18 sept 2007

Homenaxe a Xoán da Coba
Como homenaxe a Xoán da Coba (e tamén ó contertulio que asumiu este nick), velaí o busto-retrato e única imaxe, que eu saiba, que se conserva do xenial ourensán.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Ónde se conserva o busto do meu tocaio,se o sabe? ¿É propiedade privada ou está nalgún recinto público?
Eu son cliente habitual do bar "trampitán",na praza maior.O dono tuvo boa idea en porlle o nome dese idioma inventado por XDC que só el entendía.Non sei se se sabe algo dese "idioma".¿podia ser quizáis algun tipo de cifrado basado no galego?
Por certo,o dono do trampitán está enfadado por que ó parecer o Jose Luis Cuerda non quere indemnizar ós comerciantes que estes días deben cerrar os seus negocios pró filmaxe de "Os xirasoles cegos" que se está a roddar estes días en no casco vello de Auria.Eu estiven onte vendo algo do rodaxe,de noite...

Anónimo dijo...

Estaba buscando un post pasado("xa vendimado") neste blog que falaba de Xoan da Coba pra enlazalo aquí,pero non o atopo...

Anónimo dijo...

Chéirame que está na Biblioteca da Deputación...

Anónimo dijo...

Xenial.Mañá vou á Biblioteca da Diputación e tírolle unha foto có telemóbel pra poñelo de "fondo de pantalla".Ou mellor,que algunha empregada amiga me tire a foto abrazado amistosamente ó busto,(E de paso collo un exemplar do libro do Mario sobor das feiras es festas da provincia de Ourense que deben seguer na mesa da entrada).Grazas,etxeoqueardín

Anónimo dijo...

Eeeeh!!! Queito parao, Sr. Xoan da Coba

Xaime dijo...

Por certo, si é que se parece ó do busto, está vostede un pouco desmillorado. Sempre pensei que os grandes bebedores da mencía tinta, conservaban o cutis da faciana en perfecto estado, que o que é dos miolos xa sabemos que non ten dúdida algunha.

Anónimo dijo...

Hai que ver cantos ouransaos participan neste blogue, e eu sen me procatare...

Marcos Valcárcel López dijo...

Amigo M.S. é normal que a presenza ourensá sexa importante, pero hai voces de moi diversos lugares.
Para Xoán da Coba: hai tres columniñas de Casares xeniais sobre XDC, téñollas comentado ós meus alumnos. A ver se as podemos recuperar nalgún momento. E tamén esa ligazón perdida do meu blog (foi antes das etiquetas).
Tamén eu coñezo ó do Trampitán e deille daquela os textos de Casares cos que editou un fermoso folleto: pídallo, se aínda quedan exemplares. E ten razón, por suposto: se ten que pechar o bar para a rodaxe, o Cuerda teralle que compensar a perda de gañancia, parece lóxico.

Marcos Valcárcel López dijo...

Hai anos o Clube Alex. Bóveda fixemos, nun Encontro de Escritores Ourensáns, unha homenaxe a Xoán da Coba que contou cunha dramatización dunha das súas obras, en trampitán, e a participación, xenial, como sempre, de Manuel Outeiriño. Foi unha noitiña na sala de tertulias do Liceo. Mágoa que a ninguén se lle ocorrese gravar en video ou sequera en voz aquel suceso...

Anónimo dijo...

Os ourensáns sonlle unha mafia, monsieur Swann. Dígollo eu que coñezo a uns cantos.

Anónimo dijo...

Eu creo que na Saga/Fuga de JB tamén se fai mención especial de Xan da Coba. Pero non teño o dato a mán. Prometo buscalo.

Anónimo dijo...

Lembro unha vez que un dos meus mestres,López Cid,falóu tamén algo de Xoan da Coba nalgunha das súas clases,ás veces surrealistas.Como sempre "desbarraba" tanto,ás veces perdíamonos e deixábamos de prestarlle atención, o que a él non parecía importarlle.Tamén era un mestre singular.Mágoa de non ter gravaciós de moitas das súas "aulas",como dín en Portugal.Pero a cultura,e a influenza dun mestre,é o que che queda cando esqueciches todo.

Anónimo dijo...

Non se fai mención, como escribín onte: faise homenaxe en boca de José Bastida, que escribe versos en trampitán. Así aparece declarado nos Cuadernos do vate vago e noutras conversas con Torrente, coma a de Guardo la voz, cedo la palabra.

Anónimo dijo...

Algo máis sobor de Xoan da Coba e o trampitán

eiquí

(Dénlle ó cursor máis ou menos hasta a metade da páxina)

Anónimo dijo...

Copio eiqu� o p�rrafo final do texto referido no anterior enlace,que me fai graza:

el extra�o idioma en que escribe Jos� Bastida no es otro que el trampint�n, una lengua inventada por un orensano real, don Juan de la Coba y G�mez, que ante sus problemas con la versificaci�n decidi� crear las palabras capaces de conseguirla rima, hasta derivar en un idioma ininteligible para quien no fuese el mismo convirtiendo el lenguaje en eun elemento sustancial de incomunicaci�n

XDDDD

�Creaba �s palabras � prop�sito pra que rimaran! �eso s� que � ser listo!

Anónimo dijo...

Fíxense que hai dous apartados (I e II) da páxina enlazada onde se fala do trampitán.Curiosa a asociación con "Nonsense" inglés que tan famoso fixo "A caza do Snark" de Lewis Carroll

Anónimo dijo...

Xaime,¡Cómo me tén "controlado"! En verdade,son moi devoto de Baco.Eu son o que aparece xenuflexo cunha daga ó cinto
Eiquí

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

"Y, claro, podríamos buscar unos cuantos por ahí, unas cuantas figuras, Don Juan de la Cova, en su taller de santero fabricando santos de nogal o de ciruel, y también un zapatero anarquista". GTB, Los cuadernos de un vate vago.
(octubre-noviembre de 1967)

Anónimo dijo...

�Vaia,fac�a santos!(San Ant�n ou a Pur�sima Conceuci�n)

Non deb�a ser doado facer os santos coas expresi�s faci�is e corpor�is �ptimas pra "afloxar" os petos dos devotos.

Se eu fora cura e lle encargara un santo pr� mi�a parroquia,ofrecer�alle unha comisi�n nas limosnas que recaudara a imaxe,pra que a fixera o m�is axeitada pos�bel � seu mester.

Anónimo dijo...

Un cura amigo,decíame,fai anos:

Hai algún santo que non da nin prá electricidade que o alumea.Algún da pra unhos cafés.
Xoan,cando queira,veña tomar un viño na miña casa.Teño un viño tan bó,que empreña ás mulleres.

Anónimo dijo...

É fermoso o busto. gústame

Anónimo dijo...

Grazas,hormiga.Resulta que é cagadiño,cuspido,a mín...
(Non sei se estará moi ben dito eso de "cagadiño" ou "cuspidiño",pero dícese moito...)

Anónimo dijo...

Parece que hai herdeiros intelectuáis de Xoan da Coba e o seu trampitán:

idioma pangea