Última hora
De fontes ben informadas, cóntanme que dimitiu o Subdirector Xeral de Cultura, do que depende a política editorial, o escritor e amigo Francisco Xosé Fernández Naval. Que ía facelo en maio, pero adiantou a súa decisión. E que a conselleira afirmou nunha xuntanza que unha dimisión dun director xeral era case un tema administrativo, de escasa importancia.
En fin, por casos precedentes (Ánxeles Cuña), semella que a Consellería de Cultura non é lugar de acougo fácil: din que algunha figura comisarial por alí instalada provoca tantas cousas raras...
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
23 comentarios:
Dementi Fiderovich pensou: ¿ que facer para reconciliar a austeridade ca tenrura, co amor que non sabe de leis nin de lineas do partido?. (Vida y destino de Vasili Grossman).
Gustavo Peaguda
Subdirector en calquera caso o que non creo que lle reste ou sume significación á semellante dimisión... Canto aos (sub)comisarios políticos dea nomes ou non se crea todo o que lle conten
Sexa o que for. trátase dunha grande perda, na miña opinión, para a xestión cultural deste país e mais para a propia Consellaría de Culbura. "Chisco" Fernández Naval é unha persoa íntegra, afastada de sectarismos e cunha vocación literaria e intelectual que ía moito máis alá de calquera interese político inmediato. Se demitiu, as súas razóns tería.
O rumor é cousa a miúdo malsá, ou polo menos éo facerlle caso; eu tendo a fuxir del coma do paludismo, por moito que ás veces o hermetismo das alturas favoreza a súa aparición e expansión.
Insisto, e penso que pode corroborarse: a miña práctica usual é, cando xorde o "din que...", cambiar de cadea. Neste caso, porén, vou facer unha excepción, e penso que ben podo xa que asino co meu nome e apelido. Alguén ben caracterizado, nada que ver coa consellaría nin cos seus arredores políticos, falando comigo deulle a culpa (ou responsabilidade) a Fernández Naval de elaborar a posfazada lista de viaxeiros a Cuba; directa ou indirectamente, dado que o argumento e queixa fundamental que se me trasladaba era o de o mencionado estar influíndo negativamente na xestión de Luís Bará.
Digo isto porque, de ser todo certo, igual se pode considerar se un, o devandito tema e escándalo suscitado (igual escándalo, tendo en conta a súa frecuencia ultimamente, non é palabra proporcionada) non tería algo que ver na dimisión; dous, xa que leo sobre comisarios ou asesores, para que se vexa que igual outros -para idéntica imputación- apuntan noutro sentido.
Engado un último dato: o meu contertulio non pertence ao BNG nin apoia ningunha das súas liñas ou correntes. Reitero que eu nin quito nin poño rei, e para ruxerruxes os de fervenzas. Asino.
Dubido totalmente desa fonte de información de Saavedra. Dubido de que Fdez. Naval -ou moito cambiou- sexa o responsable desa lista da que sobran bastantes nomes e na que, en cambio, faltan outros que teñen máis merecemento. Máis ben penso o contrario, que se lle deixaran el a responsabilidade única elaboraría unha lista para nada favorecedora do amiguismo.
E o xa me parece de traca é que se diga que estaba influindo negativamente en Bará. Máis ben sería que non lle deixaron influír positivamente, e por iso tivo que demitir. Iso é o que fai unha persoa íntegra. Algo cheira a podre na política cultural do BNG, certamente. E, salvo mostra en contrario, Chisco arrecende a limpo.
Xa estamos coa cantinela de que "sobran e faltan moitos autores". Apicultor: se vostede fixera dita lista sobrarían e faltarían autores. Evidentemente, tamén o acusarían de amiguismo, non o dubide. Nas seleccións sempre sobra e sempre falta xente. Esto non son matemáticas.
E digo esto sen coñecer a lista de seleccionados. Dame o mesmo. Pero amolame esa crítica continua que estamos a ler estes días con respecto á selección de invitados ao evento este. Sempre hai alguén que se autoconsidera máis listo, xusto e neutral, e cunha visión do panorama cultural (ou do tipo que sexa) completísima. Alguén que, de ter a oportunidade de face-la lista de invitados, faríaa seguindo estrictamente as leis da xustiza e a obxectividade. A lista perfecta. A voz na terra do Deus das Seleccións Correctas.
Non entrarei no da lista, agás dicindo que hai moitísimos nomes adecuados e algunha falta notable. Quen me falou é crítico coa lista e, repito, nin se dedica á política, nin ten que ver co Bloque nin con ningunha das súas correntes; insisto tamén, quen me falou non sei se sabía ou presumía.
Remate: non quito nin poño rei. Só digo que os rumores levan a miúdo a onde levan. A miúdo a pouco lugar, tendo en conta a súa variedade canto a procedencia e tendencia. Ao final, non infrecuentemente acabamos avaliando en función da amizade ou a valoración persoal dos traballos e individuos.
Iso si, por favor: dado o meu afastamento absoluto de grupos e tendencias no ámbito cultural e literario, por favor, non me mesturen nin procuren intención tendencial no que digo. Quero mellor retirar todo, se cómpre.
Pero vostede non vai, amigo Saavedra? Esto é o colmo.
Ánxela, please, repare este deshonor por dúas razóns: unha, porque ninguén representa hoxendía o luguismo (de habelo) como XMG; e dúas, porque ninguén como el dos que escriben nesta solaina méreceo (e que me perdoe o anfitrión) máis. E como non van ir as uvas da solaina a Cuba! Esto si que é un escándalo.
[Corrixo a arume: ademais do creador d'as Uvas, os que deben ir deste blog son González e Da Coba]
Velaí un exemplo do uso dos cartos da UE para o aproveitamento electoral do PSOE, agora que tanto se fala da "lealdade" institucional.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=243782
Galicia Hoxe (hoxe):
Foto: Toruiño, Espinosa e 'Pachi'.
A Unión Europea aprobará en poucos días o Plan do rural, que beneficiará 304 concellos de Galicia.
A comunidade recibirá, grazas a este proxecto comunitario, un total de 2.300 millóns de euros ata o ano 2013, para mellorar a competitividade dos sectores agrarios e forestal e a calidade de vida da xente destas zonas ·· Del vanse beneficiar 304 concellos e uns 1.650.000 cidadáns galegos
(...) Así o anunciou onte o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, xunto á ministra de Agricultura, Elena Espinosa, na presentación da Lei para o desenvolvemento sostible do medio rural promovida polo Goberno central que, xunto co paquete de medidas comunitario, "redundará en beneficio" dos habitantes destas áreas mediante unha mellora da súa calidade de vida e renda.
Agora en serio: un representante dos blogs debería ir alí a contar todo puntualmente, minuto a minuto. Eu xa propoño a Saavedra: librariamolo ademáis de engorrosas correccións de exames e, como non anda en cuadras literarias, podería dar unha visión máis obxectiva do evento. Podería ir mesmo de incógnito. Eu fago esta proposta, que, lonxe de parecer disparatada, é das cousas máis sensatas que teño escrito nos últimos anos (que tampouco é difícil tendo en conta o meu nivel de boutades).
O anónimo ten razón: non me esquencín de Da Coba, pero penso que se van os dous esto queda tranco de todo. Hai que preservar no continente algunha seña de identidade. Poden sortealo.
O anfitrión tampouco pode ir, porque aquí trabállase arreo, non como na Xunta.
Evidentemente Chisco é un tipo caralludo. Sen prexuízos. Por iso aceptou. Por iso fixo unha das máis elegantes entradas na Xunta coa gabanza a Xavier Senín a quen debería corrixir no seu traballo pero sen por iso menosprecialo.
Que marche Chisco é unha noticia espantosa polo que significa... Non hai oco.
PD/ Súmome á petición de avión a cuba para Marcos. E se hai tres prazas, para González e Dacoba... E se hai máis para Apicultor, Leituga, Arume... E se non imos tomar un mojito a un cubano de por aquí e xa está.
Como que na Xunta non se traballa? E logo o de "Jacintiño, ponme un cortado claro, con la leche templada y sacarina" non é exercitar os músculos do aparello fonador? E cando os pillas latricando do que van facer nas vacacións, iso non é trebellar?
Saavedra parte con desvantaxa porque xa o coñecen físicamente polas afotos. Aínda pasando polo Vidal Sasoon, sempre habería por aló algún coñecido do instituto de Lugo que no-lo delataría...
D'a Coba é descoñecido. Podémolo facer pasar por técnico municipal de finanzas "de la excelentísima diputación de Orense". Que pareza que vai na cuota do PP... así desimula máis e pódenos contar como gast... fan para promocionar o libro galego.
Cando alguén dimite do seu cargo é porque non pode facer o seu traballo ou porque non llo deixan facer. Escollan.
Hai que saber montar nos trens en marcha: acepto a encomenda. Cando é a viaxe?
ULTIMA HORA.
Querida concurrencia, velaí unha noticia que acabo de ver en "La Voz de Galicia".
Que cada un tire as consecuencias pertinentes.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/12/16/0003_6408143.htm?idioma=galego
O PSOE pide nun documento ser «belixerantes» contra as galescolas
O BNG intercepta un texto interno socialista que cuestiona a rede de garderías promovida por Quintana. Expón ata a creación dunha oferta alternativa que sería tutelada pola Consellería de Educación
Domingos Sampedro
«#\\\\ que ser belixerantes» para non utilizar o termo galescolas , para desvincular estes centros da educación infantil e ata para pór en marcha, se fose posible, unha «oferta educativa alternativa» coa axuda financeira do Estado. Estes propósitos que cuestionan de forma severa a rede de garderías en galego, impulsada polo BNG desde a Vicepresidencia da Xunta, aparecen recollidos nun documento da área gobernamental do PSDEG-PSOE no que se enumeran algúns obxectivos políticos para o que resta de lexislatura. A nota interna reavivou as tensións entre os socios do bipartito ao ser interceptada polos nacionalistas, aínda que os seus socios sácanlle ferro.
O papel de traballo socialista destapouse esta semana no transcurso dunha reunión de planificación do Executivo autónomo convocada polo conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, co propósito de definir os obxectivos políticos estratéxicos para o ano próximo. Segundo as fontes consultadas, ao encontro foron citados os secretarios xerais das conselleiras, así como os xefes de gabinete dos membros do Goberno, co propósito de pór as axendas en común. Pero na documentación da reunión tamén se incluíu a carta da discordia, quizais debido a un erro, desatando as iras dos nacionalistas.
Axenda de obxectivos
O documento en cuestión, ao que tivo acceso La Voz, leva por título Axenda de Obxectivos para ou 2007, 2008 e 2009 e, á parte de empregar un galego infestado de faltas de ortografía, describe os obxectivos inmediatos da Consellería de Educación, así como as súas iniciativas lexislativas e os seus proxectos.
A primeira reflexión que achega o texto é que o departamento de Educación, que preside a conselleira Laura Sánchez Piñón, deberá pór en marcha unha oferta educativa na área de infantil que sexa diferente á que constrúe o Bloque. Como argumentos en favor deste posicionamento, a nota apunta que as competencias sobre o ensino infantil recaen en Educación, e xa que logo na área socialista do Executivo, en virtude do pacto bipartito subscrito en xullo do 2005.
De igual modo, chama a «dar a batalla» para desligar as garderías da Vicepresidencia da educación infantil e ata propón non utilizar «ou termo galescolas». Para rematar, a nota expón a opción de pór en marcha unha «oferta educativa alternativa» ás galescolas, a condición de que exista financiamento estatal.
Nin na área de goberno do Bloque nin na do PSOE quixeron onte confirmar de forma oficial a existencia de devandito documento. Si o fixeron de forma extraoficial. Os socialistas, para restarlle transcendencia e apuntar que se trata dunha «mera opinión política» que non vai a ningunha parte. Os nacionalistas, en cambio, consideran que é a proba de que o PSOE segue unha «estratexia de tirar a matar», completamente desleal ao pacto de Goberno.
Pero se algo fixo o texto foi reavivar as tensións que estalaron o pasado verán no seo do bipartito, e que Pérez Touriño e Anxo Quintana encargáronse de rebaixar en setembro cunha reunión bilateral na que pactaron o marco orzamentario para o 2008.
Non é a primeira vez que o nome das galescolas vén precedido da polémica. Cando Quintana autorizou que se crease unha marca corporativa para estes centros, o PP criticou o intento de uniformizar aos pequenos con «mandilones identitarios». Despois viñeron outros enfrontamentos, relacionados co proceso de selección do persoal destas escolas ou co intento de incluír o himno galego nos ensinos para os menores de 3 anos.
Eu tamén penso que Saavedra debería ir á viaxe a Cuba. E non só por escribir tan ben as súas memorias.
Marcos e Da Coba non teñen suficientes méritos.
Unha proposta do máis equitativo: penso que todos, todos sodes imprescindíbeis e deberiades ir a unha axencia de viaxes para ver canto valería fletar un avión para un grupo que queira ir a La Habana (Cuba) en calidade de "salón des refusés"e contarnos o que fan os oficiais cos gastos pagos.
Se hai que axudar algo a esta nobre causa, contade comigo.
Alguén pode deitar un pouco de luz, máis concreta, sobre a maré de fondo que levou á demisión de Chisco? Algo máis ha haber que a simple cuestión da viaxe a Cuba.
E si, deixemos no PSOE a xestión dunha rede de garderías en galego. Xa que está moribundo, carguémonolo de vez. Non sei que é peor: se a xestión discutíbel das galescolas que fai a Vicepresidencia de Quintana, ou que quen só se preocupan liturxicamente do galego promovan a educación infantil no idioma dos pailáns e dos bloqueiros. Que iso é o que pensan os do PSOE, non se leven a engano.
Incorpórome agora mesmo ó blog, e dóume conta de por qué me cantaban os oídos: falaban de mín nas uvas!
Vaia, Apicultor."Si guardas en tu sitio tu cabeza tranquila, cuando todo a tu lado es cabeza perdida...". Que eu non teño méritos pra esa viaxe é algo demasiado obvio. Pero está bén que che digan que " estás espido", por se acaso...XDDDDDD.
Pero, eso sí, como brincadeira estivo estupenda. Canto me rín. Sobre todo có de ir de "submarino" na cuota do PP.XDDDD
Onte á noite estiven na cea dunha asociación de venezolanos en Ourense. Colgaron a bandeira así coma outros pabellós. Houbo menú venezolano, música venezolana, discursos, regalos, etc...
Notéi a "morriña" daquela xente, de tódalas edades. Cómo exaltaban tódolos elementos da identidade e da cultura de aquel país, ó que moitos deles estan convencidos de non voltar xamáis. Cómo falaban de cidades, paisaxes, cantaron o himno...Entonces fíxenme unha idea do que debéu ser o fenómeno inverso: o da emigración galega neses países no pasado. E comprendín cómo e por qué eles tiveron tanto que ver coa preservación dos valores da identidade do noso país.
O que notéi foi que, pese ós momento que vive es país, non falaron nada de nada de "política". Parecía coma se fose asunto menor, fronte a tódolos elementos culturáis que trataban de exaltar.Pasaría o mesmo cós galegos emigrados en America?
Probablemente sucedeu algo semellante cos emigrados de América: os especialistas poden pronunciarse. Cando menos en certas circunstancias e en certas plataformas culturais, houbo unha clara colaboración entre xentes de moi diferentes ideoloxías, galeguistas ou non. E o que sucedía nos lideratos (Castelao, Seoane, etc.) sucedería tamén nas bases, sen dúbida.
Tamén pode suceder que se suspenda a conversa sobre temas políticos, para evitar puntos de fricción nun momento de confraternización.
Publicar un comentario