axenda: Os perfis galegos de Carmen Martín Gaite
Presentación do libro "Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite" e homenaxe literaria. Na Casa da Cultura de Allariz ás 20.30h. Con intervencións de Teresa Devesa, concelleira de Cultura; David González Couso, autor do libro; Ana Mª Martín Gaite, escritora do prólogo; Mauricio Rodríguez, editor de Procompal Publicaciones. A seguir, lectura de anacos da obra acompañados por temas musicais: Lectura: José Teruel Benavente, profesor da UAM - Interpretación: Clara Jensen (soprano); Laura González (piano). Durante o acto proxección de fotografías de Carmen Martín Gaite.
Presentación do libro "Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite" e homenaxe literaria. Na Casa da Cultura de Allariz ás 20.30h. Con intervencións de Teresa Devesa, concelleira de Cultura; David González Couso, autor do libro; Ana Mª Martín Gaite, escritora do prólogo; Mauricio Rodríguez, editor de Procompal Publicaciones. A seguir, lectura de anacos da obra acompañados por temas musicais: Lectura: José Teruel Benavente, profesor da UAM - Interpretación: Clara Jensen (soprano); Laura González (piano). Durante o acto proxección de fotografías de Carmen Martín Gaite.
24 comentarios:
O Victor Campio fixo a mili con Sánchez Ferlosio.E levóulle, de parte del, algún recado á Carmen Gaite, moza do escritor entón, cando salía de permiso.
Baixo o Sol do Magreb.......
Encontro de menos o sr. Leituga One e a señorita Doniña.
E tamén un dos anónimos.
Eu tamén boto de menos ao amigo Leituga 1, que hai xa ben días que non pasa por aquí. Supoño que andará de xira polas Europas e que, en breve, ha vir de novo.
O Leituga achégase sobre todo nas fins de semana. Pero sempre é ben recibido cos seus interesantes comentarios.
Don Marcos:
Con quen hai que falar para que a srta. Doniña regrese para o foro???
Rouco Varela??
Srta. Condoleezza Rice??
Darth Vader??
Gayoso??
Baltar??
Mick Jagger??
Super-Piñeiro??
Jiménez Losantos??
Bin Laden??
A conselleira Caride??
A tía Lutgarda??
Diga, diga, don Marcos, que mao será que non cheguemos onde fixer falta.
Saúdos.-
Señor Medela de Lobeira, Doniña mudou de alcume, como eu mesmo mudei de alcume, de Anónimo para Anónimo, para que non dea con nós. Xogar ao despiste, chámase iso.
A dona é móbile, inapreixable, escorregadiza.
O uomo é o perseguidor, o can de caza contente de seguir o rastro, non atopar nada e lamber as feridas en agardando unha próxima batida.
Agora comprendo eu a falta de vitaminas.
Un lince, que lince é Arume !
Arume, lince, eu o que estou falto é de vitamina X. Que me recomendas?
Lamento non poder estar por Allariz. O mismo que por o Couto Mixto.
A Coruña reclamoume.
Saudos/Trebi
O principal consello: evitar Barra ou similares. A lívido baixa en picado (o chiste está doado: quen se atreve?) ao contemplarmos conselleiros, alcadesas e cargos públicos (sic).
Recomendan as revistas francesas a contemplación de Caterina Murino, a "bomba sarda". Non vou negarlles fiabilidade a tales xornalistas. Entre os/as que prefiren os homes, un repasiño a Alessio Boni pode valer para este sábado bastante quente.
Arume, obrigado pola quentura (ou agarimo) do consello. Probarei con "a bomba sardónica", a ver se produce na miña "lívido" os efectos desexados e a "Barra" adquire as proporcións vitamínicas que lle son propias.
Non, Arume, falto de vitaminas por outros motivos, aínda que lle agradezo os consellos que lle dedicou aos simpáticos anónimos: se cadra algún día me virán ben.
Teña bo día.
Igualmente. Estou a facer unhas tortillas aux fines herbes (;) que son afrodisíacas, todo hai que dicilo) para ir á praia pasar un pouco d frío porque a verdade é que está comezando a nublarse. Pero en fin. A pasalo ben.
Homenaje a la escritora salmantina: Allariz recordó ayer los vínculos gallegos de Carmen Martín Gaite: Nación en Salamanca, murió en Madrid, pero pasó los veranos de su infancia en la aldea de San Lorenzo de Piñor, a cinco kilómetros de Orense. La Casa de la Cultura del Concello de Allariz celebró ayer por la tarde un homenaje literario- cultural a la escritora en el que también participó Ana María Martín Gaite (Tribuna de Salamanca, 27 de abril de 2008, crónica de Angélica Corral)
Señor Arume, espero que a sua xornada na praia transcurra con toda a normalidade e non se vexa alterada pola inoportuna presencia dun MONOLITO VITAMÍNICO emerxendo da area, fruto dos seus sabios e "bombónicos" consellos. Páseo ben e, en caso de sorpresa, non se espante.
¿Samil? ¿Praia América?
Anónimo, o Señor Arume é un home moi lido e as praias que acostuma frecuentar son praias de ficción, como a de CHESIL BEACH, de Ian McEwan. E se non me cré, xa verá como el mesmo llo confirma cando veña por aquí.
Estimado anónimo anterior: dada la condición "italianizante" del Sr. Arume dos Piñeiros, pensaba en la opción de Frégene.......
Ducks Beach, ou a Spiaggia dei Parruli.
En todo caso, non se referirá vostede co do monolito vitamínico a conselleira de Ordenación do territorio que por alí andaba? Que manda carallo a miña premonición de onte.
Agradécense moito as lembranzas. Se non entro máis é porque ando con algo de chollo e o trebello este do blog entretenme sempre máis do que pretendo. Unha aperta para todos.
Publicar un comentario