Neste mundo cabrón...
(Afonso Monxardín, GH 29 xaneiro). Imaxe: cerámicas con paxaros, de PICASSO.
O artigo completo
(...) Outro de por Punxín faloume dos setenta e sete tipos de paxaros que coñecía. Viña canda el voando xunto ao transporte escolar, un seu amigo merlo ao que lle cortara por baixo da lingua e que se achegaba no patio cando asubiaba o rapaz. E disque algo falaba o becho pero eu nunca o oín. Outro rapaz da Serra do Suído falaba un galego rarísimo e contaba por centos (no catorcecentos noventa e dous, seica descubrira Colón América). Está a vella morrendo e está a vella aprendendo. E aí atrás comentoume meu irmán profe que tivera de alumno un neto dun filósofo popular. O rapaz transmitiulle a esencia do pensamento do ancián pautada cos silencios adecuados. E tal como se constrúe o avance da reflexión, do coñecemento e da ciencia, engadía sobre o sabido e asumido, a achega persoal. "Neste mundo cabrón cada un anda ao seu (pausa longa) menos eu (pausa aínda máis longa) que ando ao meu".
"As dúas gorras de Víctor Freixanes" (Xosé M. Sarille, ECG 29 xan.)
"Desaceleración e política económica" (Xaquín Fdez. Leiceaga, ECG 29 xan.)
(...) Outro de por Punxín faloume dos setenta e sete tipos de paxaros que coñecía. Viña canda el voando xunto ao transporte escolar, un seu amigo merlo ao que lle cortara por baixo da lingua e que se achegaba no patio cando asubiaba o rapaz. E disque algo falaba o becho pero eu nunca o oín. Outro rapaz da Serra do Suído falaba un galego rarísimo e contaba por centos (no catorcecentos noventa e dous, seica descubrira Colón América). Está a vella morrendo e está a vella aprendendo. E aí atrás comentoume meu irmán profe que tivera de alumno un neto dun filósofo popular. O rapaz transmitiulle a esencia do pensamento do ancián pautada cos silencios adecuados. E tal como se constrúe o avance da reflexión, do coñecemento e da ciencia, engadía sobre o sabido e asumido, a achega persoal. "Neste mundo cabrón cada un anda ao seu (pausa longa) menos eu (pausa aínda máis longa) que ando ao meu".
"As dúas gorras de Víctor Freixanes" (Xosé M. Sarille, ECG 29 xan.)
"Desaceleración e política económica" (Xaquín Fdez. Leiceaga, ECG 29 xan.)
44 comentarios:
Ten razón Sarille verbo do optimismo intersado de Freixáns.
Gostei deste texto, quizais porque vivín case dez anos en Punxín.
Non sei se non saberéi quen é o de Punxín, de noble apelido...
Eu téñolle moito aprecio a Punxín e á festa con paparota que se fai por San Roque ó lado da capela do santo. E ó viño do José, boísimo. Tíñano no Barazal, non sei se o siguen tendo.
Os que non sexan de Ourense, igual non saben que Punxín é a aldea onde nacéo o abó de Alberto Cortez, evocada na canción "El Abuelo". Tamén foi "municipio isla" do PSOE moitos anos. Moi pertiño atópase o famoso castro de San Cibrán de Lás(pertenece a outro concello).
O dos nenos e os paxaros sí que era bonito, na aldea. Aínda teño unha foto cunha bobela (upupa epos, pró "lobo neghro") domesticada,no ombreiro. Non me escapaba cando a iba coller,pero tampouco viña se a chamaba. Cada vez tiña que ir buscala máis lonxe, e acabéina perdendo.Outra vez tiven un gaio ("garrulus glandarius", pró lobo neghro). Criéino, e andaba comigo. Gardábao nunha caixa de cartón e coméuno o gato. O de cortarlle por baixo da língua era pra que falaran, decían. En principio, os paxaros da familia dos "córvidos" poden "falar" (en realidade, imitar sons). Eu vin unha vez nun pino un gaio miañando coma un gato. K.Lorenz contaba que tuvera un estornino que imitaba o timbre dunha bicicleta.
Comento dúas afirmacións moi interesantes.
1.- "A situación da lingua galega é preocupante porque perde falantes sen control e porque as supostas medidas que toman as institucións para promocionala son case todas unha impostura, un gasto inmenso sen resultados. Esta análise miña, foi respondida por Freixanes nunha entrevista, dicindo que non se pode ser pesimista e que ese diagnóstico é falso. O académico basea a súa afirmación en que o pesimismo é letal e non fai máis esforzo nin usa máis datos que os da intuición."
É o optimisto "marca da casa" dos timoratos e bobalicóns galaxios. "Nunca estivemos tan ben como agora", "Antes todo era máis difícil", "No 1935 publicábanse unha ducia de libros en galego", etc, etc.
Pero home, que van dicir os editores? Que todo vai moi ben! Máis subvencións! Máis páxinas web promocionando en inglés (!) a literatura galega. Xa estamos no mundo mundial...
E en Galicia, quen le?
2.- "Por outra banda, o froito principal das institucións lingüísticas, academias e demais negociados, subvencionados polo poder, é o de soster un traballo confuso e unha inmensa nómina, que necesita dicir que a cousa non vai mal. Porque se o dixesen pararíase a bicicleta."
Si, isto que di Xosé Manuel Sarille xa o teño comentado eu por aquí. Alédome que alguén o diga nos periódicos aínda que logo "estea mal visto". Non hai país no mundo (excepto Cataluña) onde haxa un maior número de institucións lingüístico-culturais públicas (=pagados con todos os nosos cartiños, incluídos os meus de mileurista emigrado). Que nos ofrece todo este mangado de fulanos que viven do galego? Institucións repetidas: todas fan o mesmo ou parecido, e unhas pisan o traballo das outras.
Acho razoábel e mesmo hixiénico que tamén aos "grandes persoeiros" da cultura galega oficial se lles emende a plana cando as súas análises non son compartidas. E Freixanes non ten o don da infalibilidade, que eu saiba -tampouco o da subtileza analítica nos seus artigos de prensa, dito sexa de paso-, malia que dada a tendencia ao autobombo mutuo que impera no mundo cultural galego, rara vez se diga.
Por iso, e aínda que non comparto de todo ese retrouso de que o galego se perde irremisibelmente e de que hai demasiado aproveitado vivindo del (supoñamos o seguinte: Que substituiría ao actual tecido editorial e institucional que utiliza e promove o galego se aquel non existise? Porque alternativas, o que se di alternativas, non vexo. Que alternativas poderían ser estas? Un par de exemplos: unha rede de escolas populares e garderías en galego sostidas por cooperativas e subscricións populares; unha Universidade Popular que emende a plana aos engreídos académicos que axen de correa de transmisión do poder; ou un xornal en galego sostido por subscricións e accións moi repartidas. Falta sociedade civil. E, a verdade, dubido de que a executoria do sr. Sarille á fronte da MNL teña contribuído tanto a crear esa dinámica, libre de dirixismos sectarios dende outras instancias, de acubillos institucionais, etc.
Por tanto, está moi ben a crítica, pero gostaría de alguén que ofreces alternativas. E paréceme moi ben que se discutan afirmacións de optimismo bobalicón (porque, a fin de contas, unha análise conscientemente errónea da realidade non contribúe a idear e aplicar as medidas para transformala) deste ou daquel preboste da cultu-caldereta galaica. Ora ben, o nihilismo pseudoácrata non me parece a mellor receita.
Non se deriva de toda a crítica de Sarille un nihilismo pseudoácrata. En especial do último párrafo onde se acoutan con claridade meridiana os problemas da lingua. Por que non facer caso a eso que chama Sarille malgasto de centos de millóns en propaganda e clientelismo cultural? Quizáis Sarille deba poñer nomes e apelidos, aínda que na secuencia institucións lingüísticas (institutos quixo dicir?), academias (Real Academia Galega quixo dicir?), demáis negociados vaian os responsables máis ou menos claros. Entendo que Sarille pide reducción de gasto, non de cartos, eliminación de postos multiplicados, reorganización de tarefas, obxectivos ben definidos. Ao millor, Sarille propón napoleonismo cultural, algo máis de despotismo ilustrado. Pero todo, ao meu xuízo, lonxe do nihilismo pseudoácrata que lle apoñe, amigo ISildur.
O que non quere dicir que eu concorda coa súa terapia, despois de admitido en parte o seu diagnóstico.
Algúns son optimistas porque, en medio da desfeita, vailles de puta madre. Eís o caso que cita Sarille.
Coido que, en efecto, sería un signo de normalidade que, en Galicia, houbese máis crítica e debate -en realidade, que simplemente a houbese- das opinións ou actividades dos grandes, medianos e pequenos persoeiros da cultura galega. Sexan estes quen sexan, tanto da "cultura oficial" como da "cultura oficiosa" ou da "cultura alternativa". E dentro, claro está, dentro dun fair-play por parte do interpelador e do interpelado.
Ao non haber nin crítica nin debate, adoita ocurrir que todos os gatos sexan pardos, que calquera pida dicir o dislate máis gordo sen problemas porque non hai ninguén que lle retruque.
Os columnistas acostuman opinar en compartimentos estanco, sen interpelarse nunca entre eles, sen debatir absolutamente nada, cada un a súa bola.
O resultado é un empobrecemento xeralizado da opinión pública e publicada.
Sería bon, dende logo, que houbese ese debate que reclaman algúns contertulios. E non xa nos blogs, senón nos xornais, con nomes e apelidos. Pero non é doado. Entre outras cousas, porque ás veces non se admite a honestidade da outra parte do debate.
Por ex., houbo aquí xa varias intervencións atribuíndo a diversos intelectuais (VF, MAFV) un interese económico ou de lucro nas súas posicións culturais e ideolóxicas. E non me parece xusto, porque se parte de apriorismos sen demostrar ningún tipo de relacións entre unha cousa e outra. Ás veces mesmo semella que a xente que traballa no mundo cultural non puidese recibir subvencións, como existen en TODOS os sectores económicos e empresas (e noutros casos, silencio absoluto). É obvio que no mundo do mercado en que nos movemos case ninguén sobreviviría sen un certo respaldo institucional: tampouco as industrias culturais.
Eu creo que o optimismo de Freixanes é unha actitude vital tanto en relación coa lingua como con outros temas, non debe descalificarse a unha persoa por ser optimista ou pesimista en canto ao futuro da lingua ( non é de agora ese optimismo senón de sempre, incluso cando non era empresario) en tal caso débese criticar polo que se fai ou deixa de facer para que o galego non desapareza, e nisto penso que Freixanes traballou e colaborou, e desde todos os eidos. Como escritor cando a súa obra revaloriza a literatura galega, como falante da lingua que herdou e que transmitiu ás novas xerazóns, como dinamizador da cultura galega, como columnista de "La voz de Galicia", quizás o único que sempre escribiu e segue a escribir en galego, como promotor e difusor da nosa cultura a nivel internacional...
Algunhas propostas:
1.- Non se trata tanto de reducir as axudas á cultura/lengua galegas como de gastar mellor os cartos, por exemplo en actividades PRODUCTIVAS, DIVULGATIVAS. E sempre, e isto é moi importante, hai que AVALIAR a efectividade real do que se fai. No campo do libro, o que non pode ser é subvencionar libros a "particulares" que ninguén vai ler, edicións "de luxe" para os amigos, premios literarios, etc. Por outra banda, habería que reformular o papel da Xunta como editora.
2.- Apoiar as propostas individuais, "amateurs", no canto de dilapidar os cartos de forma dirixista, desde arriba, cara a organizacións burrocratizantes, que nunca se van mover por medo a perder os seus privilexios. E aínda algo máis importante: as propostas individuais deberían coordinarse con outras. Vou poñer un exemplo da ineficacia deste tipo de minifundismo tan "noso". Se queremos que os rapaces non vexan o do galego como algo pouco útil (fronte ao español ou o inglés), deberiamos de poder empregar ferramentas informáticas en galego. Boto de menos poder usar o Gmail (Google Mail) e outros programas de código libre en galego. Debe de haber en Galicia coma unha ducia de asociacións de amigos dos programas de código libre, linuxeiros de Tui, maqueiros de Ribadeo, ciberirmandades da fala, etc, etc. Por que toda esta xente non se une dunha puñeteira vez e conseguen que teñamos ferramentas informáticas en galego? Pois non: cada un cultiva a súa leiriña e ao final, fame para todos.
3.- Implicar o mundo da empresa privada na promoción da cultura galega. A este respecto, denigro a "musealización" da cultura que levan a cabo as Fenosas, Caixas Galicia, etc. Non se enganen: fan este tipo de cultura porque "loce". Boto de menos actuacións máis efectivas.
4.- O que non pode ser é que despois de 30 anos fracasando en política lingüística. Se se comparan os resultados de "uso do galego" por idades no Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1994 co de 2003. Non se pode seguir repetindo o mesmo erro unha e outra vez. Boto de menos, por exemplo, unha institución como é en Cataluña o "Omnium Cultural" que, ao contrario da sempre laiante e atoutiñante Mesa, móvese pola lingua organizando cursos de catalán, publicando libros, presentando conferencias, etc.
5.- Acabar co minifundio das asociacións culturais e lingüísticas galegas que dependen dos cartos públicos. Compre racionalizar os proxectos. E outra cousa: o que non pode ser é que os que dirixen empresas privadas (por exemplo, editoriais) teñan logo outros cargos en organismos culturais públicos.
Comparto con vostede de novo o diagnóstico, entre outras cousas porque a nave non vai. Pero, volve, porque probablemente non haxa outro xeito de facelo, a decir o que NON hai que facer e non o que hai que facer.
1. Eso de avaliar, cómo se fai?
2. Cales son as propostas individuais, amateurs. Hoxe mesmo, por exemplo, Xerais saca dous libros de dous autores para mín completamente descoñecidos. Eso son propostas amateurs?
3. Cómo se pode implicar á empresa privada?
4. Cal debe ser a política lingüística? Que non funciona parece evidente á vista dos resultados, pero cal é a mediciña? O de Omnium cultural tamén está en Alghero: é embaixada polo que se ve tamén. E o de Catalunya, incomparable.
5. Cómo se remata cos minifundios culturais? Qué faría vostede?
Non é que non estea convencido de que ten razón, pero é que eu non vexo as súas ferramentas para conseguilo.
Eu é que son escéptico canto ás posibilidades dunha "política cultural", como política pública de intervención na esfera pública, para influír de xeito decisivo na vida real e cotiá dun idioma. Pode contribuír a crear contextos, oportunidades e algúns intereses, pero as dinámicas sociolingüísticas son moito máis complexas. O mesmo coa educación, a tele, etc. Somos incomparábeis con Cataluña? Pode ser. Mais os planficadores da lingua catalana e os sociolingüístas cataláns non son tan optimistas como pode parecer. Pois unha cousa é que se incrementen os niveis de coñecemento do catalán, e outra que se fale en todos os ámbitos. O mesmo co eúscaro. Por poñer un exemplo un tanto trampullán, pero que pode servir para ilustrar o paradoxo: en Holanda publícanse case tantos libros en inglés coma en neerlandés; e os índices de coñecemento do inglés son extraordinariamente altos. Iso non quere dicir que nas familias holandesas se fale inglés, nin que o neerlandés estea en perigo.
Daquela: pódese aplicar unha política lingüística máis racional, con obxectivos definidos, etc., que en efecto non houbo e non hai moito (e é de ilusos pensar que o PSdG vai amosar un interese excesivo no tema: é conflitivo, as linguas son conflito, deixémonos de lerias). Pero non sei eu se iso variará moito a situación.
E si, non é que Freixanes non fixera nada pola lingua. Fixo e fai, e moito, e contribuíu e contribúe como moitos outros a dignificala e espallala. Intereses económicos? Pois claro! Sen intereses non hai futuro para ningunha lingua. Castelao aí erraba cando escribía que o falar galego non era algo que se sentía no bandullo. Mais o anterior non quere dicir que Freixanes e tutti quanti sexan infalíbeis. Agás os que escribimos neste blog de cando en vez, que somos listos, listos...
O paxaro de Picasso parécese moito ó que había no rótulo do pub "O paxaro chiflado", onde tomaba cervexas o Sir Tim O´Theo.
Este debe ser da primeira época. Despóis,parecíase máis.FURAR.
PARA XOÁN DA COBA:
xa que lle gustan os paxariños de Picasso, engadín outro...
Fai anos, ceéi nun restaurán vigués cun coñecido artista e con outro amigo común. Ceamos coma "cucos" e, ao rematar, o artista mandóu chamar ó xefe e preguntóulle se aceptaba como xeito de pago un dibuxo, firmado, nun dos platos da vaixela. O outro aceitóu. O artista sacóu un rotulador permanente e dibuxóu algo relacionado coa temática do restorán. Preguntóulle ó xefe se lle gustaba. O outro, colléuno entre as mans e, sorrindo beatíficamente, mandóu a un camareiro a colgalo. Logo, invitóunos a unhas copas no "Tsunami" (non sei se aínda existe) e nos outros Pubs do Areal.
O artista, non o hosteleiro, claro.XDD.
Iso que conta XDC dun artista que pagou a opípara cea de tres comensais facendo un debuxo nun prato, non sería trasvasable á literatura.
Imaxinan a Fernán Vello dicíndolle ao dono que lle escribiría un poema para pagar a mantenta? A cara de cachondeo do dono si que había ser un poema!
Pois agora voulle contar outra. E si non me queren crer, non me crean. Eu non son ningún artista famoso, pero unha vez comín nun pequeno restorán, nun concello pontevedrés que empeza por F.,moi relacionado cún escritor i ex-político de barba, o plato do día, barato. Mentras me traían o plato, e seguindo a miña costumbre, dibuxeí no mantel da mesa, que era de papel, unha vista do comedor, cun rotulador. Déume tempo a dibuxalo con bastantes detalles, porque tardaron un pouco. Cando a camareira e dona veu coa perola da sopa e viu o dibuxo, pousóuna noutra mesa. Quitóu o mantel dibuxado e puxo outro en blanco. Cando rematéi a comida, díxome que estaba invitado e que iban poñer o dibuxo nun marco.enso moitas veces en volver alá, pra comprobar si está, pero non tiven oportunidade.
Por riba, pintor!. Vostede é un Leonardo, un Miguel Ángel, un humanista integral. Que digo? Vostede é don Xoan da Coba!
CANTO ME GUSTARÍA COLGAR un debuxiño de Xoán da Coba no blog. Quizais se aparecese algún día nun sobre no Liceo...
Da Coba é o home das mil caras: matemático, filósofo do ferrado, ourensán, escribidor, inventor de historias... e agora mestre do retulador.
Sr Da Coba, non será?........ "xermolo"
Dos "xermolos" de Guitiriz?
O debuxo aínda está pendurado na parede do Restorán Gran vía en Forcarei.
Non de Guitiriz./ O tema e de Ourense
Imos coutando terreo, pois... Todo se andará :-)
Só estiven en Guitiriz dúas veces, nas festas, e as dúas facía un frío de carallo.
Hay un bar, no que se baixan unhas poucas escaleiras pra entrar, que ten moi bó licor café. Polo menos a mín parecéumo, igual era polo frío.Ten dentro coma unha casiña cun tellado.
Eu hai unha cousa que teño clara: XDC (antigo Troll, e antigo Xohán da Coba) ten barba...
Así mismito como te lo cuento... E se non, que me parta un raio.
Teño menos relación con San Antón que coa Purísima Conceución: son Saxitario.
Ten barba, experto grafólogo, debuxa ben, le moito, bo músico, posúe esa vea de xenialidade que caracteriza ós artistas... etc.
Case aseguraría que ata os tubos do famoso órgano de Xunqueira de A. resoplarían gozosos de ser el quen premese nas teclas.Va que si?
Sen esquecer que é boísima persoa.
Coñece Xunqueira de Ambía, Doniña? Heina de levar este vran perto dun vello muíño, escondido,no Arnoia, nese termo municipal, entre fragas galegas. Logo imos á festa. A casa do Concello (Saúdos, Gavilanes!)ten unha biblioteca na planta baixa onde eu paséi lendo algunhas tardes de vran, fai anos. Por ligar á bibliotecaria. Non caéu.
Pero de verdade sr Da Coba, non ten nada que ver con xermolo ?
De xermolo vou tendo máis ben pouco. Por desgracia pra mín...
Ai.ai,ai, Sr.XDC, non quero ser mal pensada, pero esa invitación a paraxes tan solitarias... pode dar lugar a malos entendidos. Que han pensar de nós!
Dígame cando menos que ten a mosca tras a orella co que lle dixen no post anterior e xa me dou por satisfeita.Son discreta e como compañeiros de zodíaco que somos e amigos virtuais tamén, prométolle que non direi máis nada. Palabra de Doniña.
Boeno. A Colexiata de Xunqueira de Ambía ten un senso especial pra mín. E non só polo famoso órgano. Tamén polos importantes documentos que alí se gardan. Un deles fíxome chorar, fai anos, cando o atopéi. Pero por motivos personáis, nada verdadeiramente importante.
As paraxes ás que me refiro, son deliciosamente solitarias. Paradisíacas zonas de baño no río. Non esqueza o "fato de banho", como din en Portugal. Arnoia, Arnoia...(creo que todo o que empeza por "arn-" ten algo que ver con ríos).
Nesa paraxe solitaria caín unha vez ó río, completamente vestido. Non vou detallar os aspectos cómicos e aparatosos, que os houbo. Completamente empapado, collín o coche pra vir hasta Ourense a cambearme de roupa. No alto de Taboadela, paróume a Garda Civil de Tráfico. O axente sorprendéuse de vernos totalmente mollados a mín e ó meu carné de conducir. Ríase moito cando lle contéi o que me pasara. "Penséi que o vira todo neste choio -dixo-, pero xa vexo que non..." .
Van ter que contratar a Gumersindo Nespereira e Horacio Dopico para saber quen é o antigo Troll aínda que o Sr Da Coba semella ter unha identidade espelida e proteica. Non vai ser doado...
Ons
En Santa Eufemia de Ambía tiven que saír eu por pes. Quixemos visitar a igrexa e cando aparcamos o coche á beira da estrada, saiu unha muller xa coas chaves para ensinarnos aquilo. Estivemos mirando un rato e démoslle os cartos que, aínda que non moi afeitos a tales cousas, entendimos pola súa mirada (xa saben: non volo digo, pero, iso).
En fin, demoslle unhas pesetas (xa non lembro canto) e fomos para ao coche. No pequeno espazo de regreso apareceron, de súpeto, coma se estiveran agochadas nalgures, varias persoas (tampouco sei se catro ou cinco) coas mans extendidas e con paso lento, entre eles uns nenos, pedindo esmola. Non o soñei, pero sempre que o conto dubido de que me pasara. Pode ser, amigo Da Coba, pode ser en tal sitio?
[Esto xa parece un consultorio do Dr. Coba]
Esto ocurríu fai...unhos quince anos:
Nunha aldea perto de Xunqueira, hai (ou había) un cacipo construido sobre o tellado dunha casa. Instalei o meu trípode fotográfico, escollín o obxectivo prá camara e fíxenlle unhas fotos. Había unhas persoas mirando, escondidas detrás dunha cortina, na casa do lado.
Cando recollía pra marchar, acercóuseme unha velliña, moi arrugadiña, e díxome: "-Señor, vostede tenme que pagar algo por facer a foto. Ese cacipo tén moito mérito...". Eu decidín xa desde o primeiro momento darlle algo, pero finxín regatear pra sacarlle algo de conversa. "-Eu non lle teño por qué pagar nada, señora. O cacipo está aí á vista de todos, na vía pública, e claro que o podo fotografar". Ela puxo cara triste, e díxome: " -Pero, señor, mire que me morréu unha vaquiña...". Eu votéime a rir. Saquéi da carteira mil pesetas e dinllas. Ela colléunas, e díxome: "-Tamén lle estuvo sacando fotos antes a aqueles palleiros de alá, que tamén son meus. Tenme que dar algo por eles. Eu respondinlle: "Pero as mil pesetas xa son tamén polos palleiros. Quinientas polos palleiros, e quinientas polo cacipo. Está ben pagado". Ela deume os bos días, desexóume bó viaxe e marchóu, ensinándolle as mil pesetas ó resto da familia, que vixilaba escondida tras da ventá.
Foi totalmente certo. Lembro mesmo o nome da aldea, pero non vou decila.
Por certo: o de cair ó río, tamén foi por sacar unha foto. Sería polo que rematéi por abandoar esa afición: demasiado perigosa.
Como ve, Arume d.p., eu creo na súa historia sen problema.
E tamén fotógrafo!!!!!
Publicar un comentario