Antes de saír de vacacións, hai que escoller algúns libros que nos fagan compaña neses días. Tarefa ben difícil: hai un cento deles agardando, moitos deles ben importantes, e outro cento que imploran tamén o seu dereito a compartirme como lector. Pero, en fin, hai que escoller. Polo camiño mercarei algúns máis, seguro. E seguro que irán na maleta cando menos estes catro: o último poemario de Anxo Angueira (Fóra do sagrado, Xerais); un amplo estudo sobre La poesía de Quevedo (Universidade de Vigo), de Manuel Ángel Candelas Colodrón; a primeira novela de Lois Paradelo, Xelamonite (Galaxia) e, moi recente (chegou hoxe), a última entrega narrativa do xenial Xosé Miranda (As mans do medo, Xerais, colección Fóra de Xogo). Esa é a miña escolla hoxe: poida que algo teña que ver que os catro autores son bos amigos. Xa lles contarei se teño tempo para lelos todos.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
12 comentarios:
Pois eu andei o outro día pola renovada Libraría Couceiro, en Santiago, e pillei -pagando, claro-o estudo dos señores Valvárcel e Quintana sobre Ramón Otero Pedrayo, que non tiña nin lera aínda. Chimpareino nestes días de calor.
Eu fun á Ziralla (Allariz) nas pasadas festas.Atopéi nunha rúa un "rastro solidario" que puxo una monxa que leva a cabo unha labor humanitaria en Etiopía.Había montós de cousas que podías levar por poucos cartos.Collín unhos libros de Jorge Amado.Eu pasaréi un mes delicioso e,se lle fago caso ó cálculo da monxa,vinte nenos comerán unha semana...
Saúdos Marcos. Estou a ler Ollos de auga, de Domingo Villar e paréceme fantástica para levar á praia. Unha novela policial fresca, chea de humor retranqueiro e moi ben construída. Unha gratísima sorpresa que recomendo.
Eu levo para aprender a escribir a Historia de la decadencia y caída del imperio romano de Edward Gibbon, por suposto, o compendio que fixo Dero A. Saunders en 1952. O que conta é fascinante, pero como o conta élles exemplar.
Pois eu qúedome na casa intrigado cos "pensamentos segredos" de David Lodge.
De literatura galega teño pendentes para este verán, varias novelas...as humanas proporcións...Esta historia...reler Lois e Helena buscándose na tormenta...reler non sei cando nos veremos. De Miranda tentarei ler o que encontre das súas opinións sobre literatura do maravilloso.
Jimy de Rairo
Sonvos mais prosaico, e prometo le-los diarios tódolos días.
Por certo, cantos de vós xogades o golf.
Eu xogo ao golf só de cabeza.
Jimy de Rairo
Para escomenzar non está mal.
Ademais do estudo sobre Otero de Valcárcel e Quintana, levarei comigo "La Europa cosmopolita", de Ulrich Beck e Edgar Grande, na que ando petiscando sen atreverme aínda a meterlle o dente a tope. E vou intentar reler o magnífico "España (1808-1975)", de Raymond Carr, polo que me entrou novo interese tras rematar estes día "La época del liberalismo", o tomo de Josep Fontana da "Historia de España" que coordinan o propio Fontana e Ramón Villares. Tamén ando con "A nación incesante", as conversas de Pillado e Fernán Vello con Beiras. Se leo todo isto con proveito e logro combinalo cun par de viaxes, o martini arredor da unha e o cultivo asiduo doutros placeres aínda máis carnais á hora da sesta, darei por ben empregado o mes vacacional. Espero non acabar estresado.
Eu non podo deixar de aconsellar a novela que máis me gustou nos últimos anos: Arthur e George, de Julian Barnes. Ando agora lendo El mar de John Banville, que lle gañou o Booker de 2005 e non entendo por que. Anos luz entre un e o outro.
¿Golf?
Xa séi o que é.xógase cunha cousa redonda que hai que metela nun sitio,e cando entra berras
¡Gooooolffff!
Escribo esto despois de ter lido que algúns revolucionarios tentaron ou sacharon nos campos de Golf da Toxa, de Lugo e en Vigo.
Ou a iñorancia é supina, que non descarto, ou supor que o golf é deporte de pijos desautoriza a os que así opinen.
Se se trata de mesturar o golf cos touros e poñelos no mesmo lugar, coido que hai que andar amodo.
Para Vórtice, coido que eso que ti dis é o football
Publicar un comentario