En poleiro alleo
As letras e o tesouro dos analfabetos (X.M. Trigo, ECG)
O eterno debate entre galego literario e culto e galego enxebre e popular
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
16 comentarios:
Alguén plantea esto en español? Pero a estas alturas aínda con esto?
Pero é que o castelán (non me gusta nada chamarlle "español", pois idiomas españois hai varios) non é unha lingua problematizada. En cambio, en Galicia estamos aínda no proceso de conversión das falas en lingua. Ou, se o prefiren, da transformación, sempre forzada e forzosa, da lingua popular ( das linguas populares) en lingua nacional. Ou sexa, en neo-lingua.
O curioso deste asunto é que os neo-falantes falamos unha lingua "mellor", dende os criterios nacionais e neolingüísticos, que a dos galego-falantes de sempre. Son paradoxos dunha "normalización" tan serodia como a nosa.
A concepción do galego como lingua popular é un erro. Quizáis porque a mesma noción de "lingua popular" non é a máis correcta: de feito, en lingüística (de forma análoga aos estudios literarios que rexeitan/discuten o concepto de literatura popular) esa expresión non é de uso científico. Prefírese lingua vulgar ("sermo vulgaris", en troques dese "sermo rusticus" que agocha outras moitas modalidades da lingua falada, outra expresión máis acaída cás anteriores). Non hai tal transformación, porque ambas linguas (a falada, coas múltiples variedades, e a escrita) son caras da mesma moeda. Non existen unha sen a outra.
A lingua estándar que se fala na televisión (lida máis ben, ou sexa resultado da pronuncia en alto de textos elaborados) é unha creación, como ocurre noutras linguas. Acaso alguén coñece a alguén que fale como nos telediarios? En español sucede o mesmo. Non son, pois, dúas linguas que se suceden no tempo: son dous estratos de lingua condeados a coñecerse. Canto máis se coñezan mellor, pero non é un mellor cá outro, nin unha a lingua enxebre e a outra a neolingua.
Eu non son especialista en materia lingüística, e menos en sociolingüística, pero creo ademáis que a extensión desta idea perxudica a longo prazo ao galego. Eu creo, coma dixen, noutra ocasión que calquera forma de empregar o galego (con maior ou menor correccíón normativa, que por iso é artificial) é saúdable. Poñer atrancos porque un empregue mal a colocación do pronome retrae a novos falantes e a novos escribintes. A lingua é cousa viva (e o contacto cunha lingua poderosa como o castelán/español é unha das súas características) lonxe de perxudicar debería ser un acicate, pero se andamos con miudas liortas encol do galego correctísimo, entón os escasos empregadores que vaian quedando pasan para o outro lado.
E perdón por este rollo, no día das letras galegas pasado nas praias o en las playas.
Permítanme que mencione neste lugar un artigo bastante impresentable de Luis Ventoso, mesturando allos con bugallos, e desprezando o galego, publicado hoxe na Voz.
De acordo con este señor, deberiamonos de parecer máis a Irlanda, entre outras cousas porque eles abandonaron o gaélico polo inglés.
Vai ser difícil que sexamos como Irlanda, entre outras cousas porque eles son un estado.
Tamén é curioso que, ademáis do título do artigo, a única palabra en galego que utiliza é "trapalleiro"
Pido desde aquí o premio Pulitzer para Ventoso (perdón, "Vientoso")
Luis Ventoso (LVG, 17 de maio)
Igualiño que nós
HABLAR del espectacular exitazo económico de Irlanda ya es tópico. A comienzos de los ochenta tenían un paro del 15% y ha caído al 3,8%. Eran el país más pobre de la Europa de los doce y hoy son el segundo con mayor renta per cápita, tras Luxemburgo. Han crecido varios lustros a ritmo del 9%. Han atraído a más de un millar de multinacionales y hasta la población ha subido: un 8% más que en 1996. Hoy, los 4,2 millones de vecinos de la República de Irlanda viven como pachas y asombran al mundo.
Galicia comparte con Irlanda un similar tamaño, un pasado rural, un éxodo extenuante a Ultramar y la condición de país periférico. Así que una sana envidia invita a tomar ejemplo: ¿Cómo han logrado ponerse en órbita? ¿Habrá sido manteniendo el impuesto de sociedades en el entorno del 30%? ¿Será gracias a obligar a todos los críos a escolarizarse por completo en gaélico dejando en segundo plano el inglés? ¿Habrán despegado apostando por incrementar constantemente el gasto público a costa del déficit del Estado? ¿Lo habrán conseguido porque prefieren improvisar que planificar? ¿O radicará la clave del éxito en que sus sindicatos siguen bloqueado ciudades enteras con piras de contenedores?
Pues no. No lo han hecho con el afamado modelo gallego. ¿Por qué pita Irlanda? Pues porque a las multinacionales les resulta práctico un país donde todo el mundo habla inglés; porque bajaron el impuesto de sociedades del 40% al 12,5%; porque son la quinta economía más abierta; porque apostaron a saco por la educación; porque se especializaron en cuatro campos -electrónica, informática, fármacos y química- en lugar de hacer de todo en plan trapalleiro; porque les han agilizado la burocracia a las empresas y porque han pactado para tener una bajísima conflictividad laboral.
En efecto: igualiño que nós.
Semella que hoxe foi o día dos artigos humorísticos.
Tamén en La Voz de Galicia Ernesto S. Pombo queixábase da discriminación sufrida por escritores tan galegos como Cela ou a Pardo Bazán.
Aínda que sen dúbida o mellor foi o de Fernando González Macías en "La Opinión de A Coruña".
Si. Algúns xa nin disimulan.
Noutro rexistro tamén é impagable o artigo dunha "xove" (como din agora) poeta que bota pestes contra o Día das Letras e a autora homenaxeada. Narciso, narciso...
Il sería moito pedirlle que nos indicara o vínculo a esa xove, señor Swan?
http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5811882
Pois teñen vostedes razón, todos: os artigos que comentaban, da Voz de onte, son bastante desafortunados. Como as declaracións do sr. Feijóo sobre uso das linguas no mesmo 17-Maio (vexan o GALICIA HOXE de hoxe mesmo).
O artigo de Inma López Silva non está mal, tal vez un pouco irreverente cos devanceiros, pero é a eterna querelle antigos e modernos.
Pero para preocupación:
http://www.tangallegocomoelgallego.es:80/
Saudo aos contertulios logo dunha non desexada ausencia, íame ausentar por un día e resultararon semanas Deixeinos cando comenzaba un interesante debate sobre Otero, que me perdín, pero tempo haberá de volver sobre o noso autor de culto.
De Trigo gosto do seu libro "Reserva Especial", refinada fermentación da nostalxia a que as veces volvo como se me chamase un verso.
Do seu artigo difiro practicamente en todo. Eu sintóme moi feliz de que poidamos entrar en desacordo cunha Academia da LIngua, que poidamos ironizar sobre o emprego do galego en ámbitos até de agora intocabeis, alédome porque o triste seria que non houbera academia, nin galego culto, nin galego de señoritos, nin de presentadores de televisión. Polo que dou grazas a todos eles, tamén a Trigo que aviva estas cuestións.
Jimy de Rairo
Si, moi preocupante, a referencia que inclúe Arume e o artigo este de La Opinión. Pero é evidente que a normalización do idioma vai ter sectores á contra, claramente hostís: sempre os houbo e non hai lei ningunha que non teña detractores. Pero as leis deben aplicarse: para iso se fan.
Benvido, amigo Jimy de Rairo!!
Hai tempo que non sabiamos de vostede: eu xa ía ordenar dende aquí unha orde de busca e captura. Alegrámonos da súa volta, que enriquecerá este foro. Saúdos.
Benvido amigo Jimmy, o noso artista oficial. Botávamolo de menos. Se quere ler aquel debate que tanto lle interesaba, creo que está nos arquivos do blog.
¡Sexa benvido, Artistiña!
Coincido con vostede no de González Trigo e "Reserva especial". Téñoo ademais por un dos mellores articulistas do país.
Grazas amigos,por esta solaina vai un vento calmo de outono. Permitídeme que vos adique uns versos dun poeta.
Señor,Xa é hora, O verán foi grandioso/
POusa a túa sombra sobre os reloxos de sol/
E solta os ventos polo campo/
Ordea a plenitude dos frutos serodios/
Concédelles aínda dous días de sol meridonial/
impúlsaos a súa perfección e bota/
unha dozura derradeira no pesado viño.
O que agora non ten casa, non a construirá xamais/
O que agora está só, seguirao estando longamente e velará e lerá e escribirá extensas cartas,/
inquedo paseará baixo as arboledas/
cando as follas sexan arrastradas polo vento.
Jimy de Rairo
Publicar un comentario