20 dic 2007

A vidreira de Díaz Pardo no Parlamento de Galicia

Inaugurada onte. (Se alguén ten unha foto mellor, agradeceríase o envío)

24 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O Parlamento de Galicia por dentro non é unha xoia arquitectónica: a madeira esa parece de sauna e o conxunto, que pretende unha fasquía escandinava, resulta un chisco insatisfactorio, como de encarga fallida. A vidreira de Díaz Pardo trata de paliar o ambiente, pero eu non estou moi seguro de que poida conseguilo. Estaría mellor noutro lugar?

Anónimo dijo...

Algo máis de color e empaque dalle ao Parlamento, que boa falta lle fai. A min, polo que vexo, gústame bastante.

Xaime dijo...

Non sei por qué a mín pareceme unha capela. Será por que son da aldea.

Anónimo dijo...

Pois sí, Xaime. A mín tamén mo parece. Imaxinan esa vidreira no Congreso dos Diputados?

Anónimo dijo...

I ese escudo do dolmen?

Marcos Valcárcel López dijo...

Acabo de pegar enriba deste post a miña Andoliña de hoxe, que algo fala deses símbolos.

Anónimo dijo...

Que toliños estades, comenzar a escribir as oito menos dez da mañá. Haivos bo vicio rediola!.
E o xdc ten que ser profesor de instituto, son os únicos que teñen "vaghare" de escribir a calquer hora, e incluso nos recreos, esa intempestuosa hora das 11 e pico.
Persoeiro, xdc, vas pasar a historia.

Anónimo dijo...

Así decíalle un "besta" da miña aldea ó seu can: Tí vas pasar á historia. Vas ser un modelo .Vas quedar de modelo na "molida" dunha vaca...

Anónimo dijo...

Eu non vexo qué paxaros son en concreto.

Moito me gostaban a mín as chascas e as lavandeiras. Facían que nunca te sentiras só, arando no campo. Revoloteando sempre ó teu carón, atentas á terra recén removida pra comer todo tipo de vermes. Compañeiriñas, chasquiñas queridiñas...
Chasquiña cantando: Chás,chás

Anónimo dijo...

Señor xohan Da coba, sepa vostede que se creou todo un tecido vital para intentar desentrañar a súa identidade.
Eu entrei nestas páxinas para ver de coñecelo un pouco posto que nos ten abraidos a unhes cantos coa súa erudicción ( e sensibilidade). De ehi o de pasar a historia. Ignoro como tomou vostede a miña frase, a primeira contestación é ocurrente como caseque todalas suas. A segunda non a entendo, cecais porque me falta a primeira referencia ós paxaros.
O de ser vostede un profesor é unha "boutade", pero aghora penso que efectivamente o é e ademáis penso que de galego.
"Disimulademe" lectores pero non teño hábito da escrita e resulta difícil expresar con concreción o que un quere. Síntome rodeado de "escribidores" e en certa medida indefenso. Pero xa sairán cousas, e un día desaparecerei na néboa da serra sen deixar pegadas.
Reciba sr. Xoan da coba, mentras tanto, a testemuña da miña mais distinguida consideración.

Anónimo dijo...

En efecto, a vidrieira dalle un aire de capela ao Parlamento.

Pero, ben pensado, non estaría de máis que as súas señorías rezasen antes de comezar cada sesión. Así ao mellor acertaban máis... ou non. Non, vai ser que non.

Anónimo dijo...

Referíame ós paxaros da vidrería do Díaz Pardo, lobo neghro.

Non faga caso de todo o que conto. Como suxeríu o Etxe, pode ser falso máis da metade. Pero... A quén lle importa, en verdade!!

E, entre nós, quédese por eiquí que se aprende moito destes carallos.

Anónimo dijo...

Onde puxen "carallos" quería poñer "cabaleiros", pero traizoóume o subconscente. Glups.

Xaime dijo...

lobo neghro, non será acaso vostede o protagonista dunha novela de Manuel Xesús Valcárcel.

Anónimo dijo...

Paréceme moi raro que ningún de vostedes se fixera eco desta transcendental noticia:

Proposta mundial

Orgasmos pola paz

Mañá sábado celébrase en todo o mundo o Día do Orgasmo, unha iniciativa pola paz.

Por segundo ano consecutivo, a organización pacifista Baring Witness convoca o 'Orgasmo Global', que se celebrará mañá en todo o mundo.

Segundo indican na páxina web da iniciativa, o orgasmo global debe coincidir coa hora exacta do solsticio de inverno, ás 07:08 hora española, e débense alcanzar o maior número de orgasmos posibles en todo o mundo.

Obxectivos

Con esta curiosa proposta mundial, os seus creadores presenden “lograr un cambio positivo no campo enerxético da Terra mediante o maior aporte posible de enerxía biolóxica, mental e espiritual”.

Pode parecer incrible, pero Baring Witness non ten dubidas de que alcanzando un “gran orgasmo simultáneo e mundial”, a humanidade pode sentir unha verdadeira sensación de paz, alexada da política e os conflitos mundiais.

Base científica

Segundo indican na súa web, non é só unha cuestión espiritual, senón que indican que “as nosas mentes inflúen sobre a materia e os campos de enerxía cuántica, así que concentrando os nosos pensamentos durante e despois do Gran Orgasmo Global en ideas de paz e harmonía, a combinación dunha gran enerxía orgásmica cun pensamento consciente pola paz podería reducir os niveis mundiais de violencia, odio e medo”.

Anónimo dijo...

Pois que fagan campaña entre os chinos. Mellor eso que que se poñan a patexar no chán todos a un tempo.

Pero que se poñan tamén todos nunha mesma orientación xeográfica-magnética. E hai que sincronizar tódolos movementos. E as sete da mañá é unha ben mala pra nós.

E hai que convencer tamén ós animáis collidos de dous en dous según a súa especie.

Anónimo dijo...

SR.Xaime deme vostede máis referencias desa novela que a leo e despois lle digo algo. Non me movo ben nestes ámbitos, son lector escaso e como comprobarán teño moitas dúbidas coa ortografía da miña língua. Agradaríame que fose vostede a persoa a quen aludín,no texto do Alvite é moi evidente a quen se refería, pero non sei se realmente está vostede de coña ou é quen dixo ser ( o poeta aludido que todos coñecemos). Estou a decatarme que en todo este tinglado o tema da identidade debe ser o de menos e tería eu que ser máis respetuoso e non preghuntar.
Debezo por coñecer o nome desa novela.

Anónimo dijo...

Eso de sincronizar o orgasmo non vos é ningunha coña. Xa W.Reich parira a teoría orgómica e tamén investigara unha batería para cargala coa enerxía Orgón. Hai algo que me leva a pensar que podería haber un fío de verdade nese suposto de enexía cósmica e terapéutica. Por unha parte o feito de que o perseguisen tanto os nazis como os ianquis, e que acabara nun manicomio. Por outra...algo inaprensible... En Ourense vimos no pequeno cine a película alusiva a vida deste "precursor" . Hai algho sumamente atractivo que haberá que retomar diste outro xenio xudeo.
Non vos riades "Hai máis cousas no ceo e na terra, Horacio.....", en Inglaterra puxeron un millón de nenos a choupar xuntos a mesma hora no patio dos colexios e producíuse un miniterremoto rexistrado en sismógrafo. Hai escasos tres ou catro anos. Eu estou convencido de que nos pomos a rezar, ou meditar , ou o que sexa outros tantos ....e algo se moverá.
O dos orgasmos é moito máis poderoso.Poderosísimo, il non?.
Ademáis creo na teoría dos campos mórficos.
Mágoa que eu non teña moita disponibilidade par exercer, aunque algo se pode ir mirando para colaborar.
Creo no que nos propon esa noticia amigho abelleiro.

Un vello da miña aldea dixérame que as abellas tiñan carreiros no aire. Formaba parte da súa cosmovisión, e polo tanto da nosa cultura. Sen sabelo esa sabiduría popular estaba entroncando cao teoría dos campos mórficos. E esta teoría podería axudar a explicar o que propoñen os de Baring Witness . A mín todas estas cousiñas danchevosme azos para vivir.

Anónimo dijo...

Estou en medio dun bastante intenso; aproveito a ocasión para mandarlles unhas felices festas. Xa voooooooooooooouuuuuuuuuuuu.

Anónimo dijo...

Que aínda non é a hora!

Aguante un pouco, por deus, que vai desfacer a harmonía universal!

Anónimo dijo...

Onde tiñan que facer un orgasmo sincronizado é no Sistema Literario Galego, a ver se acadaban algo máis de espírito de paz. O señor Valcárcel podía propoñer na Asociación de Escritores unha corrida colectiva que podería ser patrocinada por Cultura e, como non, Política Lingüística.

Anónimo dijo...

Decatástevos de que estamos a facer risoterapia?.

Anónimo dijo...

Por favor señor Valcarcel non se guíe por Leituga, o que propón é unha pequena morte colectiva que dada a situación, sería irremontabel, banal para moitas literaturas nacionais, pero para nos definitiva. O SLG ten que ir a guerra intraespecífica, a loita, deixarse de pasteleos, competir, demostrar a excelencia e o ridículo con argumentos consistentes. A crítica deberá ser hostilizada dende unha maior formación e discernimento. Os autores terán que darlle un revolcón ao canón implicito, rachar as retoricas subreticias, as concepcións convencionais da realidade, haberá que rechazar premios, chamarlle polo seu nome ao fraude autorial, critico, editorial e institucional. Haberá que defender aos 23 santos lectores que sosteñen a literatura galega no silencio anónimo, que evitan o seu derrube e a rendición a tendencia conspicua dun orgasmo entre premios e falsos recoñecimentos.
Non aos orgasmos institucionais!
Non aos falsos recoñecimentos!
Non aos guiños entre cegos!

Literatura!, mais Literatura! mais humor!
Todo o demais está dito, remateino eu.
HUMOR, só queda o humor, só dende o humor é xa posibel seguir a escribir algo que pague a pena sen pena.
Guerra aos que se adican a porlle traspés as palabras pretendendo o humor.
Sangue, cólera, flema, melancolía, bilis, fel.

Anónimo dijo...

Vaia. Saéunos hipocrático hoxe o Levita. XDDDD. Moi bén.