10 ene 2008

Unha fermosura.
(Enviado por Vázquez Pintor).


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Emocionante contemplar a forza da vontade. Exemplar. Para non parar de chorar durante un tempo.

Anónimo dijo...

Pra chorar por nós mesmos.

Anónimo dijo...

Recoñézolle -!faltaría máis- aos minusválidos todo o dereito do mundo a practicar o tipo de autosuperación que desexen. Pero a min a contemplación de olimpiadas de minusválidos ou este ballet prodúceme a sensación de estar presenciando algo un punto patético e obsceno ("fora da escena"), ademais dunha certa tristura allea. Eu, no seu lugar, non o faría. Pero tal vez sexa demasiado pretender poñerse no seu lugar.

Anónimo dijo...

Hai pianistas e guitarristas aos que lle falta un o varios dedos e consigen superar esa insuficiencia mediante unhas simplificacións armónicas que logo, polo acerto do descubrimento son tilizados por músicos que teñen todos os dedos.

Hai que mirar a arte dende os seus achádegos, non dende a compasión o o facil deslizamente cara un humor macabro, como pode acontecer cando as insuficiencias son tan visebeis como estas.

A posta en escena é bastante ramplona, nada novo, pero si mellor que outras moitas que sen dúbida temos contemplada en festivais ou na mesma Tv escenificadas por bailaríns qe teñen de todo menos talento.

Non sexamos euxenésicos, pero tampouco confndamos a arte co morbo.

Anónimo dijo...

Pois xa ven Mr Morrison e Mr de Rairo, eu creo que a contemplación dun xordo total pretendendo tocar o piano ou un cego pintar un cadro, dan nunha morbosa situación de voyeurismo practicada sobre de xente incapaz de aceptar as súas limitacións por moito que se disfracen de vontade que vence atrancos etc. etc.. Pola contra estes dous eivados tiran dos membros que posúen camiños de expresión da súa interioridade plena, nada eivada.
Benzóns ao Vázquez Pintor e ao Marcos Valcárcel por poñeren estas imaxes xusto alí onde se fornecen as propias emocións.

Anónimo dijo...

Limitaciós físicas témolas todos. Non voamos, non saltamos coma canguros,non buceamos a moita profundidade... Dentro das potencialides do corpo, hai quen as explota con deportes, có baile, coa música...Outros non fan nada especial. Normalmente, os que non se derruban cando perden unha potencialidad física e explotan o que teñen, e que xa buscaban superarse a sí mesmos antes da perda.
Un dos maiores guitarristas da historia, Django Reindjart,zíngaro, perdéu dous dedos da man equerda nun incendio do seu carromato. Desarrollóu técnicas específicas pra adaptarse á nova situación e seguíu tocando de xeito maxistral.
Non lembro agora como se chamaba aquela mestra que ensinóu a unha sordomuda "escribindo" nas palmas das máus.