O DIVINO ROTEIRO NA "REVISTA DAS LETRAS"
Moi ben ilustrado (magnífico traballo, Antón), a Revista das Letras de GALICIA HOXE, un dos mellores suplementos culturais deste país, publica hoxe un monográfico co texto completo do meu pregón na Feira do Libro de Ourense, que xa apareceu neste blog.
Esta é a ligazón para ver a nova edición deste texto, e aproveito para agradecer a Caetano Díaz e ós responsables do xornal a súa atención co mesmo.
Ademais, o amigo Ramón Nicolás publica no Faro da Cultura, do xornal FARO DE VIGO, unha recensión do libro Teoría de Galicia, de Otero Pedrayo, no que fixen o estudo introductorio. Graciñas tamén, Ramón, polas túas palabras sempre xenerosas.
O ACORDE SENLLEIRO
-
A arpa de Tara
A arpa que antano nas salas de Tara
da música a alma vertía,
pendúrase muda nos muros de Tara
cal si aquela alma fuxira.
Así se findou o ...
Hace 4 días


1 comentario:
O Antón é un fenómeno. E o traballo quedou perfecto. Menuda foto ademáis.
Publicar un comentario