en poleiro alleo
A Galicia borrosa volve no artigo "Identidade borrosa", de Miguel Suárez Abel (ECG 8 febr.)
artigo completo
A conciencia pode ser étnica ou nacional , a última de carácter político, a exclusiva da idade moderna. Pero en Galicia en vez dun convencemento nacionalista o que se nos dá ben é potenciar o nacionalismo dos outros. Axudamos en serio na construcción do nacionalismo arxentino, no mítico, racial e idolátrico vasco e no laico catalán, pero para o noso servímonos máis dos que veñen de fóra ca dos que viven aquí. A perda, a distancia, o saír fóra introdúcenos nos sentimentos de identidade. Ausentes fisicamente, amarrámonos psicoloxicamente á terra. ¿É o noso un nacionalismo máis borroso ca acolledor ? ¿É o quebracabezas da identidade unha paixón inútil ou en nós só unha amalgama borrosa? Sexa inútil ou non, dentro da borrosa identidade que nos envolve, parece que o máis preto da nosa auténtica maneira de ser como somos é a emigración. Este parece ser, segundo o doutor Lamas, o símbolo masa do galego: a emigración. Emigrantes abertos e non xenófobos. O demais, borroso. ¿Triste? Cada un é como é.
E Mabel Rivera reflexiona dende as imaxes sobre a destrucción do noso patrimonio (Unha lousa no Caurel)
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
17 comentarios:
Felicito a Suárez Abel por poñer o de "profesor de instituto" a carón do seu nome, así, tranquilamente, sen omisións vergoñentas.
E digo omisións vergoñentas porque hai máis de un e de dous que adoitan poñer "catedrático de lingua e literatura" (galega ou española, a escoller) ou "profesor" (de filosofía ou de historia, elixan), pero "esquecéndose" sempre de engadir de qué tipo de ensino son.
Cando isto acontece, non teñan dúbida de que a inmensa maioría dos que que así fan son profesores de instituto un tanto avergoñados de selo e frustrados por non selo de universidade, porque dá máis caché. E como non son de universidade (independentemente de que o poidesen merecer), fan a parva triquiñuela de insinualo omitindo que son de medias.
Que tontería!
Si. Velaí o caso dun coñecido psiquiatra promocionado nos "media" polos Opus Dei, de apelido Rojas (non confundir co outro, o que traballa en Nova York). É un autor de bestsellers "a eito e a feito". Ultimamente mesmo non lle importa sair nos programas do corazón (ademais pagan ben) para poñer unha miga de sensatez e compasión cristiana sobre temas como
Ben, pois o fulano este aparece en todas as súas entrevistas e nas contraportadas dos seus calmantes libros como "catedrático de Psiquiatría de la Universidad Complutense de Madrid". Pois ben, nin catedrático nin profesor na Complutense. É simplemente un profesor que da clase nun chiringuito universitario privado que pertence ao opus e adscrito á UCM.
Eu adoito a recoñecer perfectamente, ao cabo de dúas liñas de texto, cal dos dous Rojas Marcos é o que escribe. As diferencias son abismáis.
Vou facer eu o mesmo. Pra darme máis categoría , vou poñer nas miñas tarxetas "Profesor de Instituto", anque non sexa certo.
Así, xa teño dous xogos de tarxetas: as que poñen "Humanista", suxerencia de Arume d.p. si non lembro mal, e agora esas. "Profesor de Instituto". O malo é que teño que inventar tamén o Instituto. Un Instituto do que son o único alumno e profesor. Pra algo son Xoan da Coba. Pásome lista eu mesmo, doume clase eu mesmo, e apróbome ou suspéndome eu mesmo. "Instituto Xoan da Coba". E teño unha chea de materias curriculares!. Non creo que aprobe todo.
A ver se lle dou ideas ao Marcos e ponse a evaluarnos e pollernos notas aos habituáis. O XM Glz ten o sobresaínte por EHP, o Apicultor un Notábel, coma Apicultor. Eu, "Precisa de mellora".
Da Coba: Extraordinaria idea!!!!
Vou imprimir, nunha máquina da estación de tren de Nukus, o seguinte texto:
JÚLIO MEDELA DE LOBEIRA
Descendente por liña directa de Decius Iunnius Brutus e da Raíña Loba.
Técnico auxiliar axudante en reberbadora aplicada no corte e recuperación de ferralla.
Destinado na actualidade en Tolmacheva (República Karakalpakstan).
Vou deixar unha, como por descoido, por riba da mesiña de noite... Espero que a patroa da pensión (Kyra) a lea.
Que lle parece o maquiavélico plan, Da Coba????
Cumprimentos.-
Mellor no chan, como que lle caéu por descuido. Como fixo o Rockefeller con aquela orde de compra de valores que os seus competidores recolleron do chan e foi a súa ruina.
Da Coba: Podía contar un pouquiño máis en pormenor o que lle pasou a Rockefeller???
Descoñecía ese caso.
Grazas anticipadas.-
Estimado señor Anónimo:
Celebro que haxa máis alguén que pense coma min, que teña a mesma opinión sobre o "psiquiatra" Rojas. Lin "El hombre light" e, qué quere que lle diga.
Comparémolo con "Galicia Borrosa".
Cumprimentos.-
"Borrosa identidade" é un oxímoron. Non entendo nin entenderei o concepto ese tan famoso (e tan socorrido sobre todo para poñer de título de congresos que aspiran a subvencions, en calquera administración, ollo) de identidade. Pero de entendelo o máis estrano é que unha identidade sexa borrosa. Porque de selo deixa de ser identidade e convírtese noutra cousa: ou nun non ser, que, para o caso, é o mesmo.
Son o anónimo de antes. Téñolles que confesar que a xente, en situacións de crise, fai cousas moi raras. Por exemplo, a un chaval que coñezo eu deixouno o mozo e o único que se lle ocorreu, así de primeiras, foi ler o libro de autoaxuda da señorita Lucía Echevarría ("Ya no sufro por amor"). Efectivamente, o meu coñecido seguiu sufrindo por tempo indefinido até que o mozo decidiu, de súpeto, retomar a relación. Despois disto, pregunteille que ía facer co libro...
Eu hai anos estiven nun trance similar por unha moza que tiven e non se me ocorreu mellor cousa que asistir a unha "charla" que daba o doutor Rojas nun colexio privado fóra da cidade. Recordo que cando cheguei ao centro, xa me chamou a atención a cantidade de audis e mercedes que alí me atopei. Evidentemente, era un centro para familias "con pelas" e, logo sóubeno, era un centro do OPUS.
A "charla" consistiu nun refrito de lugares comunes tomados dos seus innumerables libros (todos din o mesmo) sobre a ruptura da parella moderna. A sala estaba chea a reverter de endomingados cabaleiros e señoronas enfundadas en abrigos de pel. Non sei que grao de catolicidade tiña aquela xente, pero si recordo claramente o tipo de preguntas que lle facían. Unha parte importante daqueles pais estaban separados (ou divorciados) e buscaban no actual "gurú" da autoaxuda unha saída aos seus problemas ("He intentado cambiar a mi marido pero no lo he logrado"; "No sé si aguantar más esta situación"). A todo respondía este psicólogo da "jet set" con frases do tipo de "Hai que ter paciencia", "En el mundo actual hay mucha inmadurez afectiva", e citas a eito tomadas de San Agustín.
Problemas todos estes que non eran psicolóxicos (e aquí podemos falar dunha certa psicoloxización ou psiquiatrización da sociedade actual), senon sobre como afrontar os problemas da vida.
A min a "charla" non me serviu de nada. Uns minutos antes da finalización do "evento" lisquei de alí no meu utilitario, non fora que nas présas da marabunta por sair do aparcadoiro rozase algún coche e tivese que lle entregar ao millonario propietario os aforros de medio ano.
Sr.Anónimo: Ser donos dun coche desas marcas que cita, non lle quere dicir nada,eu mesma teño un e non entro, nin de lonxe, nesa catalogación, nen me importa tampouco.Preocúpame máis o porrazo que lle metín onte ó metelo no garaxe, e a receta do taller, cando mañá me presente con el.O comentario que han facer, cando eu non estea diante, xa o sei tamén pero diso tamén paso.Mellor me tería sido ir á viaxe que propuxo o Sr.Medela, quen lle dice que en chegando ós areais de Malibú, non era Richard Gere quen me entregaba o diploma.Porca miseria.
Algúns garaxes non foron feitos pensando nos coches. Para que foron pensandos, n'o sei.
Pra Medela:
Rockefeller tiña un olfato especial pra apostar en Bolsa. Unha vez,quería desfacerse das acciós dunha empresa que, prevía, iba caer en picado. Escribíu unha falsa orden de compra mandando comprar todas as acciós posibles desa empresa,ao precio que fora. Despóis, simulóu que lle caía do peto da chaqueta. Outros o recolleron do chan, e, sabendo que nunca se equivocaba, correron coma tolos a ordenar a compra desas acciós. O Rockefeller vendéu a bó precio acciós ruinosas, e "fodéu" aos competidores. Pra que vexa que tamén hai que saber facer caer un papel ao chan.
Algúns garaxes, foronfeitos para especular, quérese decir obter o máximo número de coches dentro do mínimo espacio, eso si , legalmete, eh, respetando a "legalidade vixente", eso pásame a mín no meu de Dr. Fleming promovido por a familia máis "industriosa" da provincia. Estamos hasta os collós de riscar os carros, eu non penso arranxar máis o meu e dígoo con moita arrogansia para boicotear a p. sociedade de consumo. E se queredes, por militancia e combatividade díghovos quen é o p. arquitecto e a poderosísima familia falta de dignidade. Non sei como xa non se leva eso de queimar os pazos de inverno. Mecagonnakona.
Non me falen dos garaxes, non me falen, que me entra unha mala hostia de proporcións considerables. Con dicirlles que eu, en días laborables, deixo o coche durmir fóra para non estresarme ao retiralo do garaxe...
Unámonos e queimemos os garaxes, reivindicandoo despoís, eso sí.
Ou os despachos dos arquitectos e promotores.
Eu creo na movilización cidadá.
Eu só creo no Gulag. Ao Gulag con todos os promotores e arquitectos (incluídos os "progres", que á hora da verdá son do piorciño que hai).
Publicar un comentario