A boutade do día
Un fillo de Cacharro deixa o PP para promover o partido de Rosa Díez
"A mi padre el proyecto de la UPD le parece interesante", afirma
CRISTINA HUETE en El País.
Libros do Mes
-
*Why Nations Fail* de Daron Acemoglu [*E*]
*For All My Walking *de Taneda Santoka / Burton Watson [*E*]
*Trigonometry* de Glen van Brummelen [*E*]
**Na...
Hace 3 días
24 comentarios:
Como empecen a encherse de "queimados" van de cú.
Veño de ler que o comité de Barcelona dimitíu en pleno.
Tanto a historia interna de Cidadáns como dos recén nacidos UPD está chea de protagonismos, ciumes, loitas de poder e cousas raras. En calquera caso, a sorpresa é que se UPD aspiraba a quitarlle votos ó PSOE, cos vimbios cos que están facendo o cesto en Galicia os votos van saír do celeiro do PP: iso vainos perxudicar, se son moitos votos. Será curioso ver o posicionamento de certos medios de comunicación ó respecto.
En todos os casos, calquera voto perdido vai ter moita importancia. Dime un amigo que, filtración dende dentro do psoe, os socialistas están bastante preocupados coas previsións que manexa José Blanco: segundo estas os resultados están xustiños, xustiños, e calquera cambio mínimo pode trastocar todas as expectativas.
Esta noticia pide a berros que don Xaime ou don Saavedra, que coñecen os baixos fondos intramurallas, aclaren o asunto. Turbio, sen dúbida.
O Xaime é avogado e probablemente pille máis rumores. O que sei do tema, escaso, cóntase aquí.
Canto ao pai: é ben sabido que saíu escaldado do relevo partidario, e entre os antigos partidarios é numerosa a defección; ben saben como é a cousa, e co seu permiso farei aforro de refráns ou aforismos. A falta doutro pé para comentos, direilles que participa desde o comezo desta tempada na máis famosa e seguida tertulia política da radio local. Que non parece moi cercano ou colaborador co PP. E que debe seguir tendo o carné.
Fale o Xaime, ou será mellor esperar movementos. Pero a min estrañállesme ben que faga un movemento en falso.
Non entendo a alusión de Marcos, a quen se refere cando dí "iso vainos perxudicar",ó pp, ou ó novo partido.
Grazas por avisar, eu son un queimado pronto a obrar de Kamikaze, vou ficar tranquilo.
Os do psoé non o deben ter moi claro polo menos en Ourense cando non se atreven a colocar a Alberto Fidalgo de nº 2 e o propoñen para o senado. Eu non fun quen de decatarme pero avisoume un compa "ben avisado". Claro nesta tesitura ese segundo escano tan necesario para compensar perdas evidentes noutras provincias pode caerlle o Bng antes de convertirse no 3º do pp.
Do resto non entendo niente.
Non séi. En Ourense, creo que ese partido captará militantes e votos de ex-psoes defenestrados trala debacle ("refundación") de fai catro anos.
Obviamente, lobo neghro, quixen dicir que o nacemento da UPD podería perxudicar ó PP, cousa que de seguro non desexan moitos dos que ata agora o potenciaron nos medios: a diferenza é que agora hai elecións.
Do que di XDC, pode haber casos, pero agardo que non entre neses ex-psoes defenestrados mr. Troitiño: xa sería demasiado equilibrismo despois de encabezar a lista do PG pasarse agora a unha candidatura que se define polo seu antinacionalismo (periféricos). Aínda que, neste país, nunca se sabe...
Se el partido de Rosa Díez se llamara simplemente "Izquierda de España" tratando de unir dos conceptos tradicionales, sin verguenza por ninguno de ellos: la izquierda y España, mejor le iría.
Ojo, esto no quiere decir que defienda una vieja izquierda o un viejo nacionalismo español, pero si una nueva izquierda y el concepto de España moderno y plural.
Pero parece que va a ser que no.
Non fago moito caso a rumores, pero dixéronme que nese partido xa non quíxeron nin oir falar do Sr.Troitiño. Referíame a outros casos. Recorde, Sr. Marcos que houbo moita máis xente que deixóu de perteñecer ó PSOE sin comelo nin bebelo e que, ou non quixeron volver a afiliarse ( ou non os quixo quen os tiña que querer ).
O amigo Saavedra pensa que os avogados andamos os rumores, xa lle darei a él.
Andiven líado xa que un amigo, Manel Matalobos presentaba un libro e oficiaballe a cerimonia, outro amigo, Manuel Xesús Válcarcel e estiven con eles e con Xabier Rodríguez Barrio ata fai pouco.
A última vez que estiven con Cacharro a mesa foi nunha homenaxe no mes de Outubro que se lle fixo a Pena Souto, un Concelleiro do PP, amigo de todos, que se xubilaba, e sorprendeume, primeiro que non aceitara ir a mesa presidencial, segundo o aillado que estaba do aparato -tanto Barreiro como Alberto Nuñez estaban no acto e nin se achegaron- e terceiro o distendido que falaba e o atento que é cas señoras dos outros.
Efectivamente estivo moi crítico co PP, o que non é unha novidade xa que Cacharro sempre foi o crítico dos críticos, e hoxe penso que é unha pose de alguén que xa está de volta.
Houbo rumores que nas municipales apoiou a Terra Galega, que non poido confirmar, asi como outros dín que tamén axudou o PG -así nos foi-
Coñezo persoalmente a Cacharro Gosende, e podo poñer a mán no lume por él, é un bon rapaz, culto, instruído e independiente de seu pai, cuia sombra a bon seguro non lle favorece.
Tamén digo que a min pégame que lle enrolle o partido de Rosa Díez, pero tamén penso que na Provincia de Lugo, o pescado está todo vendido: PP2 PSOE2 inamovible, moi o meu pesar.
Menudo cristo lle montaron os da TVG ós do PP, na celabración do Himno.
O anónimo que propón o de "Izquierda de España" para UPyD non sei se está moi ao tanto de que o partido de Rosa Díez ten moi pouco que ver co que el define como "concepto de España moderno y plural", cando menos se se utiliza o termo "plural" con connotacións territoriais. Unha das claves da ruptura de Díaz co PSOE foi, certamente, a política antiterrorista seguida polo goberno de Zapatero na primeira parte da lexislatura. Pero a cousa vai máis alá e Díaz cuestiona toda política autonómica. Tanto é así que unha das propostas de UPyD é unha especie de "devolution" ao revés: trataríase de que o goberno central recuperase competencias transferidas ás comunidades autónomas, algunha delas tan importante como a educación. En fin...
Móllese Leituga, siga
A expresión que usan é "cerrar el techo autonómico.
A educación e a sanidade, recuperalas pró Estado Central. E igualar as autonomía. Rematar con "dereitos históricos".Os dereitos son dos individuos, non dos territorios.
Pois a ver se hai sorte e se escacharra como se escacharrou o pai...
...aínda que BALTARsuna aínda queda en pé, estantío, como un vello 'alcolitro'
Sr. marchulenis, o seu comentario, o menos a mín, non me parece alá moi correcto, xa sabe, por aquelo da educación sobor de todo de xente que non coñeze de nada.
O fillo de Cacharro, que xa dixen máis arriba, o único problema que ten e ser fillo de quén é, podo afirmar sin temor a enganarme, dalle mil voltas a vostede.
No caso de Baltar, ten unha oportunidade que nin pintada nas próximas eleccions, presentese por Ourense e gáñelle.
En todo caso tomeo a ben que estamos no Nadal e hai que ser corteses, educados e agarimosos, e perdonarnos as ofensas.
Se se atopan cun senegalés o día 31 de Decembro, non lle digan "feliz ano novo". Díganlle, votando a mán ó peito, "baal ma nak". Significa: "Perdóame". É o seu saúdo de fin de ano, có senso: "perdoame todas as ofensas do vello ano, escomenza un ano novo".
Non é tanto "cerrar el techo autonómico" como "el proceso autonómico". Iso é algo co que se pode estar razonablemente de acordo, pero para o que falta a guinda do pastel, que é a reforma constitucional que, a través do Senado e doutros retoques menores, conforme definitivamente España como estado federal. Agora ben, os de UPyD non pretenden "cerrar el techo", senón rebaixalo. En realidade pretenden reabrir o proceso autonómico para conducilo nun sentido inverso ao que tivo ata hoxe.
Mal o levan despois da recentísima sentencia do Tribunal Constitucional, segundo a cal as comunidades autónomas están capacitadas para lexislar diferenciadamente sobre dereitos cidadáns, máis alá dos "dereitos fundamentais", iguais para todos, que son os que recolle a Constitución.
É unha sentenza moi importante que, como adoita pasar coas cousas verdadeiramente importantes, pasou case desapercibida. O certo é que a tal sentenza bota terra por riba dunha das principais liñas argumentativas do PP para declarar inconstitucional o Estatuto de Cataluña.
As verbas de Leituga verbo de lexislaciós autonómicas diferenciadas lémbranme as moi diferentes leis de cada estado non EStados Unidos, moitas delas tan desagradables pra nós. Pensándoo bén, a "lexislación federal" está reducida a unhos mínimos.´Curiosamente unha das competencias federales son as autopistas. Xa coñecen dos filmes americanos as competencias da "Highway Patrol".
A min gustaríame entender o alcance de expresións coma "cerrar" aplicado a procesos lexislativos e políticos. Introducir criterios de mínima estabilidade, mesmo acadar algún consenso canto a prazos para reforma non é irrazoable. Se no que se pensa é nunha cláusula para indicarlle a unha nación (use termo ou concepto alternativo quen quixer) de aquí non pasas, nin eu -obviamente- estou conforme nin penso que vaia acadar a efectividade buscada.
Por outra banda: xaora, a devolution en sentido inverso que procuran estas novas correntes españolistas (chámense Ciutadans, UPyD ou como queiran), asumida igualmente polo actual PP, tensa a situación pero tamén aclara un pouco o panorama. E non é que me faga graza ningunha.
Publicar un comentario