28 feb 2008


en poleiro alleo

Bieito Iglesias tamén escribe sobre o debate
(veredes como alguén tamén lle chamará colonizado)

Platón deixou dito que o amor é un pulo cara a excelencia e Lourenzo o Magnífico secundouno afirmando que se trata dun apetito de beleza. Pois ben, as cámaras de cinema ou de televisión experimentan ese impulso e ese apetito, son como raparigas namoradizas que un día se prendaron do xove Eastwood ou das meniñas dos ollos de Paul Newman e hoxe langrean polos ósos de George Clooney. Desde o momento en que a política se vedettizou (con John Fitzgerald Kennedy), resulta moi difícil triunfar cun líder que careza de boa percha. Ata os líderes revolucionarios han ser belidos como o Che Guevara se queren que a mocidade os coloque por riba da banceira da cama en lucido cartel.
Sospeito que se non houbo debates en eleccións anteriores
foi porque Aznar quedou escaldado despois dos cara a cara con González, debido ao seu bigote que evocaba sketchs de cine cómico. Raxoi aceptou a regueifa porque tiña pouco que perder e, de perdidos, ao río. Falou braceando enerxicamente e mesmo se permitiu algunha difamación (acusou ao candidato socialista de agredir ás vítimas do terrorismo), mantívose firme e altaneiro, como eses oradores que badúan empoleirados nunha caixa de fruta, pero a condenada cámara acariñaba o sorriso de Zapatero e transmitía reflexos dos seus iris celestes. Como os políticos falan para a feira -para as sectas respectivas-, uns dirán que gañou Xan e outros que venceu Perillán, no entanto ficou moi claro quen pode en telexenia. Por baixo da esgrima dialéctica e dos reproches cruzados polos candidatos, a pantalla cantaruxou todo o tempo un vello tema dos Sírex: ¡Qué se mueran los feos, qué no quede ninguno!. Non é milagre que os inquéritos das cadeas xeralistas desen como gañador ao Presidente en funcións. Tampouco foi casual que ZP se despedise cunha frase (Boas noites e boa sorte) dun filme do Clooney. Só lle faltou choscar o ollo.

15 comentarios:

Xaime dijo...

O Bieito é un colonizado e non sei si tamén pseudonacionalista.

Anónimo dijo...

Supoño que como bos nacionalistas, cando dicides "colonizado" é un dos maiores insultos que se poda imaxinar, pero ¿ que hai no artigo de B.Iglesias polo que se poida deducir que é un "colonizado ou psudonacionalista"?. ¿ Un "patriota non debe falar de G.Clooney ou coñecer as cancións dos Sirex se se ten unha idade?.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que convén aclaralo: como outras veces don Xaime fai uso da ironía na súa entrada. O último anónimo quizais é novo no blog e non sabe que hai días houbo polémica ó respecto: por cousas menores, caiulle a máis de un esas dúas pauliñas: colonizado e pseudonacionalista.

Anónimo dijo...

Non sei por que ilustrou este post, amigo Valcárcel, cunha foto miña acabante de saír da cama, sen colonizar.

Xaime dijo...

Arume, se vostede é o da foto, a miña muller estaría encantado en unha cita a cegas con vostede. Se lle vía ben, logo podolla pedir eu.

Anónimo dijo...

A xuzgar polo visto, Sr.Arume, como estará vostede cando se coloniza !!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Impresiona a foto de La Voz de Galicia do mítin de Zapatero na Coruña: Riazor

Anónimo dijo...

Este blog esta a afectar seriamente ao meu equilibrio mental. Hoxe, tiña que imprimir unha morea de certos documentos que tiñan que levar todos eles a expresión escrita "Mes de Marzo" no encabezamento. Non me dín conta de que escribín "Mes de Marcos". A impresora escupíu un monton deles antes de que me dera conta do erro.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E por que imprime tanto, se agora xa non fai falta?

Anónimo dijo...

Dependendo de pra qué. A firma electrónica creo que aínda non se acepta.

Anónimo dijo...

POr certo, que vin en Porto uns grandes anuncios luminosos de café a cargo do Clooney onde imita moito a Sócrates, case cuspidiño. E terá subvención do goberno portugués?

Anónimo dijo...

Gran novidade. Tamén o vimos nós, ¿ou que pensas? ¿que es o único que viaxa a Porto?

Anónimo dijo...

E cantos sodes vós?

Anónimo dijo...

Ademais eu non fun a Porto, que o vin por TV, e así aforrei, parviño.

Anónimo dijo...

Era o que che faltaba: cutre e pesetero. Espabila e intenta dicir cousas con xeito, que así os anónimos perdemos credibilidade dicindo tantas chorradas.