En poleiro alleo
Alfredo Conde comenta hoxe a encerrona que me fixeron nunha televisión local, como mostra de ata pode chegar a ousadía dalgúns manipuladores: Todo vale pola audiencia (ECG).
Á súa vez e na mesma casa, Xosé M. Sarille refírese a A. Conde en relación co tema que impregna moitos dos artigos dos dous: o galeguismo e a lingua. Sarille mantén o seu tono crítico habitual coa política lingüística do bipartito (e en ANT insiste sobre a escasa valía poética de María Mariño): Alfredo Conde e a iniciación de El Koala (ECG).
Afonso Monxardín comenta unha vella visita a Londres, cando asistiu a un pleno do Parlamento británico: O día que vin a Ian Paisley (Galicia Hoxe).
E Xavier Alcalá comenta en LVG unha, polo que se ve, interesante, "História do Português".
Ah! E vaia dende aquí a miña noraboa ó amigo Henrique Alvarellos, que nestes días tivo o seu segundo raparigo, de nome Manuel.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
8 comentarios:
Aquí hai dúas galicias: María Mariño
Ten toda a razón o señor Sarille. Tanto mallar no pobre do Alfredo Conde para logo chegar a isto... Por certo, a que deputado do BNG se refire o señor Sarille?
O artigo de Monxardín narra moi ben a anécdota, coa súa habitual escritura áxil e directa. Xa podían aprender del algúns columnistas (e estou a pensar nun que escribe no "Faro" que non sabe máis que facer malas e plúmbeas oracións subordinadas).
Pois noraboa ao Quique de Lugo.
Supoño que Sarille se refire a P.G.M. Comigo sempre falou en castelán, aínda falándolle eu en galego, un idioma no que non se desenvolve ben, que se lle vai facer. Iso non o fai menos nacionalista nin menos coherente, penso eu. Hai xente negada para as linguas.
Por favor, amigo Valcárcel, sexa vostede o do número 100, non sería elegante aproveitarse de tal honra.
Outra de María Mariño
É que os de Administrativo sempre foron moi especiais, amigo Leituga 1. Por certo que o BNG ten dous desta rama.
Ten razón Sarille, e estou de acordo coas súas críticas, pero o mesmo que lle apón a ese (único?) membro do BNG tamén llo podería apoñer a decenas de políticos do PSOE e do PP.
O BNG ten as mans moi atadas no tema da normalización lingüística.
Non imos recordar as políticas normalizadoras de gobernos anteriores... incluídas as daquel tripartito, ou si?
Publicar un comentario