historia da transición
Na Historia de Galicia que está editando La Voz de Galicia sae hoxe (e segue o próximo xoves) o tomo (2 tomos, co do xoves) dedicados á historia de Galicia na autonomía ou á transición democrática no noso país. Este primeiro tomo, que non mirei aínda de vagar, afonda na historia do nacionalismo nese período. O feito de ir asinado por Xusto Beramendi é, sen dúbida, unha garantía de rigor.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
44 comentarios:
Non retiro o dito no meu breve post-anuncio, pero acabo de ver un pequeno erro, creo eu, que pode ser subsanado en futuras edicións. Nas páxinas 86-87 fálase da esquerda nacionalista agrupada arredor do Consello de F.P.G., a ruptura democrática e as Bases Constitucionais. E nese contexto dise, deste nacionalismo de esquerda:
"E seguía creando organizacións sectoriais como a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a Asociación Galega da Muller (AGM), a Intersindical Nacional Galega (ING) ou, xa en 1977, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)".
Pois ben, creo que a AGM non se debe fundar moito antes do ano 1977 e na súa iniciativa o nacionalismo de esquerda que nas eleccións formou o BN-PG tivo moi pouco que ver. Polo que eu sei, a AGM nese momento estaba moi vinculada, tanto en dirixentes como en militantes, ás mulleres do Movemento Comunista de Galicia (MCG), partido que, aínda que pasou polo Consello, non se consideraba nacionalista (co tempo remataría por converterse en Inzar e integrarse no BNG pero iso moitos, moitos anos despois). É, pois, atribuírlle demasiado a ese sector (nacionalismo de esquerda) a fundación da AGM, sobre todo cando daquela ese sector era moi remiso a falar de "feminismo" (palabra tabú) e cousas semellantes. O contertulio RAF, se quere, podería afondar de seguro nesta relación MCG-AGM.
Don Marcos, desculpe vostede a molestia, mais podíame dicir se ten publicado algo sobre "A Esmorga" de Blanco Amor???
Grazas anticipadas.
Non é molestia ningunha, amigo Julio: sobre B.Amor teño dado algunha conferencia, aínda inédita, e sobre A Esmorga bastantes artigos de prensa (algúns sobre o Roteiro), difíciles de localizar. Quizais o máis valioso que fixen sobre B.Amor está nos artigos "Historia e sociedade en Xente ao lonxe" e "Cultura obreira e identidade proletaria en Xente ao lonxe", aparecidos en suplementos de xornais. Pero os dous están recollidos tamén no meu libro PÉ DAS BURGAS. ESTUDIOS DE HISTORIA, LITERATURA E XORNALISMO (Caixa Galicia, 1998), pp. 165 a 193. Se non encontrase o libro nas bibliotecas (que debe estar), podería achegarlle fotocopias pois non me queda ningún exemplar.
E se non o coñecese, lea o magnífico libro de XAVIER CARRO publicado por Galaxia, "A obra literaria de EBA" (1993), para min o mellor publicado sobre este autor, xunto coa biografía ficcional de GONZALO NAVAZA (EBA. Diante dun xuíz ausente, Nigra, 1993). Saúdos cordiais.
Con eses materiais (e moitos outros) preparei e saquei no seu día a oposíción de cátedras de L.e L.Galegas de secundaria: o tema escollido era Blanco Amor, por suposto.
Por iso llo comento, don Marcos, porque andan a dicir (eu conto o que contan, eu digo o que din) que vostede é o máximo especialista en B.A. (entre outros autores).
Ah, e que teño que axudar a unha sobriña nun traballo sobre "A Esmorga". Eu lino na E.O.I., fixen un traballiño, empresteino "y voló".
Cumprimentos, señor.
Axudádenos a reivindicar outra vez , leales oposicións a cátedras, no canto de este "ascenso por riguroso turno de antiguedade". Acábano de parir estos frustrados que están no poder. Supoño que para beneficio deles mesmos.
Ten razón Valcárcel no que di do erro de Beramendi.
A feminista AGM non tiña nada que ver co nacionalismo, e si co MCG.
Daquela, o nacionalismo andaba aínda moi atrasado verbo do feminismo. Despois asumiríao, pero xa nos anos oitenta.
Por certo, na síntese divulgativa de Beramendi, "non afonda" na historia do nacionalismo dese período. Non di nada novo que non se soubera xa, penso eu.
Sr. Conde Mosca.
Ten vostede toda a razón.
As oposicións ás que foi o Marcos ás cátedras foron as últimas que se poderían chamar así. Porque aínda que o tema o escollía o opositor, tiña que enfrontarse a outros varios centos para ripar algunha praza. Se non lembro mal, naquelas había uns 220 presentados e unhas 20 prazas... E aínda que contaban moito cousas raras, tipo exercicio da direccion, etc. un, desde só cumprir as condicións -8 anos de profe- de facer ben as cousas tiña posibilidades de sacalas.
Isto de agora é unha tontería máis do sistema.Todos falan mal delas e todos presentan os papeis. Loxicamente.
Compadezo aos dos tribunais que en vez de escoitar brillantes conferencias -como a do anfitrion sobre EBA- deben debullar e mirar con lupa papeis de cursiños e gilipolleces.
Saúde coa miña simpatía solidaria.
Na colección da Voz, agás algún tomo e excepción (que tamén os hai), non se está a ver nada novo. Refritos e máis refritos, polo xeral. Eu non estou a coleccionala, pero quen o fan e a miran a cotío falan en xeral de maneira moi dispar dos volumes. Certo é que é un formato que non convida moito a escribir cousas sesudas e innovadoras, mais así e todo algúns dos autores deberían, ao meu xuízo, terse molestado un chisco máis e non repetir o que xa escribiron hai dez, quince e ás veces vinte anos. Mágoa.
Eu lin os de Pegerto Saavedra e debo dicir que son pouco divulgativos. Se é iso o que se pretendía. E teño que admitir que non sei consultalos. Nos lombos, non hai unha secuencia cronolóxica clara. Ou a mín mo parece.
Acertan os amigos Valcarcel e Apicultor. A Asociación Galega da Muller foi unha creación das mulleres do MCG. Sospeito ademais que non se debeu achegar sequera unha soa muller do daquela BN-PG, se ben quizais esta afirmación é moi rotunda e algunha muller das que participou dende o principio podería aclaralo mellor.
Quen si participaron, se non na creación achegáronse decontado, foron mulleres independentes e doutros partidos do que se adoitaba chamar "esquerda revolucionaria" como a LCR, e sei tamén que o fixo algunha moza (polo menos en Ourense) da ORT.
Xa máis adiante, pero na mesma década dos setenta, mulleres do POG creo que participaban nesa organización feminista. En Ourense sei que en algunha ocasión se xuntaban naquel local da rúa Progreso que era de Bemposta e do que deixaba as chaves a quen llas pedise a nai do Pai Silva.
Respecto do ano da fundación non o sei con certeza, pero creo que foi no 76. Polo menos creo lembrar que antes de rematar o curso académico dese ano (maio, xuño) xa andaban as mulleres do MC facendo esa organización.
¿Como ían as mozas do ERGA ou da ANPG mesturarse coas "españolistas" de AGM?
Non se lembran dos nosos "anos de chumbo"?
As mozas de ERGA e a ANPG eran, agás casos moi contados, exemplos de mulleres de pura raza galega e non consentían relacións sexuais antes do matrimonio ou, cando menos, mentres non se formalizase seriamente a relación de parella ante amigos e coñecidos e non se respectase a máis estrita fidelidade. As da AGM, xa se sabe, eran españolistas, logo de raza impura, polo que os seus costumes licenciosos e libertinos eran o escándalo -ergo: a secreta envexa- dos mozos e mozas de pura raza galega de ERGA e a ANPG. A pulsión sexual reprimida -está máis que comprobado- xera sempre unha política sectaria.
PARA JULIO MEDELA, sobre Blanco Amor: lembrei agora, ás 8 da mañá, que pode consultar vostede un post meu do 4 de decembro 2007 neste mesmo blog e alí hai un traballiño sobre os espazos ourensáns na obra de EBA, que tamén fala de A Esmorga, e que leran daquela dúas alumnas miñas do IES A Carballeira.
OK
Obrigadiño, don Marcos.-
Sr Julio Medela de Lobeira: Non terá que utilizae fotocopias de PE DAS BURGAS, fareille agasallo do LIBRO , como o Amigo XDC ficho Con Autor.
Dígame donde llo teño que deixar e hoxe mesmo estará no seu poder.
Saudos
"Tiempo habrá de comprobar si el de ayer quedará marcado en la biografía de Rajoy como el día en que sentenció su carrera política."
Editorial de EL PAÍS, 16 de xaneiro de 2008.
Don Trebi: Fico abraiado pola súa xenerosidade.
É evidente que se todo o mundo fose como vostede, non había guerras no mundo, nin pleitos nas audiencias.
Eu estou en Celanova, ás tardes vou a Allariz, podemos combinar, se vostede quixer, a través deste meu enderezo electrónico, para lle causar a vostede as mínimas molestias:
medela@iol.pt
Respectusos cumprimentos.-
Non existen leais oposicións a cátedra (con exame a fondo da competencia académica e, no seu caso, padagóxica) desde hai moitos moitos anos. Nas últimas aquí referidas, o opositando escollía tema, nas anteriores -se non me confundo- desenvolvía obrigatoriamente dous determinados ao chou.
Eu suspendín aquelas (o tempo chegoume para un terzo da exposición, máis ou menos, e déranme un catro); levo traza de suspender tamén estas (gusto pouco de cursiños, non fun case nada directivo, o que eu teño conta pouco). E dubido que volvan as cátedras comme il faut.
Prima a nivelación, cousa boa en certos aspectos; en certos. Eu botarei de menos a antiga figura do catedrático; aínda que sexa politicamente incorrecto, como di o outro.
A culpa de todas estas movidas no ensino secundario é dos sindicatos, de todos os putos sindicatos. E da administración que lles fai caso.
Polo que vexo, se os lectores deste blog, algúns historiadores e outros interesados nestes temas, non mercan a historia de LVG, o certo é que non sei quen a vai mercar. Terá outros públicos, quizais. Ben, eu só merquei algúns tomos, precisamente os que considerei máis orixinais e que non estaban noutros libros que xa teño hai anos.
Xa que o SEXÓLOGO CLÍNICO, lembrou as mozas de ERGA, vou engadir algo ben sabido. Mediados os 70, a militancia política levaba aparellada, de xeito obrigado, a cooptación das parellas do militante. En Santiago se lle criticaba a un coñecido militante de ERGA-UPG "que non fora quen de meter no partido á súa moza". Eu mesmo, ben obediente, aportei á causa a miña primeira moza en Compostela, antes bastante ácrata ela, e tamén a segunda, que viña do campo de oDEA-PCE(R), e se converteron en militantes nacional-populares por un tempo. Isto contado hoxe parece brincadeira, pero así eran as cousas...
"A miña muller vota o que lle diga eu".
Unha vez entrara en ERGA en Ourense unha moza fermosísima, morena e moi guapa, que destacaba entre todas as demais, máis ben do montón. Un dos responsables pensou para si: - A ver se me ligo a esta. Non lle deu tempo nin a intentalo, porque estivo tan só dúas semanas e desapareceu. Pouco despois apareceu no descapotable do macarra dunha célebre óptica ourensán, ligón profesional e vinte anos maior ca ela. Pasou a ser a súa amante durante unha tempada. O día que chegue a revolución nacionalizaranse todas as propiedades dos parásitos -pensou para si o responsable de ERGA a modo de consolación.
No PC e na Liga cambiabamos moito de parella, como manda o socialismo preleninista primitivo. Nese sentido eramos moi ortodoxos.
Sinto dicírlles que cando atopábamos a aquelas mulleres abandonadas por vostedes os militantes nacional-populares, só nos pedían sexo.
E aínda que tentábamos introducilas no tute, no parchis, no paseo matutino pola Ferradura, polo Libery e pola musica de Pink Floyd - Arume, a mín chamábánme pink floyd na pandilla- só tiñan unha cousa no celebro: EXO.
A case todos os asinantes de comentarios: Menos lobos, caperucita.
E, amigo Xaime, estou intrigado polo seu alcume: menos mal que non o chamaron Ummagumma.
[Agora sae un blogueiro que era coñecido por tal nome e a evacuamos, como di o excelso Iglesias o Bieito]
Non é conto, Arume, o PC e a Liga eran moi liberais. Era un gancho para reclutar militancia, a via venérea ao comunismo.
Falaba un millonario con Deus e decíalle: "Tí sí que tés que ter cartos. Inventaches o sexo, e cobras dereitos de autor por cada acto dese tipo. Tés que estar forrado!". Respóstalle Deus: "Si home sí. Si ti souperas. Non é nin a décima parte do que se conta".
Eu lembro esa sona nas militantes do MCG e da LCR (despois, ó mellor non era verdade), non tanto no PC.
No PC dábaselle ben á cousa, con moito intercambio e promiscuidade, mesmo había certas tendencias orxiásticas. No MCG, en cambio, creo que non era tan así. Había moito control da militancia e mesmo se amañaban nas células os "problemas persoais" (léase "ganas de foder") que podían causar impedimento para unha plena e entusiasta entrega á Revolución. Eu coñecín varias parellas destas "emparentadas" polo partido. O maoísmo era moito.
Por certo, eu son un dos coleccionistas da Historia de Galicia de La Voz. E dirán vostedes o que queiran, pero a min, que non son profesional da historia, resúltame moi útil e de moito interese. Creo que como obra divulgativa, pensada para un "gran público" de perfil cultural medio-alto, está realmente ben.
No que si concordo con Arume é no da numeración, gratuítamente complicada e incluso un pouco estúpida.
O maoísmo ou como botar unha mao ao/á compañeiro/a.
Esta é a pregunta que se fan en Italia: desapareceu o macho siciliano? Miren que cousas preguntan sobre o que eles chaman o "gallismo".
Dal Bell'Antonio a Mimì Metallurgico: il maschio siculo non c'è più?
Il 'gallismo' sembra essere solo un ricordo, conservato nei libri e nelle pellicole dei film. I giovani di oggi al sesso preferiscono il bicchiere
Dove sono finiti i maschi siciliani ossessionati dalle bellezze femminili, con gli sguardi voltati a inseguire le gambe per strada e a indagare in tutte le scollature?
Il 'gallismo', segno distintivo del maschio siciliano, sembra aver percorso il viale del tramonto e ormai, nella Sicilia del Duemila, è solo un ricordo, conservato nelle pellicole dei film e nelle pagine dei romanzi, come "Malizia" di Samperi o, appunto, il "Bell'Antonio" di Vitaliano Brancati.
E anche se Andrea Camilleri, nel personaggio di Mimì, il vice di Montalbano, con ironia tenta di mantenere viva l'immagine del "maschio cacciatore", sembra proprio che da quando il sesso non è più quell'oggetto sospirato, inseguito, braccato, il suo posto è stato occupato da cocktail, superalcolici e droghe.
Le fantasie sessuali, l'ebbrezza del desiderio si sono trasformate nel 'movimentismo', smania irrefrenabile che porta branchi di giovani a spostarsi da un locale all'altro, da una città all'altra.
E' il movimento quello che unisce il gruppo. I weekend nelle capitali del divertimento, le inaugurazioni delle discoteche in riviera e i grandi eventi di sport: ogni occasione è buona per spostarsi. E il sesso? Non è più una priorità e i play boy non esistono più. Al loro posto solo giovani...con la valigia in auto.
Ma il gallismo è veramente tramontato? Il maschio siciliano focoso e appassionato non esiste più? Tu cosa ne pensi?
O meu rol na fundaçom da UPG
Luís Gonçales Blasco, "Foz"
Para Reimundo Patiño in memoriam.
O volume 32 d’A Gran Historia de Galicia distribuída por La Voz de Galicia diz na sua página 32, a respeito da fundaçom da UPG: Formaban parte do grupo fundador algúns de máis idade como o comunista Luis Soto ou Celso Emilio Ferreiro, antigo dirixente das Mocedades Galeguistas, e os mozos Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, María Xosé Queizán, Manuel María, Antón Moreda e Raimundo Patiño. Nacía así a primeira organización marxista revolucionaria da historia do nacionalismo galego, caracter este que fica perfectamente expresado no seu primeiro e sucinto programa. O autor do tomo é Justo Beramendi que comete um erro parecido na sua volumosa obra sobre o nacionalismo galego. Nem Antón Moreda, que nunca pertenceu à UPG, nem Manuel Maria, que tardaria anos em se integrar na mesma, estavam presentes no merendeiro da Rocha o 25 de Julho de 1964; tenho umha certa autoridade para dizê-lo porque eu si estava ali. Nom quero culpar Beramendi desta exclusom da minha pessoa já que nom é dele de quem parte a iniciativa. O certo é que este tema, com algum outro, já o tratei o ano 2000 n’O Máximo, suplemento do número 64 da revista Agália. Se hoje volto faze-lo nom é por vaidade pessoal mas por esclarecer um pormenor da nossa história já nom tam recente e porque Agália tem umha difusom reduzida por enquanto a História da Voz está a se difundir amplamente. Dizia eu em 2000:
Um problema que está prejudicando há anos o nacionalismo galego é a persistência em certos sectores e pessoas do mesmo de um forte sectarismo que pode impedir a consolidaçom e o incremento dos evidentes avanços logrados nos últimos anos. O mais triste é quando este sectarismo se dá em pessoas que possuem, aliás, evidentes qualidades, tanto políticas como intelectuais.
O tono deste trabalho pode aparecer um tanto pessoal mas é que, precisamente, nas relaçons interpessoais é onde o sectarismo pode aparecer com mais facilidade. Porém, como venho de insinuar o sectarismo é um grave problema político e deve ser combatido ali onde aparecer. O sectarismo é o verme que corrói umha organizaçom democrática e leva à sua transformaçom numha organizaçom onde a democracia nom passa de ser, no melhor dos casos, umha saudosa lembrança.
Excelente crítico
Tal é o caso do deputado no parlamento espanhol Francisco Rodríguez, um excelente crítico da nossa literatura, um parlamentário de evidentes dotes, um entusiasta nacionalista, um inteligente político, um bom orador e um home de inegáveis qualidades humanas mas com umha forte componente sectária no seu carácter que o leva a cometer graves erros e injustiças e, inclusive, a falsificar a história recente do país.
Esta atitude de F. Rodríguez com respeito a mim nom era umha novidade mas tampouco era algo sistemático. Já há anos que, sem eu saber as razons, quando me encontro com ele, só ou acompanhado, ignora absolutamente a minha presença ainda que em outros casos saúda-me e até cruzamos algumhas palavras com certa cordialidade. Durante muito tempo guardei esta atitude na minha intimidade ou comentei-na privadamente com alguns amigos. Quando se tratava de amigos comuns desculpavam-no dizendo “cousas de Paco”. Ignorante dos motivos que podiam provocar estas reacçons ficava em mim a moléstia de nom saber se devia saudá-lo e ficar sem reposta ou nom o fazer e ficar como descortês. A cousa chegou a limites de que algum velho amigo e antigo camarada que sempre me saudava cordialmente, se vinha acompanhado de F. Rodríguez aguardava pola reacçom do seu companheiro para ver se via nele algum sintoma de começar um gesto de reconhecimento ou nom, segundo for cruzávamo-nos como três desconhecidos ou intercambiávamos algumhas palavras. Devo dizer que pola minha parte tenho-o felicitado publicamente depois de algumha conferência ou outra actividade sua das que gostara especialmente. Ignoro portanto as causas do seu proceder. Nom deveriam ser políticas já que com muitos dos seus camaradas mantenho excelentes relaçons persoais.
Até aqui trata-se só de umha questom meramente pessoal e que nom deveria dar origem a nengum escrito meu. Trataria-se, segundo alguns dos seus amigos, de “cousas de Paco” ou segundo o livro de Blanco Amor de “boas maneiras”. Mas o assunto já tivo um par de repercussons públicas: umha por omissom e outra por alusom e ainda que nom som recentes penso que nom é bom deixá-las sem esclarecer por mais tempo. Além disso já chegara à conclusom de que os prejuízos para o nacionalismo som maiores ocultando o sectarismo existente no seu seio do que denunciando-o para poder ser corrigido.
A omissom
Examinarei em primeiro lugar a omissom: No número 29 da Gran Enciclopedia Gallega figura a voz Unión do Povo Galego, o artigo está sem assinar mas conheço por fontes absolutamente fidedignas que o seu responsável é Francisco Rodríguez: Reproduzo o último parágrafo sublinhando alguns vocábulos que encontro significativos:
Como resulta mítica y equívoca la lista de presuntos fundadores de este partido en 1964, mencionamos a continuación los que redactaron entonces los puntos programáticos (los famosos diez puntos): Xosé Luis Méndez Ferrín, Raimundo Patiño, Xosé A. Arxona, Bautista Álvarez y M ª Xosé Queizán. En el acto de Santiago, del 25 de julio de 1964, estuvieron presentes: Xosé Luis Méndez Ferrín, Raimundo Patiño, Xosé A. Arxona, Luis Soto, Celso Emilio Ferreiro. (os sublinhados som meus)
Este erro propiciou que outros autores que consultaram esta fonte dessem também esta lista equivocada. Tal ocorre com Rubiralta Casas que dá a mesma lista de assistentes ao jantar da Rocha mas como consulta outras fontes acrescenta tamén participaran na súa constitución Bautista Álvarez, Mª Xosé Queizán, Luís González Blasco “Foz”, e Manuel Caeiro. Luís Soto, na página 264 das suas memórias também me cita como um dos comensais da Rocha. Se cito a autoridade de Soto é porque ele também estava ali mas poderia citar outros como Álvarez Cáccamo, Méndez Ferrín ou Rivas e Taibo (aos que agora se acrescenta Beramendi) que também me citam entre os assistentes à Rocha; por suposto existe outra testemunha de excepçom que som eu próprio, quem nom estava ali era Francisco Rodríguez e gostaria de saber donde recolhe a informaçom que dá, nom creio que nengum dos que ele cita como assistentes (houvo mais) lhe desse tais dados. Há algo em comum entre os que citam a minha presença no famoso merendeiro? Si, nengum deles pertence à actual UPG. A estas alturas parece bastante ridículo que eu esteja a discutir sobre a minha presença ou ausência num lugar determinado e num dia preciso mas nom som meus os adjectivos mítico, equívoco e presunto e suponho que algumha razom haverá para utilizá-los.
No parágrafo que, sem provas por nom poder citar as minhas fontes, atribuo a F. Rodríguez há umha curiosa diferenciaçom entre a elaboraçom dos dez pontos e o acto da Rocha, nem sequer os protagonistas coincidem totalmente. A que se está a jogar? Hoje poderiam-se estabelecer essas diferenças de datas mas numha das épocas mais duras da ditadura, precisamente com Fraga de ministro, tal cousa resulta absurda e isto sabe-o bem F. Rodríguez que luitou contra aquela ditadura. Que podíamos estar fazendo os que nos reunimos na Rocha o 25 de Julho de 1964? Limitar-nos a comer cabrito convidados polo sempre generoso Soto? É evidente que nom.
Os dez pontos fôrom-se elaborando durante um longo processo de reunions começado já em 1963 quando se produz em Madrid o primeiro intento fundacional da UPG, interrompido polo fracassado projecto do Conselho da Mocidade. Mas a sua discussom e elaboraçom final fijo-se o 25 de Julho de 1964. A prova de que este tipo de reunions nom se fazia por puro prazer tivemo-la o 25 de Julho de 1965 em que por nom tomarmos as medidas de precauçom suficientes tivemos diversos problemas: Soto foi expulso do país e eu “visitei” o comissariado de Lugo ainda que sem maiores conseqüências. A polícia franquista sabia muito bem que umha reuniom de gentes de diversos lugares do país e da emigraçom nom tinha como motivo exclusivo umha inocente comida.
Xantar
Em 2004 a UPG celebrou os seus quarenta anos com um acto no Auditório de Galiza ao que fum convidado, igual que outros antigos militantes. Tenho que dizer que nom me achei muito a gosto no mesmo; umha das primeiras razons foi o reparto de um tríptico onde figurava, ampliado e em galego, o texto publicado na Enciclopédia Galega, com o mesmo parágrafo sublinhado por mim e que agora já nom era o derradeiro. O texto atribuído a Francisco Rodríguez sem provas passava a ser um escrito oficial da UPG.
Depois de tudo isto vou dizer qual foi o meu rol na preparaçom do famoso jantar, isto é umha novidade que nom figura no texto publicado por Agália:
Pola simples razom de ser o único dos convivas previstos que morava em Compostela encarregara-se-me de procurar um lugar ajeitado. Foi António Silva, mais conhecido por Chuvieiras, militante do PC que tempo andado militou no PCOE e que sempre tivo simpatias pola UPG, quem me ajudou na procura. Por fim escolhemos a taverna - restaurante que estava na velha ponte da Rocha, na antiga estrada de Santiago a Vigo; era um local muito agradável com um espaço exterior onde se jogava a chave. Fum eu quem tratou com o proprietário para reservá-lo para o dia 25 e o que escolheu o menu. O jantar celebrou-se nesse espaço exterior, coberto por umha parra e como já dixem foi Luís Soto quem acabou por pagar todo o gasto com a sua generosidade habitual.
Aguardo que com isto se dissipem as dúvidas dos historiadores a respeito do acto formal da fundaçom da UPG.
SOBRE A FUNDACIÓN DA UPG:
O certo é que circulan unha chea de versións sobre o acto de fundación da UPG e os participantes no mesmo. Difiren os relatos dalgúns supostos participantes, a versión "oficial" (da UPG de hoxe) e os datos dos historiadores. E aínda hai versións máis atrabiliarias: a que contaba Xaime Quessada, con el como protagonista-fundador, dicindo que se fundara na súa casa da rúa de Lamas Carvajal.
Onde saiu publicado o texto de FOZ?
Agradecería que cando reproduzan artigos doutros medios nesta sección de COMENTARIOS, poñan tamén a procedencia. Graciñas.
Desculpas pola omisión da procedencia. O texto de Foz está publicado en Vieiros.com.
Tamén se vai eco deste asunto o blog de Perfecto Conde.
Falta un dato fundamental e engarzo co artigo de hoxe de Saavedra: que xantaron ou merendaron? Cal era o menú?
Arume, súmome entusiasta a súa petición de clarificación dese dato fundamental da historia contemporánea de Galicia: cal foi o menú do mítico xantar do 25 de xullo de 1964?
Pode parecer irrelevante, pero non o é. Da análise científica do que comeron ese día pódense derivar conclusións fundamentais, porque un é o que come. Ergo: a UPG foi e é o que come.
Rógase, pois, que Beramendi ou o propio Foz nos iluminen neste punto.
E é que aínda queda tanto por coñecer!
Pois si, señores teñen toda a razón, segundo Foz, como en todo rito verdadeiramente fundacional sacrificaron un cabritiño. O que non se sabe é en compensación de que indulxencia.
"Cousas de Paco!"
O mesmo se dicía no PSdeG-PSOE cando Paco Vázquez soltaba algunha inconveniencia.
Que inda foron unhas cantas. E, o partido, a tragar.
Publicar un comentario