A FOTO DA SEMANA: Sandra, filla do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, a escasos metros de Miren Azkarate (EFE). Publicada en El País 3 abril.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
23 comentarios:
Rubalcaba dixo que nos agarda un ciclo de violencia longo. Vaia naturalización dun fenómeno político!
De escandalo!
Mentres nese ciclo a súa vida non sexa segada supoño que até disfrutará observando os ciclos da violencia.
Ten cara de paiaso e lamentabelmente o é, un paiaso sádico.
Quedaría vostede satisfeito, anónimo!! Que ten que ver esta foto co seu comentario?
"Até disfrutará observando os ciclos da violencia": afirmación máis que disparatada, aplicada a Rubalcaba. Cadraríalle mellor aplicada ás mentes dos que protagonizan esa violencia en Euskadi contra políticos e cidadáns, como o pai desa rapaza que mira na foto...
Ese anónimo é un necio e non lle ten arranxo, señor Marcos.
Teño que rectificar, confundín a Miren Azkarate con outra persoa, de aí a incongruencia do comentario.
Aproveitando a foto da rapaciña e agora que xa pasou un tempo e xa contamos os votiños, un par de detalles.
No enterro, xa vimos quen foi e quen non foi, que para iso somos galegos, pero eu mirei ben e non deixou de parecerme algo desordenado, tanto era así que Chaves sempre estaba na diantera na foto, Chaves, digo ben, ese que tiña eleccións tamén no seu territorio, o Chaves este, sempre diante, diante de Maritere, diante do Lendakari,....
E xa postos a criticar, a rapaza que valor, non?, supoño que estivo ben asesorada polo Pepiño, pero ainda sí ter valor para esas declaracións............, si esas nas que pedia ir a votar!!
Como no caso de Miguel Angel Blanco, as familias son manipuladas.
Imaxinan que non negociarían se secuestrasen ao principe, en vez dese rapaz, Miguel Angel Blanco?
Non teño datos para saber se as familias dos asasinados son ou non manipuladas, pero facer esa afirmación sen probas paréceme dunha indignidade total e sitúa a quen a fai no pozo inmundo da máis profunda miseria moral.
"...no pozo inmundo da máis profunda miseria moral..."
A santa inquisición nun auto de fe resolveu a anterior sentencia.
O inferno.
Señor Apicultor, quítese o capirote de nazareno que xa pasou a semana santa.
Ten razón o señor apicultor. Só un impresentábel diría tal cousa sobre as familias.
Outro nazareno.
Admirado Apicultor: Permítame tratalo por amigo. O señor ha desculpar o meu pedido, evidentemente, como corresponde á súa formación e á súa humanidade, mais só, e como sempre, queríalle pedir un pequeño favor.
A súa intervención na epopea galaica que tento escribir, entre nós, novela (ou como din os irmáns portugueses que abriron casa á parte) romance, chamada “CASE”, digo, a súa intervención, inspiración, aceptación, indución, catalización, e indulxente comprensión fai indispensable o relato pormenorizado, e o señor saberá desculpar a miña aparente e nula intención de coñecemento de calquera pormenor morboso, que detesto, sobre a súa exitosa campaña de visualización de obxectivo, definición clara e concisa (e exacta) deste e acción directa consecuente (non concesiva nin consecutiva). Refiro o caso Antonelli; se o señor quixer, o chamado asunto “Ravenna 1974”, cando Vde., émulo do Che Guevara, ou se quixer, de Alexandra David Neel, andaba a percorrer o mundo procurando ou fuxindo de si mesmo.
Atrévome a solicitar de Vde. que evite a lingua italiana, tendo en conta que a srta. Antonelli é eslovena, e vostede, admirado Apicultor, galego, acho, coma min.
Preciso pormenores sobre a financiación da súa iniciática, e polo que se ve, apetitosa viaxe.
Foi vostede de moto (Norton, Triumph) ou de coche (850 sport spider, 124 sport, Renault 8 Gordini, TS cando menos).
Qué lle contaba Vde. á súa tía Lutgarda sobre as peripecias da viaxe?
Como é que viron o tema os familiares iugoslavos da Antonelli cando vostede a acompañou á mata do porco na súa freguesía natalicia?
Que contou vostede aos amigos galegos cando regresou?
Que influencia tivo na súa vida este amoroso e estralante caso?
Lembraba Vde. a srta. Antonelli cando andaba a preparar a oposición?
Lémbraa aínda hoxe?
Conserva as fotografías de ambos por de diante da tumba do bárbaro Teodorico?
O oito de setembro de 1981 transmigrou para a miña a alma dun cósmico tunante despexado dunha patética atracción de feira. Tal vez a alma do sr. Elías, o lobeirense que estivo con Líster no estado maior de Tito transmigrou para a súa cando aquel emigrou para a República Bolivariana de Venezuela. Se cadra, as nosas almas están en constante estado de retro-transmigración.
Sabía? Considero que Vde. é demasiado intelixente para estar no mundo. É mágoa para a súa sensibilidade. E tanto me ten que alguén puider pensar que estou a lle pasar a man polo lombo. Sería como aloumiñar un espectro encadeado. Mais preciso da súa axuda para a epopea coral que me cómpre para autoexorcizarme.
Grazas, cabaleiro.
Admirado Medela:
Como non ía contestar ao seus requerimentos, que tanto me afagan! Todo sexa pola boa saúde da novelística galega, aínda que teña que rememorar e supuren vellas feridas.
Fun a Rávena no 1974, en efecto. A miña tía Lutgarda, que por se non o sabe era viúva dun coronel cabaleiro mutilidado de guerra, foi quen fixo posible a viaxe iniciática. Eu sempre fora o seu favorito e, cando rematei filosofía e letras, tivo a ben financiarme un fascinante percorrido polas terras italianas, emulando as vellas tradicións dos vástagos das familias pudientes. A cambio tiña que lle envíar unha postal ilustrada de cada un dos lugares que ía visitando, que eu procuraba encher de descricións vívidas pero pouco comprometidas.
O automóbil que usei todo o tempo, de segunda man pero de total confianza, era, en efecto, un Renault 8 Gordini, TS. Fórame proporcionado a bo prezo por un mecánico que fora asistente do coronel e que lle gardaba gratitude eterna por concederlle permiso e poder voltar a súa aldea para poder estar presente no parto dúplice da súa santa señora esposa.
O da estancia na freiguesía natalicia de Laura, na Iuguslavia de Tito, foi bastante rocambolesca, coa policia política seguíndome a pista porque pensaban que era axente do M-16, pois tal era a miña apostura, cal axente 007 na versión de Sean Connery, mais pasado por un toque de camisas floreadas típicas da época abertas até medio peito. A matanza do porco foi toda unha experiencia na que rudos campesiños termaban do cocho mentres o matarife facía o seu labor. As mulleres, robustas coma carballos centenarios, non facían máis ca marmuriar ás miñas costas nun bisbeo incomprensible, pautado por estrondosas risas. Mais Laura manexou todo con extraordinaria habilidade, e non houbo ocasión de correr o mesmo destino que o quiro, a pesar de que seu pai tiña o ceño fruncido de máis para o meu gusto.
Aos amigos galegos nunca lles contei absolutamente nada dos meus encontros amorosos, non en balde un é un cabaleiro que sempre soubo respectar a intimidade das damas, por moito que estas sexan ardentes e fogosas como a miña nunca esquecida Laura.
Cando preparaba oposicións a secretario de concello, tiña sempre unha foto na miña mesa, e dábame folgos para proseguer co estudos dos temas de dereito administrativo, pois o meu proxecto era voltar xunto dela como un triunfador social e facela a miña dona. Non sabía eu aínda que, na miña ausencia, se dera á vida alegre polas boites de toda Europa e que polos seus brazos pasaran todos os galáns habidos e por haber, incluído Flavio Testi. O meu disgusto foi maiúsculo cando me enterei dos seus devaneos, e comprenda, amigo Medela, que me doeu no máis íntimo, até o punto de rachar e botar ao lume todas as súas fotos, mesmo as que estaban dedicadas coa súa pulcra caligrafía.
Aprobada non obstante a oposición, no que tamén tivo algo que ver as influencias da miña tía Lutgarda, dediqueime a quitar unha espiña con outras rosas, con moitas rosas e algunha que outra margarita. Aí empezou a miña dilatada carreira de latin lover, sempre levada con discreción, pero o natural lercheo das mozas fíxome acreedor de sona nas verbenas amenizadas por Tony Cruz y Los Arquinos, sobre todo nas terras de don Xaquín Lorenzo que vostede tan ben coñece, ademais da inquina dos mozos da contorna, o que me ocasionou algún que outro percance no que tiven que saír por pernas. Pero hei de recoñecer que aínda hoxe, pasadas máis de tres décadas, sego a suspirar polos ósos da miña querida Laura, de apelido artístico Antonelli, eu, que fixen con ela o mesmo que a primavera fai coas cerdeiras, pois a xuventude primeira é época gloriosa da resurreción pernanente da carne, da gloria eterna do amor que cantou o poeta.
Da historia de Rávena xa coñece vostede o esencial polas miñas confesións anteriores e pola testemuña dun meu amigo daqueles anos loucos, polo que omito relatala de novo.
Quedo a súa disposición.
Atentamente,
Apicultor
Fabrizio: sono molto contenta di essere per te un paio di cilegie. La mia vita é mobile, ma non ho mai dimenticato Ravenna e quella catenina che portavi sulla maglieta, Fabrizio. Ne ho delle foto di quel meraviglioso tempo: la pioggia, il vento caldo, il giardino... Per te, Fabrizio, questi raccordi. Un bacione a tutti.
Erguéuse inspirado, o Apicultor, hoxe!.
Os Gordini aqueles non eran tamen chamados "coches de viudas"?. Decían que eran moi falsos. Matábase o marido, e quedaba a viuda có coche. A miña madriña, coñecida veciña da coruñesa rúa Real, frente ao Teatro , era unha delas. Pero o Apicultor foi listo: mercóuno de segunda man. Coñecía o razonamento dun coñecido meu que merca coches de segunda man porque dí que ,o coche que ten problemas, preséntaos xa nos primeiros miles de quilómetros. Se non os presentóu, xa non os presenta. E, se os presentóu, xa llos arranxóu o primeiro dono.
Non lembro agora cal era o verdadeiro nome do dirixente Iugoslavo Tito. Ao parecer chamábanlle Tito, porque a expresión "Ti-ta,Ti-to" ten o senso de "Fai esto-Fai aquelo".
E mire qué casualidade. Na aldea, prá guiar aos cochos, decíaselle "Quiro-tá","Quira-tá". "Vai pra eiquí-Vai pra alá".Nas vacas e bois, o "sufixo" é "tó": "Vaca-tó","Boi-tó".NA aldea había un que lle chamaban precisamente o "Boitó".
Si era o dos Arquinos, sería Tony Pérez. Igual era aínda o batería o seu irmán Carlos, que empecéu na orquesta (xa do pai) de tan pequeniño que se lles quedaba dormido tocando nas verbenas. O seu sobriño, David é o gran percusionista, entre outros, de Cristina Pato.
(Iba poñer máis cousas pero veñen de liarme.A ver se despóis).
Sr. Apicultor: Vde. dirá que eu só abro a boca para pedir, como paisano que son. Élle cousa das super - estructuras; dantes chamábanlle a miseria. Mais quería que o señor me brindase o seu relato sobre o affaire Antonelli. Xuro pola memoria dos meus devanceiros de Lobeira que hei citar a fonte.
A escena dun rapaz de boa familia galega (o do cabaleiro mutilado, xenial) e a das esloveno-serbo-croatas á forza "As mulleres, robustas coma carballos centenarios, non facían máis ca marmuriar ás miñas costas nun bisbeo incomprensible, pautado por estrondosas risas", anda xa á procura de Coppola para se materializar en imaxes. Imaxino tamén os do servizo secreto de Tito a ollar para Vde., para a repoluda Laurinha e para o Renault. Sospeito tamén que os da Político-Social non verían nada claro o tema; aínda ben que tía Lutgarda fora instructora da Sección Femenina e dera cursos deses de 'Promoción Mujer Campesina', e trataba por tú á muller de Carrero Blanco e, xa me perdo, señor... Ah, un pequeno pormenor: O mecánico asistente do seu señor tío era pai solteiro. Chamábase Salvador Docasar Veliñas e era natural de Valga (PO). E a súa señora tía comprendeu o tema (fendas sentimentais na súa alma nacional sindicalista) e falou co párroco e casaron (Salvador e Emilia, a nai CASE solteira) xusto antes da moza parir.
Vou imprimir o relato e dar unha volta por Nukus; non raro encontro a Kyra de volta do Wells Fargo, o súper, tráiolle unha bolsa e ela convida a café e falamos e rimos...
Saúdos, señor.
P.D.: Os argüídos axentes secretos de Tito levaban traxe con esa cor pancreática??? Como é que eran os zapatos??? De sky plastificados???
E os lentes de sol??? De espello???
Bravo, Bravo!
Con este coche moceaba o sr. Apicultor coa srta. Antonelli, a través da raia de Italia-Eslovenia-Croacia.
O día que apareceron na freguesía natalicia da Laurinha e estacionaron ao pé da fonte e baixaron, non me estraña nadiña que toda a aldea ficase pampa.
Repárese ben nos pormenores, non e o modelo TS. É o fabuloso Gordini.
RENAULT 8 GORDINI DO SR. APICULTOR. COPILOTO, LAURINHA ANTONELLI
Aínda en Trieste non se fala doutra cousa. No café San Marco, Claudio Magrís pode mesmo contalo.
Eu acredito que vin ese mesmo coche na verbena de Velle abaneando fortemente.
Bravo, Anónimo, touché...
Eran típicos este e o 124 2000, lembra???
jajajajajajajajajajajajajajaja
Amigos todos:
Están, coas súas intervencións, reverdecendo as murchas follas da miña memoria. Primeiro Laura, imborrable sempre; e agora o meu vello e gran amigo, o meu mestre Claudio Magris, que evoca Arume dos Piñeiros.
Coñecino na cidade dos máis de corenta museos, na barroca Turín (Torino) nese mesmo ano de 1974, cando el exercía de profesor de lingua e literatura xermánicas, pouco despois do meu affaire con Laura Antonelli e antes de que se aponsentase definitivamente no seu Trieste natal. Eu era un rapazalo de 22 anos recén cumpridos e el un home feito e dereito de 35 anos, pero xa sabio, moi sabio. Os seus consellos foron un bálsamo que calmou o meu corazón partío, as miñas tribulacións sen fin. Lembro que me ensinou e que puiden ler, escrita en vella letra de Underwood en follas xa amarelentas, o voluminoso orixinal da súa tese Il mito asburgico nella letteratura austriaca moderna, que tanta fama lle derá á temperá idade de 22 anos entre os especialistas, cando a publicara en versión reducida como libro. Daquela aínda non publicara as novelas que lle darían sona mundial, nin tampouco teatro, cuxos títulos eu recibiría ano tras ano e que gardo dedicados como ouro en pano.
Fun, pois, o seu discípulo neses dous meses que pasei en Turín. Nas cafeterías e nos despaciosos paseos polos parques Valentino e Pellerine, Claudio exercía de mestre socrático mentres botabamos olladas compracentes ás fermosas e espelidas mozas que se cruzaban ao noso paso. Algunhas saudábano: -Arrivederci, Claudio, e el dicía sempre: -É unha alumna miña de doutoramento. Pero eu intuía que tamén era ou fora algo máis. Lembro con especial entusiasmo cando fomos no meu auto Renault 8 Gordini TS, a pasar o día completo ao Parco Naturale della Collina di Superge.
Non deixa de ser casualidade que na cidade que calmei os meus impetus, na que aprendín da sabia palabra de Claudio Magris, se crease hai uns oito anos o Museo Nazionale del Cinema, no que a miña amada Laura, de apelido artístico Antonelli, ocupa un lugar sobranceiro.
Pasados xa moitos anos, no outono do tempo, poño remate a esta pequena nota da miña vida, cunha melancólica cita do mestre Claudio Magris que resume todo o meu itinerario vital: “… Esixencia adolescente dunha vida verdadeira, conciencia senil dunha vida falsa; non queda senón a alegre festa do bar".
Un saúdo a todos e que teñan un bo día.
Vaia gardando, don Marcos, este post como ouro en pano: vai dar que falar nos vindeiros cen anos.
O coche que abaneaba, tiña un dono algo despitado. Esquecera poñer ben o freo de man. Nalgún movemento extraño,alguén tocou a palanca de cambios e saltóu a marcha.Os que estaban dentro do habitáculo seguiron ao seu, sen notar que o coche se escurría pola costa que conduce ao campo da festa de Santa Marta. Os bailarís tiveron que apartarse rápidamente, deixando paso ao vehículo que reamtóu debaixo do palco dos "Satélites". Un coñecido policía local ourensán, natural de Velle e presente na festa, pedíulle os papeles do coche e o carné de conducir aos dous, pois non estaba seguro de quen era o conductor, estando como estaban ambos no asento de atrás.
Publicar un comentario