MOI BEN/ MOI MAL: PROMOCIÓNS DE eL País
Ou cadro branco e cadro mouro como dicían nos inicios de A Nosa Terra história. O cadro branco para a colección das 26 películas de grandes directores que comezou onte con Cidadán Kane. E o cadro mouro para a colección que o mesmo xornal anuncia, dende o domingo próximo, de Cuarto Milenio, do inefable Iker Jiménez. Eu non vexo nada ben que un xornal que se autodefine serio e progresista promocione estas chafalladas paranormais.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
14 comentarios:
Xa comentei noutro blog que no Carrefour da Trave (Vigo) había unhas cabinas o outro día con catro ou cinco meigas (sic), con cortiniña separadora, unhas mesas redondas e un rótulo fóra que marcaba a tarifa de cinco euros por consulta. Sen comentarios.
antes do progresismo e a seriedade están os cartos, non o esqueza
as peaxes do capitalismo avanzado, quedudacabe
O título do "Citizen Kane" non está totalmente ben traducido. Debería ser "Cidadán Caín". Quizáis porque na nosa língua "Caín" ten connotaciós demasiado negativas.
Tamén está sacando filmes o xornal "Público". O outro día traía "El Hundimiento", sobre os últimos días de Hitler no búnker da Cancillería. Acolloante, recoméndolla si non a viron. Eu vína en alemán con subtítulos es español, que é máis impactannte.
O do Quinto Milenio tamén me chamóu a atención. O incremento da inmigración sudamericana, proveñente de países nos que a superstición está arraigada, fará máis habituales esceas como a comentada por Arume d.p.
Da Coba, se o pode evitar non use ese barbarismo de presunta tradución ao español para a película de Hitler; sabe ben que Der Untergang é A caída, bastante máis suxestivo. Algúns traballos parece que os fai o inimigo.
En efecto, moi grande película, cun Bruno Ganz impresionante, acento austríaco e todo. Outra película alemá, sobre o mesmo período, totalmente recomendable e recente: Sophie Scholl, centrado na figura desta promotora e integrante do grupo xuvenil de oposición interna Die weiβe Rose (A Rosa branca).
Coincido co que din sobre "Der Untergang". É magnífica. Joachim Fest, o autor do libro na que se inspirou -e que está publicado en castelán por Galaxia Gutenberg, se non lembro mal- morreu o ano pasado e pasa por ser, xunto con Ian Kershaw, o autor da mellor biografía de Hitler.
A Arume direille que o que viu no Carrefour é, probablemente, unha nova edición da "Feira das Artes e das Ciencias Ocultas", que vén celebrándose na nosa Comunidade Autónoma con non escaso éxito de público desde hai xa algúns anos. Antes despachaban na Alameda ou na Praza da Estación, prestando un bonito servizo público a prezos módicos. Non sei moi ben que pintan agora as meigas no Carrefour.
Por certo, falando de cine. Esta pasada fin de semana fun ver "American Gangster", do gran Ridley Scott. Imponente. Varias veces, vendo a película, pregunteime como non eramos capaces aquí de intentar facer algo parecido. Refírome a Galicia e ás nosas mil historias de narcos saídos da nada.
O afundimento (non sei se é máis correcto caída, pero eu creo que o que alí se narra vai para máis abaixo ca propia terra) é un peliculón, que non tivo máis difusión porque os últimos vinte minutos de película son moi duros de dixerir. Por veces, resulta insoportable. Probablemente do máis terrible que se pode ver hoxe no cine. E parece mentira despois de tantas sobre o nazismo que se levan feitas.
E falando de cine. Non deixen de ver vostedes Expiación. Á hora xusta da película, comeza un plano secuencia de catro minutos e medio que quita todos os sentidos. Para gozar durante moito tempo.
o do cuarto milenio é unha trangallada, pero mira que non me teño eu rido co programa ese do "Freaker" Jiménez. Que ademaais sempre deixaba todo no aire.
Cono sería na realidade, entón Arume. Infinitamente máis dura.
A mí o que máis me fastidia das chorradas coma "Quinto milenio" é que desprestixia e banaliza a compoñente de "maxia" que teñen as ciencias, esto é: a suposición de que, en efecto, hai cousas que non sabemos, que aínda non comprendemos. Terreo abonado pró desarrollo na nosa intelixencia e da nosa condición humana.
INTERESANTE a última nota de XDC. Estas chafalladas impiden outros achegamentos posibles: aínda que sería ben difícil ese afondar na ciencia e no desenrolo da intelixencia e a autonomía humana, sen pechar a porta á compoñente de "maxia" que teñen as ciencias.
Por suposto, amigo XDC, por supostísimo. E parece mesmo unha inaceptable banalidade falar pola miña parte neses termos na placidez dunha sala de cine. Enténdanse os anos luz que median entre a realidade e a contemplación desa realidade (representada) na fila 11 do patio de butacas. E compréndanse as miñas desculpas.
Onte estrearon en Vigo uns novos autobuses. O que eu non sabía ata que vin a foto, creo, no Atlántico Diario, era que a guagua fora bendita, co aspersorio e abelcaballero incluidos, por un sacerdote (seica o párroco de Vitrasa).
Referíame a "maxia" no senso de "fascinación".
Publicar un comentario