Kosovo declara a súa independencia unilateral de Serbia
Os 109 deputados presentes no Parlamento aproban a declaración entre aplausos e berros de xúbilo. Serbia reitera que nunca recoñecerá o recién proclamado país e Rusia xa pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.
Os 109 deputados presentes no Parlamento aproban a declaración entre aplausos e berros de xúbilo. Serbia reitera que nunca recoñecerá o recién proclamado país e Rusia xa pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.
(As fotos son da axencia EFE: Georgi Licovski e George Hochmutch.)
Un novo estado europeo
Andoliña martes 19 febreiro
O domingo nacía un novo estado europeo: Kósovo, a antiga provincia serbia, que declarou a súa independencia de forma unilateral. Un estado de case dous millóns de persoas e escaso territorio (como Asturias), din que inviable no plano económico porque dependerá durante moito tempo das axudas europeas e norteamericanas. Kósovo nace contra a vontade de Serbia e Rusia (a Rusia que masacra o pobo checheno) e co apoio dos EEUU e da Unión Europea, agás España, por motivos obvios. En certa esquerda europea debeu ser chocante a imaxe dos nacionalistas kosovares con bandeiras albanesas e norteamericanas.
O nacemento do novo estado kosovar é fillo da historia e da reacción á política panserbia de Slobodan Milosevjc. O seu futuro é unha incógnita e dependerá da relación de forzas da diplomacia mundial. E boa parte desta diplomacia concluíu que a convivencia pacífica de serbios e kosovares non era posible co status anterior.
A comezos dos 80 organizamos en Ourense un seminario nacionalista no que un profesor da Universidade de Compostela puña como exemplo máis perfecto de convivencia entre nacións e culturas a Iugoslavia de Tito: non se pode dicir que acertase precisamente.
O domingo nacía un novo estado europeo: Kósovo, a antiga provincia serbia, que declarou a súa independencia de forma unilateral. Un estado de case dous millóns de persoas e escaso territorio (como Asturias), din que inviable no plano económico porque dependerá durante moito tempo das axudas europeas e norteamericanas. Kósovo nace contra a vontade de Serbia e Rusia (a Rusia que masacra o pobo checheno) e co apoio dos EEUU e da Unión Europea, agás España, por motivos obvios. En certa esquerda europea debeu ser chocante a imaxe dos nacionalistas kosovares con bandeiras albanesas e norteamericanas.
O nacemento do novo estado kosovar é fillo da historia e da reacción á política panserbia de Slobodan Milosevjc. O seu futuro é unha incógnita e dependerá da relación de forzas da diplomacia mundial. E boa parte desta diplomacia concluíu que a convivencia pacífica de serbios e kosovares non era posible co status anterior.
A comezos dos 80 organizamos en Ourense un seminario nacionalista no que un profesor da Universidade de Compostela puña como exemplo máis perfecto de convivencia entre nacións e culturas a Iugoslavia de Tito: non se pode dicir que acertase precisamente.
39 comentarios:
Se se me permite, unha pequena maldade. Aí vai. O BNG declarou hoxe na prensa o seu apoio á independencia de Kosovo: normal dende un planteamento nacionalista, non? Pero a máis dun militante/dirixente do BNG se lle vai atragantar a festa con estas fotos de kosovares abaneando bandeiras norteamericanas...
Nosotros, los dirigentes de nuestro pueblo, elegidos de manera democrática, a través de esta declaración declaramos a Kosovo Estado independiente", manifestó Thaçi ante los 109 diputados presentes en la Asamblea en Pristina.
Thaçi agregó que Kosovo es "un caso especial, derivado de la descomposición de la antigua Yugoslavia, por lo que no es un precedente para cualquier otro conflicto".
Tras la independencia de Kosovo existe el temor a un efecto dominó al existir en varios estados territorios que podría alegar ahora el caso kosovar como precedente para sus propias aspiraciones soberanistas.
Los casos más destacados son los de Osetia del Sur y Abjasia, en Georgia, Transnistria en Moldavia y el norte de Chipre, pero también el País Vasco en España.
Independentes pero pro americanos? A algún vaille doer a testa para tratar de cadrar tales termos.
En realidade, non son datos tan difíciles de cadrar. O problema non é ese: o problema é a cadratura das testas.
Aínda recordo unha profesora de Cracovia que veu dar a Vigo unha charla, convidada polo Erasmus. A profesora era unha muller progresista, nada católica, con ideas, ao meu ver, bastante esquerdistas sobre o mundo. Nun momento algúen na conversa fixo o característico comentario antiamericano, tampouco, digamos, desmedido. Sen embargo, como dun resorte, a profesora saltou e preguntoulle ao meu colega que tiña contra os americanos. O meu colega quedou estupefacto e non soubo que respostar. Ela comezou, entón, unha longa loubanza proamericana que, desde entón, faime sempre pensar.
Ningunha contradicción!.
Se mañá Obama apoia o dereito de autodeterminación das nacións do estado español, moitos sairían á rúa coa bandeira americana.
Parece ser que en Idaho xa o dan por feito !.
Eu teño unhas reservas inmensas coa independencia de Kosovo.
Non porque descoñeza a utilización que fixo o fillo puta de Milosevich da restricción da autonomiá kosovar no seu momento, nin das limpezas étnicas posteriores á finalización da guerra de Bosnia, nin nada diso.
O caso é que unha vez Serbia na senda democrática, non se lle deben apór aos seus líderes esquemas de comportamento dos que os precederon. O Kosovo bicultural, albanés e serbio,–compárense as procentaxes de poboación serbia e albanesa a principios do s.XX, a mediados e a finais- é un estado aparentemente inviable como ente independente. A guerrila albano-kosovar, armada polos USA como reacción á violencia serbia, transfornouse na actualidade en a) políticos corruptos no poder kosovar, exemplo o seu presidente b) bandas de delincuencia común aproveitando a estrutura militar herdada, ao longo do sur de Europa, nomeadamente España.
Ao poder democrático Serbio de hoxe, viríalle moi ben, que Europa non respaldase unha independencia no ar que terá qeu soportar economicamente, senón que presionase en favor dunha autonomía ampla, con supervisión internacional ou o que se quixese pero sen romper o estado Serbio.
Putín, xa insinuou por onde poderían ir os tiros. Apoiando a descomposición das fronteiras en Europa occidental. E nada disto é bo para a estabilidade dos sistemas de benestar occidentais. Evidentemente son proamericanos. Como a cidadanía de todos os países ex-comunistas.Non é casual, claro. Aos USA os intentos rusos de desestabilización non que caen preto. Teñen pouco que perder e moito que gañar en simpatía de Ucrania, e doutras zonas que aínda desexan saír do control Ruso.
En calquera caso, a súa declaración de independencia é un exemplo de ben meditada, sensata e serena. Fala dúas veces da súa pertenza ao mundo Euro-atlántico (vouna menter noutro post para non afogar este), ao tempo que declara a súa intención de ingresar na UE, e de pór punto final a descomposición de Iugoeslavia e de ser un estado multiétnico, etc.
A ver como evoluciona a cousa. En Serbia, subirán os nacionalistas, e iso sempre é malo. Non me estrañaría que se nada poden facer en Kosovo, quixesen agrupar aos étnicamente serbios. ¿Que pasaría se a republica serbia de Sprska –parte integrante de Bosnia- declara a súa integración no estado Serbio? Eu non quero que me movan os marcos, que axiña baixan sachos na cabeza.
En Kosovo, cos reformistas de Rugova semi-varridos, co millonario norteamericano Bahgjet Pacollin outrora soporte económico da guerrilla de terceiro e coa ex-guerrilla UÇK de Hashim Thaçi no machiño, non sei como irá a cousa. Ao principio moita ilusión. Logo xa veremos. Outro miestado subvencionado... con ganas de entrar na EU para que paguemos todo.
En definitiva, á Serbia democrática de hoxe, non se lle poden apór os erros de Milosevich e cumpría buscar puntos de convivencia. ¿Non foi posible? Non é bo promocionar miniestados en bancarrota e con guerrillas transformadas en delincuencia pura e dura...
Manteño a imaxe, non sei se algo obsoleta, de que no leste de Europa quedaron fartos de soviéticos e concentran moita esperanza no capitalismo; a crise e atraso económico debe facer moi apetecible o consumo occidental, suponse que ben coñecido mediante imaxes diversas.
Todo iso podería proxectarse nunha admiración ou identificación cos USA. Dubido que sexa pola tradición democrática e o pensamento libre. Aínda que estou disposto a reexaminar se alguén fornece materiais fiables.
Kosovo Declaration of Independence
Convened in an extraordinary meeting on February 17, 2008, in Pristina, the capital of Kosovo,
Answering the call of the people to build a society that honours human dignity and affirms the pride and purpose of its citizens,
Committed to confront the painful legacy of the recent past in a spirit of reconciliation and forgiveness,
Dedicated to protecting, promoting and honoring the diversity of our people,
Reaffirming our wish to become fully integrated into the Euro-Atlantic family of democracies,
Observing that Kosovo is a special case arising from Yugoslavia's non-consensual breakup and is not a precedent for any other situation,
Recalling the years of strife and violence in Kosovo, that disturbed the conscience of all civilised people,
Grateful that in 1999 the world intervened, thereby removing Belgrade's governance over Kosovo and placing Kosovo under United Nations interim administration,
Proud that Kosovo has since developed functional, multi-ethnic institutions of democracy that express freely the will of our citizens,
Recalling the years of internationally-sponsored negotiations between Belgrade and Pristina over the question of our future political status,
Regretting that no mutually-acceptable status outcome was possible, in spite of the good-faith engagement of our leaders,
Confirming that the recommendations of UN Special Envoy Martti Ahtisaari provide Kosovo with a comprehensive framework for its future development and are in line with the highest European standards of human rights and good governance,
Determined to see our status resolved in order to give our people clarity about their future, move beyond the conflicts of the past and realise the full democratic potential of our society,
Honouring all the men and women who made great sacrifices to build a better future for Kosovo,
1. We, the democratically-elected leaders of our people, hereby declare Kosovo to be an independent and sovereign state. This declaration reflects the will of our people and it is in full accordance with the recommendations of UN Special Envoy Martti Ahtisaari and his Comprehensive Proposal for the Kosovo Status Settlement.
2. We declare Kosovo to be a democratic, secular and multi-ethnic republic, guided by the principles of non-discrimination and equal protection under the law. We shall protect and promote the rights of all communities in Kosovo and create the conditions necessary for their effective participation in political and decision-making processes.
3. We accept fully the obligations for Kosovo contained in the Ahtisaari Plan, and welcome the framework it proposes to guide Kosovo in the years ahead. We shall implement in full those obligations including through priority adoption of the legislation included in its Annex XII, particularly those that protect and promote the rights of communities and their members.
4. We shall adopt as soon as possible a Constitution that enshrines our commitment to respect the human rights and fundamental freedoms of all our citizens, particularly as defined by the European Convention on Human Rights. The Constitution shall incorporate all relevant principles of the Ahtisaari Plan and be adopted through a democratic and deliberative process.
5. We welcome the international community's continued support of our democratic development through international presences established in Kosovo on the basis of UN Security Council resolution 1244 (1999). We invite and welcome an international civilian presence to supervise our implementation of the Ahtisaari Plan, and a European Union-led rule of law mission. We also invite and welcome the North Atlantic Treaty Organization to retain the leadership role of the international military presence in Kosovo and to implement responsibilities assigned to it under UN Security Council resolution 1244 (1999) and the Ahtisaari Plan, until such time as Kosovo institutions are capable of assuming these responsibilities. We shall cooperate fully with these presences to ensure Kosovo's future peace, prosperity and stability.
6. For reasons of culture, geography and history, we believe our future lies with the European family. We therefore declare our intention to take all steps necessary to facilitate full membership in the European Union as soon as feasible and implement the reforms required for European and Euro-Atlantic integration.
7. We express our deep gratitude to the United Nations for the work it has done to help us recover and rebuild from war and build institutions of democracy. We are committed to working constructively with the United Nations as it continues its work in the period ahead.
8. With independence comes the duty of responsible membership in the international community. We accept fully this duty and shall abide by the principles of the United Nations Charter, the Helsinki Final Act, other acts of the Organization on Security and Cooperation in Europe, and the international legal obligations and principles of international comity that mark the relations among states. Kosovo shall have its international borders as set forth in Annex VIII of the Ahtisaari Plan, and shall fully respect the sovereignty and territorial integrity of all our neighbors. Kosovo shall also refrain from the threat or use of force in any manner inconsistent with the purposes of the United Nations.
9. We hereby undertake the international obligations of Kosovo, including those concluded on our behalf by the United Nations Interim Administration Mission in Kosovo (UNMIK) and treaty and other obligations of the former Socialist Federal Republic of Yugoslavia to which we are bound as a former constituent part, including the Vienna Conventions on diplomatic and consular relations. We shall cooperate fully with the International Criminal Tribunal for the Former Yugoslavia. We intend to seek membership in international organisations, in which Kosovo shall seek to contribute to the pursuit of international peace and stability.
10. Kosovo declares its commitment to peace and stability in our region of southeast Europe. Our independence brings to an end the process of Yugoslavia's violent dissolution. While this process has been a painful one, we shall work tirelessly to contribute to a reconciliation that would allow southeast Europe to move beyond the conflicts of our past and forge new links of regional cooperation. We shall therefore work together with our neighbours to advance a common European future.
11. We express, in particular, our desire to establish good relations with all our neighbours, including the Republic of Serbia with whom we have deep historical, commercial and social ties that we seek to develop further in the near future. We shall continue our efforts to contribute to relations of friendship and cooperation with the Republic of Serbia, while promoting reconciliation among our people.
12. We hereby affirm, clearly, specifically, and irrevocably, that Kosovo shall be legally bound to comply with the provisions contained in this Declaration, including, especially, the obligations for it under the Ahtisaari Plan. In all of these matters, we shall act consistent with principles of international law and resolutions of the Security Council of the United Nations, including resolution 1244 (1999). We declare publicly that all states are entitled to rely upon this declaration, and appeal to them to extend to us their support and friendship.
Aquí vai en galego de "máquina"
A versión anterior é que vale pois á oficial da páxina do goberno kosovar.:
Declaración da Independencia de Kosovo:
Convocado nunha reunión extraordinaria de febreiro o 17 de 2008, en Pristina, o capital de Kosovo,
Contestando á chamada da xente para construír a unha sociedade que honra a dignidade humana e afirma o orgullo e o propósito dos seus cidadáns,
Confiado para enfrontar a herdanza dolorosa do pasado recente na reconciliación e o perdón,
Dedicado a protexer, a promover e a honrar a diversidade da nosa xente,
A reafirmación do noso desexo para converterse integrou completamente na familia de euro-atlantic de democracias,
Observando que Kosovo é un caso especial que se presenta da desintegración non-consensual de Iugoslavia e non é un precedente para ningunha outra situación,
Lembrando os anos da distensión e da violencia en Kosovo, iso disturbó conciéncia de toda a xente civilizada,
Agradecido que no 1999 o mundo interveu, de tal modo tirando o goberno de Belgrado sobre Kosovo e colocando Kosovo baixo administración do interino de Nacións Unidas,
Orgulloso que Kosovo ten desde as institucións funcionais, multi-ethnic desenvolvidas da democracia que expresan libremente a vontade dos nosos cidadáns,
Lembrar os anos de negociacións internacional-patrocinadas entre Belgrado e Pristina sobre a cuestión do noso estado político futuro,
Lamentando que non hai resultado mutuo-aceptable do estado posible, a pesar do contrato good-faith dos nosos líderes,
Confirmando que as recomendacións do Enviado especial Martti Ahtisaari da Ou.N.Ou provén de Kosovo un marco global para o seu desenvolvemento futuro e están en liña cos estándares europeus máis altos de dereitos humanos e do bo goberno,
Determinado de ver o noso estado resolveu para dar á nosa xente claridade sobre o seu futuro, moverse máis alá dos conflitos do pasado e realiza o potencial democrático completo da nosa sociedade,
Honrando a todos os homes e mulleres que fixeron grandes sacrificios para construír un futuro mellor para Kosovo,
1. os líderes democra'tico-escollidos da nosa xente, declaramos por este medio Kosovo para ser un estado independente e soberano. Esta declaración reflicte a vontade da nosa xente e está de acordo completo coas recomendacións do Enviado especial Martti Ahtisaari da Ou.N.Ou e da súa oferta comprensiva para o establecemento do estado de Kosovo.
2. Declaramos Kosovo para ser unha república democrática, secular e multi-ethnic, dirixida polos principios do non-discrimination e da protección igual baixo lei. Protexeremos e promoveremos as dereitas de todas as comunidades en Kosovo e crearemos as condicións necesarias para a súa participación eficaz en procedementos políticos e de toma de decisión.
3. Aceptamos completamente as obrigas para Kosovo contido no plan de Ahtisaari, e damos a benvida ao marco que propón dirixir Kosovo nos anos a seguir. Poñeremos adentro por completo esas obrigas en ejecucio'n que inclúen coa adopción da prioridade da lexislación incluída no seu anexo XII, particularmente os que protexan e promovan as dereitas de comunidades e dos seus membros.
4. Adoptaremos canto antes unha constitución que engarzamento a nosa comisión para respectar os dereitos humanos e os freedoms fundamentais de todos os nosos cidadáns, particularmente segundo o definido pola convención europea sobre dereitos humanos. A constitución incorporará todos os principios relevantes do plan de Ahtisaari e será adoptada cun proceso democrático e deliberative.
5. Damos a benvida á axuda continuada da comunidade internacional do noso desenvolvemento democrático coas presencias internacionais establecidas en Kosovo en base da resolución 1244 (1999) do consello de seguridade da Ou.N.Ou. Convidamos e damos a benvida a unha presenza civil internacional que supervisen a nosa posta en práctica do plan de Ahtisaari, e a unha regra Unio'n-conducida europea da misión da lei. Tamén convidamos e damos a benvida á organización do tratado de Atlántico Norte que para conservar o papel do enderezo da presenza militar internacional en Kosovo e poña as responsabilidades en ejecucio'n asignadas a el baixo a resolución 1244 (1999) do consello de seguridade da Ou.N.Ou e plan de Ahtisaari, ata que as institucións de Kosovo sexan capaces de se asúmese que estas responsabilidades. Cooperaremos completamente con estas presencias para asegurar a paz futura, a prosperidade e a estabilidade de Kosovo.
6. Por razóns da cultura, da xeografía e da historia, creemos as nosas mentiras futuras coa familia europea. Polo tanto declaramos a nosa intención de tomar todas as medidas necesarias para facilitar calidade de membro completa na unión europea tan pronto como sexa factible e poñemos as reformas en ejecucio'n requiridas para a integración do europeu e de euro-atlantic.
7. Expresamos a nosa gratitude profunda aos Nacións Unidas para o traballo que fixo para axudarnos a recuperarse e a reconstruír de guerra e a construír a institucións da democracia. Somos traballo confiado construtivo cos Nacións Unidas a medida que continúa o seu traballo no período a seguir.
8. Con independencia vén o deber da calidade de membro responsable na comunidade internacional. Aceptamos completamente este deber e seguiremos os principios da carta de Nacións Unidas, o Acta Final de Helsinki, outros actos da organización en seguridade e cooperación en Europa, e as obrigas legais e os principios internacionais da cortesía internacional que marcan as relacións entre estados. Kosovo terá as súas fronteiras internacionais segundo o disposto no anexo VIII do plan de Ahtisaari, e respectará completamente a soberanía e a integridade territorial de todos os nosos veciños. Kosovo tamén se refrenará da ameaza ou do uso da forza de calquera maneira contraria cos propósitos dos Nacións Unidas.
9. Emprendemos por este medio as obrigas internacionais de Kosovo, incluíndo eses concluídos no noso favor pola misión da administración do interino de Nacións Unidas en Kosovo (UNMIK) e tratado e outras obrigas da república federal socialista anterior de Iugoslavia á cal estamos limitados como compoñente anterior, incluíndo as convencións de Viena sobre relacións diplomáticas e consulares. Cooperaremos completamente co tribunal criminal internacional para a Iugoslavia anterior. Nos prepoñemos buscar calidade de membro nas organizacións internacionais, nas cales Kosovo intentará contribuír á busca da paz e da estabilidade internacionais.
10. Kosovo declara a súa comisión á paz e estabilidade na nosa rexión de Europa suroriental. A nosa independencia trae a un extremo o proceso da disolución violenta de Iugoslavia. Mentres que este proceso foi doloroso, traballaremos incansable para contribuír a unha reconciliación que permitiría Europa suroriental ao movemento máis alá dos conflitos do noso pasado e forjaría novas unións da cooperación rexional. Polo tanto traballaremos xunto cos nosos veciños para avanzar un futuro europeu común.
11. Expresamos, en detalle, o noso desexo de establecer boas relacións con todos os nosos veciños, incluíndo a república de Serbia coa cal temos lazos históricos, comerciais e sociais profundos que intentemos desenvolver máis lonxe no futuro próximo. Continuaremos nosos esforzos de contribuír ás relacións da amizade e da cooperación coa república de Serbia, mentres que promoven a reconciliación entre a nosa xente.
12. Afirmamos por este medio, claramente, especificamente, e irrevocablemente, que Kosovo estará limitado legalmente para conformarse coas provisións contidas nesta declaración, incluíndo, especialmente, as obrigas para el baixo plan de Ahtisaari. En todas estas materias, actuaremos constantes con principios do dereito internacional e resolucións do consello de seguridade dos Nacións Unidas, incluíndo a resolución 1244 (1999). Declaramos público que todos os estados están dados dereito para confiar nesta declaración, e súplica a eles para ampliar a nós a súa axuda e amizade.
Estas "máquinas" infernais van acabar con nós, dígollo eu. Comezan primeiro rematando de morte morrida calquera congruencia lingüística e sentido narrativo. Logo virán polo humanos.
Un estado pode ser multinacional e funcionar ben. Se cadra é moito pedir que o crea un noventa por cen de albaneses que aturaron un goberno baseado en dez veces menos serbios.
Cómpre entender tamén os sentimentos de quen sente amputado unha parte historicamente moi significativa do que considera -non sen argumento- territorio nacional propio. Oxalá se puidesen combinar todas as aspiracións de maneira razoable. Tal e como vai a cousa, como mínimo a comunidade internacional debe velar polo respecto ás minorías nacionais.
Recomendo a lectura da novela El expediente H., de Ismaíl Kadaré, publicada por Anaya & Mario Muchnik. "Lugar: Norte de Albania. Año: 1935. Dos irlandeses de Nueva York, Max Roth y Willy Norton, llegan a la pequeña ciudad de N., en donde esperan proseguir sus investigaciones acerca de la antigua epopeya albanesa y, mediante la grabación de los últimos rapsodas ambulantes, aclarar el misterio de los poemas homéricos". O conflito albano-serbio, neste caso en materia de tradición literaria, é elemento de certa importancia na trama.
Pois eu acabo de ler outro de Kadaré, "Tres cantos fúnebres por Kosovo", que, dada a data, recomendo especialmente.
Dous rapsodas ambulantes -serbio e kosovar- acaban facéndose amigos despois da batalla do "Campo dos merlos" en 1389, e como inexorablemente, cando cantan nunha corte, non saben senón cantar contra o outro, etc.
Moi fermoso.
Gostaría de saber que pensa a UPG, tan proserbia ela en tempos, da independencia de Cosova... Porque aí o círculo non cadra. Algúns contertulios lembrarán aquel número d'A Nosa Terra cando a guerra de Cosova, no 1999 coido que foi. A UPG cargaba daquela contra a UCK acusándoa de todo o malo de que se lle podía acusar. Claro que daquela ANT aínda era divertida de ler, agora é un produto de mercadotecnia ben sosaino...
Antiimperialistas, soberanistas e pronorteamericanos! Claro que, se Putin dá apoio para conquerir os fins propios na Europa occidental, benvida sexa.
E si, se a vontade dos cosovares é esa, pois en principio benvida sexa a súa independencia. Porén, caben serias dúbidas verbo da viabilidade dese estado, verbo do destino que lles agarda ás minorías serbias, e sobre o efecto contraproducente que o proceso pode ter na "normalización" democrática dos Balcáns. Claro que, coma o exemplo de "Daytonland" Bosnia amosa, se a xente non quere vivir xunta é difícil obrigala polas boas...
Estou de acordo en que a actual ANT é ben sosiña. Non sei que opinarán todos vostedes.
A vostedes dende que desapareceu O Tomate, todo lles parece soso.
Son unhos insolentes inconformistas, pero no de ANT, teñen, por unha vez, razón
Aínda se ha botar de menos o tempo da proclama...
Corren malos tempos para os promotores de mudanza, principalmente no ámbito do seica pétreo nacionalismo galego. Que a clientela tradicional se mosquee, cadra dentro do razoable e esperables; cando lean que tamén n'As Uvas, aínda haberá quen tire a toalla, reputando a súa misión imposible.
Un tópico moi recurrente é o da inviabilidade das pequenas nación. Sempre se dixo. Dende a mesma independencia de Cuba!.
Irlanda era un estado imposible e hoxe supera en PIB á propia metrópoli.
Interesante o último argumento deste Anónimo:
cantas nacións-Estado xogan hoxe en Europa con menos territorio ou poboación que Galicia ou Cataluña, p.ex.? E co seu idioma recoñecido como oficial,por ser lingua de Estado, na UNión Europea.
Eu non son tan pesimista sobre ANT. Quizais o anuncio de cambios fixo entrever maiores mudanzas e posibilidades. E, como sucede sempre, as grandes expectativas quedan frustradas. O que é certo é que non deron aínda coa fórmula para tensionar a sociedade galega a través do discurso dun xornal nacionalista, como é ANT.
Kosovo pagou os préstamos que tiña contraídos con Serbia pola compra da casa e agora foi o Corredor de Comercio e contratou outros que dame que non poderá pagar, por que ten alugados dentro.
No tempo que vai de deixa-la conta corriente o día, houbo moita ledicia, xa veremos cando empezen a vir as cotas do novo crédito.
Hoxe por hoxe non se pode comparar Kosovo nin co Pais Vasco que está estructurado para ser independente -se non-o é xá- nin con Catalunya que goza de autonomía fiscal e arancelaria como si fora un estado.
A pobre Kosovo, Deus a garde.
CERTO. EUSKADI E CATALUÑA teñen unha situación económica cen veces mellor que o xa Estado independente Kósovo. En cambio hai milleiros ou centos de milleiros cidadáns cataláns e vascos (moitos menos galegos) que hoxe envexan a Kósovo.
Semella evidente que o determinismo das condicións de clase e materialistas do marxismo quédase curto nestes temas, non?
É que o único cambio que fixeron foi poñerlle coloríns e reducir á mínima expresión reportaxes e colaboracións. Nada máis.
Suiza, Luxemburgo, Malta, Irlanda. O que sobran son exemplos de estados pequenos que non lles vai mal. Hai moitos tempo que no mundo ningún estado é autosuficiente, todos son dependientes, e moitas veces máis vale xestionar un mesmo esas dependencias que depender de outros.
Eu creo que posuír un Estado propio non é necesariamente unha panacea. Agora que por min non se priven.
Irlanda pode superar á metrópole en renta per capita, pero non en PIB. Tampouco esquezamos o interesante pulo dos USA a este fermoso país que tanto amamos. O tigre céltico ten un as (american) na zarpa.
A única contribución de Suíza á humanidade foi o reloj de cuco. E vivir dos billóns que gardan os seus bancos.
O gran Ducado de Luxemburgo si que é un país a imitar: con 70.000 portugueses. Tamén con parecidas características a Suíza: refuxio financieiro.
Malta, destino turístico e agora mesmo lingüístico (para aprender o inglés baixo a parra). Non está mal, pero se vas moi rápido co Ferrari saes do mapa. Viven das vendas de partidos internacionais.
Magnífica intertualidade a do reloxo de cuco. Saiulle coa voz de Orson Welles e todo. Que alguén colgue a célebre melodía da peli, por fa.
Velaí vai:
"A noria" de O terceiro home.
Velaí a Orson Arume dicindo o do reloxo de cuco, pero dobrado ao castelán.
Duelo verbal entre Orson Arume e Apicultor Cotten.
O mesmo, dobrado e en orixinal. Pra todos os gustos.
En la vibración sutil
de las cuerdas al sonar
hay una canción que no podré olvidar
ni de mí borrar
Si la niebla gris borró
una sombra que busqué...
Ejem!
(Letra que lle puxeran en español á melodia do terceiro home).
Non entro a valorar o do reloxo de Cuco como chiste, outro sentido creo que non ten. A industria de precisión, a industria farmacéutica e química, unha agricultura e gandería envexábel, un turismo de antigo, entre outras cousas non se poden reducir a un chiste.
E si hai 70.000 portugueses en Luxemburgo será porque teñen máis e mellor traballo que no seu país. Sexamos un pouco serios, ou se andamos ás brincadeiras avisen que imos todos.
Non creo que o de Cosova sexa o punto final ao proceso de desemebramento da vella Iugoslavia. Supoño que non ha tardar moito o conflito do novo Estado cosovar cos serbios de Mitrovica, que quererán tamén autodeterminarse para unirse a Serbia. E pode que a República Sprska de Bosnia-Herzegovina reclame algo similar.
En todo caso, fíxome algo de gracia o comunicado do Goberno Vasco, felicitando a Cosova por ter alcanzado "democratica e pacificamente" a independencia (!)
Ano 2006
Reino Unido: PIB per capita $ 31,800
Irlanda : PIB per capita $ 44,500
O do reloxo de cuco é chiste de Welles, como o avespado apicultor detectou, pero hai moitos máis. Que Suíza é un país formidable, marabilloso, bonito e entrañable ninguén o dubida. O que eu quería dicir é que os cartiños que hai gardados nos seus bancos, debido a unhas excelentes vantaxes financieiras que fai que todas as fortunas do mundo, oh misterio, vaian parar alí, favorecen moito o seu desenrolo. [Son quen mesmo de escribir en serio, aínda que algo irónica me saiu a ristra de adxectivos]
E, por certo, PIB per capita (ou renta per capita) non é PIB, se iso se pretende dicir. Irlanda ten 6 millóns de habitantes e Reino Unido, 60.
Moi ben señor Arume. O "PIB per capita" non é "PIB". Para vde a peseta. Pero advírtolle que xa non tén ningún valor.
En efecto, os países pequenos buscan a vida a base de detalliños pequenos; e aos aquí mencionados ben que lles vai. Non faltaba outra cousa, que buscasen o propio mal nutrindo envexa polo grande.
Xa sei que digo simplezas; ando bastante simple ultimamente. Pero non acabo de entender a vantaxe comunicada seica polo aforismo burro grande....
Si, á final imporáse na área balcánica unha sorte de limpeza étnica de facto pola vía do agrupamento das zonas de poboamento étnico maioritario monocór nun mesmo Estado. E a fin de contas, por que os serbios de Mitrovica non van poder exercer o seu dereito de autodeterminación? O problema é que no sur de Cosova tamén hai un enclave serbio maioritario. E como fan agora? Un enclave extraterritorial da república de Serbia?
O de democrática e pacificamente... Habería moito que falar. De todos os xeitos, tamén parecía no 1990-91 que as nacións sen estado de Europa W (por chamalas dalgún xeito e simplificando) ían seguir o camiño de Lituania, que no 1993 segurían a vía de Eslovaquia, etc., e nas mesmas seguen. O de Cosova non é bo exemplo a seguir, como tampouco non o foi o de Croacia (aínda han lembrar algúns o que se arrepintiu ERC, en tempos de Colom, de proclamar que Cataluña precisaba algo semellante á Garda Nacional Croata....).
Publicar un comentario