entrevista de X. M. del Caño (3ª e última parte)
Conseguiu un grande impacto co seu estudio sobre a prensa ourensá.
- A prensa en Ourense e a súa provincia (1987) é a miña tesiña de carreira, que dirixiu Ramón Villares. Ese traballo reflicte o meu interese pola historia de Galicia, que eu quería investigar, e a inclinación que sempre mostrei pola prensa. Selecciono recortes de xornais, suplementos e coleccións dende os 14 anos. Na actualidade teño tres ou catro habitacións da casa cheas de papeis. Polo tanto, fixen unha catalogación de toda a prensa de Ourense nos séculos XIX e XX.
- Moita xente recoñeceu que ese libro foi unha fonte valiosa, como traballo de apoio á investigación.
- Xente que tivo que estudar temas de historia, de arte e literatura, utiliza ese estudio como fonte primaria de información.
-¿A que fondos recorreu?
- Consultei arquivos públicos e privados de toda Galicia, como a Biblioteca Penzol, o Museo de Pontevedra, a Academia Galega e a biblioteca do Mosteiro de Poio. Tamén encontrei algunhas cousas na Biblioteca Municipal de Madrid. Tiven que ir alí varias veces. Consultei o Arquivo Histórico de Ourense e o do Concello, que tamén ten fondos interesantes, ademais de arquivos privados. Tiven a oportunidade de traballar cos orixinais de La Zarpa, cando aínda estaban na casa das sobriñas-netas de Basulio Álvarez, que vivían ó lado do Parque Infantil. Esa biblioteca comprouna a Deputación. La Zarpa deunos unha visión diferente da historia de Ourense, que era un medio republicano, fronte a La Región, que era un medio católico de dereitas, da república aceda. La Zarpa foi sempre a voz dos republicanos, dos galeguistas, dos socialistas e dos movementos obreiros. Un ano despois fixen a tese doutoral, dirixida tamén por Ramón Villares, sobre a II República en Ourense, que non chegou a saír nun volume, pero publicáronse de corenta ou cincuenta artigos sobre o tema. Esa tese case sería imposible de facer sen La Zarpa.
- Achegouse ó patriarca das letras galegas.
- Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988), escribino en colaboración con Xosé Ramón Quintana. Ese libro demostrou que Otero foi un líder galeguista, de pensamento nacionalista, moi consciente e moi radical en moitos aspectos, e ó mesmo tempo tiña unha visión do mundo conservador e católico. Esta foi a principal achega do libro. Foi polémico, porque algunhas persoas non entenderon que utilizaramos o adxectivo conservador aplicado a Otero, que non era incompatible co adxectivo nacionalista. Otero era conservador, ó mesmo tempo liberal, un home ilustrado, moi intelixente e que tiña unha idea de Galicia moi clara, pero unha idea de Galicia sustentada na visión católica do mundo, sen ningunha dúbida.
- Fixo biografías de Eladio Rodríguez González, Xoaquín Lourenzo e Ferro Couselo.
- Eladio Rodríguez é o gran poeta do Ribeiro, un home moi vencellado á terra, á natureza, que fai unha poesía telúrica, nunha procura, nunha especie de misticismo ou de busca da sacralidade da natureza. Xaquín Lourenzo é o gran estudoso da etnografía. Foi un discípulo dos grandes, de Otero e de Risco, e un mestre dos que seguen o camiño que el abriu no estudio da cultura popular. Ferro Couselo foi o grande investigador da memoria de Ourense e un home moi comprometido.
- Vostede colaborou na Historia de Galicia de Faro de Vigo.
- Convidoume Ramón Villares, para que fixera un fascículo sobre a República, que era o tema no que estaba traballando naquel momento, na tese doutoral. Daquela empezábase a estudar un pouco en serio a República e a Guerra.
- Logo vencellouse coa historia cultural, con A cidade da Xeración Nós (1996) e Pé das Burgas. Estudios de historia, Xornalismo e literatura (1998).
- Dende aquela ata hoxe fixen estudios onde intento interrelacionar aspectos diversos da historia cultural. E sigo nesa liña, na actualidade, con As uvas na solaina, e cos contidos que recolle Galicia hoxe todos os domingos baixo o título Cen anos de historia cultural, que sairá en libro proximamente en Edicións Xerais. A serie é un paseo pola historia de Galicia, dende 1906, o ano no que se fundou a Academia Galega, ó 2005, onde fago cada semana un resumo do máis importante que pasou cada ano, a nivel de efemérides, no campo da literatura, das artes plásticas, na música, no mundo editorial, grandes feitos culturais... Fai unha historia cultural de conxunto.
- Está a punto de publicar unha obra nova.
- Edicións Xerais vai sacar unha pequena historia de Ourense ilustrada, con destino ó mundo do ensino, tanto para a ESO coma o bacharelato. Hai moitos estudios sobre historia, pero non hai un traballo breve, de síntese, onde un estudante poida ir mirar unha época: que pasou no século XVIII o XIX en Ourense, que foi O Volter ou qué pasou na II República.

8 comentarios:
Home Valcárcel use marcadores de páxinas que agasallan en calqueira esquina e non pos-its. (É carallada)
A mín gostábanme os cordeliños a cores que trazían moitos libros, pra marcar páxina. Tamén me gustaban aqueles libros aos que lles había que ir recortando as follas por arriba, cun cortaplumas. Cada nova páxina era un descubrimento. Grazas a eso sabemos, por exemplo, que Darwin non leu máis que tres ou catro páxinas do exemplar de "O Capital" que lle agasallóu K.Marx.
Mantiven a foto cos pos-its para que vexan que é un libro que sigo a usar a cotío, eu mesmo, como fonte de documentación. E non uso marcadores, porque caen e logo non os encontras, e non teño tempo para andar buscándoos.
TRemendo o das páxinas para cortar. Produce un pracer especial, cos libros vellos, é verdade.
Pero quedamos totalmente espidos con ese sistema: o día de mañá, cando a nosa biblioteca sexa pública, todo o mundo sabería os (moitos) libros que non chegamos a ler, mesmo dalgúns amigos.
Na sá de lectura da Biblioteca Pública de Ourense había, fai moitos anos, unha colección antigua sobre criminoloxía. Fun léndoos, un a un, polo placer de ir cortando as follas, có borde do carné de identidade. Un dos libros, alucinante, era "La criminalidad del hombre homófilo".
O problema dos marcadores que caen, non é o atopalos, é saber poñelos onde estaban. Porque se acertamos a poñelos onde estaban...pra qué carallo os queremos?. Podemos poñer dous marcadores de diferentes cores: un, na páxina que queremos particularizar,o outro, por exemplo, vinte páxinas despóis.Se cae un deles, queda o outro, que fai de "bit de control". Ao recuperar o primeiro, é fácil volvelo poñer onde estba.Vaia, veño de inventar o que se chaman "códigos autocorrectores de erros"; mágoa que xa estén inventados. O que fago eu é doblar a páxina de forma que o ángulo que se plega señale a última palabra leída.Ás veces é o ángulo externo superior, ás veces o inferior. Non teño claro que o sistema sexa aplicable a follas de calquer proporción, pero adoita a dar resultado. O malo é atopar despóis a folla coa doblez, especialmente se o libro é moi gordo.
Ao final, o mellor vai ser que cada páxina se autorrepresente: que sexa marcadora de sí mesma.
Quizáis sexa mellor anotar a lápiz cal foi a última páxina leida. Non vale anotalo na marxe da mesma páxina, sería absurdo. o lóxico sería anotalo no índice. Pero...cómo lembramos a frase exacta na que detivemos a leitura?. Pois anotamos tamén a línea. É máis doado na Biblia: anotas capítulo e versículo, e xa está. Por qué non se escriben agora os libros así?. O de anotar a páxina , ou mesmo línea, é "código físico"(LLL:linguaxe de baixo nivel). Perdes o exemplar, compras un doutra edición, e xa estás perdido: Non coincide. O dos versículos ,é "código lóxico"(HLL: linguaxe de alto nivel). O Moisés sabía o que facía.
Miren o que dí eiquí Alberto Cortez do ourensano Pepe Paz, a quen vostede nomea na entrevista e do que xa temos falado:"...de sueños también se alimenta el alma. Bendito sea el profesor Paz de Ourense, como lo fueron mi abuelo y mi padre, por enseñarte este camino de andar la poesía castellana tan llena de sugerencias sensibles a todos aquellos que alcanzan la manera de apreciarla y sentirla..."PREMER.
Publicar un comentario