores.
E que dicir da prensa:A única emisora da Cadena Ser que defende abertamente posicións do PP en Galicia está en Pontevedra.Da prensa escrita mellor nin falar.Conflictos gravísimos que non son da súa competencia apareceron sempre como motivados pola súa ineficacia(hospital,circunvalación,etc).
O extraño é que o de Lores dure tanto tempo.
Todo esto non significa que eu me queixe do inxusto que é o electorado Pontevedrés,pois eso sería un exercicio de masoquismo.So pretendo poñer sobre a mesa cales son as circunstancias nas que unha corporación nacionalista de esquerdas tén que moverse.Con que forzas adversas tén que confrontar.Que presión ten que soportar.
A toro pasado é moi doado sinalar cales foron os erros ou a falla de flexibilidade ou a tozudez destes gobernantes,pero a min gostaríame saber,dende unha perspectiva de esquerdas:que lle pedimos ao alcalde de Pontevedra.A que cousas non debería renunciar.Que aspectos hai que reconducir.Exactamente e pormenorizadamente que cousas estiveron mal.
Home, eu non coñezo tan en detalle a política municipal de Pontevedra. Porén, creo que daba algunhas pistas no meu post anterior sobre as posibles razóns da caída de Lores. Desde logo, non lle vexo moito sentido a situar a Lores como unha víctima de ENCE, pois foi precisamente este asunto o que, en boa medida, lle valeu a Lores a alcaldía de Pontevedra. Outra cousa é como estea a xestionar asuntos como o de Ence, o de Elnosa, a relación cos sindicatos, cos veciños de Placeres, etc.
A descrición do "entorno adverso" feita polo anterior posteador lémbrame a narrativas épicas do estilo de "El cerco de Numancia". É unha desas explicacións que confirman punto por punto o dito polo señor Valcárcel nun post anterior sobre as análises que se negan a contemplar ningún outro factor que non pase polas conxuras externas, os asedios mediáticos, a traizón dos próximos e o poder do Gran Capital.
Ninguén nega o que Lores fixo ben. A partir de aí ten sentido preguntarse polo que Lores fixo mal, pois é absolutamente imposible que acertase no 100 por 100 das súas condutas e decisións. E o que vale para Lores vale para Orozco ou para Juncal e Juan Fernández.
Particularmente, creo que en concellos tan pequenos e manexables como Pontevedra, Lugo e Ferrol é imprescindible o diálogo constante cos veciños e a transparencia máis absoluta nas grandes e pequenas decisións. Isto último non o digo por Lores, senón por Orozco e o seu cuestionado Plan Xeral de Lugo.
Estou disposto a admitir que nun entorno adverso é onde se notan os bos gobernantes,pero non serei tan inxenuo de pensar que o entorno sempre hai que consideralo neutro e moito menos cando se atacan intereses da oligaquia e dos poderes fácticos (igrexa,ctc.)Ou de esto xa non se fala?.
En calquera caso sigo mantendo as mesmas preguntas :que ten que reconducir Lores.
Coido que Lores é dialogante cando se pode ser dialogante.En caquera caso ,esa suposta carencia,por sí misma, non esplica a situación actual.É como o chocolate do loro Rabachol.
A soidade do PP, de momento, véxolle difícil arranxo.En primeiro lugar está a propia incapacidade de reorientarse cara posicións máis temperadas, facendo un discurso aberto , ilusionante, no que poideran ter cabida outras opcións políticas. Pero no hipotético caso de que esto ocurrise,tampouco o tiña doado porque moitos dos partidos cos que puidese ter algún tipo de afinidade que lle permitise facer un pacto de goberno ,están desaparecendo ou a piques de desaparecer, tanto a nivel autonómico como nacional.
Penso eu ,que non é que morreran as ideoloxías pero entre a lexislación electoral,favorecedora sempre dos máis grandes e a necesidade que moitos sentimos do "voto útil" estamos indo dereitiños a un bipartidismo PP-PSOE terriblemente empobrecedor ,dende o ponto de vista democrático, pero sobre todo mortalmente aburrido.
Un pouco de política ficción (con exemplos reais): Conde Roa chama a Rego; Negreira a Losada a Negreira. Por qué non vai xogar esa baza o PP? En moitos concellos, as diferencias (persoais, por riba de todo) entre PSOE e BNG durante anos fan moi difícil (un amigo de Noalla fala de "tragar sapos") unha alianza. Por que non aproveitarse diso? Se andamos co asunto do centrismo do PP, por que non aceptamos que fagan tales propostas ao BNG ou ao PSOE?
Por certo, que hai de Terra Galega? Leo por aí unha cuarta vía. Morta?
Despois de escribir o anterior (con erros, por certo: Negreira a Losada, quixen dicir) leo que no Carballiño o PP tamén convida ao BNG ao pacto.
Moi complicado, non? E moi pouco crible: de ser posible esa opción, á marxe de cuestións ideolóxicas, tería que ser preparada dende hai moito tempo. E o BNG non pode xogar con lume: ten a Xunta en cuestión e todo o seu poder. E hoxe ten moito máis que gañar no pacto co PSOE: moitas, moitas alcaldías dos dous lados (na Voz ven o número total). Tampouco o psoe pode xogar con este tema: pola mesma razón. Sen o BNG, o seu poder quedaría moi seriamente tocado.
O que si ten que pensar o PP é en mudar de estratexia, sequera en Galicia, se quere outro mapa de opcións curto-medio prazo, digamos próximas autonómicas. Mentres siga na liña Acebes-Zaplana pouco hai que facer. Seguirá desangrándose, creo eu...
Outra de política ficción: con 32 votos máis, Manoel Soto pasaría a ser do candidato máis fracasado ao home máis importante de Vigo, decidindo a alcaldía.
Alucinante o dato que dá Bouzafría. 32 votos non son nada. E poden selo todo. De sabelo, podía pagalos a prezo de ouro...
Soto, por fortuna, xa é pasado. Non paga a pena dedicarlle nin un minuto.
Por 138 votos máis o PG tamén conseguiría, se fixen ben as contas, concellal en Ourense, en detrimento do BNG.
Troitiño, por fortuna, xa é pasado. Non paga a pena dedicarlle nin un minuto.
Eu dedícolle o minuto porque saiban os que pasaron o corte que pasaron raspado; que "por un quítame allá esas pajas" (con perdón) poderían estar a velas vir. Que despabilen e, por suposto, que están aí por catro anos, de prestado, provisionais hóspedes do consistorio.
Eu, naquela ocasión, se puxese ben dous números máis, podería ser multimillonario por mor da Primitiva.
O de Soto e de Troitiño ven ser o mesmo.
Aos que pasaron o corte raspado, arestora, impórtalles tres pementos (con perdón) a nosa opinión.
E o de que espabilen, nalgúns casos, vai ser ben difícil.
Arume, segundo o simulador que eu utilizo sáeme que Troitiño necesitaría 108 votos máis para saír concelleiro, pero en detrimento do PP.
Espero que en Catalunya non lles pareza mal que partille o enderezo: http://icon.cat/util/elecciones#
Efectivamente ten razón, amigo Bouzafría. O Arume's Simulator (divisións a pelo) non contaba co PP. Nese caso, non ten maior importancia porque non cambia a maioría, pero si é proba do axustado do asunto.
Velaquí o que di o próximo alcalde de Ourense nunha entrevista en El País: "Los orensanos han votado a un partido en sintonía con la Xunta".
Non saben o conto da carabina de Ambrosio?
Vistas as declaracións chulescas do personalista Orozco, recollidas hoxe en LVG:
«He visto en más de una ocasión a leones que se han tragado al domador» (referíndose ao candidato do BNG)
«Los proyectos más importantes y de desarrollo de la ciudad tienen que verse lo menos afectados posible»
o mellor que pode facer o BNG de Lugo é pasar á oposición e leña ao mono.
Non sei que opina Xosé M. González de todo isto.
Hoxe escoitando a poesía de Gamoneda, e vendo que o próximo alcalde de Ourense (sexa quen sexa) non pasou por alí, e que seguro que non lle interesa o tema (si fora un xantar con construtores...) e que era moi pequena a presenza dos representantes desa nova maioría de progreso, bla, bla, bla, bla...xurdiume unha dubida... ¿Realmente están todos vostedes convencidos de que alguén, simplemente por ser do PSOE ou do BNG vai ser mellor alcalde que alguén do PP? ¿mais comprometido? ¿Mais honrado?... tanto darlle voltas a cabeza sobre a campaña, os resultados, as complicadas negociacións (seguro que serán, a todos os niveis, a cara de can) e nin sequera temos certidumes nin altas probabilidades de que non nos saian novos, Venturas, Príncipes, Sotos.... Pode que sexan parvadas miñas pero.... non o veo todo tan claro hoxe, sorte que xa foron as eleccións e xa votei...Voume a durmir....
Porque alguén faga declaracións disque "chulescas" non é motivo para non pactar. Sexamos políticos e non xoguemos a quen a ten máis grande.
Descrido ten razón: a pertenza a un partido de esquerdas ou nacionalista non é de seu garantía ningunha de que os seus militantes e candidatos vaian desempeñar calquera cargo público mellor que un señor do PP. Pero aí entran en acción os programas políticos e as afinidades ou distancias con uns e con outros grupos sociais. É certo que tampouco isto garante que os alcaldes que acabamos de escoller non sexan uns zotes ou uns perdularios. Pero tamén é verdade que a gran maioría dos políticos que chegan a estas responsabilidades adoitan ser xente con certa valía, aínda que ás veces leve un tempo acabar de cacharlla.
En relación con posibles coqueteos entre o PP e o BNG, é evidente que se van producir. Quero dicir que o PP lle vai tirar os "tejos" ao BNG, como xa insinuou Feijóo na campaña electoral. E agora que o BNG non é de dereitas nin de esquerdas, non sei o que pode chegar a pasar, non digo agora, pero si dentro de dous, tres ou catro anos. Ao fin e ao cabo, para un terceiro partido sempre é gorentoso o papel de bisagra. Eu, de todos modos, agardo que o BNG non se nos acabe convertendo nunha especie de Coalición Galega ou de Centristas de Galicia. Xa dixen algunha vez que me parece moi positiva a evolución moderada e centrípeta do Bloque. Pero tampouco hai que pasarse.
De acordo coas notas de Descrido e de Leituga, non lles faría ningún mal a estes nosos gobernantes progresistas pasarse polo Liceo a escoitar durante unha hora os versos de Gamoneda.
A política é o contrario da poesía.
A paradoxa do Bloque é que tendo alma de esquerdas tén que ir ocupando espaciós de centro.Por puro pragmatismo.Isto sempre foi un asunto central no ideario dun grupo frentista como o Bloque.Sen un amplo sector nacionalista de centro dereita non se póde avanzar.Pero ise grupo nacionalista de dereitas nunca se deu consolidado e o propio Bloque ten que cubrir (ao menos parcialmente)este espacio.O problema é que esto crea moitas tensións no propio electorado que as veces non identifican ben as novas formas políticas dos dirixentes.Ter formas e maneiras do centro/dereita non garantiza conquerir os seus votos.
Aínda ben que existe un cerne de electorado fiel senon o Bloque perdería máis votos.
Pasado o tempo da analise dos resultadoso o que temos que facer é evitar que en Ourense non se fagan realidade aqueles versos do poema " as novas epocas" de Bertold Brecht: " Das antenas novas saían as antigas estupideces".
fdo: gustavo peaguda
Non era tamén de BB aquilo de "O pobo pediu que o comité central cambiara as súas decisións: o comité central pide que cambien ao pobo"?
Nas memorias de Santiago Álvarez, tomo I, conta o propio protagonismo o que entendían por marxismo-leninismo na súa mocidade.
Chega a Valdeorras noticia da expulsión dun importante dirixente do PCE, noutra zona de España. Reunímonos os militantes, di S.A., e acordamos apoiar a decisión do Comité Central, porque no CC saben quen é ese o señor e nós non, e xa que logo o CC non se equivoca.
O Comité Central, todos os Comités Centrais, nunca se equivoca... e así nos loce o pelo.
O candidato do PP á alcaldía de Carballiño (Ourense), Argimiro Marnotes, asegurou onte que "non descarta" apoiar o BNG e arrebatarlle a alcaldía ó PSdeG na localidade, porque non ten "ningún problema" en que o candidato do BNG, Manuel Amil, sexa o novo rexedor municipal deste municipio.
A este respecto, o candidato nacionalista asegurou que se non é designado novo rexedor do Carballiño, o seu grupo non formará parte de "ningún goberno". "Esa foi unha premisa anunciada xa durante a campaña e só formaremos parte do goberno se eu son alcalde. Se non se cumpre, nós pasaremos a formar parte da oposición", explicou.
Tras as municipais, o PSOE foi a forza política máis votada no Carballiño, con 8 concelleiros, mentres que o PPdeG logrou 5 e o BNG 4. Os socialistas perderon a maioría absoluta ó ter un concelleiro menos respecto dos comicios do ano 2003, que lle foi arrebatado polos nacionalistas. En declaracións á Cadena Cope, recollidas por Europa Press, o candidato popular afirmou que logo dos resultados do 27-M no Carballiño, non ten "problema ningún en que Amil sexa alcalde", en referencia ó líder do BNG na vila, e asegurou que "se abren portas e posibilidades".
O Goberno en minoría, unha opción posible
Nesa liña, Amil manifestou que desde o BNG abre un proceso de negociacións "entre todas as forzas", sen esquecer que o Bloque goberna conxuntamente na Xunta co PSOE e que "ata agora nunca se deu un acordo co PP". Aínda así, Amil asegurou que isto "non exclúe" o diálogo "con todos", porque as decisións se tomarán logo dun "período de maduración e reflexión", co que concluíu que en Carballiño "pasará o que teña que pasar". "A priori non descarto nada e iso non significa que haxa que gobernar conxuntamente no Carballiño", asegurou.
O líder nacionalista quixo diferenciar o proceso de designación de alcalde co da formación de goberno, que "non ten nada que ver. Por iso, asegurou que o PSOE "podería gobernar en minoría" e avanzou que a decisión final será tomada pola asemblea local do BNG que, polo momento, non estableceu ningún contacto con ningunha das outras formacións políticas con representación no Concello do Carballiño. A este respecto, o candidato popular manifestou que o PSOE "podería gobernar en minoría" ou que o PP "apoie o BNG na designación de alcalde" ou "outras posibilidades".
Nun deses paseos polo blogomillo atopo este recorte: http://cousasdeimeneo.blogspot.com/2007/05/prisa-tralle-das-orellas-zp.html
Levo corenta e oito horas apuradas, con dous artigos sobre as eleccións, xa publicados por certo, e fragmentarios. Retomo o fío e dou algunha resposta requirida, con petición de desculpa.
Swann, neste caso non hai que tomalo así. O certo é que o Xosé Anxo Laxe é home contundente e tenlle bastante ben tomada a medida a Orozco. No mitin de Lugo pronunciou unha celebrada frase que reiterou na noite do domingo: "A estas eleccións concorreron un equilibrista, un mago embaucador e un domador". Ao día seguinte, cando se encontraron os dous no concello, Orozco -que anda como levado polas furias, sinto dicilo así, pero teño proba persoal e persoalmente experimentada- díxolle: "Hai veces que o león come ao domador" e o outro contestoulle: "Si, pero no noventa por cen dos casos pasa polo aro". Estaba a prensa diante, a foto correspondente ao momento (dándose a man) foi publicada onte en El Progreso e moito sinto non podérllela presentar aquí, as caras son un poema. Ou sexa: foguetaría e esgrima de distracción. O serio comezará proximamente. Se interesa saber o que opino sobre o Orozco pasado e o resultado presente, pódense ler, neste artigo os parágrafos tres, catro e cinco. Para os que me fagan tal obsequio, espero que non resulte pelma.
Sígoos vendo moi seguros na interpretación de feitos e tendencias. Non é o meu caso, desde hai tempo quero detectar movementos de subsolo; demasiado vago, é certo, e consecuentemente sigo cos meus fragmentos.
É significativo o que empeza a acontecer cos pactos e a súa hipótese: acénase cun xogo a tres (polo menos un xogo) por primeira vez, e iso fala de dous grupos referenciais desde hai moito tempo e outro que xa non actúa como terceiro nin como bisagra. Se sempre Vázquez da Coruña declarou a preferencia polo trato co PP, se o fixeran tamén xentes tan significativas coma aquel alcalde de Vimianzo, agora manexan a idea Losada ou Orozco. Bastantes e ben significadas organizacións locais nacionalistas reclaman autonomía e especificidade. Baltar intervén ofrecendo Ourense, Marnotes O Carballiño, retruca Jorquera. Non son xa aquí foguetes: a gran política é cousa de tres, non de dous e un achegado; e para nada me sorprende encontrar a miña xeración protagonizando o cambio de mentalidade, en termos de autoestima, no campo nacionalista: si que me aleda reencontrar ao Amil, aínda que sexa virtualmente, encabezando un proxecto autónomo, e tan autónomo, no Carballiño. Non perdan de vista Chantada. Tampouco Poio, por certo, O Porriño, Muros, Tomiño, Boiro... É todo moito máis variado, moito máis sereno, moito máis variopinto do que parece. Máis local, e non parece ilóxico; eleccións locais foron, e todos xogan coas mesmas cartas: ouro, copa, basto, espada, xa non de Damocles.
Mitos que van para o lixo. Un deles: síntoo, Marcos, o de que "a alcaldía que colle o PSOE, non a solta". Non resulta moi propio iso na terra de Veiga Pombo; poderiamos tamén evocar Ferrol ou Vigo. Pero eu traio aquí, espero que mo admitan, a humilde Ribadeo: candidatura máis votada a do BNG, socio minoritario no bipartito que remata. Non será gran cidade, pero si cabeceira de comarca e lugar que deu políticos relevantes.
Enredoso, xa o sei. Coma o tempo.
Non, se movementos sísmicos habelos hainos, o caso é saber se se trata dun terremoto, dun volcán ou dun simple corremento tectónico.
(Espero que non haxa ninguén de xeoloxía por aquí e me emende a plana)
Amigo González: non podo facer outra cousa que felicitalo por ver a botella medio chea tirando para enteira. Nos tempos que corren, o optimismo histórico sempre ven ben.
Aprezado contertulio Arume: non chego a albiscar botella ningunha, non sendo que vostede me diga onde para. Non se decata dos meus atoutiños?
Certo é que tampouco non dan chegado ata min as súas certezas. Perde, por ventura, un grupo político cando mellora todos os seus números menos un absoluto e os de seis lugares grandes?
Por outra banda, estimaba me explicase dalgún modo qué tempos corren. Entrementres, sigo aos retallos.
Eu non podo retrucarlle porque véndoo tan animoso dame non sei que levarlle a contraria. Hoxe mesmo a nosa Corina facía un chamamento ao BNG, con quen tan ben se levou estes anos (segundo as súas palabras, non as miñas, que serían aínda máis insidiosas), para dirixir Vigo. Ten, pois, amigo González, toda a razón para estar esperanzado.
O que a min máis me preocupa non é tanto que a botella estea medio chea ou medio baleira, senón qué raios ten a botella dentro.
Metafísico me encontro eu maiormente destas horas. Incorporemos a Corina na lista de Ourense e O Carballiño. Ten informes que poidan ampliar a de Vimianzo e Corcubión?
Sigo xuntando retallos. Pero moi poucos, estou sen mapa.
Eu máis ben tirando a patafísico.
Terceira lista: Chantada, Porto do Son, metamos Poio, unha vez desbotada Pontevedra.
Imos facer outra con Foz, As Nogais e Muros, de momento.
Ás cachizas anda todo. Quen completa, de momento?
Corina facéndolle as beiras ao benexé? Il será iso o cacarexado centrismo?
Non, home, non. O BNG ten que colaborar con PSOE-d-Ga. Entre outras cousas porque iso foi o que pediron os electores: que pactasen. O que non quere dicir que haxa algunha excepción.
Agora ben, a estratexia do BNG non pode ser a de homologarse aos outros dous partidos. O BNG non pode ter como obxectivo ser o irmán menor, acomplexado, dos outros dous. Xa saben aquilo que cantaban: "Pesoe, pepé, a mesma m... é"
- Teñen que preguntar por que houbo tanta abstención e quen se abstivo. E eses son os votos polos que habería que loitar primeiro.
- Teñen que ofrecer un produto diferente. Estou de acordo en que non deben ser un partido clásico, e si unha fórmula para incorpora a xente moi diversa: os mellores: na economía, na ciencia, na cultura.
- Non sei se teñen que facerse máis ou menos de esquerdas. Creo que o máis importante é dar respostas galegas a problemas galegos, e se iso implica impulsar políticas moderadas, haberá que facelo.
- Hai que seguir machacando, todos os días de deus, en todas as decisións que se fagan a nivel de estado lesivas para os intereses galegos.
- "Des-bloquear" o bipartidismo, esa cousa que piden a berros desde a prensa madrileña. Xa saben: ese 30% de voto en todo o Estado que non foi para os dous grandes, cos seus grandes imperios de comunicación.
O do irmán menor e acomplexado, Swann, é parecido ao que dixen eu, Swann, e seica me denota animoso.
Por certo, se quere complétolle o de Lugo. Nada máis pregunte.
En As Pontes, o BNG rexeita apoio ao candidato do PSOE. Foi opositor durante os catro anos anteriores. Empúrrao cara o único concellal do PP. Ou quere pactar con el? Sabe algo, amigo González? Por certo, moi boa rede en As Pontes: mágoa que fallara desta vez (non o digo eu: vox benegae)
Lembro: PSOE 8, BNG 8, PP 1.
Non teño nin idea sobre As Pontes. Se sabe vde. algo máis, indíqueo; meterémolo na pertinente lista ou facemos unha nova.
Prézome de saber algo da intra-historia da política de Lugo. O nachiño este que se presentou polo PP resulta que xa fora alcalde hai unha tira de anos. Parece ser que non o fixera mal e era un "hombre bueno". Polo menos fixérao moito mellor que os anteriores (horreur!). Pero chegou o sr Cacharro (da empresa "cacharros, cascos e botellas") e mandou parar. "Quería volar por su cuenta". Puxo a outro candidato, caso único na historia da democracia municipal das Hespañas, e iso foi o que aproveitou Ourozco, que fixera unha oposición de risa maría luisa, para chegar á alcaldía.
E insisto: o BNG non ten nadiña que gañar indo de ganchete con este vulto, e moito que perder se lle dan a aperta do oso (sen til). Ese plan de ordenación urbana é unha carallada. E todo o que fixeron da banda do río habería que demolelo. En Lugo non goberna a esquerda: goberna Orozco.
Pero en fin, se vostede día que poñía mala cara é que se cadra cría que estas eleccións ían ser as do "Comilonum" dos adversarios.
A información é parcialmente boa. Primeiro: Joaquín García Díez (do PP) foi alcalde entre o 1995 e o 1999, con trece concelleiros. Deixou boa imaxe por algún detalle e, particularmente, amaños no centro da cidade -pavimento, sobre todo- con cartos europeos; en efecto, vox populi é que non recuncou por presión de Cacharro.
Orozco non estaba naquela corporación. Foi candidato no 1999, fixo campaña electoral de cercanía, un pouco contra prognóstico acadou sete concelleiros e foi alcalde con outros seis do BNG. O resto da historia é materia tamén ben sabida en Lugo: os do Bloque fixeron, con moito, o mellor da xestión e Orozco acaparou imaxe e votos no 2003.
O resultado de agora, este si contra todo prognóstico explícito (outra cousa eran as sensacións de moitos dos que vivimos aquí), están ben lonxe de suscitar descontento masivo; pódenmo crer ou non. Direille, Swann, que non vai haber pacto de calquera maneira, cousa que está perfectamente especificada; que Xosé Anxo Laxe non é fácil de papar e que onte mesmo realizaba, en rolda de prensa, un chamamento público para refacer o PXOM. Diría eu que a presente lexislatura vai ser ben interesante, e que se parecerá pouco á do 1999 ao 2003. Igual parezo animoso cal infante, pero de Lugo probablemente, e con permiso, podo falar con certo coñecemento de causa.
Noutra orde de cousas, Arume, e en materia pontesa: dezaseis contra un? Non irán, máis ben, por aí as cousas?
Efectivamente, xosé m.: fora o BNG o que fixera o traballo duro na oposición entre 1995 e 1999, mentres o psoe estivera a velas vir, até que chegou Orozco e levou o gato á auga.
Aledoume moito saber das intencións de X.Anxo Laxe. Que non decaia, e moitos ánimos. Tómese, á miña saúde, uns callos en "A Nosa Terra".
Agora que saen os callos, seguen a dar callos no Cotá?
Talvez sexa a mistura dos estados "animoso" e "fragmentario", tanto como a "falta de mapa", o que leva ao amigo González a empoleirar á nobre e antiga vila de Monforte de Lemos ata lugar tan elevado coma o noveno na lista dos máis populosos núcleos habitados da Galiza.
Disimulará que me permita sacalo do seu erro, González, e que o instrúa en que Monforte, con non pouca fortuna, talvez poida ter un sitio no "top 20", mais de ningunha maneira no "top 10" da demografía patria. Por diante dela, tras moitos anos de medres e éxodos, agallopan raudas coma lóstregos vilas con nomes quizais menos egrexios que a rexida antano pola Casa Condal de Lemos, mais dotadas polos tempos e os azares de abondosas almas que vivaquean nos seus non sempre garimosos seos. Digo Redondela e digo tamén Cangas do Morrazo, Lalín, Narón, Oleiros, A Estrada, Ames, Arteixo, Carballo e, se cadra, Teo, Nigrán, Ponteareas e Cambre. 15.000, que é o que vostede lle bota á vila escolapia, tenos tamén Vilalba, se non lle parece mal.
19.412, en total. 9.217 homes; 10.195 mulleres
INE: Xaneiro 2006
Vostede parece posuír a virtude de non molestarme, Leituga, sobre todo cando o envoltorio trae tales resonancias gongorinas. Case, antes de nada, imos reproducir o famoso soneto do señor de Argote:
AL CONDE DE LEMUS, YÉNDOLE A VISITAR A MONFORTE
Llegué a este Monte fuerte, coronado
De torres convecinas a los cielos,
Cuna siempre real de tus abuelos,
Del Reino escudo, y silla de su estado.
El templo vi a Minerva dedicado,
De cuyos geométricos modelos,
Si todo lo moderno tiene celos,
Tuviera invidia todo lo pasado.
Sacra erección de príncipe glorioso,
Que ya de mejor púrpura vestido
Rayos ciñe de luz, estrellas pisa.
¡Oh, cuánto deste monte imperioso
Descubro! Un mundo veo. Poco ha sido,
Que seis orbes se ven en tu divisa.
Sen dúbida leva razón na súa apreciación, e tamén a leva -como podería ser doutra maneira?- o Arume dos Piñeiros na súa habitual e fría -que non inhóspita- exactitude demoscópica. Permítanmo, con todo: eu tamén a levo. Explicarei o equívoco, que non paradoxo, mediante o recurso á autocita:
"A emerxencia de Severino Rodríguez, que... varre sen contemplacións nunha cidade tan grande coma Vilagarcía (Monforte non é exactamente un "concello medio")". Primeira mensaxe miña neste fío; amplifico nela, para efectos comprensivos, a palabra CIDADE, na pasaxe "unha cidade tan grande coma Vilagarcía".
"Con ao pé de quince mil poboadores, a cidade monfortina debe ser o oitavo núcleo do país, pouco detrás de Vilagarcía". Artigo meu de Xornal, segundo parágrafo, onde volvo subliñar a palabra cidade.
O concello de Monforte de Lemos baixou, ha de haber cinco ou seis anos, dos vinte mil habitantes; xustamente, volver pasar a marca é obxectivo manifesto, polo seu alcalde referendado, na concluída campaña. Sofre economicamente, e nin a subordinación ferroviaria nin a crise do campo son alleas a tal realidade. Ora ben, a cabeceira do concello debe seguir a ser o noveno núcleo demográfico do país; e o peso dun núcleo urbano en termos políticos e sociais non precisa do meu pobre ditame nin prescindible encomio. Aínda acontece iso. O concello de Monforte de Lemos ha de ter quince mil habitantes menos có de Vilagarcía de Arousa; na mente de todos está que este contén, alén de varias vilas, parroquias rurais densisimamente poboadas: e, con todo, certas análises políticas inclúena dentro dun grupo denominado G-8, onde sería "a oitava cidade".
Pois ben, a oitava cidade (cidade-cidade) non terá dous mil poboadores máis cá de Monforte de Lemos. Esta ("de longa tradición ferroviaria e sindical, pequena burguesía con aceno señorito, Hospital Comarcal, varios institutos, colexio escolapio") é de lonxe a segunda na provincia de Lugo e moi relevante no país, por moito que a simple demografía, ben me consta, enmascare certas realidades.
Non é mal síntoma que vdes. me encontren animoso; o "estado metafísico" de onte, Arume (se me leu) era similar ao de Berganza, estaba sen cear. Fragmentario sigo, e falto de mapa. Non o do país, sempre colgado nalgún sitio, outro: de aquí ao dezaseis hánselle ir definindo unha parte dos contornos.
Teñan bo tempo, volvo andar de exames.
Era hora que o amigo González amosara a súa fonte estilística máis evidente, gracias á estratexia, sen dúbida logreira, de Leituga 1 de poñerlle un prato de gorentosa prosa gongorina diante. Ese "fría, que non inhóspita" bebe do cordobés ilustre. Claro que ao falar de Monforte chega todo o século XVII (xesuítas incluidos, amigo APC) de súpeto, co Greco vindo desde atrás.
Foi mágoa que o Conde fora a Napoles (en poucos anos canto fixo alí!) como ben (moi ben) lamentaba don Luis:
El Conde mi señor se fue a Napoles;
El Duque mi señor se fue a Francía:
Príncipes, buen viaje, que este día
Pesadumbre daré a unos caracoles.
Como sobran tan doctos españoles,
A ninguno ofrecí la Musa mía;
A un pobre albergue sí, de Andalucía,
Que ha resistido a grandes, digo soles.
Con pocos libros libres (libres digo
De expurgaciones) paso y me paseo,
Ya que el tiempo me pasa como higo.
No espero en mi verdad lo que no creo:
Espero en mi conciencia lo que sigo:
Mi salvación, que es lo que más deseo.
"¿Cómo estáis, Rocinante, tan delgado?"
"Porque nunca se come, y se trabaja."
"Pues ¿qué es de la cebada y de la paja?"
"No me deja mi amo ni un bocado."
"Anda, señor que estáis muy mal criado,
pues vuestra lengua de asno al amo ultraja."
"Asno se es de la cuna a la mortaja.
¿Queréislo ver? Miradlo enamorado."
"¿Es necedad amar?" "No es gran prudencia."
"Metafísico estáis." "Es que no como."
"Quejaos del escudero." "No es bastante.
¿Cómo me he de quejar, en mi dolencia,
si el amo y escudero o mayordomo
son tan rocines como Rocinantes?"
Extaordinaria viaxe do amigo Arume ás "fontes clásicas españolas" das que vive e bebe o noso tamén amigo González.
Hoxe escoiteiu unha conversa entre militantes do PP ourensán na que un deles lle botaba a culpa da derrota ó feito de ter escollido a "Poly", un candidato dun barrio semirural dos arredores. A tese non é despreciable: quizais unha parte do PP de sempre, do centro da cidade, señoritingo e clasista, que apoiou con entusiasmo a Cabezas, non se viu reflectido no novo candidato pepero.
Daquela, eses votos do centro da cidade, a quen foron?
Eu teño un amigo pepeiro ao que non lle gusta moito que o seu alcalde sexa enfermeiro (enfermeira para sermos exactos) ou mestre. Xa non digo que non teña titulación. E cando foi o da anterior votación para alcalde de Vigo, traicionou a súa ideoloxía para votar polo xuíz Mariño. Noutro post tamén dixen que Lores fora aceptado nunha cidade conservadora de Pontevedra en boa parte por ser médico. Este tipo de cousas, aínda que coste crelo, pasa.
Creo que acaba de dar vostede coa "pedra filofal" para gañar as eleccións, amigo Arume.
Filosofal, tiña que dicir.
Carafio, as boinas e os birretes, os estetoscopios e as tizas, o casino de "pueblo" dos señoritos e o barrio semirural. Isto parece unha novela de Torrente Ballester.
Pois algo ou moito deso hai, sen dúbida. LA REGION traía esoutro día unha análise por barrios, con estes titulares:
NOVOA FUE EL MÁS VOTADO EN TODOS LOS BARRIOS PERO PERDIÓ CASI 2000 SUFRAGIOS EN EL CENTRO. El psoe logra sus mayores respaldos en la zona de A Ponte, y el BNG, en O Couto y A Carballeira.
Con eses dous mil votos máis ó mellor hoxe non tiñamos alcalde progresista: hai 2000 votos señoritos do PP no centro que non quixeron votar a un pequeno empresario electricista?
En Ponte Vedra o bloco reproduce o seu comportento secular; acada um amplio apoio, recibe votos de sectores do ppsoe, empeza a facer um grande proxecto de cidade para todos, empeza a representar um perigo para o PPSOE e comeza o boicote. Comisiones Peperas, ENCE-ELNOSA-CAIXA GALICIA, A deputação, a Xunta do PP, o goberno da Espanha... o resultado é uma parálise das grandes infraestructuras que a cidade precisa para não quedar estrangulada e afogada pelo tránsito.
Certas medidas que o governo de Lores puso em práctica, teriam que ser armonizadas com um programa ambicioso de aparcadoiros para veículos, transporte público de autobuses (Ponte Vedra é a única cidade de Galiza que carece de bus urbano) , ampliación do solo industrial, remate do saneamento, novo hospital, e vías de comunicão, especialmente a autovía a Porrinho e o aeroporto, a circunvalação e a autovía a Vila García.
Todos estos proxectos acumulam muito retraso e fam moi complicado levar adiante a reforma urbana. O resultado foi unha cidade moi fermosa e incómoda para os que precisam desplazarse. A cegueira, a prepotencia, a falta de simpatía de Lores,que tèm muitas virtudes, pero que, como cais todos os do bloque, cando falam parece que andan botándolhe a bronca aos paroquianos... o propio PP que soltou no coso da peregrina um Mihura com muitas manhas... e sobre todo, o encapsulamento autista dos dirigentes do bloco, incapaces de abrirse a unha cidade que lhe deu o seu respaldo, unha lista superveterana, cheia de profes e profas da CIGAENSINO, um abandono de bairros enteiros como Monteporreiro... o inimigo cheirou sangue e foi a matar... Salváron-se por pouco. O bom é que parece que o Lores está aprendendo da experiencia. Ainda se pode salvar com quatro anos de gasto social, atención aos bairros e posta em marcha dos eternos proxectos parados.
Pero como? Estanos dicindo, sr farto, que o bloco de Ponte-veteris está conformado pola esquerda, senón guapa, si CIGAENSINADA, e que o alcaide vai "sobrado", que goberna de costas aos barrios, pero que, con todo, hai un boicote das distintas administracións para terlle paradas as obras?
"É todo moi difícil, coño" (Arsenio Iglesias)
Benquerido Sr. Valcarcel non é tan doado..... Por exemplo, si fora un famoso cardiólogo de candidato, pode que gañase os 1800 votos no distrito Centro, pero ¿Cantos menos obtería noutros barrios como o 21 ou na zonas rurais ou?
Non esquezamos que Cabezas mantivo a alcaldía fai catro anos por unhos centos de votos e polos 3.700 de Troitiño (2.000 mais que agora...), e que dqquela non se presentou Terra Galega (1.700 votos que lle reobuo ó PP nesta elección) e que o PP tivo moito desgaste en Ou, neste catro anos. Resultame curioso que se quera facer agora grande ó Sr. Cabezas.
Si votaran por titulación o Sr Sánchez Vidal sería o Alcalde de Ourense (polo que eu sei as titulacións do Sr. Rodríguez e as de Poly son bastante similares..)
Xa non hai dubida, o comentariod do xornal La Region vai na procura de seguirlle atizando a Cabezas, presidente do PP no distrito Centro
Supoño que Anónimo se refire ós soltos que aparecen hoxe en LAREGION en "QUenchodixo" e que insisten no boicot de certos sectores a Poly no centro. E as insinuacións sobre o papel de Terra Galega para quitarlle votos ó PP neste sector: por iso se puxo a Valcárcel Baiget, dun tono ben señorito para os Cabezistas? En fin, nestes días fálase nos faladoiros locais das críticas de Baltar: el é o único (anulados Cacharro e Cuíña) que podería hoxe conservar parte do seu poder (sequera provincial) p.ex. resucitando Centristas de Galicia ou mesmo Coalición Galega e rachando xa cos ultras do PP de Madrid. Se se animase, dende logo sería divertido...
Sería divertido sen dúbida. Pero a política dos baltares é velenosa. E forma parte do atraso secular de Galicia. Porque parezan peores os ultras, non imos deixar de facer ver que a dereita galega ten que ir por outro lado. O caciquismo que encarnan estes persoaxes debe ser desterrado. Nin con centristas, terra galega ou co que inventen.
Publicar un comentario