Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
Non entendo que a alguén lle pareza mal que a xente quera pasalo ben, darse unha alegría, atopar unha posible parella ou simplemente botar un canivete. Gran escándalo!
Eu creo que o problema coa "caravana de mulleres" é o nome. Se chegan a denominar esta actividade dun xeito máis "cool", moderno e en inglés, seguro que ata se empeza a promocionar dende Turismo.
Ten toda a razón Sarille cando denuncia a hipócrita actitude de non querer ver un problema (o da prostitución) co cómodo expediente de ignoralo ou de decretar sen máis a súa ilegalidade. Deste xeito, a marxinación convírtese en máis marxinación por obra e graza de mentes ben pensantes de clase media: nos nos gusta que haxa prostitución, logo fagamos como que esta non existe.
A prostitución existe porque existen os homes puteros. Esto é, porque existe demanda. Esto pódeselle decir habitualmente a alguén de esquerdas, pero non a un de dereitas. Este último, sobre todo se é "consumidor" do servicio, dirá que a culpa é das mafias de proxenetas. Paradóxicamente, da existencia da drogadicción culpará aos propios consumidores, os drogadictos, e non ás mafias de narcotraficantes.
Pois si. Como non! E máis: os homes diferéncianse según carguen, como diría un xastre de alta escola, tipo Pepecillo da rúa Nova compostelá, para a dereita ou para a esquerda.
Eu non sei de que maneira legal se podería abordar o tema da prostitución, nin alcanzo a ver como esta se pode incluír na Lei de Igualdade. Tampouco non sei se é o interese ou intención fundamental do artigo, se cadra intencionalmente en liña.
Si que me interesa do tema da caravana ou excursión rodoviaria a Cervantes. Vin varias veces aquela película de Robert Taylor, a francesa loira, a italiana, a mulleroa (descúlpese o defectivo da antroponimia), e sempre gusto de renovar a contemplación de tan efectivo canto, de épica feminina, ao esforzo pola supervivencia.
Veu despois (vai para vinte anos?) a iniciativa dos tiones de Plan e o val do Gistau; en sintonía probablemente con maiorías sociais, considereino con interese e simpatía. E viñeron esoutro día noticias do meu concello paterno de orixe.
Non me pareceu mal, en principio, se cadra un algo reseso; ora ben, un pode entender a quen lle di que -por falta de ADSL- non pode acollerse á ferramenta internética para procurar contactos a distancia. Ora que xorde a cabeza de lista do BNG censurando que se tratase as mulleres coma "gando" ou "mercadoría" (non podo precisar o termo); e como ronsel, o Bloque provoca que a TVG non se implicase no evento, contrariando a intención de Xosé M. Piñeiro e colaboradores.
Non me pareceu cousa moi mesurada. Pero decidín contrastar con algunha muller; e atopei renitencia, receo, disgusto ante tal tipo de iniciativas. Ferirá sensibilidade especificamente feminina que eu nin teño nin prevera?
A ecuatoriana do Sarille quería ir aló; algún en común terá a súa loita pola supervivencia coa das mulleres daquela película. Pero, ¿que opinan ou, máis ben, que senten as habituais deste blog? Gustábame sabelo, e igual despexaría a persoal incógnita que teño desde aquela.
Nun mundo ideal a prostitución non existiría porque non tería razón de ser. É unha utopía pola que podemos loitar, pero estou firmemente convencida que a penalización das prostitutas non é o medio. Son persoas que aparte de outros problemas económicos e sociais teñen un, moito máis grave, de autoestima, que empeoraría se tamén a lei contribúe a afundilas na súa miseria en lugar de as resgatar. Foi nas prostitutas dos clubes nas primeiras nas que pensei cando souben da nova, sen ter lido o artigo de Sarille. En todos os solitarios rurais que coñezo que sen sairen da provincia dun día para o outro aparecen casados cunha colombiana, brasileña ou polaca. Que procuran nun home necesitado de compaña o amparo e o sustento e mesmo a posibilidade dunha reagrupación familiar cos fillos que deixaron nos países de orixe.
Eu son partidario da legalización da prostitución, non da súa abolición. Nisto, como en outras tres ou catro cousas, estou máis de acordo co BNG que co PSOE. E por legalización entendo non só unhas mellores condicións de traballo, senón tamén a erradicación das novas modalidades de escravismo ao que actualmente se ve conducido este oficio nun 90 por cento dos casos.
Prohibilo, de ningunha maneira. Basta con que unha muller se dedique libremente e sen coaccións á prostitución para que poida facelo sen ser perseguida por ninguén.
Agora ben, ¿que ten que ver a prostitución coas "caravanas de mulleres"?
Ademais co cambio de mentalidade qeu se produce no rural, cada vez lles dá menos corte aos solitarios do rural acabar casado cunha dominicana que coñeceron nunha barra. Que se ela ía con outros, outros ían coas mulleres dos seus veciños antes de casar, se cadra non tanto, pero Virxe a de Fátima e Fieles, os difuntos... Así que todos en paz. E estas nais, polo trato que teño con elas, son especialmente cumpridoras e atentas cos fillos e marido, sabedoras da sorte que lles cadrou en comparación con outras cousas. Efectivamente, legalizacion, nada de hipocresía. Ademais a maioría, máis novas, van hedar... e logo xa será outra cousa.
Caravanserai era un dos indispensábeis no psicodélico carretillo das patacas. Nada que ver co que fai agora Santana.
As novelas do Luger son como un mantra, como un conto infantil, como a literatura ou a música tradicional,como un exercicio Zen, como a mitoloxía grega, como o filme Apocalypse Noe, como cando os paisanos preguntamos ao veciño para onde é que vai e de quen ven sendo; operan a niveis da consciencia aparentemente ocultos, non polas historias que contan, senón porque desencadean sutís asociacións psíquicas das que aparentemente non nos decatamos e que son absolutamente efectivas e productivas nos abismos da psique, de aí o seu éxito.
Estea un a favor ou en contra de abolir a prostitución, o que está claro é que moitas destas mulleres se podían librerar dese tipo de traballo. Como? Mediante a formación e a reinserción laboral.
O rural cambiou moito nestas últimas décadas. Agora é moito máis difícil que antes para os solteiróns atopar parella. Queda menos xente nas aldeas e non hai aqueles costumes vellos de mocear polas casas, ou de ir á romaría e bailar cos/coas solteiros/as.
Medela. Eu lin moitas de vaqueiros, tamén. Son capaz de distinguir, nunha sola páxina , si o texto é de Keih Luger, de Silver Kane, De Clark Carrados, de Donald Curtis ou de Estefanía. Non é algo que deba poñer en ningún currículum, pero é así. Seguramente parte do meu permanente sentido do humor ten algunha compoñente "Lugeriana".
Cando tiña uns doce anos, un verán na aldea, xa lera eu todos as de vaqueiros que había na casa, e todos os "clásicos xuvenís" que levara do domicilio de Ourense. Andaba eu triste porque non tiña nada novo pra ler, e aínda pasarían semanas hasta voltar á cidade pra mercar outros. Díxome o meu abó: vai á casa de A****. Está na Universidade, e deseguro ten algo que che podia deixar. Alá fun, e prestóume dous: "La Regenta" e "A sangre fría".
E, Medela, cando queira facemos competición de "carretillo". Pra adiante, pra atrás, sobre tablón a certa altura,vaciado pra adiante, de lado, cunha sola mau (vacío),etc...XDDD.
Retomando o tema da prostitución.A causa de que práctica tan vella coma arraigada se atope, dende o punto de vista legal, en situación tan ambigua, e que os problemas que dela derivan aínda estean por arranxar, pode estar en que ninguén se atreve a colocarlle o axóuxere ó gato. Non sei se máis rendible, pero menos comprometido resulta mirar cara a outro lado e manter un permisivo "non pero si". Poido entender que, políticamente, sexa arriscado legalizala pero cando menos habería que regulala de mellor xeito, que as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade de "traballador@s" e usuari@s seguen sendo as mesmas que eran. E as drogas ... que pasa con asunto tan polémico como o anterior ? Vostedes son partidarios de legalizalas ou de seguir disfrutando do: "non pero si"?. As caravanas de mulleres, que para nada relaciono co dito, por reiteradas, perderon xa a gracia, no caso de que algunha vez a tiveran. O meu respecto para a ecuatoriana Clodomira e todas as que nelas teñan participado, pero a semellanza de tales eventos coas feiras de gando resúltame, tamén, inevitable .
Da Coba: Acepto o desafío carretillista. Temos que marcar percorrido, carga, dificultade do traxecto, tempo mínimo e máximo, testemuñas, premio, se imos a mantido ou a seco, testemuñas…
Porque non lle é o mesmo, amigo Da Coba, levar tres sacos de patacas, ca tres de mineral, tres de piensos Dula, unha caixa de cervexas, un ou dous garrafóns de viño (tal vez un bocoi), a lousa dunha sepultura, a lumieira dunha casa, un radiocassette Sanyo monoaural de contrabando con música do Dúo Chapala (ex –dúo Gala), un gato morto, un amigo que vai de paquete, e fumando e rindo, un saco de cemento, un cabazo, as cinzas dun morto…
First World Championship of Wheelbarrow Formula Pido que Marcos Valcárcel sexa xuíz do evento. Poñan día, hora, lugar e alí estaremos vendo a mítica carreira. Acéptanse patrocinadores.
Estou en tratos con Qingdao Taifa Group Corporation (The largest pushcart manufacturer in mainland China) para a esponsorización do desafío. Tamén estou pedindo axuda á Tómbola Cundi para os altofalantes. Vou mirar por se Bridgestone aporta algo. Por certo, mirade ben que gomas (con perdón) gastades: para chan mollado ou seco. A potencia sen freno... xa se sabe.
Eu coñezo un grupo de música que toca polas romarías de Galicia intitulado "Os cunters", o cal lle fixo moito chiste a un coñecido meu de nación inglesa porque, en puridade, "os cunters" son os da cona, dispensando.
A "Tómbola Cundi" é un concepto, unha idea que só ten encarnación corporal cos altofalantes. E o concepto altofalantes só existe coa concurrencia física da Tómbola Cundi. Esíxense mutuamente: un non pode existir sen o outro. Só cando a música de Bustamante acada o nivel "al alto la lleva" é cando o Cundi, o rubicundo mouro (acibeche mechado), enfía unha chochona con outra mentres o micrófono vaille engulindo as verbas, os beizos, os dentes, a lingua e pouco a pouco todo o corpo ata transformalo (todo el, todo Cundi) en micrófono e altofalante e en tómbola e en alma da festa. A metamorfose de Cundi, o rubicundo mouro, é digna de ser narrada por un novo Ovidio.
O Perrito Piloto, a Chochona, Bustamante, o Capitán Willard, o Coronel Kurtz, Ulises, Centauros do deserto, Keith Luger, as voladoras, Maria Antònia, o psicodélico carretillo, a retroalimentación Cundi/altofalantes, a orquestra Cunters, o clan Chabaud, Kierkegaard, Tolstoi, Manuel Antonio, Cañita Brava, Michelle Marsh, Ovidio, Arume, Da Coba, Apicultor, Leituga One, González, don Marcos, Kyra Argounova, Ryma Nursultán, Babrak Karmal, San Ignacio de Loyola, Ellakuría, o 'puesto de control', Juanín de Mieres, a Venus de Willendörf, La Pastorina, Dúo Chapala (ex Dúo Gala), King Crimson, Jethro Tull, Black Sabbath, Los Dos Españoles, Ovidio, Homero, Séneca, Dalí, Arturo Baltar, Quessada, o rubicundo mouro, Keith Moon, Nancy Sinatra, Los Tres Sudamericanos, Ana Kiro, Pucho Boedo, Orquestra Nebraska, Antonioni, Kaurismäki, Wenders, Tanner, Erice, Wild Bill Hitchcock, Pink Floyd, Alexandra David Neel, The Kinks, The Who, Buñuel, Emmanuelle Seigner, Alexandre Bóveda, Toñito, Pepe, Roberto, Elisabeth,José Benito, Celso, Toño, Antón, Mariví, Miriam, Rosiña, Carmiña, Chusiña, Nazaret, Israel, Charito, Camel, Van Halen, Tangerine Dream, Arnold Boecklin, Delacroix, Kandinski, Dziga Vertov
Deseguro que vostede lle puxo ao carretillo unhos bós espellos retrovisores. E unha mecha anudada de chisqueiro no eixe, pra mantelo ben limpiño. Ás bandeiriñas, españolas ou galegas, non creo que se atrevera.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
XVIII Certame Literario "Terras de Chamoso"
-
O pasado sábado, 21 de decembro, agasalláronme co primeiro premio de
poesía do XVIII Certame Literario “Terras de Chamoso”. Unha mágoa que non
puidese ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Libros do Mes
-
*Why Nations Fail* de Daron Acemoglu [*E*]
*For All My Walking *de Taneda Santoka / Burton Watson [*E*]
*Trigonometry* de Glen van Brummelen [*E*]
**Na...
FELISA FERRAZ. I FESTIVAL PIRINEO LITERARIO
-
*Felisa Ferraz: “*Mi Pirineo es belleza y compromiso”
La profesora e investigadora es la directora del Festival Pirineo Literario
que se celebrará en ...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)
-
https://www.youtube.com/watch?v=cMpxQwIHdbA
Milladoiro. Maneo da Ulla. Foliada.Jiga Pandeirada
*GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)*
Composic...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
42 comentarios:
Reenviei un comentario de XEREMÍAS ó fío que lle corresponde (referíase a outro artigo de MOnxardín, máis enriba).
Non entendo que a alguén lle pareza mal que a xente quera pasalo ben, darse unha alegría, atopar unha posible parella ou simplemente botar un canivete. Gran escándalo!
Eu creo que o problema coa "caravana de mulleres" é o nome. Se chegan a denominar esta actividade dun xeito máis "cool", moderno e en inglés, seguro que ata se empeza a promocionar dende Turismo.
Ten toda a razón Sarille cando denuncia a hipócrita actitude de non querer ver un problema (o da prostitución) co cómodo expediente de ignoralo ou de decretar sen máis a súa ilegalidade. Deste xeito, a marxinación convírtese en máis marxinación por obra e graza de mentes ben pensantes de clase media: nos nos gusta que haxa prostitución, logo fagamos como que esta non existe.
A prostitución existe porque existen os homes puteros. Esto é, porque existe demanda. Esto pódeselle decir habitualmente a alguén de esquerdas, pero non a un de dereitas. Este último, sobre todo se é "consumidor" do servicio, dirá que a culpa é das mafias de proxenetas. Paradóxicamente, da existencia da drogadicción culpará aos propios consumidores, os drogadictos, e non ás mafias de narcotraficantes.
Está mal o enlace ao artigo de Monxardín.
Liberatorios de prostitución, como na República.
Pero, quererían algunhas destas mulleres liberarse? (pregunta incorrectamente política)
¿Pero existe, de verdade, diferencias entre esquerdas dereitas de cintura para abaixo?
Pois si. Como non! E máis: os homes diferéncianse según carguen, como diría un xastre de alta escola, tipo Pepecillo da rúa Nova compostelá, para a dereita ou para a esquerda.
Perdón pola insistencia, pero cun comentario vale.
Eu non sei de que maneira legal se podería abordar o tema da prostitución, nin alcanzo a ver como esta se pode incluír na Lei de Igualdade. Tampouco non sei se é o interese ou intención fundamental do artigo, se cadra intencionalmente en liña.
Si que me interesa do tema da caravana ou excursión rodoviaria a Cervantes. Vin varias veces aquela película de Robert Taylor, a francesa loira, a italiana, a mulleroa (descúlpese o defectivo da antroponimia), e sempre gusto de renovar a contemplación de tan efectivo canto, de épica feminina, ao esforzo pola supervivencia.
Veu despois (vai para vinte anos?) a iniciativa dos tiones de Plan e o val do Gistau; en sintonía probablemente con maiorías sociais, considereino con interese e simpatía. E viñeron esoutro día noticias do meu concello paterno de orixe.
Non me pareceu mal, en principio, se cadra un algo reseso; ora ben, un pode entender a quen lle di que -por falta de ADSL- non pode acollerse á ferramenta internética para procurar contactos a distancia. Ora que xorde a cabeza de lista do BNG censurando que se tratase as mulleres coma "gando" ou "mercadoría" (non podo precisar o termo); e como ronsel, o Bloque provoca que a TVG non se implicase no evento, contrariando a intención de Xosé M. Piñeiro e colaboradores.
Non me pareceu cousa moi mesurada. Pero decidín contrastar con algunha muller; e atopei renitencia, receo, disgusto ante tal tipo de iniciativas. Ferirá sensibilidade especificamente feminina que eu nin teño nin prevera?
A ecuatoriana do Sarille quería ir aló; algún en común terá a súa loita pola supervivencia coa das mulleres daquela película. Pero, ¿que opinan ou, máis ben, que senten as habituais deste blog? Gustábame sabelo, e igual despexaría a persoal incógnita que teño desde aquela.
Hai moita hipocresía curil con isto da prostitución. E tanto me ten que tal hipocresía proceda de homes como de mulleres.
Pois a min este artigo do Monxardín gustame máis có outro.
Nun mundo ideal a prostitución non existiría porque non tería razón de ser. É unha utopía pola que podemos loitar, pero estou firmemente convencida que a penalización das prostitutas non é o medio. Son persoas que aparte de outros problemas económicos e sociais teñen un, moito máis grave, de autoestima, que empeoraría se tamén a lei contribúe a afundilas na súa miseria en lugar de as resgatar.
Foi nas prostitutas dos clubes nas primeiras nas que pensei cando souben da nova, sen ter lido o artigo de Sarille. En todos os solitarios rurais que coñezo que sen sairen da provincia dun día para o outro aparecen casados cunha colombiana, brasileña ou polaca. Que procuran nun home necesitado de compaña o amparo e o sustento e mesmo a posibilidade dunha reagrupación familiar cos fillos que deixaron nos países de orixe.
Velaí unha opinión sensata, humanista e nada hipócrita. A de Lourixe.
Eu son partidario da legalización da prostitución, non da súa abolición. Nisto, como en outras tres ou catro cousas, estou máis de acordo co BNG que co PSOE. E por legalización entendo non só unhas mellores condicións de traballo, senón tamén a erradicación das novas modalidades de escravismo ao que actualmente se ve conducido este oficio nun 90 por cento dos casos.
Prohibilo, de ningunha maneira. Basta con que unha muller se dedique libremente e sen coaccións á prostitución para que poida facelo sen ser perseguida por ninguén.
Agora ben, ¿que ten que ver a prostitución coas "caravanas de mulleres"?
Ademais co cambio de mentalidade qeu se produce no rural, cada vez lles dá menos corte aos solitarios do rural acabar casado cunha dominicana que coñeceron nunha barra. Que se ela ía con outros, outros ían coas mulleres dos seus veciños antes de casar, se cadra non tanto, pero Virxe a de Fátima e Fieles, os difuntos... Así que todos en paz.
E estas nais, polo trato que teño con elas, son especialmente cumpridoras e atentas cos fillos e marido, sabedoras da sorte que lles cadrou en comparación con outras cousas. Efectivamente, legalizacion, nada de hipocresía.
Ademais a maioría, máis novas, van hedar... e logo xa será outra cousa.
Ninguén pode dedicarse habitualmente a cobrar por calquer servicio, aínda que o que o reciba o pague de boa gana sen darse de alta no I.A.E.
Caravanserai de Carlos Santana.
Para Medela.
Arume, nin que fose cousa do demo, aínda onte estiven a escoitar Caravanserai boa parte da tarde.
Fantástico disco!!!
Grazas.
Cantas novelas de vaqueiros ten que ler un home hasta caer na conta de que todas son iguáis?
Cantos discos de Santana...?
The answer my friend...
Da Coba:
Caravanserai era un dos indispensábeis no psicodélico carretillo das patacas. Nada que ver co que fai agora Santana.
As novelas do Luger son como un mantra, como un conto infantil, como a literatura ou a música tradicional,como un exercicio Zen, como a mitoloxía grega, como o filme Apocalypse Noe, como cando os paisanos preguntamos ao veciño para onde é que vai e de quen ven sendo; operan a niveis da consciencia aparentemente ocultos, non polas historias que contan, senón porque desencadean sutís asociacións psíquicas das que aparentemente non nos decatamos e que son absolutamente efectivas e productivas nos abismos da psique, de aí o seu éxito.
Boeno, ¡Que bonito me quedou!
Saúdos, Da Coba.
Estea un a favor ou en contra de abolir a prostitución, o que está claro é que moitas destas mulleres se podían librerar dese tipo de traballo. Como? Mediante a formación e a reinserción laboral.
O rural cambiou moito nestas últimas décadas. Agora é moito máis difícil que antes para os solteiróns atopar parella. Queda menos xente nas aldeas e non hai aqueles costumes vellos de mocear polas casas, ou de ir á romaría e bailar cos/coas solteiros/as.
Medela. Eu lin moitas de vaqueiros, tamén. Son capaz de distinguir, nunha sola páxina , si o texto é de Keih Luger, de Silver Kane, De Clark Carrados, de Donald Curtis ou de Estefanía. Non é algo que deba poñer en ningún currículum, pero é así. Seguramente parte do meu permanente sentido do humor ten algunha compoñente "Lugeriana".
Cando tiña uns doce anos, un verán na aldea, xa lera eu todos as de vaqueiros que había na casa, e todos os "clásicos xuvenís" que levara do domicilio de Ourense. Andaba eu triste porque non tiña nada novo pra ler, e aínda pasarían semanas hasta voltar á cidade pra mercar outros. Díxome o meu abó: vai á casa de A****. Está na Universidade, e deseguro ten algo que che podia deixar. Alá fun, e prestóume dous: "La Regenta" e "A sangre fría".
E, Medela, cando queira facemos competición de "carretillo". Pra adiante, pra atrás, sobre tablón a certa altura,vaciado pra adiante, de lado, cunha sola mau (vacío),etc...XDDD.
XD é XDC
Amigo XDC:
NON DEIXE ESE
A**** NO ANONIMATO: se lle deixou eses libros, merece unha homenaxe dende aquí.
Hoxe é profesor nun instituto de Ourense, pero igual lle molesta que o nomee...
Retomando o tema da prostitución.A causa de que práctica tan vella coma arraigada se atope, dende o punto de vista legal, en situación tan ambigua, e que os problemas que dela derivan aínda estean por arranxar, pode estar en que ninguén se atreve a colocarlle o axóuxere ó gato. Non sei se máis rendible, pero menos comprometido resulta mirar cara a outro lado e manter un permisivo "non pero si". Poido entender que, políticamente, sexa arriscado legalizala pero cando menos habería que regulala de mellor xeito, que as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade de "traballador@s" e usuari@s seguen sendo as mesmas que eran.
E as drogas ... que pasa con asunto tan polémico como o anterior ? Vostedes son partidarios de legalizalas ou de seguir disfrutando do: "non pero si"?.
As caravanas de mulleres, que para nada relaciono co dito, por reiteradas, perderon xa a gracia, no caso de que algunha vez a tiveran. O meu respecto para a ecuatoriana Clodomira e todas as que nelas teñan participado, pero a semellanza de tales eventos coas feiras de gando resúltame, tamén, inevitable .
Da Coba: Acepto o desafío carretillista. Temos que marcar percorrido, carga, dificultade do traxecto, tempo mínimo e máximo, testemuñas, premio, se imos a mantido ou a seco, testemuñas…
Porque non lle é o mesmo, amigo Da Coba, levar tres sacos de patacas, ca tres de mineral, tres de piensos Dula, unha caixa de cervexas, un ou dous garrafóns de viño (tal vez un bocoi), a lousa dunha sepultura, a lumieira dunha casa, un radiocassette Sanyo monoaural de contrabando con música do Dúo Chapala (ex –dúo Gala), un gato morto, un amigo que vai de paquete, e fumando e rindo, un saco de cemento, un cabazo, as cinzas dun morto…
Saúdos, Da Coba.
First World Championship of Wheelbarrow Formula
Pido que Marcos Valcárcel sexa xuíz do evento. Poñan día, hora, lugar e alí estaremos vendo a mítica carreira. Acéptanse patrocinadores.
jajajajajajajajaja
Wheelbarrow
jajajajajajajajajaj
Non recuso o xuíz.
Aviso de que eu fun un as nas 'voladoras' da Baixa Limia, campión arraiano de autos de choque... E o Wild Bill Hitchcock das casetas de tiro.
Arume, e as gogós das enormes antucas a nos protexer do sol??
Podía avisar as srtas. Michelle Marsh e Lucy Pinder??
Cumprimentos.-
Estou en tratos con Qingdao Taifa Group Corporation (The largest pushcart manufacturer in mainland China) para a esponsorización do desafío. Tamén estou pedindo axuda á Tómbola Cundi para os altofalantes. Vou mirar por se Bridgestone aporta algo.
Por certo, mirade ben que gomas (con perdón) gastades: para chan mollado ou seco. A potencia sen freno... xa se sabe.
Cos "Hermanos Chabaud Barcas Voladoras" falo eu.
E levo a Pastorina para amenizar a festa.
Arume, faga o favor, fáleme algo de ese elemento que sospeito mitolóxico: 'Tómbolas Cundi'
Grazas.
Eu coñezo un grupo de música que toca polas romarías de Galicia intitulado "Os cunters", o cal lle fixo moito chiste a un coñecido meu de nación inglesa porque, en puridade, "os cunters" son os da cona, dispensando.
Medela: acepto o desafío do carretillo con toda a carga que dí vostede, e ademáis coa roda mediada de aire, e por terreo de labradío.
E non vale que un amigo vaia axudando, tirando "de cambón" cun gancho preso no ferro da roda.
Arumeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee: Por favor, quen viñan sendo os mitolóxicos seres de 'Tómbola Cundi'
Grazasssssssssssssssss
A "Tómbola Cundi" é un concepto, unha idea que só ten encarnación corporal cos altofalantes. E o concepto altofalantes só existe coa concurrencia física da Tómbola Cundi. Esíxense mutuamente: un non pode existir sen o outro.
Só cando a música de Bustamante acada o nivel "al alto la lleva" é cando o Cundi, o rubicundo mouro (acibeche mechado), enfía unha chochona con outra mentres o micrófono vaille engulindo as verbas, os beizos, os dentes, a lingua e pouco a pouco todo o corpo ata transformalo (todo el, todo Cundi) en micrófono e altofalante e en tómbola e en alma da festa.
A metamorfose de Cundi, o rubicundo mouro, é digna de ser narrada por un novo Ovidio.
MAXISTRAL ARUME
O Perrito Piloto, a Chochona, Bustamante, o Capitán Willard, o Coronel Kurtz, Ulises, Centauros do deserto, Keith Luger, as voladoras, Maria Antònia, o psicodélico carretillo, a retroalimentación Cundi/altofalantes, a orquestra Cunters, o clan Chabaud, Kierkegaard, Tolstoi, Manuel Antonio, Cañita Brava, Michelle Marsh, Ovidio, Arume, Da Coba, Apicultor, Leituga One, González, don Marcos, Kyra Argounova, Ryma Nursultán, Babrak Karmal, San Ignacio de Loyola, Ellakuría, o 'puesto de control', Juanín de Mieres, a Venus de Willendörf, La Pastorina, Dúo Chapala (ex Dúo Gala), King Crimson, Jethro Tull, Black Sabbath, Los Dos Españoles, Ovidio, Homero, Séneca, Dalí, Arturo Baltar, Quessada, o rubicundo mouro, Keith Moon, Nancy Sinatra, Los Tres Sudamericanos, Ana Kiro, Pucho Boedo, Orquestra Nebraska, Antonioni, Kaurismäki, Wenders, Tanner, Erice, Wild Bill Hitchcock, Pink Floyd, Alexandra David Neel, The Kinks, The Who, Buñuel, Emmanuelle Seigner, Alexandre Bóveda, Toñito, Pepe, Roberto, Elisabeth,José Benito, Celso, Toño, Antón, Mariví, Miriam, Rosiña, Carmiña, Chusiña, Nazaret, Israel, Charito, Camel, Van Halen, Tangerine Dream, Arnold Boecklin, Delacroix, Kandinski, Dziga Vertov
Deseguro que vostede lle puxo ao carretillo unhos bós espellos retrovisores. E unha mecha anudada de chisqueiro no eixe, pra mantelo ben limpiño. Ás bandeiriñas, españolas ou galegas, non creo que se atrevera.
Publicar un comentario