EN POLEIRO ALLEO
Chamarlle marimacho a una ministra (X.M. Sarille, ECG)
¿Cazo ou caldeiro? Velaí a cuestión (Afonso Monxardín, GH)
Psicoloxía do pacto (M.A. Fernán Vello, GH)
Centros galegos (Xulio Ríos, GH)
MAINO POLA HERBA
-
Paisaxe túa
Son unha ponla túa mesmamente
xesta amantiña no serán do peito
regueiro novo onde os peixes cantan
chuvia da túa man amorosiña
Maino ventiño m...
Hace 14 horas


11 comentarios:
En xeral, e nesta ocasión, os artigos escolmados son frouxiños.
Adoita facerse costume que os artigos se asemellen cada vez máis a telegramas. E asi non hai maneira.
Non sexa vostede demasiado esixente cos amigos convidados de "En poleiro alleo". Non sempre se pode ser maxistral. E creo que iso non é problema de extensión, precisamente.
Hai que dar unha de cal e outra de area cando sexa mester.
Cando se é maxistral dígoo (e díxeno máis dunha vez) e cando se é frouxo tamén (poucas veces o dixen).
Ademais, hoxe estou hipercrítico: é un día deses!
De acordo, está vostede no seu dereito. E é certo que tampouco é parco en gabanzas ós contertulios, noutras ocasións.
Gabanzas aos contertulios e gabanzas tamén aos convidados de "En poleiro alleo". E así será cando, sempre na miña falible e subxectiva opinión, o merezan.
Reláxese, monsieur politique-culturel. Errare humanum est, e máis entre personas humanas.
Non sabe ben o relaxadiño que estou :-)
Xa se sabe: Unha de cal i outra de area.Ou melhor:unha de pólvora e outra de magnolias...
O troll ágrafo
En poleiros aínda máis alleos:
http://www.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1628191_1626317_1629777,00.html
Pois eu atopei moi simpático o de "Cazo ou caldeiro". O de sarille é máis frouxo, é certo. Iso é o que lle pasa por andar de "enfant terrible". Agora calquera cousa sensata e normal que diga, xa nos parece pura palla.
Tanto o de Ríos coma o de Sarille non dan para moito, a verdade. Escribir na prensa é complicado: non todos os días, nin todas as semanas, se está inspirado. Por iso eu admirarei sempre os bos creadores de opinión.
Publicar un comentario