Última hora: o PP galego racha o consenso na normalización lingüística
O PP retira o seu apoio ó decreto de ensino da lingua galega aprobado hoxe polo Consello da Xunta
13.19h. En roda de prensa posterior á reunión do Consello, Pérez Touriño destacou que este texto fora rubricado polos tres grupos do Parlamento anteriormente.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
56 comentarios:
Para ter unha mellor perspectiva sobre o tema recomendo a magnífica páxina: "tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com"
O PP retira o apoio ao tempo que a plataforma que sabemos anuncia a presentación de dezaoito mil sinaturas en sede autonómica. Seica se proclaman "gallegos normales que non quieren ser normalizados".
Firmemente esperemos.
Para min a decisión do PP é gravísima ó rachar un consenso real que viña de moitos anos atrás e que se expresou no PNLG aprobado por Parlamento Galego.
Creo que é doado entender tamén que a coincidencia (irónica) anotada antes por Bouzafría e XMG reflicte unhas relacións moi estreitas entre ámbalas dúas accións políticas: presentación de sinaturas e retirada de apoios. Todo isto queda moi lonxe da fasquía liberal e case "progresista" que algúns membros de TGCG quixeron amosar aquí en intervencións anteriores.
"Liberal": Habería que facer un congreso sobre esa verba; a súa evolución no tempo. Dende logo ten moitas variantes o seu significado( eu penso que é unha palabra "prostituida", se se me permite o vocablo ).
Cando un político en España se autocalifica de liberal quere dicir "dereita extrema"; en EEUU ser liberal é case menos que ser comunista.
Agardemos acontecimentos: Feijoo non acredita tal retirada de apoio.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=21&idNoticia=182359
Eu non entendo nada. O decreto de ensino en galego oficializa o bilingüísmo no ensino, nunha comunidade onde máis do 50% fala en galego. Aínda iso lles parece demasiado. Algúns pais (e polo visto o PP tamén) cren que porque os seus fillos reciban algunhas horas de clase en galego, van ter unha educación máis deficiente (traduzo: "van a sacar peores notas")!
Apunto o que xa comentei por aquí. Habería que crear uns centros de élite, cos mellores profesores, cos mellores medios, co ratio alumno/clase máis baixo, nos que se impartise 100% en galego. Todos os alumnos que quixesen estudiar nestes centros serían admitidos.
Garantízolles que moitos pais cambiarían de opinión.
Os centros de élite xa existen: son os institutos públicos.
¿En galego chámanse Licéus?
O Troll
Arumes: Pode que o Santa Irene sexa un centro de elite, non o sei. Nas súas paredes aínda quedará memoria de Leónides de Carlos. Pero ao Instituto Politécnico de Torrecedeira non o calificaría eu xustamente como de elite.
Señor marcel swann.A segunda parte da súa anterior intervención é alucinante...e mormente realista...
O troll
Mal rollo, moi mal rollo.
Señor Arume dos piñeiros: Moi optimista me parece a súa catalogación de centros de élite.Para ser considerado como tal ,o centro, terá que reunir,como pouco, : prestixio académico, magníficas instalacións e boa sona e non son moitos os centros públicos , sobre todo nos grandes núcleos de poboación, que cumpran estas condicións.
Eu si estudie no Santa Irene, claro xa hai anos, e non creo que fora un instituto de elite, había algúns profesores que eran uns lacazáns, pero en xeral o ambiente era moi bo. Case todos aprobamos a selectividade, e iso que non presentaban só ós alumnos bos. En fin, tempos aqueles !
Por que mal rollo? Non deixarían de seren centros públicos, pero con máis e mellores medios humanos e materiais. Iso levaría a moitos pais a pensalo dúas veces antes de levar aos seus fillos a un colexio privado ou concertado, por exemplo. Non se trata de prestixiar o galego? Non é certo que o castelán xa se prestixia sozinho? Pois se queres castelaniño, xa sabes o que che queda: ou privado/concertado (onde xa sabemos que inflan as notas, os profesores están puteados, o galego adoita ser unha maría, etc), ou o resto dos públicos, que non por iso baixarían en calidade.
Serían os mellores cartiños gastados no galego en décadas.
Pódenos aforrar doutros sitios. Por exemplo, ese millón de libros que teñen nos almacéns da editora da Xunta. Non saben que facer con eles, se comelos ou facer unha cacharela.
Outra forma de aforrar é deixar de pagarlles as viaxes a ese mil e un poetas que temos en permanente xira sobre si mesmos por congresos e xornadas.
Non, señor Swann, non me refería ao que vostede escribiu. Referíame unicamente ao titular desta entrada. Non sexa tan susceptible, ho.
Velaí unha ampliación da noticia:
Galicia
El PP condiciona su apoyo al decreto del gallego a que incorpore las recomendaciones del Consello Consultivo
Touriño acusa a los populares de "romper el consenso" lingüístico en Galicia
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, acusó al PP de "romper o consenso" establecido en Galicia en torno al Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidad en 2004, porque "ao parecer lle retira o seu apoio" al nuevo Decreto de ensino en lingua galega, con el que se "cumpre estrictamente" el citado plan. En la rueda de prensa tras el Consello de la Xunta, que dio el visto bueno al Decreto, Touriño aseguró "lamentar" la actitud del PP, y dijo que "serán eles os que terán que explicalo" porque "houbo un cambio da actitude inicial". Recordó que la normativa fue elaborada con el consenso de todos los grupos desde el principio y que incluso el texto reelaborado tras pasar por el Consello Consultivo contó con el acuerdo del PP.
Sin embargo, el presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, afirmó, tras la reunión del Comité de Dirección de su partido, que si Touriño "da por roto o consenso, el saberá porqué", y negó que haya retirado el apoyo a la nueva normativa. Aseguró que aún están evaluando el texto recibido este jueves a las ocho de la mañana y que si "contiene as recomendacións do Consello Consultivo" mantendrán el acuerdo.
El Decreto aprobado este jueves tiene el objetivo de "propiciar a igualdade plena e efectiva entre as dúas linguas oficiais" en Galicia, el gallego y el castellano, y garantizar la "plena competencia" en ambas, explicó Touriño, además de "fomentar el plurilingüismo". Así, en Primaria, ESO y Bachillerato el alumnado recibirá, como mínimo, el cincuenta por ciento de la docencia en gallego. En la educación infantil, el profesorado usará la lengua materna predominante entre los alumnos. La normativa será de aplicación en todos los centros docentes públicos y privados, que deberán elaborar su propio proyecto lingüístico.
"Consenso básico"
Touriño manifestó que hace apenas 48 horas, el acuerdo en torno a este texto "era total" y que aunque "non teño información precisa, ao parecer o PP parece que retirou o apoio a esta norma". Afirmó que el texto "cumpre estrictamente" el Plan de Normalización Lingüística, que se incluyó se ha añadido como un anexo al Decreto, y recriminó que "ao parecer o PP no está dacordo con esta formulación".
Por eso, volvió a lamentar que el PPdeG con su actitud rompa "o consenso básico da historia política desta comunidade", y el "cambio de posición" que instó a explicar al grupo de la oposición, porque "eu non quero facer unha interpretación política de por que agora lamenta ese consenso".
Núñez Feijóo subrayó que si finalmente se rompe el consenso, será el titular de la Xunta quien tendrá que explicar "por que se desmarca" de un informe "fundamental", como el del Consello Consultivo, para adecuar jurídicamente a la Constitución y al Estatuto la normativa en materia lingüística. Según explicó, los miembros del PP que están negociando el decreto con la Consellería de Educación cuentan "con todo o respaldo" del partido para realizar la valoración "completa" del texto. Subrayó que si después de analizarlo determinan que contiene las recomendaciones del Consultivo sobre la garantía del reconocimiento de las dos lenguas oficiales de la comunidad y el equilibrio en la utilización de las mismas, "seguiremos no contexto". "Senón non o apoiaremos", aseveró ya que, a su juicio, quedaría "fóra" del ordenamiento jurídico y sería como decirle al Consello Consultivo "que peche as portas e se adique a outra cousa".
O apoio do PPdeG ao Decreto tambaléase: primeiro obxectivo cumprido. Se queren empregar unicamente a coartada do Dictame do Consello Consultivo, parécem moi ben. A mín o que che me importa é o resultado final.
A propósito, son máis de 20.000 sinaturas, e porque decidimos parar. Xa vos advertiron de que non sabiades o que se vos viña enriba.
Seguinte obxectivo:... (permanezan atentos a esta pantalla).
Se de verdade queredes liberdade lingüística, facer propostas razoables.
Saúdos meus e de Atticus, que está moi canso de contar sinaturas e atender aos medios de comunicación máis importantes. Lede o sábado os periódicos e escoitade as emisoras o venres e o sábado.
Señor McNally, sinceramente quero dicirlle dúas cousas:
1) Non me parecen formas vir aquí en plan ameaza infantil: "Xa vos advertiron de que non sabiades o que se vos viña enriba". Sexa vostede máis adulto e aprenda algo de educación.
2) Que quere dicir co de "permanezan atentos a esta pantalla"? É tamén outra ameaza? Van boicotear este blog?
En fin, tolerancia, diálogo, liberdade, dereitos & bla, bla, bla. Xa, xa vemos o seu estilo: impecablemente democrático, faltaría máis.
Pois que lles aproveite. E a todos os xornalistas adictos que vos estiveron botando unha man, tamén. Isto con Fraga non pasaba, está claro.
Teñen toda a sorte do mundo vostedes. Fan a súa vida en castelán, pero cando teñen que vivir do galego, ben que se aproveitan. Non discriminarían a un galego-falante, como farían os seus predecesores no odio ao galego, pero levan a contabilidade das súas vidas en español. A súa lóxica é inapelable: nas cidades fálase español, os medios de comunicación e as empresas tamén, e até para emigrar hai que botar man del. O español é comodidade, eficiencia, racionalidade. E a imposición é mala, excepto a do español, claro. Pero é que esa lingua xa non vén imposta, senón que é algo "dado", "natural". Saes á rúa e o natural é que estea todo rotulado en español, por exemplo.
Eu o único natural que vexo é que despois de unha chea de anos de pax lingüística e educativa fraguiana, o que educáramos foran suxeitos coma vostedes.
Vostedes poden vivir as 24 horas e 365 días do ano na súa lingua; un galego que queira falar e escribir a súa, non. En teoría debería ter os mesmos dereitos ca vostede, pero en realidade non. Vostedes séntense discriminados? En verdade lles digo que nunca tan fácil o tiveron.
A tipificación do fanfurriñeiro era tema pendente neste blog, con permiso do anfitrión. Firmeza, insisto.
Pois, desde logo, tal situación así formulada non resulta o mellor nin máis desexable. Pero Pucheiro botou anos e anos procurando subsistir (medrando, que é a maneira) e non houbo unha institución que puidese e quixese.
Quede tamén claro: eu quero mellor "A Nosa Terra" viva e actual ca un depósito no Museo do Pobo Galego ou Sala de Honra do Parlamento. Viva, actual e nacionalista, xaora, como sempre foi.
Pucheiro sabe o que quere, paréceme. Eu non sei o que quere Pucheiro. Cando o saiba, opinarei.
Desculpa, a mensaxe anterior está posta onde non debía. Lévoa para o fío que lle toca.
Paréceme que é o momento de que toda a "intelectualidade" galega, con capacidade de discurso público, dirixa a súas inquisitivas e perspicaces miradas ao PP, para obxectivizar as súas contradicións, e clarificar as consecuencias desta decisión.
E pedirlle concreción.
Jimy de Rairo
Españoliños-Galegos de a pé, unha das duas linguas xearache o corazón.
Unha fenda sen fin polo idioma. Vehiculo éste só para poder expresar as nosas ideas, as nosa forma de interactuar.
Loita entre irmáns.
Mal xogo.
Agora que non goberna don Manuel é fácil moverse polo idioma. Aínda así, dubido que algúns o fagan, sr Rairo.
Hai que falar có Adolfo Domínguez,ou coa Carolina Herrera ,ou có Louis Vuitton,ou co Armani pra que saquen unha liña de camisetas con frases en galego.¿Non podería facelo o goberno galego?
O Troll
Para camisetas, as de Rei Cintolo. Están bárbaras.
Recomendo que estes temas non se tomen a coña, xa que vos imaxinades o que podería facer ZARA -primeira marca mundial en venda de roupa e complementos do mundo, con tendas abertas en 200 países- publicitara ou puxera en valor unha líña de productos que se identificara ca nosa terra e a súa propia orixe.
Descarto a manía que miña nai lle ten a ZARA HOME cando entrou no pasado Nadal para regalarme algo o só había platos, vasos en manteis, e caralladas como dixo ela.
onde pon caralladas debería por chilindradas
Pois a min non me parece ningunha babecada a proposta de Troll: camisetas das grandes marcas con frases en galego.
O problema sería convencelos: Adolfo Dguez. tivera os seus líos coa MNL e nin deixaba poñer os carteis das Rebaixas. E creo que A.Pernas tampouco era moi "amigo" do galego. Non sei dos demáis: Zara? Sería un puntazo...
Non nos enganemos: o que había era unha guerra larvada, mais só expoñían o que realmente pensaban na intimidade, só intimidaban na intimidade (háblame en castellano, que para eso te pago, díxolle o outro día unha clienta a unha dependenta). No ensino funcionaba o "laisser faire, laisser passer", a ver se de paso morría de vez este incomodo que é a lingua á que nos aferramos alguns. E case, miremos o descenso desde o ano 83, ano da LNL. Un inspector de educación pediume explicacións da miña dimisión de coordinadora do ENL do meu instituto porque o que fixen foi poñerlles a LNL enriba da mesa. Non se pode ser tan radical, dixo. Moi ben: "coros y danzas" "ei carballeira", "festa da empanada".
Firmeza, si, totalmente de acordo, só dando pasos firmes podemos ter algún futuro. Eu tamén quero oir os seus argumentos. Quen é o radical, quen o marxinal, quen o aproveitado e o intransixente. Só os nosos fillos son os bilingües, non o esquezades. Á forza.
Creo que é momento de algo máis contundente e non de camisetiñas. Moitos están apampanados e non dan reaxido.
Estás certo,ap-c ...
¡A las barricadas!
¡Vamos rapaces da Patria
chegóu o día da Gloria
Levantóuse contra nós
o estandarte da Carcundia...!
O troll ágrafo
Maintenat Nicole e Bart
Vous dormez au fond de mon coeur
Vous étiez tous seuls dans la mort
Mais par elle vous vaincrez...
O Troll ágrafo (segue a ser un sentimental)
Para contundencia, amigo AP-C, vaia ao Diario Oficial de Galicia de hoxe. Alí verá publicado, negro sobre branco, o "Decreto 124/2007 sobre uso e promoción do idioma galego no sistema educativo". Con todas as da lei.
Iso é o máis contundente que vin e lin sobre este asunto.
Certo, amigo Leituga 1. Xa falamos unha vez do efecto de crear realidade que ten o DOG.
Pero, obviamente, coa miñas palabras anteriores non me refería a ningunha barricada propiamente dita, senón a que, dende a sociedade civil, ten que haber unha sorte de reacción cívica que complemente e apoie ese Decreto.
Hai que gañar a batalla non só da legalidade, senón tamén a da lexitimidade. E esta última estase a cuestionar dun xeito que comeza a ser preocupante.
Temos que nos sacudir a modorra!
Os chaletes en Sanjenjo e en Panjón xa están preparados (a mucama xa foi esta semá para ventilar) para recibiren aos asinantes: por que cren vostedes que levaron as sinaturas hoxe? A vindeira semán están na praia e ata o outono han esquecer a batalla. É lei dos gobernos con certa habilidade práctica facer leis e decretos nestes días de folganza e lecer.
Tén moita razón ,arume d´os pinheiros.E os golpes de estado ás cinco da manhá...que por certo tamén é a hora de moitos suicidas...
O troll
Molóume a ideia esa. "O Doga coma creador de realidade"...
A realidade non se crea nin se detruie...
O Troll
A realidade non é exactamente o mesmo que a materia, mister Troll.
Dacordo co AP-C. Eu xa fixen algo. Non pretendo sinalar co exemplo, cada un saberá, pero como mínimo convén firmeza social, e explícita. En apoio da medida legal; agora si.
Se nos metemos en mecánica cuántica,que alguén me invite a unha cerveza,por que non fumo porros,as cousas hai que facelas ben...
E gracias polo de mister.
Agora firmaréi:
Mister troll ágrafo
Parabéns polo seu exemplo, amigo González. Pero, ademais do seu, farían falta moitísimas máis iniciativas neste sentido. E en primeiro lugar dos presidentes da RAG e do CCG. E non só pronunciarse como institucións, senón tamén como sinaturas persoais.
Eso,vinculación PERSOAL
Ese é un dos valores que se están perdendo,con tanta insticionalización e tantas gaitas...
Mr Troll ágrafo
¡Así que era mentira!
Houbo persoas, entre as que me conto, que cando o PP promoveu a elaboración do Plan Xeral para a Normalización da Lingua, logo aprobado por unanimidade no Parlamento no 2004, pensamos que mostraba unha vontade de deter o devalo das políticas anteriores. Aínda sendo tímido, o PXNL era, é, unha esperanza.
E agora, cando se trata de comezar a aplicalo, dun xeito ben prudente, os do PP din que non. ¿Era mentira todo o que fixeron e dixeron daquela? ¿Ou era só para quedar ben?
Cidadá, non sei como lle dar o pésame pola decepción. Sei que entre os votantes do PP hai algúns, non moitos, que sinten auténtico apego polo noso. Pero as ambicións políticas dos seus líderes pasan por obter o beneplácito de Génova, que sempre renegará das diferencias. E polo PSOE non poría a man no lume, vede como Losada segue coa teima do La-La-La.
Lin onte que seica o señor Losada retirou o do La-la-la, señorita Lourixe. Por outra banda, concordando co do beneplácito de Xénova, eu non me atrevería a cuantificar cantos votantes do PP en Galicia sinten ou non un "auténtico apego polo noso". E eu, a man, o que se di a man, non a poría no lume por ningún partido político.
Un cordial saúdo.
Confirmada a retirada do apoio do PP, convén pedir a dimisión fulminante de Núñez Feijoo, por irresponsable. Supoño que os seus xa lla pedirán. Imaxino. Rectifico: xa o vín nalgures.
¿Onde o víu,Mr Arume...?
Dígallo ó aire...
Mr Troll
¿Onde o víu,Mr Arume...?
Dígallo ó aire...
Mr Troll
Algún destacado paladín (á taza) do tanga llego ... pediu tal demisión ao Feijoo.
Hum...
Ruído de sables.Típico do verán...
Mr Troll
Lástima non ter micrófonos ocultos por todo Sanjenjo este vrao...pro boeno,tenho os meus contatos...
Mr Troll
Por qué non se casará dunha vez este caralho do Feijó,pra deixarse aconselhar á forza pola mulher...tantas noivas vólveno tolo...Look for the woman
Mr Troll ägrafo
Boeno...entón escomenza outra partida de xadrez.E a apertura é fundamental.Voúlhe mandar apertura galega,variante,luguesa...
Mr Troll
Lean o primeiro comentario aquí.
Publicar un comentario