11 abr 2008


Antón Pulido


Paga a pena pasar polo Simeón para ver a exposición de Antón Pulido, o artista de Bóveda de Amoeiro, que se inaugurou onte. Por certo, cun éxito abrumador de público, de Ourense e de Vigo (veu un autobús con máis de 60 amigos, que logo foron cear as anguías a Alongos).
Pulido tivo un presentador de luxo, pois Bieito Ledo estivo brillante enfiando un discurso con humor e lembranzas dos ditos do seu avó, dos que logo facía aboiar algunhas reflexións vitais e artíticas. Un deles: "Para aprender, andar ou ler", tal eran as expectativas da nosa xente noutro tempo. Hoxe pódese sumar, engadiu Bieito Ledo: andar e ler.
Na súa intervención, o amigo Antón Pulido agradeceu a acollida e lembrou as súas terras natais de Amoeiro (estaban presentes alcalde e concelleira de cultura do lugar, que o farán Fillo Predilecto). Tamén houbo palabras de lembranza para Otero Pedrayo con quen subiu unha vez ata o Alto do Piñeiro e alí don Ramón lle describiu os cinco arciprestados que dende alí se enxergan, de Galicia a Portugal.
Fondo colorismo e expresividade: a min gústanme sobre todo os homes en soedade, de costas, retirándose por un camiño...

23 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Falta a crónica de sociedade. Por alí andaban tamén e charlei con moitos deles: M. Buciños, Iñaqui Basallo, Xavier Riomao, Xurxo Oro Claro, Baldomero Moreiras, Miguel Mosquera, Manuel Vidal Villaverde, E. Bande, Gonzalo Iglesias, Sonia Torre, etc. (Había varios actos á mesma hora e outros estaban noutras latitudes).

Marcos Valcárcel López dijo...

E agora voume: teño a charla do Paraninfo do Otero P. ás 20 h.,con Arturo Lezcano, e logo a Cea da República: creo que hai 400 persoas confirmadas. Xa lles contarei (aínda que supoño que xa estarán aló todos os posibles lectores/as ourensáns/ás).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

FERNANDO FRANCO, FARO DE VIGO hoxe:

De excursión con antón
Salieron ayer, a las 6 de la tarde, en un autobús que partió de As Travesas. Eran todos amigos del pintor Antón Pulido que le acompañaron a la inauguración de su muestra en el edificio Simeón de Ourense. Aunque eran todos maduros, creo que en el autobús sacaron el niño que todos llevamos dentro y cuentan que cantaron aquello de "¡Ay qué buenas son las hermanas carmelitas, ay qué buenas son que nos llevan de excursión!" O sea que de Vigo fueron a llevar saludos a las Burgas gente como Bieito Ledo, Luis Sarasquete, Fonseca Moretón, Modesto Hermida, Aniceto Núñez, Xosé García "Albeos", Luis Espada, Luis Suárez, Xulio Gil... y así hasta los 55 que llenaban el autobús y que, a la vuelta, pararon en Untes, creo que en el Silvino, vulgo "o da tetuda", competencia de Casa Lolo. Dicen ellos que para probar unas anguilas pero digo yo que para darse una "enchenta".

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois vin a Luís Espada e estiven falando co fotógrafo Xulio Gil. Pero non vin o Modesto Hermida, onde se metería?

Anónimo dijo...

Me cago en tal.
Esqueceume.
Hoxe fun e gustáronme moito a maioría dos cadros.
Especialmente algunah paisaxe arbores negras, a dos estraloques do fondo e o amarelo das praia.
Felicidades APULIDO

Anónimo dijo...

Home, moi pulido non é que digamos. Cadros interesantes, iso si.

Anónimo dijo...

Anguías, a Alongos?. Boa idea. Ou ao Lolo, na outra beira do río, en Untes. Boeno, o Lolo xa non ten o restaurán. Moi coñero. Á hora de cobrarlle a un matrimonio, dirixíase á muller e decíalle, serio: "Señora, está vostede invitada polo seu marido".

Anónimo dijo...

Eu aínda non fun ver a exposición. A ver si mañá. Xa lles darei a miña opinión de experto expertísimo. A crítica pictórica é o meu.
Unha vez, regaléille un libro sobre análises de pinturas a un amigo, pintor.Eu non entendía nada do que puña, pero él mostróuse moi contento, e díxome: "Eu tampouco entendo ningunha de estas expresiós, pero soan moi ben, pra cando me toque a mín largar un discurso desto, nalgunha exposición".
Aiquí, en Ourense, as galerías de pintura parecen moi serias. Góstame unha que hai en Pontevedra, creo que se chama Torrado. Está ao pé da acera, cercana á xente,acolledora, sen porteiros traxeados. E...por qué non poñen asientos na sala do Simeón pra que a xente podia sentarse un rato pra admirar os cadros, coma noutros museus?. Boeno, pois eu levaréi unha desas cadeiras plegables da pesca, e sentaréime tranquilamente diante de cada cadro do Pulido, o tempo que me pareza.

Anónimo dijo...

E, pra ambientar a imaxe de homes solitarios que se alonxan de costas por un largo e sinuoso camiño, dedícolles esta:Déixame coñecer o camiño que leva á túa porta.

Anónimo dijo...

Xa que fala de matrimonios, amigo XDC, permítame dicirlle vostede é un explotador da súa muller. Non sei se é o caso de Medela, pero todos vostedes, os casados ou emparellados, son uns taimados explotadores.

Velaí os datos científicos incuestionables:

Tener marido genera siete horas más de labores domésticas

Reuters - sábado, 5 de abril, 14.09

NUEVA YORK, EEUU (Reuters) - Unos investigadores de la Universidad de Michigan han encontrado la respuesta a por qué tantas mujeres casadas tienen tanto trabajo en casa: por sus maridos.

Un estudio efectuado por la entidad demuestra que tener un cónyuge genera siete horas extra de tareas domésticas a la semana para una mujer. Sin embargo, una esposa le ahorra una hora de tareas en el hogar a su marido cada semana.

"Es un patrón muy conocido. Hay una reasignación de las labores en el matrimonio, donde los hombres tienden a trabajar más fuera de casa mientras que las mujeres ejercen más labores domésticas", afirma Frank Stanfford, del instituto de Estudios Sociales de la Universidad de Michigan, quien dirigió el estudio.

"Y esta situación es peor para las mujeres que trabajan", agregó en un comunicado.

Los descubrimientos de Stafford fueron obtenidos al estudiar una base de datos de 2005 sobre el empleo del tiempo que había comenzado a realizarse en 1968 en el instituto.

Los investigadores estudiaron registros para evaluar cómo pasaban su tiempo las personas e interrogaron a hombres y a mujeres sobre cuanto tiempo pasaban cocinando, limpiando y haciendo tareas básicas de la casa.

El estudio reveló que las mujeres solteras y jóvenes realizaban menos horas de trabajos en el hogar, alrededor de 12 mientras que las casadas de entre 60 y 70 años llegaban a realizar casi el doble. Las mujeres con más de tres hijos llegaban a pasar 28 horas a la semana limpiando, cocinando y lavando.

Sin embargo, las cosas no están tan mal como antes ya que en 1976 las mujeres realizaban un promedio de 26 horas de labores domésticas mientras que los hombres hacían 6 según el estudio.

Marcos Valcárcel López dijo...

Coincidimos nos gustos, Etxe. Xa dixen que me gustaban os homes andando de costas: o dos estraloques é o que máis me chamou a atención.

Anónimo dijo...

Penséi que era vostede máis amigo meu, Apicultor. Descubrirme así, diante da xente. Lembre o que lle dixo a nae a aquel Buscón Chamado Pablos:"-Esas cousas, anque sexan certas, non se deben decir".
A miña dona traballa moitas máis horas ca mín, e a un ritmo moito máis intenso, e con responsabilidades moito maiores. E o único consuelo que lle queda á pobre, pobriña, é que gana moitísimos máis cartos ca min.

Anónimo dijo...

Ou "gaña"?.

Anónimo dijo...

Con relación ás palabras do Ledo, o meu pai dicia: "Para saber, ver ou ler". Ven ser o mesmo, pero gustoume recordalo aquí.
Xabimusic.

Anónimo dijo...

Amigo Marcos, para min o caso de Antón Pulido é paradigmático dun tema que podería resultar apaixoante para este foro a saber, as conexións existentes entre estas dúas artes: a música e a pintura ( en base ó fenómeno da sinestesia), porque non sei se sabedes que o Antón foi un grande tenor. Fomos compañeiros na nosa distante xuventude e, daquela, destacaba como cantor. Logo, decantouse pola pintura e xa non sei se esqueceu a práctica musical. Si sei qe ten un fillo músico.

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Veña,veña. Non fai tanto de aqueles chapuzós veraniegos,no río Miño, coa Cabido , a Basi, o Cholas, etc...

Anónimo dijo...

Sí que ten razón no das sinestesias: Os acordes maiores son a cores, os menores, en blanco e negro. A música pode sonar "concreta" ou "abstracta". O jazz debe de ser o cubismo da música.

Anónimo dijo...

O señor Apicultor, cabaleiro numerario de pleno dereito da táboa redonda, vocal da executiva da directiva da presidencia mancomunada da dirección da xerencia con representación e sinatura autorizada do monte comunal de Stonehenge, UK., é dicir, bonito neno ferrolán da militar aristocracia militar local presume, di, supón, sospeita, afirma, colixe, esbarda, que un servidor é un explotador da súa muller.

Un servidor non ten muller. Tense ela; abofé que si. Quería que vise a Kyra (Argounova) Prosokova a ter man da súa persoa, da súa vida, da súa existencia, da súa proxección vital. Quería que a vise a saltar coma tigresa do Karakal cando alguén ameaza a súa independencia.

Don Apicultor: Sabe ben que o estimo. Ben o sabe. Por iso lle falo en confianza.

Como é que Vde. nos rifa ao sr. Da Coba e a min cado Vde. transformou ese mito mundial do amor pícaro, a Srta. Antonelli, esa deusa inatinxíbel... Nunha triste nena abandonada????


A pesar de todo isto, Apicultor, continúo estimándoo.

Seu,

Medela.-

Anónimo dijo...

Non se me quixe, señor Medela, que teño boas noticias para vostede. A miña tía Ludgarda xa amañou o problema ese do seu curmán político multado polo Seprona e que levaba sen falarlle vinte anos, o que non o arredou para chamalo a Karakalpakstan e pedirlle axuda. Pois dígalle que xa está feito.

Dime a miña tía que é moi comprensiva coa base natural do partido. De aí que chamase ao sr. Rajoy e que este mobilizase as súas influencias no Ministerio. A tía Ludgarda chámalle Marianito por coñecelo desde cativo e limparlle os mocos máis dunha vez.

Tamén me di que lle chegaron noticias de que o seu curmán é coloradote do viño, gasta patillas e usa camisas de deseño inverosímil, e que ten un taller de motoserras en Bande, que é blasfemo compulsivo e habitual de tabernas e velorios, que acudía puntualmente ao Monte do Gozo e que é un siareiro de Luar, ademais de votante fiel do PP, a vida e morte.

E que lle diga ao seu curmán que, se por unha banda, ten que emendar o seu comportamento blasfemo e moderar a inxesta alcohólica, pola outra que non teña perda por ter uns fillos co pelo tinxido de verde e do BNG, que xa ela se encargará de procurarlles un bo traballo cando rematen o Ciclo formativo superior para que volten ao redíl.

Atentamente seu,

Apicultor

Anónimo dijo...

Non se me queixe...

Anónimo dijo...

Xa veño de ver a exposición. tamén esta ben o do clarinetista que toca mirando pra un precipicio. É o que máis me gosta. Qué carallo estará mirando, alá abaixo, mentras non para de tocar?.Parece conxurar algún perigo, que provén das profundidades, e que se porá de manifesto se para de tocar.Moi onírico.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor, baixo agora mesmo ao cíber para lle comunicar aos sobriños que os do Seprona admitiron o recurso.
Despois escríbolle.
Graciasssssssssssssssssssssssss!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Caro Apicultor: Antes de máis, agradecerlle publicamente a resolución positiva do recurso aquel que en favor privado me atrevín a pedirlle. Por fin terminou o calvario do meu cuñado. Seica andaba a decir polos bares de Bande que era mellor meterse nun forno e queimarse. Ben pensado, mesmo parecía que a bóveda celestial tivese caído sobre el e unha lexión diabólica armada de forquitas estivese á súa espera. Ata podía parecer épico e esproncediano, de non ser pola existencia da vía de constrinximento, que esgota todas as outras vías, mesmo as tentativas de venda de alma.

De todo o modo, tamén a muller aquela de Lobeira berraba e berraba que era mellor morrer cando soubo que o fillo falaba cunha moza xaponesa. A final, nin a muller se pendurou dun castiñeiro nin o fillo consolidou relación coa nipona. Terminou casando cunha repoluda moza da exótica parte de Maceda, iso si, católica e apostólica, como debe de ser.

Nunha choveu que non escampase, Apicultor.

Polo que se está a ver, as influencias da súa señora tía e madriña de pía bautismal, dona Lutgarda, son amplas e poderosas. Quero que cumprimente da miña parte a esa piadosa Dama Lexionaria Paracaidista (honoraria) alén de presidenta da ‘Asociación de Propagandistas de Acción Católica (reconstituída) de la Comarca Ferrol-Puentedeume’ e sobre todo, firme adaíl dos intereses públicos e privados dos militantes de base do seu partido e desfacedora de entuertos e abusos administrativos que desde que entró el comunismo en España de la mano del Gallardón (hijo) aquí no hay quien viva.
Chamo agora mesmo á miña irmá para lle comunicar que o tema do Seprona está arranxado, que o descargo foi admitido.

Falei co cura navarro, Zumalakarregi, polo tema da sanción que lle espetaron ao cuñado os das Obras Públicas. Tivo mesmo que molestar un antigo compañeiro de seminario, un vasco-catalán que anda por El Salvador, un tal Jon Sobrino, que a través da secretaría particular do Papa Benedicto entrou en contacto coa ministra de transportes que falou coa conselleira Caride, que estaba inagurando unha zapata da ponte do AVE no Barbantiño. Ben lle acaía a Sra. conselleira o casco plástico novo do trinque, vermello, ao conxunto que estreaba, de Antonio Pernas. A final, déronlle un toque ao encargado, Fortes, que andaba por Allariz, e asunto solucionado, Apicultor. Xosé Luís Fortes, home liberal, eficiente, empático, intelixente, culto, pragmático e de bo corazón non tivo maior problema en recoñecer que se equivocara medindo a distancia do carballo ata o centro da vía pública, que a bisectriz proxectada pola sombra do carballo non abranguía a zona perimetral de seguridade…Etc, etc, etc.

Máis espiñento foi o tema da sanción que meteran os axentes forestais por atentado ecolóxico, atentado contra a cadea trófica, atentado contra o carballo galego, símbolo do país e patrimonio da humanidade e atentado contra a reserva da biosfera coa agravante de se encontrar o crucificado carballo no corazón do parque internacional Peneda-Xurés. Segundo a acta levantada polos de Medio Ambiente, Ilich Ramírez, ‘Carlos’ ou ‘Chacal’, era Heidi ao lado do meu cuñado, para o que se solicitaba o título de inimigo público nº 1 da capa de ozono, declarándoo civil, penal e mesmo criminalmente responsábel pola mudanza climática.
Fun falar coa aristócrata allaricense, esa rapaza da que xa lle levo falado algunha vez, Cristina Fernanda, a que leva o tema de ACNUR en Nukus. Cris quedou pálida ao ver o fax que me enviara o cuñado coa copia da denuncia dos axentes, e despois de dubidar un instante, e foi aquí cando o demo fixo que se mesturaron ambas as conxuras (Paquita Rumbao é íntima da súa señora tía Lutgarda, Apicultor), diciamos que Cris ordenou chamar inmediatamente a dona Paquita Rumbao, a súa cosmopolita veciña (de Allariz) que case presa do pánico ao se decatar da gravidade do asunto, e actuando con absoluta celeridade e discreción, chamou inmediatamente ao seu vello amigo Driss Basri, o ex – ministro de Hassan II, que pediu inmediata audiencia real, sendo recibido despois de tres días de agónica espera. Mohamed VI chamou inmediatamente á Zarzuela, desde onde chamaron á velocidade da luz a Zapatero, que de inmediato chamou a Touriño, que no instante chamou a Patxi Vázquez, que detivo inmediatamente a diabólica engranaxe administrativa na altura en que mesmo parecía que ían entregar a Roque o pixama cor de laranxa do corredor da morte. O descargo foi feito na mesma consellería, en Compostela. Roque foi chamado a discreto gabinete, asinou humildemente, deu as grazas, preguntou se debía algo, comeu e emborrachouse en Lalín e case fai paradiña preceptiva no ‘Ninfas’; sexamos xenerosos: Son cousas relacionadas co exceso de estrés.

E a escena no Llongueras foi antolóxica. Marcou un impasse na Ourensanía, paralizou o conta decrecente do tempo, ese tempo que comezou a ir cara a atrás na altura en que o reino suevo foi anexionado polos visigodos. A esposa do conselleiro Patxi estaba a mostrar ás amigas (señoras Ada Arroyo e Marga Martín) fotocopia do dossier en que se apreciaba perfectamente o emblema heráldico da monarquía alauíta, da casa real española, da presidencia do goberno español, da presidencia da Xunta, da consellaría de Medio Ambiente… Sobre todo, as enormes letras que glorificaban e santificaban e etiquetaban todo como ABSOLUTAMENTE CONFIDENCIAL.

-Vísteis, directamente del rey de Marruecos a mi marido. Y claro, no podía negarse.

E a señora Inmaculada Rodríguez – Cuervo, que por un acaso tamén a estaban a peinar:

-Desde luego, como sois, mismo parece mentira…

E a señora María José Caldelas, que tamén estaba á espera, non dixo nada. Nada.

E espero, amigo Apicultor, que Vde. tamén nunca nada diga disto. Nin que o condenado cartaz de folla de lata fose maleta de uranio enriquecido e a honrada firma Husqvarna fose propiedade de Bin Laden.

Tería que falar con Vde., Apicultor, cando os sobriños terminen a FP.

Por Deus llo pido, Apicultor, que non se entere o Toñito de Lobeira que ando nestes sarillos.

Pola virxe do Viso llo pido, señor.