Entrevista en Faro de Ourense
No Faro de Ourense de hoxe sae unha longa entrevista miña, que me fixo o xornalista Xosé Manuel del Caño na súa serie dominical sobre artistas e escritores ourensáns. Publica ademais varias fotos miñas (algunha antiga) que xa coñecen os habituais do blog. Creo que esas páxinas non están na Rede, só en papel. Se a consigo, aínda a traerei ata aquí.
Últimos do 2024 - Libros do Mes e compras de Decembro
-
*Everything is Predictable* de Tom Chivers
*The Mating Mind *de Geoffrey Miller [*E*]
*Perhaps the Stars *de Ada Palmer
*The Order of Time* de Carlo Ro...
Hace 1 día
3 comentarios:
A ver se pode poñer aquí a entrevista, que sería ben interesante. Podía, por exemplo, pedir que lle remitan o texto da entrevista e colgala. Porque supoño que gardarían unha copia.
Resume da entrevista:
Apuntes bigráficos.Nacemento:3-3-58.Colexios:Párvulos nunha casa da estrada da Granxa.Colexio do Pilar no Parque de San Lázaro.Describe o ambiente represor daquel colexio e cómo a directora do colexio chegóu a decir que non valía pre estudar.Maristas e,logo(1963), o instituto da Ponte onde entrou en contacto con ERGA-Ourense,nomes coñecidos.Paralelamente á política, a actividade cultural:a asoc.Auriense,a Alianza Francesa. o cine-clube Padre Feijoo, federación de coneclubes.Moitas referencias a nomes coñecidos.Universidade,Santiago, Historia(1975?).ERGA,AN-PG,UPG.Asociaciós culturáis:O Galo,O Eixo.Enfrentamentos coa policía. Tensiós con outros grupos políticos:MC,LCR,PC,MCG.Valoración positiva dos profesores Barreiro e Villares.Servicio Militar(1981).Temor ás represalias ao seu pai o 23-F,concelleiro entón do BNG.Mestre de galego en Santiago e A Coruña(1983). Profesor de Instituto por oposición(1984). Tesina sobre a prensa do XIX e do XX en Ourense (1987) dirixida por Villares.Relación co Otero Pedrayo. Biografías de persoeiros (Xocas,Ferro couselo,...).Colaboración na "Historia de Galicia" do Faro.Estudos da historia cultural (Xeración Nós,xornalismo...) línea na que sigue actualmente.
Como resume telegráfico, amigo XDC, é perfecto. Pedínlle a entrevista a X.M.del Caño e cando ma mande sacareina aquí, en partes. En calquera caso, moitas das cousas que se contan xa se falaron nesta casa, como poden imaxinar.
Publicar un comentario