Elena Árnaiz, na lembranza
Acabo de enterarme, por un amigo. Morreu, creo que hoxe mesmo, Elena Árnaiz.
Coñecina hai bastantes anos, a ela e a súa irma Xoana, nalgunha pandilla da mocidade. Despois trateina un pouco, non moito, nos seus tempos de militante comprometida de Esquerda Unida.
Era profesora, creo que de Matemáticas, no Couto. Viviu hai tempo na Valenzá. Oíra xa hai anos que estaba enferma, pero non sabería dicir moito máis ó respecto. Traio aquí a nova porque era unha boa rapaza e seguro que moitos amigos/as desta casa tamén a coñeceron.
Sentímolo ben. O meu pésame a toda a súa familia e amigos/as.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
5 comentarios:
Penso que é a mesma coa que competín por unha matrícula de honor en matemáticas.Ela foi a gañadora.Despois perdémonos a pista e nunca nos volvemos ver. Agora xa terá que ser, coas verbas de Xosé Anxel Valente, "O outro lado da sombra do sono". Ben que o sinto.
Non a coñecía, creo. Que descanse en paz. Como tamén o señor Cuíña e todos os que se van.
Boa moza. Extravertida. Falangueira. Vital. Unha putada.
Saúde á familia e amigos e ánimo.
A min deume clases de estadística fai algún tempo no Couto, e de primeira man podo dicir que era moi boa xente, moi cercana e respetuosa. Sintoo moito, e sobre todo sintoo por aqueles e aquelas que no seu tempo puideron e non quixeron levarse ven con ela. A vida é fráxil de máis...
Anda! e deume a min clase de matemáticas!acabo de lelo! eu sacaba deces con eles, pero botábame broncas porque entregáballe os exames con tachóns por todas partes. Era boa, tiña moito carácter.
Vaia! menuda epidemia de mortes! dáme pena, boh!
saúdos e bo ano
Publicar un comentario