En poleiro alleo
(Fotografía: Floris Andrea)Sobre a in-dependencia (Afonso Monxardín, Galicia Hoxe)
A nostalxia dos reiseñores (Xosé M. Sarille, El Correo Gallego)
Bazofia na TVG (Afonso Álvarez Cáccamo, Faro de Vigo, 21 maio)
Cuba vive unha auténtica revolución sexual (La Vanguardia)
36 comentarios:
Casualmente vin uns minutos dese vergoñoso programa na TVG. A verdade eu non daba creto ao que estaba vendo. Pensei que estabamos ante un novo tipo de humor que eu xa non entendo froito quizais de non ir xa cos tempos. Un ve tan pouca televisión. Si nos mesmos facemos esas parvadas ¿que respecto podemos esperar dos demáis hacia a nosa cultura?. Nin siquera aquelas películas do franquismo que ridiculizaban ao galego como sereno foran tan lexos. Non comprendo como a eses actores non lles fervía o sangue representado eses papeis. Pregúntome ¿ninguén vai pedir explicacións?. Bochornoso.
¿De qué nós queixamos? ¿É que non somos así de patéticos? ¿É que non temos o que nos merecemos? ¿Ou é que todavía pensades que no seu día o voto da xentiña da costa da morte, Muxía e fisterra ao PP despois do Prestixe fixeronnna os marcianos? ¿E que dicer dos de Ourense ou Lugo? ¿Que están alienados eses votantes? Veña ooouuu !!. ¿É non votaban a don manolito antes, durante e despois do dislate? Pois si esa xente, moitos deles emigrantes con recursos e habilidades sociais, coñecemento de idiomas, televisións planas, fillos na Universidade..., non chamou, ou non calou, cando, por exemplo, lle chamaron aos voluntarios cataláns que viñeron a limpar a nosa merda do Prestige aquilo de homosexuais, drojraditos e delincuentes... Pola mesma o da TVG, como os Tonechos, os Cuiñas, os Albores, son criaturas nosas. Son a Galicia-Galiza e estado puro, a realidade non sublimada dun pobo polas súas elites progresistas. O problema é que as elites non queren ver o evidente. Prefire pensar que son alienados, que o caciquismo os pervirte. Prefire pois desculpalos, quitarlle a súa responsabilidade de ser o que queren ser, o que, lamentablemente, somos.
Dito esto, quedo a espera de ver o que fan cos responsables desa ignorantada de programa: NADA. Porque neste país nunca pasa NADA. Que o condenan e o inhabilitan a un despois de ser vicepresiendente, pois NADA. Me comporto como Ana Rosa Quintana, voy pues a "la Coz de Galicia", y me hago la conciencia moral de la progresía. Que axudo a publicar un libro, porque traballo nunha editorial e o autor mo dedica, pois NADA, vou as páxinas do EL PAIS y le dedico una página a la chica y digo que es la narradora del futuro, que carai !!, ou non son parte do "sistema literario galego". E así con ese paternalismo dos intelectuais de medio pelo: a crear obpinión nos medios. Que hai que dar un premio, reuno a los mismos de siempre, que premiarán a los de toda la vida, ¿como no? si yo soy un intelectual que premio a mis pares, claro, no pasa NADA, y quien se queja, no sabe NADA. E non pasa NADA, nunca pasa NADA. Somos un país experto en darlle patadas o caldeiro de merda, para ver se cando chegemos a el esa merda se descompuxo. Só por iso merecemonos o que nos pasa...
Perdoade, pero hoxe teño un día tremendo, porque estou enfadado polo programa, pero, tamén, desde hai anos, con nós mesmos.
É comprensible o enfado e o cabreo de moita xente co teor do programa (eu non o vín e non podo falar, aínda que as irreverencias, sexa a quen sexa, nunca foron motivo para mín de escándalo; outra cousa é o burdo do estilo). Pero, desde logo, eso non é culpa do PP, por moito pareado aprendido en manifestacións completamente necesarias.
Eu teño moitos amigos votantes do PP e non gustan deses persoaxes. É máis: podo dicir que son desprezados olímpicamente, por razóns quizáis lingüísticas, pero indígnalles esa imaxe. Polo tanto, moléstense co patético que pode resultar un programa desas características, pero, por favor, non disparen sempre para o mesmo lado.
Dame a impresión de que Alfonso Monxardín nesta ocasión apúntase a teoría da conspiración.
O Artigo de Sarille de calado antropolóxico, refirese ao que se ven denominando como "secuestro da experiencia", nas sociedades actuais.
Non vexo Tv e pouco podo opinar, pero polo que conta Alf0nso Alvarez Cáccamo, o proceso de embrutecimento semella imparabel neste medio, coa dereita ou coa esquerda.
E constato polo seu relatorio que os galegos seguimos a ser incapaces de tomarnos en serio pra facer bo humor.
Jimy de Rairo.
Buff, non lles parece un chisco esaxerada a admonición do amigo Cáccamo? Eu penso que facer brincadeira CON Rosalía ou Castelao (que non deles) non deixa de ter un punto de cómica provocación inexplorada até o de agora...
Debo dicir que eu sí a teño un pouco tomada co programiña de marras. Pensen vostedes que nos centros de ensino a celebración do día das Letras Galegas conleva un traballo previo de moitos profesores e alumnos coa finalidade de dignificar un pouco máis a nosa cultura que xa ben coxa anda a pobre e logo resulta que os mesmos que financian os materiais de apoio a dito traballo tamén financian en hora de máxima audiencia a versión chocalleira segundo a cal os grandes da cultura galega eran uns papaverzas de coidado. Todo isto co PSOE e BNG no poder o cal xa é o colmo. Claro que moitos de nos separamos ben unhas cousas doutras e mesmo aceptariamos as irreverencias (aínda que de mal gosto) pero pensemos que para miles de galegos ese día resúmese nuns intelectuais lendo discursos no Courel en breves imaxes nun telexornal e nas gargalladas que a conta da celebración se deron pola noite.
Menos calvinismo nacionalista e máis croquetas coa momia de Rosalía.
Agora en serio...: por que (carallo) non fan chiste dos políticos?
Vaia por diante que eu non me considero nacionalista nin moito menos e outras ocasións haberá de demostralo.
Pois nacionalícese, home, nacionalícese.
Novamente falando en serio, voulle dicir unha cousa: en Galicia non é fácil ser nacionalista, con todas as puñeteiras consecuencias, e aínda moito máis complicado exercer como tal.
O máis fácil é facer deixadez de todo, "pasar" olimpicamente. Ou, entre eses dous extremos, mirar para onde quenta a estufa.
Por certo, dicirlle a Monxardín que o que cómpre en Galicia é rachar coa dependencia. A todos os niveis.
Por outra banda, creo que esa lei se fixo para darlles un pouco máis de autonomía ás persoas que teñen un familiar ao que coidar. O sentido da palabra "in-dependencia" vai por aí. Dáme a impresión de que non o entendeu.
A independencia:palabra tabú.Tamén foi tabú a palabra República.(xa o é menos).Sen embargo non debería estrañar que nunha nación antiga e sen estado como Galicia existise unha corrente de opinión amplia e sólida a prol de ese obxectivo.Falo,naturalmente,dunha corrente democratica e pacífica,similar ás que existen noutras partes de Europa ou América (Escocia,Quebec...).
Que un sector significativo da cidadanía galega tivese o anceio de constituír un estado propio non debería estrañar( e moito menos asustar ).
Eu mesmo votaría SI sen dudalo nunha posible consulta.Non porque me queira arredar de ninguén senon porque sería un punto de partida idoneo para arranxar moitos dos problemas hoxe existentes:lingua,medio ambiente,equilibrio territorial.etc.
O raro é que esa idea non teña mais exito entre os sectores dinámicos da poboación e dos intelectuais. Deberíase poder falar libremente desa posibilidade sen que ninguén te acuse de estar xogando con lume.
Por suposto,non estou a falar dos grupos e grupúsculos que defenden a violencia e non representan nada na Galicia actual.
Alguén podería explicar porqué os escoceses,á primeira oportunidade que teñen,votan maioritariamente a un partido independentista?.Están xogando con lume?.
Por outra parte,sempre se oculta que o factor mais decisivo no "milagro" irlandés foi a independencia.
A campaña da in-dependencia, foi efectiva porque chamou a atención, claro. Cómpre rachar coa dependencia en calquera lugar, claro, aquí e alá. Se cadra me faltou un chisco de sentido do humor...e de distancia.
Desde logo non creo en teorías da conspiración nin nada que se lle pareza... É mais, ben sei que o BNG é un partido de práctica absolutamente autonomista, que quere reformar o estatuto para enchelo de máis contidos, sen cuestionar o sistema, ainda que a niveis doutrinarios non o teña tan claro, etc.
Ben sei que esta campaña aquí é un símbolo de normalidade e qeu sería impensable tal lema en Euskadi ou Cataluña porque morrería de gusto o Sr.Jiménez Losantos, con tanta carnaza...
Perdoeme, pero é que unha campaña para fomentar a in-dependencia qeu coincidise co tipo aquel que ía na súa silla pola autopista, púñase ao xeito.
Moi bos os artigos de Monxardín e Sarille, como sempre.
O de Afonso Cáccamo deume a risa, se lles digo a verdade. E o mesmo me pasou co post de Adrián Solovio. E discúlpeme, por favor, o aludido, que ben se lle ve que non anda de bo humor, pois non é a miña intención ofendelo.
Pero é certo que a min estas indignacións tan subidas de ton polo que seica levan facendo dende "fóra" e dende "sempre" contra "a nosa alma" danme a risa.
O que me provocou tamén o artigo de Cáccamo foi mágoa por non ter visto o programa que suscitou as súas depresivas iras e que seica vai tirar por terra o ímprobo e inmenso labor que o articulista leva facendo durante tantos anos como progfesor de galego. E digo que me dá pena non telo visto porque a min ao mellor me gustaba. Ou cando menos algunha risa botaría. Ese "sketch" de Pondal e o seu himno incomprendido é unha idea simpática á que se lle pode tirar moito zume humorístico. Lástima que non o vin e non podo, por tanto, saber se o fixeron ben ou mal.
En fin, señor Valcárcel, xa ve vostede que aquí un "Polònia" sería misión imposible. Aínda que estivese ben feito, pois iso parece ser o de menos. O que lle importa ao señor Cáccamo, segundo eu o vexo, non é tanto o humor como as mensaxes que o humor debe transmitir. Un coñazo, en suma, un humor sen risa, deses que algúns disfrazan con adxectivos como "intelixente", "comprometido" ou "crítico". Crítico si, sempre que non sexa "cos nosos mitos", "coa nosa alma". Se lesen ben a Aristófanes e deixasen a indignación para cousas máis serias...
Alguén o pode colgar no You tube para os que non o vimos?
Non home, non. Claro que o labor do profesor de galego non se vai a tirar por un programa da televisión. O triste do asunto é que os "sketchs" eran tan malos que facían rir aínda menos que ise humor aséptico do que vostede fala.
Apocaliptico, realmente apocaliptico o artigo de Cáccamo. Eu non vin ese programa dos Tonechos, e desde logo que tivo que ser para nota.
Pero vamos, penso que a santa indignación do noso vate é esaxerada de máis. Seguro que o escribiu en quente, e iso non é moi recomendable... se o saberei eu.
Aborrezo esas croquetas porque desprenden o mesmo humor ao que apunta Caccamo.
Para rirse desmitificadoramente dunha identidade colectiva primeiro ten que tomarse en serio a si mesma esa colectividade, é dicir, facer un mito, e un mito para quen o vive non é unha narración fantastica ou imaxinativa, senón que é o relato da verdade, a verdadeira explicación das cousas. Habería pois que crerse primeiro esa narración, vivila, e logo no proceso do despregamento do discurso racional (logos) encontrarse con que non somos os que creimaos ser despertando a comicidade da situación, descubriremos o lado meramente prosaico do que semellaba unha crenza en verso. Nese descubrimento de que non somos o que pensabamos ser , senón outra cousa distinta, mais continxente, mais prosaica, reside o comezo do humor.
Pero na Galiza nunca nos tomamos verdadeiramente en serio, nuncha nos crimos o mito, todo o mais facemos "como si", por tanto o noso humor é un humor resentido, de retranca, triste,humor do que nunca chegou a ser e que fai dese non ser gracia, mutilación, perda, dose de masoquismo.
A quen se lle ocurriría comer nunha croqueta de un clásico, que é mais actual que o seu padal?. Castelao ou Rosalía están mais frescos que moitos profesionais da desmitificación a desmontaxe e a deconstrucción. Por esto se lles indixesta a estes estomagos afeitos a tanta comida precociñada. O humor destes desmitificadores do que non entenderon é a temeraria "gracia" do ingnorate que desprecia o que no coñece, o que no catou, do que non se alimentou e que só ten por referencia, os títulos dos libros, algún paratexto, lecturas superficiais e pos suposto moita, moita televisión.
Jimy de Rairo
En realidade o humor que se faga sobre Pondal e Rosalía só lles interesa aos que si "toman en serio" a chamada "identidade colectiva". En fin, as nosas cousas, os nosos mitos, a nosa alma, a nosa terra, a nosa literatura, a nosa historia... Un señor deses que Jimmy de Rairo conceptúa como ignorantes bípedos televisivos talvez nin sequera pille moi ben un sketch dos Tonechos ou de Morris e Manquiña sobre Pondal, pois non terá maior información sobre o bardo de Ponteceso e a súa lírica estomagante e friki. Non terá elementos para a interpretación humorística e rirá ou non en función doutros factores, non tanto temáticos ou desmitificadores como xestuais, verbais, etc.
Os que están capacitados para entender integramente o sketch tonecheiro son as persoas informadas sobre esas cousas. Maioritariamente nacionalistas, que toman moi en serio todo o que teña que ver co "noso", como Alfonso Cáccamo, e aos que nunca lles fará gracia ningún achegamento antimítico aos mitos. Supoño que pensan que ata o momento en que todo estea "normalizado" (?), non vale facer humor a costa de Pondal, Rosalía ou Castelao. É dicir, ata que o pobo galego alleado, colonizado, obtuso, ignorante e manipulado por forzas estranxeiras non abra os seus ollos e a súa "alma" á interpretación, tan respetable como peculiar, que o nacionalismo fai de Galicia e dos galegos.
Eu creo que non hai que facer croquetas coas momias de Rosalía e Castelao, senón avecrén para botarlle ao caldo futuro.
Por suposto que hai que tirar humor dos clásicos, pero comprendérá que un humor tirado dun clásico dalgún xeito ten que facer ironia do clásico, cousa non doada e cun resultado sen dúbida humorístico. O que se critica é ese "humor ramplón", de baixa calidade, esa é a cuestión, de tan baixa calidade que pode resultar ofensivo para os coñecedores deses clasicos. Se algúen se pretende ris de Groucho Marx, terá que ter fino humor, e pareceme que o que poderían facer os tonechos con Groucho, sería algo mais ben triste. Non sei se así maticei mellor?.
Atopo moi suxerente a variación sobre as croquetas de AVM, ehí a diferencica, AVM mostra ironía, humor gris.
O humor chocalleiro aplicado aos clasicos produce un efecto similar, a relación que nos suxire, o nome do Partido Galeguista asociado aos seus candidatos nestas elecións. Non lles parece?
Jimy de Rairo
Extraordinario o artigo de Sarille. Aínda non tivera ocasión de lelo.
Bo, moi bo, extraordinariamente bo, por moitos conceptos e motivos.
Ao sr Cáccamo vaise-lhe um chisco o pote no artigo do Faro. Semelha um integrista-islámico chamando à guerra santa contra de occidente por mor das caricaturas do Maomé ou um bispo espanhol poniendo el grito en el cielo por el desmoronamiento de la sacra institución familiar provocado por el guerracivilista gobierno ZP.
Mais humor senhor Cáccamo, que para a defesa dos mitos sagrados intocáveis já nos chega com as instituçons religiosas, UPG inclusível.
Longa vida aos Tonechos!
e kill yours idols.
O humor que fan os Tonechos é tamén o humor do pobo, porque ademáis de sermos moi irónicos e moi humoristas (Celestino de la Vega dixo), os galegos tamén temos un humor chocalleiro, do tipo de aquel programa intitulado "A repanocha".
Os Tonechos, que empregan galego "ambiental", son sen dúbida aceptados porque, en realidade, aínda que parecen do pobo "llano", non o son. Ben, algúns, polo que parece, aínda nin por esas os aceptan.
Pero isto é o que lles hai. Se poñen aos Tonechos a falar en galego normativo de cinco vocais e empregando a ironía, non terían éxito.
En Galicia vívese unha situación completamente distinta da de outras nacións nas que a clase media e a burguesía non dimitiron das súas responsabilidades (e da súa lingua). Aquí o galego practícano os que o mamaron desde a nacenza (que non ten que facer alardes lingüisticos e o fala porque non lle queda máis remedio) e catro entusiastas locais, con algúns estudos, que non son capaces de agochar o flagrante bilingüismo de base con que naceron.
No medio destes dous polos (que se debían amar e tirar flores, pero que se descoñecen coma os veciños que non se falan) está toda esa clase media-media (e a alta, claro) á que "el gallego se la suda".
Debo recoñecer que xa me deixan vostedes máis tranquilo. Ao final todo vale.
Ou o que é o mesmo, nada sirbe.
Jimy de Rairo
Anres esqueci-me: concordo com a.p.-c. , gostei muito também do artigo Sarille.
Aí van Alfonso, por se non deras coeles, non subidos o Youtube, pero na páxina da Galega.
Os Tonechos o día das Letras
A min dos Tonechos o que máis me gusta son as bailarinas que saen ó comenzo.
Os Tonechos deben ser tomados en doses pequenas. O primeiro cadro, que é o que eu vín, paréceme estupendo. Con ou sen Castelao. O propio Tonecho (que ao parecer ocupa varios lugares por riba de Tucho no escalafón de galegos influintes) confesaba no mesmo sketch ao público: "que mala educación lle estamos dando á xente".
Ten razón, creo que foi Leituga 1: é imposible facer uns diálogos sobre Castelao ou as letras galegas sen saber do asunto. E, desde logo, non é nin desmitificación nin irreverencia: é puro cachondeo, completamente arrebatado. A situación de comedia é disparatada e, desde logo, marca o xénero: e dentro do xénero da farsa (astracanada, paifocada, pailanada e tutti quanti) cabe todo, absolutamente todo. Outra cousa é que á xente lle poda gustar a farsa. Ese é outro problema: para moita xente, Woody Allen é un pelma que só sabe falar de sí mesmo. Pero é que para os lectores non só se fixeron as cores retóricas senón os xéneros.
Aínda non vin o sketch. Pero iso de "que mala educación lle estamos dando á xente" paréceme unha magnífica síntese do que foi e -ao meu modo de ver- debe seguir sendo a función dos cómicos, agás que os queiramos ver agrilloados pola correción política e o didactismo social. Os cómicos deben ser destructivos, incorrectos e absolutamente hedonistas. A súa función é provocar a risa e poñer o mundo ao revés. Non por nada, simplemente porque si. A risa, a risotada, a gargallada que rebenta a gorxa e o peito, que fai saltar as bágoas, case confundida coa dor física, é un fin en si mesma. Un fin que non tildarei de "nobre" nin de "espiritual" nin de "intelixente", senón simplemente de placenteiro.
Claro que, ao lado deste humor primixenio, intransitivo, hedonista e procaz, hai outras modalidades máis sofisticadas e distinguidas de humor ás que eu tamén son moi afeccionado, non vaian pensar. Pero non renuncio, non quero renunciar en función de mecanismos de "distinción" socio-cultural ou de represión da elementalidade do placer, a esa comicidade de estirpe popular, rabelesiana, carnavalesca, burda e maleducada que, unhas veces mellor e outras peor, representan Os Tonechos.
Pois, si. Se admitimos caricaturas sobre Mahoma e defendemos o dereito de Leo Bassi a meterse co Papa e cos cregos, non podemos pedir outra vara de medir cando se trate dos nosos mitos. Outra cousa é que se faga con bo ou mal gusto: todo é opinable. Aínda que a TVG sería máis crible se, ó carón das brincadeiras contra Rosalía e Castelao, se permitisen outras que tivesen como centro a Touriño ou a Quintana. Aquí, polo visto, meten máis medo os vivos que os mortos...
Touriño e Ánxela Bugallo encaixaron, creo que bastante ben (polo menos facían como que rían), hai un par de semanas as mordacidades que, en vivo e en directo, diante de varios centos de persoas, lles largaron Morris e Manquiña na entrega de xa non me acordo que premios. E claro que en TVG debería de haber un programa de humor que parodiase a actualidade, tamén a política. E se non o hai, supoño que non é debido a oposición dos políticos, senón aos temores dos pelotas de turno, sempre máis papistas que o Papa.
Eu reafírmome na miña idea de que a cultura popular nunca se ten que converter nun conxunto de eventos tan pouco edificantes, triviais e de pésimo gusto como a TVG ten por costume presentar.Esto na Telegaita de Don Manuel sufríamolo con certa dose de resignación pero na actualidade os que votamos ilusionados polo famoso cambio e progresismo cos que se lle enchía a boca ós dous partidos que hoxe nos gobernan, con que mágoa comprobamos que todo quedou en auga de borralla.É boa verdade que ós políticos mellor que a ninguén se lles pode aplicar aquelo de : "Unha cousa é predicar e outra dar trigo".
Os que traballamos con xente nova sabemos canto custa inculcar actitudes de tolerancia e respecto e que no amplísimo abano de ofertas, que en todos os ámbitos hoxe se lle ofrece a xuventude, saiban diferenciar, escoller,separar o gran da palla, polo que cando un le que unha desafortunada frase de un dos compoñentes da parella ¿ humorística ? Os Tonechos foi a más repetida por unha grande parte da xuventude do rural, no verán do dous mil cinco, cáeselle a alma ós pés e comprende perfectamente a carraxe do señor Cáccamo.
E que as comedias "urbanas" de interiores, na TVG, con acento de cinco vocais, non funcionan. Vexamos que imaxe dos galegos nos dan as seguintes series que si funcionaron:
- "Pratos combinados": dous individuos, sen moitas luces, fan trampuxadas para non traballar, gañar moitos cartos e darse unhas paparotas de medo. Tamén anda polo medio un cura ao que lle gustan os cartos. Ao final, o matriarcado pon orde no asunto.
- "O show dos Tonechos": sogra moble empotrado, nai consentidora e sen moitas luces, pai gandulo e fillo o mesmo. Clase media-baixa. Polo que parece acaban de aterrar na cidade, ou tocoulles unha quiniela. Os valores principais dos protagonistas son: comer e beber (moito), non traballar, e as mulleres (velaí a diferencia con "Pratos Combinados". Ao final, é o matriarcado o que pon orde en todo.
Pensemos que noutras partes desta pel de touro tamén se emitiron "Aquí no hay quien viva" ou "Manos a la obra".
Pois a min o affaire dos Tonechos tráeme sen coidado. Sinceramente, nin fu nin fa.
Pois o certo é que vin o programa grazas ao enlace que o XuliodRabal lle ofrecía ao señor Alfonso e que me tomei a confianza de usar, e que me rin bastante.
Lembrei os intentos rupturistas de Ronselz, os libros de Manuel Outeriño.. aquilo de "Novoneyra vanche facer a parcelaria e vaste cagar en diós" ou algo así.
Isto é mostra de que o país está vivo, máis alá do discurso intelectual dos Srs. Cáccamo e Cía.
Ou queremos unha iconoclastia controlada? Queremos derrubar as estatuas alleas e preservar as nosas en construción?
Gustaríame poder rir con máis liberdade o dos Tonechos? Aínda teño prexuízos,pero espero superalos. Falaba noutro post o Sr. Valcalcel da función psicoanalítica do blog. Ben. Pola miña banda estou contentísima de como van as cousas.
Publicar un comentario