25 abr 2008









25 abril, San Marcos
Imaxe: San Marcos,
de Angelo Bronzino.

Nunca celebrei o meu santo, pero sempre hai alguén que me felicita nesas datas. Xa o fixeron no Instituto onte, por adiantado.

Din que foi o autor do segundo Evanxeo e teño entendido que o teñen por protección os notarios, ópticos, vidreiros, educadores (aquí si que me toca) e intérpretes (Santos. Diccionarios del Arte, Electa 2002).
(Escoitei algunha vez que tamén os xornalistas, estou errado?)

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Saint Mark the Evangelist

Also known as
John Mark
Memorial
25 April
Profile
Believed to be the young man who ran away when Jesus was arrested (Mark 14:51-52), and the "John whose other name was Mark" (Acts 12:25). Disciple of Saint Peter who travelled with him to Rome, and was referred to as "my son Mark" by the first Pope. Author of the earliest canonical Gospel. Travelled with his cousin Saint Barnabas, and with Saint Paul through Cyprus. Evangelized in Alexandria, established the Church there, and founded the first famous Christian school.
Died
martyred 25 April 68 at Alexandria; relics at Venice, Italy
Name Meaning
God is gracious; gift of God (John)
Patronage
against impenitence
against struma
attorneys
barristers
captives
Creazzo, Italy
Egypt
glaziers
imprisoned people
Infanta, Philippines, prelature of insect bites
Ionian Islands
lawyers
lions
notaries
prisoners
scrofulous diseases
stained glass workers
struma patients
Venice, Florida, diocese of
Venice, Italy
Representation
lion
lion in the desert
bishop on a throne decorated with lions
man helping Venetian sailors
man holding a book with pax tibi Marce written on it
man holding a palm and book
man with a book or scroll accompanied by a winged lion
man with a halter around his neck
man writing or holding his gospel
rescuing Christian slaves from Saracens
winged lion
Fonte

Anónimo dijo...

Teña boa onomástica, dilecto anfitrión.

Anónimo dijo...

Feliz celebración no día da súa onomástica, Marcos.

Veloso dijo...

Dos xornalistas non era San Francisco de Sales, que se festexa o 24 de xaneiro? Con santo ou sen el, pase un feliz día. E beba un grolo de viño na honra do evanxelista de prosa máis simple e final máis impactante.

Anónimo dijo...

Sen ánimo de ofender, pero cada 25 de avril tenho na fronte unha estrela e no bico un cantar, espértanme uns pasos que cada vez chegan máis preto e unha voze moi cálida aviva no meu corazón un pálpito sempre novo e ilusionado, síntese dende o máis mainiño...
Grândola, vila morena; Terra da fraternidade; O povo é quem mais ordena; Dentro de tí, a cidade...

Anónimo dijo...

Sen dúbida, o último comunicante falou tamén por min. Seguramente, ao anfitrión non o había disgustar, como agasallo, un caravel.

folerpa dijo...

Parabéns dun tocaio!!!

Anónimo dijo...

Parabéns pola onomástica, don Marcos. E que teña moitos agasallos.

Anónimo dijo...

Non, creo que S.Francisco de Sales é o patrón dos boticarios. Ai,non!!. Ése é "S.Frasquito de Sales". E o dos chóferes, creo que é "San Frenando".

Marcos Valcárcel López dijo...

Estou pensando en facer unha sección fixa de HAXIOGRAFÍA: seguro que nela saen algúns santos-onomásticos de persoas que coñecen ben ...

Anónimo dijo...

25 de abril: Dia della Liberazione in Italia.

Anónimo dijo...

Parabéns, etc, aínda que eu non creo nos santos, e menos nos vivos (e nas santas moito menos).

Se algún día ten pensado, coma min, "to go underground" na internet, vaia pensando neste nique: "Marcos das leiras". A partir de aí, a xente se preguntará: "O das Leiras será ou non será o Marcos de Auria?"

Anónimo dijo...

Sr. Arume, non será verdade o que me contaron hoxe, que Vde. anda a dicir por aí que descence por liña matrilineal do aristócrata (príncipe) italiano que prendeu Mussolini ao pé daquel túnel, na raia entre a Italia e a Suíza.
Non será certo.
Ou si???

Cumprimentos cautelosos para si.-

Anónimo dijo...

Sinto defraudalo: eu son herdeiro por vía materna dun Martini, fillo do grande Alessandro, fundador con Luigi Rossi do emporio do vermú, quen emigrou á Seca en Valladolid aló pola segunda mitade do século XIX, despois de saber que os fillos de Rossi quedaran co negocio. Alí coñeceu, entre filosera e filosera, a miña bisaboa. E así ata o de agora.
Vostede ao mellor confunde ese Martini co que colleu á Petacci (Chiaretta, amore, Chiaretta, berraba Benito) polo brazo ata levala á cuneta da estrada que leva a Giulino di Mezzegra no lago di COmo. Foi el, asimesmo, o que meteu o corpo no maleteiro ata pendurala no Piazzale Loreto boca e saias para abaixo en Milano. Pero ese é doutra ponla, non menos heroica ca do meu bisabó.

Anónimo dijo...

Teña bó dia.
Xaime

Anónimo dijo...

Moi bonito o día de Portugal aquí en Vigo, celebrado cun atasco monumental (sempre que escribimos atasco sae o adxectivo monumental: por qué será?) desde hai varios anos.

Anónimo dijo...

Clara Petacci á que, non obstante, lle recolleron recatadamente a saia para que cando pendurase boca abaixo no Piazzale Loreto non se lle visen as súas partes íntimas. Cfr. a célebre foto da circunstancia.

Anónimo dijo...

Sei agora do teu santo, compañeiro. Pois, se non é tarde, felicidades.

¡Tamén é casualidade que sexa un 25 de abril, memoria dos cravos en Portugal! ¿Onde van aquelas férias?

¡Que teñas un bo día e que che regalen moitos e interesantes libros!

Anónimo dijo...

ESta vai pra o Marcos. Con retraso, pero o que importa é a intención:As mañanciñas.

Anónimo dijo...

Que pena non estar por aí.Desta non Mencía e sí CHAMPAN
Parabens.
Trebi