Na Viena dos anos 20
Debeu ser apaixonante vivir a Viena dos anos 20, cando Eric Hobsbawm era aínda un neno e un adolescente. Era a Viena plurinacional que xuntaba figuras intelectuais como Freud e Mahler, procedentes de Moravia; Joseph Roth, da Galitzia polaca, ou Elias Canetti, chegado dende o Danubio búlgaro. Todos eles xudeus e son só algúns dos nomes que cita o historiador británico na súa autobiografía (Años interesantes). É evidente o peso da cultura xudía neses anos na Europa central, malia o forte antisemitismo histórico nesa rexión.
O caso de Hobsbawm é curioso: tamén xudeu, nunca foi practicante nin tampouco sionista. Non eran sionistas, di el mesmo, os xudeus vieneses de clase media nesa época, uns douscentos mil en Viena, o dez por cento da poboación da cidade. Pero, con todo, a súa identidade quedou moi marcada por unha anécdota coa súa nai cando o futuro historiador marxista só contaba con dez anos. Aquel neno repetiu en varias ocasións un comentario crítico arredor dun seu tío, afirmando que tiña un comportamento "tipicamente xudeu". A súa nai, que tampouco era relixiosa, replicoulle moi seria: "Nunca fagas nada, nin por asomo, que dea a impresión de que te avergoñas de ser xudeu". (Imaxe de Chagall)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
11 comentarios:
Niguén ten por que avergoñarse das súas orixes, tampouco ten por que atacar as de outras civilizacións. Ese é o problema na nosa sociedade, e o que sempre houbo. Liortas entre razas, clases,sexos, culturas, etc. Co marabilloso e enriquecedor que podía ser aprender uns dos outros pacíficamente!
Chagall é un dos meus pintores favoritos, todo cor, ensoño, fantasía, mundo naïve, amor, bondade, liberdade, voar, e tamén a súa orixe, a súa terra, tamén a súa ideoloxía política, e ese máxico violín coa cabra ollando o xardín da imaxinación aló no fondo
apertas Yoli
¿E logo que ideoloxía política tiña Chagall?
E vostede Marcos...?
Estiven con alguén de Ourense moi activo no xudaismo renacente galego, e faloume de vostede, da posibilidade de que poida ter orixes xudeos, de que sexa consciente e de que non se avergoñe e podamos contar con vostede
Pois, polo que eu sei, CHAGALL pasou dun entusiasmo inicial polo comunismo, nos días da Revolución Soviética, da man de Anatoli Lunatcharcski, designado este por Lenin como director do Ministerio de Cultura e quen nomeou a Chagall como Comisario de Belas Artes en Vitebsk. Moi cedo foise arredando dese entusiasmo, por certos enfrontamentos con Malevitch e porque o seu modelo creador era incompatible cos férreos dogmas artísticos que se foron impoñendo na Revolución (por qué pintas as vacas verdes? preguntábanlle?). Co tempo tivo relación cos surrealistas (Breton, P. Eluard, B. Cendrars) e acabou utilizando a forza da Relixión como defensa ante o medo existencial (e parapeto contra os nazis ou os revolucionarios comunistas). Toda a súa obra está impregnada por un espírito de creación e fantasía superior a calquera dogma político. E pronunciou esta magnífica cita: "A Revolución (bolchevique) podería ser unha gran cousa, se mantivese o respecto polo que é diferente" (informeime en CHAGALL, de Ingo F. Walther e Rainer Metzger, Taschen, 1999.
Para o último usuario anónimo, que escribía ó mesmo tempo ca min: non teño ningunha noticia desas posibles orixes xudeas, é a primeira nova ó respecto, pero en calquera caso, aínda que só fose por simple curiosidade, gustaríame saber máis ó respecto. Saúdos.
Si podería engadir, dentro da miña ignorancia sobre o mundo xudeu, a miña admiración por algúns grandes escritores de orixe xudea, moi singularmente ISAAC BASHEVIS SINGER, que utiliza tan a cotío elementos desa relixión e desa cultura nas súas obras.
Daquela, ¿que ideoloxía de Chagall admira a señorita Yoli? ¿A comunista ou a anticomunista?
e que so os nazis e os sionistas intentan (pola miña parte nunca o conseguiran) a fundir o moito, diría eu, imprescindible legado dos xudeos na nosa cultura ocidental. Outra cousa é o desexo da aniquilación física e total de ese Estado imperialista que se chama israel, que, igual que lle sucedeu o aleman, será borrado da faz da terra. Como decides os ourensans, "a todo porco chégalle o seu san martiño.
Imos ver.
Un pouco de respecto ao sionismo.
Xa está ben desta ignorancia cómplice que asimila nazismo ou calquera forma de totalitariasmo a sionismo. Hai que se informar un pouco e deixar de repetir ocos ecos sen reflexionar nin informarse.
O fundador do sionismo moderno é Theodor Herzl. No seu libro "El Estado Judio" de 1896, baseándose no antisemitismo que circulaba por Europa e que ía en aumento, fala de procurar un lugar no mundo para o facer un estado xudío. O sionismo –simplemente nacionalismo hebreo- como todo sionismo, acobilla unha pluralidade de tendencias. Non é o mesmo ser de ETA –un asasino- ou do PNV. Non é o mesmo ser de Al Qaeda –un asasino- ou dun partido confesional musulmán calquera. Pois ben, o dominante dentro do sionismo moderno é a esquerda, nacida das ideas precursoras do amigo de Marx e Engels que era Moses Hess, quen xa en 1862 publicara “Roma e Xerusalén”, adiantando unhas ideas que logo sería recollidas polo laborismo israelí. Por esta tendencia esquerdista, dominante, insisto, no sionismo, unha das bases do estado de Israel é o comunitarismo dos kibuts, a solidariedade cos que chegan, etc. etc.
Os xudeus ultra-ortodoxos, son antisionistas porque din que eles non teñen dereito a un estado, porque deus os castigou botándoos de Israel, alá hai dous mil anos -e de aí que non podan contradicir a deus. Son unha minoría que respresentarían eses imbéciles vestidos de negro que foron visitar Irán e apoiar non a negación do Holocausto –eles non a negan- senón dicir que foi un castigo de deus contra o sionismo, por quereren construír un estado xudeu.
Despois de barallaren varias posibilidades no movemento sionista –desde a Patagonia a Kenia- escolleron para promover a súa construción nacional a zona de Israel, polo mito histórico que tanto lle turraba, como pola atracción que o sultán de Turquía, exerceu sobre eles, posto que consideraban a zona erma e case baleira. Despois de décadas de asentamento progresivo, sabemos todos o que pasou: 1942-45 o maior crime planificado da historia da humanidade, 1948 proclamación dos estados de Israel e Palestino por parte da ONU, guerra árabe contra Israel, fuxida de moitos árabes de Israel, e comezo da vida nos campos de refuxiados para estes fuxidos, sen sequera a posibilidade de integración nas nacións árabes de acollida –Líbano, Xordania, Exipto, etc.-
Na proclamación do estado de Israel, o 14 de maio de 1948, recóllese en dous dos seus puntos esta vontade de convivencia pácífica dos árabes.
EXHORTAMOS - aínda en medio da agresión sanguenta que é lanzada en contra nosa desde hai meses - aos habitantes árabes do Estado de Israel a manter a paz e participar na construción do Estado sobre a base de plenos dereitos civís e dunha representación axeitada en todas as súas institucións provisionais e permanentes.
ESTENDEMOS a nosa man a todos os estados veciños e aos seus pobos nunha oferta de paz e boa veciñanza, e os exhortamos a establecer vínculos de cooperación e axuda mutua co pobo xudeu soberano asentado na súa terra. O Estado de Israel está disposto a realizar a súa parte no esforzo común polo progreso de todo o Medio Oriente.
E isto é o que dicían os xudeus nacionalistas, ou sexa sionistas. Por iso, os galeguistas históricos, desde Castelao a Seoane, sempre tiveron unha ampla amizade e simpatía polos xudeus.
Saúde. Shalom.
Pois Shalom, pero non Sharon
Por suposto. Sharon non.
Publicar un comentario