7 mar 2008


Excesos da campaña
Pan por Pan venres 7 marzo

Nun par de días carteis e bandeirolas perderán a súa funcionalidade: da campaña só quedarán ecos difusos. Creo que algúns se arrepentirán dos excesos típicos destas contendas. Rajoy excedeuse acusando a Zapatero de agredir ás vítimas do terrorismo e tamén atacando a Serrat, que nada lle fixo o pobre. Do outro lado, pasáronse varios quilómetros Felipe González e José Luís Cuerda chamando imbéciles ós líderes do PP. E o mesmo a eurodeputada popular Ana Mato insultando como analfabetos ós nenos andaluces. No mesmo caixón, os vándalos que boicotearon actos nas Universidades. Do positivo da campaña, lembraremos a relevancia dos debates mediáticos e algún detalle orixinal. Parecéronme moi bos os anuncios de Isabel Coixet (na imaxe) para os socialistas. Tamén a campaña do PSC, que afirmaba nun cartel: “Indecís? Escolta la COPE cada matí”. Contundente, efectivo.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Acaba de morrer un ex-concellal do PSOE en Mondragón, tiroteado esta mañán.
"Estaba en mi habitación y he sentido tres tiros. He mirado por la ventana y he visto a la mujer y la hija encima gritando '¡asesinos, asesinos!' Tenía todo el pecho manchado de sangre y ellas se han manchado al tocarlo", ha declarado una vecina en CNN+.

Anónimo dijo...

Fillos de puta!

Xaime dijo...

Asasinos, hai que estar cos seus máis que nunca, xa que é unha morte inútil, con alevosía e premeditación política.

Anónimo dijo...

Eu xa non teño palabras. Xa non quedan. Miseria, miseria e máis miseria humana.

Anónimo dijo...

Nesta páxina teñen as enquisas que non poden ler nin hoxe nin mañá:

http://elecciones.elperiodicdandorra.net/CAT/

Como poden comprobar, triunfo de bipartidismo-turnismo e, indirectamente, dos medios de comunicación españois.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Teñen razón os xornalistas, pero eu son moi desconfiado e paranoico e creo que van quitar a prohibición porque os xornais non gañan cartos coma antes.
Ata o de agora non lles pareceu raro: agora si. Vaites, vaites.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas pola ligazón, M. Swan.
Do remate da mesma, colgo este dato:
"La participació augmenta respecte a anteriors estimacions i se situa en el 70%, encara molt per sota del 77% que va obtenir en les eleccions del 2004 després de la commoció de l'11-M. L'abstenció serà especialment acusada al País Basc, on l'esquerra abertzale ha fet una crida al boicot. Del sondeig es dedueix igualment que en comunitats decantades cap al PP com Madrid, València o les Castelles, la participació serà més alta que a Catalunya i Andalusia, que van ser vitals en la victòria socialista de fa quatre anys."
En Cataluña e Andalucía, e nos seus niveis de participación, está unha das principais claves do resultado. Supoño que nada variará no País Vasco: nin sequera o sangue de Mondragón fará recapacitar a uns cantos milleiros de vascos (moitos, demasiados), que coa súa abstención, apoiarán, directa ou indirectamente, o proxecto de ETA.

Anónimo dijo...

Sendo todas as mortes lamentables, estas dobremente.
Dentro dos excesos da rematada campaña, compre salientar os do Sr. Pedro Zerolo. Catro anos, dixo que levaba, con orgasmo tras orgasmo. Bueno diferenciou os de seu marido dos democráticos, pero orgasmos ó fin. Non me parecen propias deste mozo estas parvadiñas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Falaba hoxe Quin en Radio Vigo. COmo non é santo da miña devoción radiofónica cambiei de dial cando escoitei o seu verbo máxico "decidir" despois mesmo dos bós días. Foi mala fortuna, porque en Radio 5 remataba de contar Nieves Concostrina que no campo do Espanyol van habilitar unha parte para columbario con cinco mil nichos para socios do equipo que seguirán pagando o abono (nunca millor dito).
Voltei a Quin e outra vez decidir por aquí decisivo por alá.
Volvín cambiar para a Radio Galega na que Pemán (boas noites, ata mañán) aseguraba que para o domingo non chove na Guardia para a festa da Camelia.
Volvín para Quin e aínda estaba coas decisións de decidir decisivamente. Foi pura casualidade, seguro. Pero por televisión aínda ten un pase. Ou un shoot.

Anónimo dijo...

Vote benegá, arumes, vote benegá. Fágao por min, que non podo facelo (mecaghonoputoscorreiosespañois)

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA ARUME. COLUMBARIOS.
Reciclo, ó fío da cita de Arume, a miña Andoliña do 10 marzo 2006, o primeiro post do blog, porque falaba disto:
ANDOLIÑA venres 10 marzo
COLUMBARIOS NAS IGREXAS E NOS ESTADIOS
Marcos Valcárcel
Santi Bach é o xerente de Marcs Urnas Bach, unha empresa funeraria catalana, de Terrasa, que fabrica columbarios para gardar as cinzas dos seres queridos. É un mozo aínda novo, con cara de espabilado, a xuzgar por unha foto que vexo en “La Vanguardia”. Dedícase a isto de preparar os mortos na súa despedida e afirma que o 80 por cento das persoas incineradas non queren ir parar a un cemiterio. E está a fabricar columbarios para instalar no interior das igrexas: xa está autorizado, di el mesmo, polo arcebispado de Oviedo.
Así, a Igrexa recupera o culto ás exequias cristiás dos defuntos, ademais de lograr unha relevante (e seguro que necesaria) fonte de ingresos. A compañía fará columbarios murais con escenas cristiás axeitadas á decoración de cada templo: seica xa os instalaron na cripta da parroquia de Santa Bárbara en Madrid. Tamén planean facer o mesmo en estadios de fútbol de Madrid, Barcelona e Sevilla, pois hai moita demanda ao respecto: son moitos os afeccionados que queren repousar ao carón das colores do seu equipo de toda a vida.
Agora si que se pode dicir que o fútbol é unha relixión. Os pregos que alí se escoitan poden ser un pouco subidos de tono, pero ...
posted by marcos valcarcel at 2:07 PM 1 comments links to this post

Marcos Valcárcel López dijo...

Esquecín citar entre os EXCESOS (tampouco collían todos, claro) ó sr. MAYOR OREJA dicindo que o BNG compartía proxecto con ETA.

Anónimo dijo...

O BNG non comparte o proxecto con ETA, senón que o rexeita. Pero hai militantes del que comparten ideas coa extrema dereita. Un tal Imeneo que ten un blo sectario non se lle ocurre dicir máis que o seguinte:

Outro atentando antes dunhas eleccións. Xa é casualidade. Hai catro anos pasou o mesmo. Hoxe volta a pasar. Alguén, aínda que todo apunta a ETA, acaba de tirotear a un concelleiro vasco do PSOE.
O peor de todo é que dá a impresión de que hai alguén, non sei quen, que xa sabe como gañar eleccións, e non apunto a ninguén: a golpe de atentados. É triste, pero eu percibo así.
Sen ánimo de valorar unhas mortes encima doutras, -todas elas dramáticas-, pero está claro que atenten contra un ex-concelleiro é máis importante que que morra unha muller a mans do seu “compañeiro sentimental”, porque no primeiro caso suspéndese a campaña e no segundo todo continúa como se nada.

Anónimo dijo...

Vote en Andorra, amigo Swann.

Eu vou votar a DT. Tómoo coma unhas listas abertas, porque se non...
E para o Senado a CB, voto sofisticado onde os haxa.

Anónimo dijo...

Gracinhas por nos aclarar as dúbidas. DT e CB. Boa eleución, a-bo-fé.

Anónimo dijo...

Isto non é un exceso. Desinhibida autoestima, diría eu xogando á impasibilidade

Anónimo dijo...

A iso, Saavedra, chámaselle "non ter avoa".

Pero non é algo exclusivo deste candidato. Eu diría que hai demasiada xente que non ten avoa e que, ademais, está encantada de terse coñecido.

Humano, demasiado humano...

Anónimo dijo...

Teño ganas de que se vaian abrindo fíos novos para non ter que volver verlle o fuciño a Isable Coixent.

Se a algún de vostedes lles chiflan as súas películas, os seus anuncios ou os seus belidos discursos, sínto-lle-lo moito, pero é que todos temos teimas irracionais.

Outro exemplo: non soporto escoitar falar ao alcalde da Coruña.

Anónimo dijo...

A esta señora visioneille, unha película que comezaba coa toma de conciencia dunha xoven sobre a súa morte inminente. Gostei de que con ese inicio anticlimático sostera a pelicuo até o final.
Visionei outra, que se desenvolvía nunha plataforma petrolífera, soporífera.

Anónimo dijo...

Eu tamén marquei a casilla de CB, Arume. Total, o terceiro dos meus non ía saír e, ademais, non o coñecía de nada. Xa sei que CB tampouco tiña posibilidades, pero non sei que me daba vela alí e non lle botar unha cruz. E aínda levou máis de 10.000 votos a condanada...

Anónimo dijo...

Pois non o sabía. Alégrome. Era boa fichaxe, Leituga1, aínda que non sei se quererá. Moito me temo que non.

Anónimo dijo...

Non quere, non. Xa llo comentei algunha vez, así como quen non quere a cousa, en plan sondeo. Élle moi fiel ao comunismo.