Un orixinal sistema de presentacións na Biblioteca Pública, coa colaboración de Galaxia e os Institutos. O luns non puiden asistir porque falaba eu noutro lugar, a esas horas. Onte compartín un anaco dun animado debate con A. Riveiro Coello.
O pasado luns, no salón de actos da biblioteca da rúa Concello, Galaxiaorganizou a presentación da última novela de Alfredo Conde, María das Batallas. Con anterioridade, a editora fixérame a proposta de escoller algún alumno do instituto para que lese a novela e participase no seu día na referida presentación, opinando sobre a mesma, expresando as vivencias persoais que lle producira ou preguntando ao autor sobre aspectos da mesma.Tiña oído falar de María como excelente alumna e mais ávida lectora, e foi a ela a quen, un venres, lle propuxen presentar o libro (daquela tamén podía optar polo de A. Riveiro Coello, Os ollos de K, que xustamente tamén sepresenta hoxe). Aceptou decidida despois de lle botar unha ollada na fin de semana. Canda ela participou outro rapaz (Alexandre?), que viña do Otero Pedrayo. E foi un éxito. Para Galaxia, que soubo escoller un formato áxil e cheo de credibilidade, moi axeitado para este tipo de actos. Para Alfredo Conde e a súa novela, que recolleron dos mozos loanzas e parabéns que soaban sinceros.Para o público, ao que nos resultaron gratas e mesmo emocionantes estas presenzas xuvenís tan competentes. E para a moza. María González puido facer exhibición dunha capacidade de análise que escapou da rixidez dos guións académicos, comunicando con naturalidade (espontánea só na aparencia), nun galego conciso, enxebre na gramática e auténtico na dicción. Era o ton que cumpría, sen deixar de ser rigorosa e profunda.María é de Chandrexa de Queixa. Souben no acto que tiña gañado un concursode relatos no Centro Galego de Leoia. Creo.Un saúdo.
4 comentarios:
Dá gusto que haxa alumn@s así. Parabéns a eles e parabéns a a don Alfredo e a Galaxia.
Parece que, na foto, están vostedes para fusilar.
O da camisa blanca de mi esperanza, ten pinta de que si che baixa un "remo", quedas con él. Mi madriña.
Os outros, teñen pinta de escritores. XDDDd
Publicar un comentario