7 mar 2008


A máis extrema miseria humana
(Na imaxe, o exconcelleiro socialista asasinado, Isaías Carrasco)

Como di máis abaixo Arume, nun comentario, a máis extrema miseria humana amosa de novo a súa faciana asasina: Mondragón é hoxe o nome da tristura, da ignominia, da impotencia fronte ó absurdo criminal.

A festa da democracia, tinguida de sangue. Iremos votar co corazón encollido, pensando nesa familia burlada, aplastada polo fanatismo. Nos tres fillos que quedan sen pai. É o único en que son capaz de pensar agora: o resto desdebúxase nunha néboa confusa.
Fracasarán tamén neste intento de interferir na campaña: non lles servirá de nada. Pero ninguén lle devolverá o seu pai a eses nenos de Mondragón.

240 comentarios:

«El más antiguo   ‹Más antiguo   201 – 240 de 240
Anónimo dijo...

¿Pódolle preguntar de que vive vostede, de que traballa?

Anónimo dijo...

A vida continúa: Ibarretxe segue coa teima da consulta e supoño que haberá que seguir insistindo pola vía pacífica ata conquerir que unha maioría notable sexa partidaria da autodeterminación (non do dereito de autodeterminación que é outra cousa). E segundo os votos de antonte, creo que esa maioría pode agardar. Mentres tanto, non vexo a eu a urxencia nun país tan próspero e dinámico, co maior autogoberno probablemente de Europa (máis ca propia Kosovo que seica quere ser estado asociado aos EE.UU., o que tampouco está mal) e cun futuro impresionante (e non o digo eu, que o di Ibarretxe).
E permítame decirlle que vostede non enunciou nada: foi un corta e pega sacado dunha das moitas comparecencias da esquerda nacionalista a que falou por vostede. Pronunciou, máis ben. Cousa habitual polo que vexo.

Anónimo dijo...

Efectivamente Arume pronunciei o que xa estaba enunciado, só faltaba, o que colguei é un extracto e vai entrecomillado. Haberá que seguir insistindo e haberá que buscar formas para sair do conflicto que non sexan unha autoafirmación nas xa descartadas polo momento: a solución policial e a rendición de ETA, pero polo camiño que vamos, parece que calquera outra opcions a unha destas é sospeitosa, e co tempo criminalizabel.

Señor Anónimo, son un indexente propietario dun ordenador portatil con conexión a internet. Aliméntome nos comebarato, durmos nos albergues, ou clandestinamente nos portais, ao mellor algún día coincidimos no seu. O diñeiro para ir tirando consigoo tocando a guitarra que enchufo a un amplificador de pilas nas esquinas das cidades galegas, a xente é xenerosa coa música, e non me podo queixar.
Agora señor Anónimo que xa lle respondín, repondame vostede se ten a mesma amabilidade, ao porqué da súa pregunta, porque así a toque pronto e nun foro como este, paréceme resultado dun certo desvario.

Anónimo dijo...

Por que ETA non deixa as armas? É a pregunta que eu me fago sempre, cando había masa crítica independentista, soberanista ou nacionalista suficiente para lograr por medios pacíficos os obxectivos políticos marcados. Non o entendo. Hai necesidade de forzar unha negociación favorable na suposta rendición? Achegamento de presos? Cáles? Redención de penas para os delitos menos graves? Eses sempre foron os puntos, entendo eu, de discusión na entrega das armas. Os asuntos de carácter político seguen outros camiños que hai que respetar por puro escrúpulo democrático. E digo esto coa inocencia de quen sabe que a inmensa maioría do país está en contra de calquera concesión en materia penal aos delitos terroristas.
Por iso, non entendo, a menos que os altos responsables de ETA non vexan claro o seu futuro persoal, por que non abandonan dunha vez as pistolas e as bombas. Creo que ata esas familias que poden morrer na estrada (e que son colocadas ao lado dos que morren en atentado como víctimas do conflicto) o agradecerían eternamente.

Anónimo dijo...

Interesante a súa referencia á situación persoal dos altos responsables de ETA. Xa comentéi hai unhos días que hai fortes intereses económicos creados nese asunto. Os responsables pertinentes deberían ter en conta a chamada "solución dos champiñós" que se aplica ás veces pra eliminar dirixentes molestos no mundo empresarial: "Nutridos, e á sombra".

Anónimo dijo...

A vida continúa di vostede Arume, pero non para o ex-concellal de Mondragón. Mentres o conflicto teña expresións de violencia os dereitos fundamentais estarán suspendidos. A vida sigue Arume, pero para algúns na cadea polas súas ideas, outros curándose das consecuencias da torturas, outros absténdose nas eleccións porque a sua opción foi ilegalizada. Un panorama que a min señor Arume, non me parece o dunha normalidade democrática.
Porqué ETA non deixa as armas ?
Penso que porque se romperon as negociacións, revísesense as declaración de ETA e do Goberno sobre a ruptura. Hai moitas interpretacións. Eu non coñezo as razóns ocultas, non acredito nas teorías da conspiración, e creo tamén, que vostedes descoñezen esas hipotéticas razóns ocultas. De todos xeitos son partidario de que o "Gobierno de la nación" nomee a Da Cova emisario magnificamente pertrechado de Euros para que incursione no territorio etarra e soborne aos seus dirixentes, pero sen darse o pire, que xa non hai espantos.

Anónimo dijo...

firmo

Anónimo dijo...

Da Coba: Todo o que vostede di é certo. Rigorosamente certo. Os de Lobeira temos unha dupla vida. E sabe por que??
Por un caso amoroso que tiveron Decimus Iunnius Brutus e a Raíña Luppa, despois de asinaren o tratado de paz... Dese caso descendemos a maioría dos de Lobeira. E por unha parte, operamos coa mente poliédrica herdada dos grecorromanos. Por outra, máis heavy, tendemos á actuación caucásico-chechena. De aí que non nos traben os cans cruzados entre mastín de Castro Laboreiro e lobo eurosiberiano.
Contextualizando: Pola mañá, probo traballo, café coa Benemérita e o Clero. Ao se pór o sol, ouleos alá onde se dexerga o mar...

Xaime dijo...

Meu amigo Xoan da Coba:
Xa sabe que un non é perfecto, e a miña analise do seu padecemento achaqueilla o cannabis, pero se é do viño, que corra...........................................................................................................................
A próxima vez que vaia a Auria eille levar un Pierola Gran Reserva que se a de acordar de mín namentras viva.
Tamén lle ei levar outra o Arume que de momento gaña o combate.

Anónimo dijo...

Demos a volta ao marcador, como candoeramos pequenos e xogabamos ás máquinas (aínda non comecartos)!

Anónimo dijo...

Señor Xaime, eu xa sei que ante vostede e os contertulios teño o hipotético combate perdido, pero non é ganar o que me move. Eu non vou cambiar a súa percepción do problema, con sorte lograrei que reparen na complexidade que se agocha tras as miméticas formas de condea, ainda que so sexa un pouco.

Anónimo dijo...

Efectivamente a vida non continúa do mesmo xeito, pero continúa. Hoxe non porque o vento alí é terrible, pero en Donostia hai sempre uns rapaces facendo surf, outros tomando txikitos no Alcalde (cheo, por certo, de fotos taurinas enxebres) da parte vella, unhas ancianas venerables tomando no bulevar uns pasteis deliciosos, nenos xogando ao fútbol na Concha. REcoñezo que esa é a impresión do viaxeiro, incapaz de comprender o nivel de anormalidade democrática que habita entre por veces tanta opulencia. Comparado coas nosas cidades, aquelo é un spa. E claro, a min fáiseme duro entendelo.

O que quería dicir sobre os xefes de ETA (ou sobre os condenados por delitos máis graves) non ten tanto que ver coas truculencias do negocio criminal como coas posibilidades de que saian moitos á rúa e eles mesmos queden fóra (por parecer demasiado obscena e insoportable a súa posible saída) da negociación/rendición.

Anónimo dijo...

Funciona ben o blog???

Non dou visto
ben as últimas uvas.

???

Anónimo dijo...

Señor, ¿podo preguntarlle de que vive, como se gana o pan?

Anónimo dijo...

Vaia, anónimo, de qué obra era esa frase? Téñoo na punta da língua...
"Señor, ¿podo preguntarlle de que vive, como se gana o pan?".

Anónimo dijo...

Ei, que hai quince mensaxes que non se poden ver!

Anónimo dijo...

Señor anónimo, son un indixente propietario dun ordenador portatil con conexión a internet. Aliméntome nos comebarato, durmo nos albergues, ou clandestinamente nos portais, ao mellor algún día coincidimos no seu. O diñeiro para ir tirando consigoo tocando a guitarra que enchufo nun amplificador a pilas nas esquinas dalgunhas cidades, a xente é xenerosa coa música, e non podo queixarme.
Sei que é vostede maniático, pero non llo volvo repetir.

Anónimo dijo...

Agora si que os vexo. Que cousa máis rara!

Anónimo dijo...

Que curioso! Creo que só se ven as outras mensaxes cando un escribe unha. Probando, probando, ...

Anónimo dijo...

Non sei se serán as interferencias do amplificador a pilas do señor ese.

Anónimo dijo...

Pásalles a vostedes o mesmo?

Anónimo dijo...

Nefeuto, Apicultor. Só cando abro a fiestra que permite introducir un comentario, aparece a opción que permite ver as últimas mesaxes.

Anónimo dijo...

É a parabólica e a microonda que non funcionan:

http://www.youtube.com/watch?v=6csxhbMlr8A&feature=related

Anónimo dijo...

Probando

Anónimo dijo...

Don Marcos: Help!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Anda solto o tardo (trasgu, nas terras de La Pastorina)

Anónimo dijo...

Apicultor, Arume, Da Coba, Xaime, González, Leituga One, Vdes. que son homes estudados...
Fagan algo!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Ten que ser o marcosmaster quen amplíe o número de comentarios por post.

Anónimo dijo...

Para ver o que escriben hai que poñer unha mensaxe.

Anónimo dijo...

atende

Anónimo dijo...

Pois abandónese xa este fío e asunto solucionado. Digo eu.

Anónimo dijo...

SABOTAXE!

Anónimo dijo...

Señor, dígame, por favor, ¿en que se gana a vida? ¿cústalle muito chegar a fin de mes?

Anónimo dijo...

O meu querido anónimo é vivir día a dia.
Para entrar nos segundos comentarios, hai que clikar ao final dos comentarios primeiros nas letras pequenas azuis, que pon, "el mas reciente" ou algo así.

Anónimo dijo...

???????????

Anónimo dijo...

Xa lembro. A frase de "Dime cómo ganas a túa vida" é dun poema de Lewis Carroll. Repetíaalla un persoaxe a outro, cada vez que aquel despertaba. Pero non lembro qué poema era. Non era "A Morsa e o carpinteiro" nin "A caza do Snark". Sigo dándolle voltas.

Anónimo dijo...

Non queren darlle ao marcomaster para que amplie o número de comentarios, queren rematar con este fio escandaloso de 238 comentarios.

Anónimo dijo...

Rodó "Call Girl" en 1976

Anónimo dijo...

Enterrada en el Cementerio de Pozuelo de Alarcón, Madrid

Anónimo dijo...

La señorita de la foto aportada por "Arume dos piñeiros"

«El más antiguo ‹Más antiguo   201 – 240 de 240   Más reciente› El más reciente»