en poleiro alleo (entrada n.1751)
Cadea de erros na Xustiza, de Xosé M. Sarille (ECG, 1-IV-08)
Estamos falando dunha administración pouco exemplar durante todo o período democrático. Non hai tantos anos que se publicaban sentencias nas que se absolvía a violadores porque a muller levaba unha saia demasiado curta. Unha administración lenta, anticuada, con moito poder discrecional, poucos filtros democráticos, e con pegadas moi marcadas do Antigo Réxime, non do franquismo, senón do réxime anterior á Idade Moderna. O sistema xudicial ten que reformarse e deixar de ser unha administración onde priman as castas, distante da sociedade á que ten que servir e que ademais sempre se xustifica.
Non abonda cunha investigación puntual sobre este crime, cómpre un cambio profundo que modernice a xustiza e rexa aos seus membros polas mesmas normas e obrigas que as vixentes para o resto da sociedade.
Viaxeiros e turistas, de Afonso Vázquez-Monxardín (Galicia Hoxe 1-IV-08)
O contrario do viaxeiro élles claramente o turista. O turista cambia a consulta do expediente, a redacción do informe, a atención ao cliente, pola interpretación dun mapa imposible de volver dobrar ben, a consulta ao paisano que resulta ser de fóra e a redacción mental dalgunha reclamación que outra. Turista é o que durante un tempo non se enfada co compañeiro de traballo, senón coa copilota por non cantarlle a saída da autoestrada correcta. Ese que cambia a ordenada cola da caixa do súper pola vociferante fila da tenda de souvenirs; o que troca o atasco de entrada na cidade na saída da autoestrada, polo atasco de entrada na pequena vila, como Santillana del Mar, por exemplo... Para que vexa ben o que é un turista, agora que lembro, as únicas persoas coas que falei en Santillana antes de escapar de alí, foron un camareiro negro -polo acento non debía ser de Cantabria-, unha camareira suramericana, un hippie alemán que montara unha tenda e un galego que me fixo un oco na barra dun bar para pedir o meu viño. A vida do turista é moi dura.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
3 comentarios:
Eo da finca Santamariña ourensana? Pero eso non foi un "erro", porque oe erros que se fan adrede, non son erros.
Que nos informe o Xaime de quen é Yebra Pimentel, porfa.
É imposible estar máis de acordo co que di Sarille no seu artigo. A xustiza en España é unha vergoña absoluta. E se fora o único...
Non fale moi alto, Apicultor. Lembre o que lle pasara a aquel...Pacheco?, por decir que a xustiza en España era un cachondeo. Eu, pra curarme en saúde, diréi que PARECE un cachondeo. E non sei se non me viran á chepa igual. De todos os inimigos posibles no mundo, ao que non quero ter nunca como tal, é a un xuez.
Publicar un comentario