20 oct 2007






"Pobre Mundo Rico" chega a Ourense o martes 23 de outubro con Cinema contra a Pobreza e o mércores 24 coas Conferencias

"CONFLITOS, NARCOTRÁFICO E POBREZA EN AMÉRICA LATINA,", por Robert Matthews
(foto da esquerda)
E "CRISE DE ESTADO, POBREZA E VIOLENCIA", por Mariano Aguirre (foto dereita)
Ámbalas dúas no Centro de Desenvolvemento de Caixanova (Avda. de Pontevedra, 9) ás 19:30 da tarde, en senllos actos abertos a todo o público en xeral
Organiza Club Internacional de Prensa (nota completa en comentarios)

3 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

"Pobre Mundo Rico" chega a Ourense o 23 de outubro con Cinema contra a Pobreza e o 24 con Conferencias

"CONFLITOS, NARCOTRÁFICO E POBREZA EN AMÉRICA LATINA,", E "CRISE DE ESTADO, POBREZA E VIOLENCIA" SON AS CONFERENCIAS DESTE MÉRCORES

Robert Matthews e Mariano Aguirre ofrecen estas conferencias no Centro de Desenvolvemento de Caixanova (Avda. de Pontevedra, 9) ás 19:30 da tarde, en senllos actos abertos a todo o público en xeral
O martes co ciclo "Cinema contra a pobreza" e o mércores con dúas conferencias, inaugúrase en Ourense o Simposio internacional sobre pobreza e desigualdade no mundo, "POBRE MUNDO RICO", que comeza así a súa cuarta semana de actividades en Galicia.
Coa proxección de dúas curtas "Patmos" e "Clandestino" e o capítulo "Un mundo desigual" da serie documental de La2 de TVE "Voces contra la Globalización... ¿otro mundo es posible?", -dirixido e guionizado por Carlos Estévez-, o martes ás 8 da tarde ábrense as portas á creación audiovisual dende unha óptica comprometida socialmente. Será o Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento de Caixanova (Avda. de Pontevedra 9), o lugar que acolla estas proxeccións que están abertas ao público en xeral, como o resto das actividades do Simposio.

O Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico" celebra así a súa primeira xornada en Ourense. Xa o mércores 24 de outubro serán as conferencias de Mariano Aguirre, director da área de Paz, Seguridade e Dereitos Humanos de FRIDE (Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior) e de Robert Matthews investigador asociado da mesma institución, os que darán continuidade ao Simposio en Ourense, a partir das 19.30 hs.

Crise de estado, pobreza e violencia, con Mariano Aguirre

"Crise de Estado, Pobreza e Violencia" é o título da conferencia que ofrecerá Mariano Aguirre. O coordinador de Programas de FRIDE considera que a pobreza é un dos factores centrais que inflúen para que unha sociedade careza dun equilibrio pacífico entre os seus diferentes actores. Para Aguirre a falta de desenvolvemento económico non conduce, necesariamente, a conflitos armados ou guerras abertas, pero nas sociedades nas que hai fortes niveis de pobreza e desigualdade existen graves problemas de violencia social que se manifestan como criminalidade, integración de franxas da sociedades (especialmente os mozos) en prácticas ilícitas e redes mafiosas e enfrontamentos de grupos de identidades adquiridas (as maras de América Central), entre outras.

Na medida en que a pobreza continúa sendo un grave problema e a desigualdade aumenta, a violencia continuará manifestándose. As súas formas fanse, á vez, máis complexas o que, en opinión de Mariano Aguirre, obriga a análises máis sutís sobre a marxinación e a integración social.

Conflitos, narcotráfico e pobreza en América Latina con Robert Matthews
Estados Unidos gastou máis de 25 billóns de dólares en programas internacionais de control de drogas nas dúas últimas décadas e aínda hoxe a subministración de cocaína e heroína que entra no país non diminuíu. Son algúns dos datos que exporá Robert Mathews na súa conferencia "Conflitos, Narcotráfico e Pobreza en América Latina”. Ademais, o investigador asociado de FRIDE relatará como durante a última década os problemas ligados á produción, o consumo e o comercio se expandiron con consecuencias prexudiciais en todo o hemisferio. Estas inclúen un incremento da violencia criminal a nivel local e transnacional; unha cultura de corrupción gobernamental, militar e policial; o avivamento da guerra civil -especialmente en Colombia; un incremento dos abusos dos dereitos humanos e o debilitamento da democracia.
Club Internacional de Prensa
981 54 59 50 / 49
Carmen: 628 057 435
www.clubinternacionaldeprensa.org
www.pobremundorico.org

Anónimo dijo...

¿Quén foi o que dixo que a cocaína era a "bomba atómica" coa que Sudamérica acabaría por destruir a Norteamérica?

Anónimo dijo...

(E de paso,á vella Europa que as colonizóu ás dúas...)