A foto que faltaba...
Hai uns meses falouse abondo nesta casa da histórica xornada do 12 de outubro de 1936 en Salamanca, cando Unamuno pronuncia o seu famoso discurso ante o xeneral fascista Millán Astray. Hoxe, en homenaxe a aquel gran aceno, un dos meirandes da historia político-cultural española, recupero esta foto: Unamuno e o bispo Pla i Daniel sáíndo daquel acto entre berros e mans en alto de saúdo fascista e ollos de odio e ira. (A calidade da foto non é boa, excusas: publicouna El País na súa escolma fotográfica sobre a guerra civil)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
6 comentarios:
Din que Carmencita Collares prendeu o brazo de Unamuno para libralo da lexionela. Eu na foto naa vexo. Foi verdade?
Segundo conta Paul Preston en "Las tres Españas del 36" foi o propio Millán Astray quen recomendou a Unamuno que tomara o brazo da señora para, suponse, evitar unha traxedia. Magnífica tamén foi a intervención de José María Pemán facéndolle a pelota ao tarado: Cando Astray resposta a Unamuno berrando "Muera la inteligencia", o poeta di: "No, viva la inteligencia; mueran los malos intelectuales."
Debo dicir que, en xeral, non vexo caras moi sinistras; sería excepción a do segundo á dereita, a carón do garda municipal. Digno Unamuno; e debo discrepar: a foto, con toda a súa semántica, leva calidade extraordinaria.
Eu,o que nunca entendín ben foi o de "¡viva la muerte!"(?)."¡Muera la vida!",aínda ten senso...
"¡Pare el Movimiento!" (ten senso)
(Maldealeva que se me ocurran estas caralladas,é a unha da mañá...)
"¡Reloj,no marques las horas"
Oínlle contar algunha vez a Isaac Díaz Pardo que estivera presente neste acto... e non sei qué da súa relación coa Camen Polo... Quen sabe algo disto?
Rosa Regás cesada
Publicar un comentario