Sen que sirva de precedente
(Afonso Monxardín en Galicia Hoxe)
O artigo completo
(...) Debiamos tocar aos euros suficientes para xa non ter que traballar máis na vida. Nin os fillos. E se cadra nin os netos. Pero polas cousas que falaban os tres, non se lles adiviñaba se reviraban o fociño para a dereita, para a esquerda ou para o galeguismo... pois as palabras "socialismo", "nacionalismo", "liberdade", "conservador", etc. non se oíron... E eu, claro, feliz, pois cada vez me gusta máis que se acougue no sistema. Así pois, é desas matices de xestión do que hai que falar... e a ser posible, sen rir. E claro, deste xeito os lemas políticos son intercambiables e non din nada... "Pensado para ti", "Centrados en ti", "Ti decides"... ¡Mi madriña!, ¡Que responsabilidade! Canto pensan en min... Madia leva.
Por iso un meu amigo ácrata quixo facer unha candidatura sen programa -total vale copiar- pero cun lema diferente e sincero: "Vótame a min. A ti que máis che dá... e a min arránxasme a vida". E que aquí lles valoramos moito a sinceridade... Por iso Baltar divirte o público nos mitíns das aldeas dicindo.... "Din que coloco os amigos... que coloco os amigos... ¿e logo algún de vós ía colocar os inimigos, ou?" E todos rin cómplices.
(P.S.: Xa que uso os seus artigos aquí, déixenme felicitar ó amigo Afonso que hoxe mesmo foi elixido director do IES As Lagoas de Ourense: máis traballo aínda, pero aí van os meus parabéns)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
12 comentarios:
Afonso fala neste artigo do mesmo acto electoral ó que me refiro eu na Andoliña de hoxe...
Fenomenal o artigo de Monxardín. A verdade é que ten toda a razón do mundo. En boca dos políticos, todo son promesas e grandes fastos, aínda que despois, xa se sabe. Rin a esgalla coa parte final do texto. E, sobre todo, con ese: "Vótame a min. A ti que máis che dá (...). Boísimo! Saúde e moito humor que, políticamente, será o que nos quede, compañeiros.
Estoutro día lin unha viñeta na que un tipo ben traxeado lle dicía a outro con menos percha:
"Que ya no haya derecha e izquierda no quiere decir que no haya arriba y abajo"
Menos mal que Baltar é centrista, porque se chega a ser de dereitas... Así están Ourense e Lugo, á cola do estando en calidade de vida, pensións, etc, etc. E logo aínda por riba van os paisanos e lle rin as gracias...
Simpático agasallo de fin de semana, amigo Arume: gustoume a música e a canción pero a coreografía vai sendo unha mestura das películas de Sabú (a miña infancia!!) e Esther Williams.
Esta canción vai dedicada ao señor Monxardín pola súa nova responsabilidade, que de seguro ha desenvolver con pleno éxito:
A familia canta unha canción irrepetible: adiviñan cal?
Magnífico o artigo do Monxardín, que cada día o fai mellor. Esperemos que a súa nova responsabilidade, pola cal o felicito, non lle reste inspiración nin capacidade para seguir observando con ollada demorada, revirada e cómica o mundo circundante, que tanto dá de si.
APC achegounos unha boa mostra de frikismo musical, en produción familiar e creo que de raíces catalanas. Pero...qué ben o pasaron facéndoo!!!
Non se esqueza, amigo Valcárcel, do concerto que a extraordinaria Lila Down vai dar na súa cidade proximamente:
Agua de rosas
Monxardín, que os seus compañeiros e as súas compañeiras lle sexan leves.
Graciñas.
Espero que todo vai ben. Cólloo con ilusión e optimismo.
Os portugueses teñen un refrán que di "Quen corre porque quere non cansa", así que espero non cansar axiña. O refrán correspondente español é horrible, "sarna con gusto no pica".
Deámoslle entrada en galego ao refrán do sur, tamén noso.
Ánimo, señor Monxardín, que vostede pode con iso e con moito máis.
Iso, Monxardín. Nos momentos malos pense vostede naquilo de "mentres o pau sube e baixa, descansa o lombo".
Marcos, anímese e métalle vostede o post número 100 á entrada electoral. Do contrario, os demais non seguimos.
Publicar un comentario